domingo, 31 de decembro de 2006

** Adeus 2006, adeus!!!! > 2007 Benvido sexas!!!

Nas últimas horas dun ano que consume as súas últimas horas, véñenme a mente moitas cousas vividas. Unhas boas e outras malas. O 2006 deixoume cousas dos dous estilos. Pero hai que ver a botella media chea, ou procuralo cando menos. Por iso tentarei lembrarme do ano que agora finaliza como aquel no que xurdiron cousas das que me sinto moir orgulloso. Entre elas, como non, a creación de A Lareira Máxica, que levou parella coñecer personas amigas e coas que é todo un placer te-las aí e conversar con elas. Poida que non sexan tantas como desexara as que colaboran asiduamente, pero prefiro poucas e boas. Unha vez máis, GRACIAS por quentar o lume desta modesta lareira, e GRACIAS pola vosa amizade. De todo corazón!!!.

Agardo que no ano que principia dentro de pouquiñas horas sexa o mellor ano dos vividos por tod@s ata o momento. E que esta Lareira Máxica me permita seguir dando renda solta a unha actividade que me gusta moita: a da publicar artigos, xunto coa de gozar coa vosa compaña e axuda.

Deséxovos un moi feliz 2007 no que se vexan cumpridos todos, ou cando menos a meirande parte dos vosos desexos!!!!!

P.D.: O novo ano traerá máis cambios na Lareira. Un deles nos vindeiros días, ou iso espero.

sábado, 30 de decembro de 2006

** ¿Cómo vas celebrar a Fin de Ano?

Mañán é fin de ano. Xa sei que na imaxe pon o 2004, pero non. Vai ser o 2007. Aínda que geofísicamente non sexa a noite máis longa do ano (que coincide en xuño coa chegada do Solsticio de Verán), na práctica vaina a ser para millóns de persoas. Nesta ocación será a noite máis longa do ano por motivos obvios de celebración. E se de celebracións falamos existen moitos tipos de recibir o ano novo, o 2007. A Noite Vella de 2006, que coincidírá cos primeiros alentos do 2007, vai estar inundadada de celebracións e máis celebracións....
Case nunha única cousa coincidimos os españoles: o de cea familiar e na de tomar as 12 uvas da "sorte". Logo, superada, a hora meiga, cada un celebra o feliz nacemento de mil maneiras. Discotecas, festas particulares, na casa vendo os "cantantes" como din os maiores, ou quen sabe facendo o qué..... (...SEGUE...)
Ve-lo Artigo completo....

Do que se trata é de pasalo o mellor posible, como sempre claro, pero este día se cabe un pouco máis. A min particularmente, co paso dos anos gústame menos a "movida" de Fin de Ano. Parece que o agobiante e multitudianario ir e vir de xente de Sanxenxo se dera cita nestas celebracións, pero en toda España. Os dous últimos anos a celebración foi na intimidade cos seres queridos. Logo o día 1 de xaneiro, con menos xente (outra moita estaría aínda recuperándose....) pois parece como en setembro, cando Sanxenxo deixa de estar colonizado. Vamos, que non hai tantas colas e se pode RESPIRAR!!!!

Nas diferentes canles de televisión asistimos impertérritos a curiosas e extravagantes formas de celebrar a chegada do Ano Novo. Que se cea en carísimos restaurantes, que se alquilar unha habitación nun hotel de "6" estrelas, que si un menú de delicias "prohibitivas monetariamente",......

Outro aspecto que sempre me chamou a atención foi que a noite do 31 de decembro, e amparados pola febre consumista que inunda o Nadal, homes, pero sobre todo, mulleres, lucen flamantes traxes escollidas especialmente para esa noite, para ésa, non para outro. Algo así como escoller o traxe de noiva, pero en negro (e para outra fin radicalmente distinta. Cada día tamén hai máis homes que caen nete xogo. E para os que non queren pagar un "riñón" por estes caprichos, sempre teñen a opción de alquilar traxes ou vestidos a empresas que se adican a este negocio.

Ó que vos escribe, gústalle estrear algo, si, pero con mesura e moderación. Non se trta de tirar o mar pola auga. Non. Do que se trata e de pasalo ben, e para pasalo ben non se ten que encaprichar tanto un ou unha. Non por pagar ou gastar máis se vai pasar mellor. Da a sensación como se Noite Vella fose como un adianto do Carnaval, pero sen selo. Ou polo menos para algúns ou algunhas.....

E para remata-la noite, ou para empezar o día -según se vexa- non pode faltar un bo chocolate con churros. Iso si que me gusta e.....MOITO!!!

E vós, ¿que pensades da Noite Vella? ¿Cales son os vosos plans? ¿Cómo sería a vosa noite ideal de fin de ano? ¿Qué cousas vos gustan e cales non? ¿Qué anécdotas lembrades con especial agarimo doutros anos?........

Pasádeo ben, con sentidiño!!!! E na estrada precación. E, aínda que non resulte nada orixinal: SE BEBEDES NON CONDUZADES. Coa vida propia e alleas non se pode nin debe xogar...


Carpe Diem e Noctem

venres, 29 de decembro de 2006

**Visionar de xeito rápido os últimos comentarios

Boas novas para @ asidu@ deste blog. A partir de hoxe poderedes ver unha lista dos últimos 10 comentarios feitos (os anónimos non aparecerán, si se firman cun seudónimo. A lista destes últimos comentarios ubicareina, polo de agora, despois dos videoclips destacados e antes dos últimos artigos publicados. Agardo que vos guste. Calquera opinión, observación ou consello sobre a organización, contido ou outros aspectos de A Lareira Máxica xa sabedes que podedes enviarme un mail: alareiramaxica@hotmail.com Tamén podedes deixarme un comentario neste mesmo artigo.
Tamén introducín algunha novidade máis, pero deberédala descubrir vendo pola columna da esquerda ou "sidebar".....

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota: A introdución desta novidade interfire na opción de ver o nome de A Lareira Máxica en movemento da ventana ou pestaña correspondente do navegador. En lugar de verse o nome do blog, aparece en movemento o nome do artigo máis antigo que se pode ver na páxina principal de A Lareira Máxica. ¿Alguén sabe como podo solucionar esta interferencia entre os dous códigos? Preciso axuda!!! Acepto todo tipo de suxerencias ou indicacións ó respeto. De persistir tería que eliminar o dos últimos comentario....

**.....Entre inocentada e debuxo moi animado....

Efectivamente, María, o da venda de A Lareira Máxica era unha gran inocentada. Como ben dis, nin por todo o ouro do mundo a vendería....¿ou sí? Quen sabe....Pero hoxe por hoxe nin mo prantexo....Teño uns lectores ós que debo (Gracias, por facer que o lume de A Lareira Máxica siga acendido. Sen a vosa leña isto non sería possible). Ademais, gústame moito o de realizar un blog. O dito, o da venda era unha inocentada do día para facelas que era onte, 28 de Nadal, os "Santos Inocentes"

Ando probando, como sempre, cousas novas. Unha delas, paso a enseñárvola. É un invento diseñado por Wizard Animation.
A Lareira Máxica

xoves, 28 de decembro de 2006

** O relato de María. Cap.2 (Vai ben encauzado)

Estaban completamente enganchados un ó outro. Faltáballes tempo para chegaren ás súas respectivas casas, tras as súas obrigas diarias, e conectárense na busca un do outro. De onde conseguían sacar o tempo era un misterio, o único certo é que falaban tódolos días durante horas. Con él, ela aprendeu a perder. Sempre fora unha pésima xogadora e unha pior perdedora, mais perder ás damas con el era sempre un pracer. Esa foi unha máis das moitas promesas incumpridas. Non sei se nunca puideches ou simplemente nunca quixeches cumprila. Prometéralle ser o seu teacher particular algún día. Prometera aprenderlle a xogar ás damas como era debido, pero aínda hoxe segue sen saber mover ben as fichas... Ve-lo Artigo completo....

Pero aquela non fora a única cousa que aprendera del. Con el tamén aprendeu a deixarse coñecer, a deixar atrás os medos, a compartir, a sentir que formaba parte de algo. Encariñarse del fora moi doado, botalo de menos máis doado aínda.

Chegara decembro e con el o Nadal. Ela so podía pedirlle unha cousa: coñecerse por fin. Só pasaran dous meses escasos dende aquela primeira tarde, pero ela xa o tiña todo moi claro. Moito máis claro do que nunca antes tivera nada. Sen embargo el tiña outros plans. Pasaría aquelas datas coa súa familia nesa aldea afastada de todo e de todos. Ela entendeuno, ó fin e ó cabo ela non era ninguén. Nunca tivera intencións de coñecer a ninguén por aquel medio. So era un pasatempo, un entretemento, así que tampouco tiña dereito algún a pedirlle nada. Os seus sentimentos, o que ela puidera sentir, incumbíanlle so a ela. Non tiña dereito algún a pedirlle nada. Deu por sentado que aquelo sería a fin da súa bonita relación cibernética, pero unha vez máis estaba errada. O 31 de decembro, cando xa non esperaba nada, recibín a túa inesperada chamada. Estivo ben escoitar a túa voz, escoitar que me botabas de menos.
O 8 de xaneiro ela agardábao diante da pantalla, el non faltou á cita. De novo volta a empezar.


__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

** VÉNDESE A LAREIRA MÁXICA

ESTE BLOG ESTÁ EN VENTA.... @S INTERESAD@S EN ADQUIRILO PODEN ENVIARME AS SÚAS PROPOSTAS ECONÓMICAS Ó MAIL: alareiramaxica@hotmail.com
A experiencia foi maravillosa, pero tendo en conta que se pagan moi ben os blogs, pois decidinme a polo en venta. Xa recibin algunha oferta, pero paréceme pouco interesante. Non pido miles de millóns nin moito menos, pero tampouco unha limosna.....

mércores, 27 de decembro de 2006

** E Mañán....O Relato de María. Capítulo Segundo

.....Poderemos coñecer cómo continúa o relato de María. A segunda parte, está aínda mellor......¿Cómo continúa? ¿Que pasa cos nosos dous namorados?. Mañán continuaremos sabendo un pouco máis desta fermosa historia coa que nos está a obsequiar María.... Eu xa estou desexando cómo vai ser o terceiro capítulo....

** Anuncio pensando nos Reis Magos....

A Lareira Máxica quere -co gallo do Día de Reis- publicar cartas escritas por vós e dirixidas ós Reis Magos. Valen cartas de todo tipo: de peticións de regalos (sexan os que sexan eh!), de ironía,.....incluso as de amor dirixidas ás Súas Maxestades....
Así que, please, animádevos e enviade as vosas cartas ó mail deste blog: alareiramaxica@hotmail.com, ou deixádeas a modo de comentario deste artigo. Pode ser algo divertido.
Xa sabedes podedes remitilas firmadas con seudónimos se non queredes revelar a vosa identidade. Así que, non hai disculpas para non participar nesta iniciativa lareleira.....So fai falta un par de minutos para escribir unhas cantas palabriñas ou frases para que sexan lias polos Reis de Oriente. Quen sabe.....Ó mellor acceden ás vosas peticións e desexos.....
------------------------------------------------------------------------------------
P.D.: @ que lle pique a curiosidade e queira saber o que pon nesta carta ilustrativa da imaxe, que está baixada de internet, so ten que clickar dúas veces enriba da imaxe e saíra de dúbidas.

** QUÉ RABIA DA CANDO.......!!

........ esa persoa que ocupa a túa mente, esa persoa na que non podes deixar de pensar instintivamente, quéiralo ou non, che felicita o Nadal coa mesma frase anódina, seria, fría e distante que empregou para felicitarlle as festas a outras 50 persoas máis. Unha frase carente absolutamente de orixinalidade algunha. Pero máis rabia da aínda pensar que ti lembras todas e cada unha das datas que marcaron(...) Ve-lo Artigo completo....

aquela “non-relación”: o aniversario do día que vos coñecéchedes, o aniversario da vosa primeira cita, o aniversario da primeira vez que che dixo que te quería, da primeira vez que ti lle dixeches o que querías, o día do seu santo, do seu cumpreanos, do día que, por fin, conseguiu rematar a tan ansiada carreira etc. etc. etc. etc. Moitas datas si, mais ti lémbralas todas. Pero que rabia da cando te decatas de que el é completamente incapaz de recordar o día do teu cumpreanos. Qué rabia da!!!


--------------------------------------------------------
Que rabía enviada por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

martes, 26 de decembro de 2006

** Tan preto como lonxe.......E todo no Nadal.

A vida garda no seu interior cousas boas e malas como se quixera rirse de nós, e rirse sen parar. Ás veces recibimos unha noticia ou unha desagradable sorpresa. Outras, outras acontece todo o contario: deléitanos cunha grata alegría inesperada. Esas son as mellores. Sen dúbida. Incluso as cousas pequenas para os ollos dos demais, se poden trocar grandes e xigantescas para os nosos propios ollos. Na vida todo é subxectivo e os significados dependen dun sinfín de variables.
Este Nadal para min está sendo bo (toco madeira!!!!). Desexo que para ti/vós tamén. Por suposto, cando falo del obvio o compoñente comercial, que para min non é Nadal, senón hipocresía disfrazada de regalo que se adianta ó mesmo Carnaval. Non. O Nadal debe ser outra cousa: (...) Ve-lo Artigo completo....
facerte lembrar máis dos amig@ e seres queridos, estén lonxe ou ó teu lado. Dá igual. Non so voltar a comer ou cear con eles, senón que unha simple mensaxe sms, unha felicitación ou unha chamada recórdache que @s teus amig@s están aí, a pesar de que leves tempo sen velos ou falar con eles. Enche de ledicia non perder o contacto con eles, aínda cando están lonxe, aínda cando non tés tanto contacto como antes, calquera que sexa o motivo.

Se todo vai penso visitar a cidade do Apóstolo a vindeira semana onde aínda teño bos amig@. Algunha non é de Santiago mesmo, pero iso dá igual.....Alégrame moito o revivir os bos momentos pasado con eles. Aqueles tempos pasados, que, de vez en cando, gusto de lembrar, acompañado de bos amig@s. Recoñézoo que non o fago tanto como debera ou quixera. Espero que de aquí a que remate estas vacacións para moit@, poida quedar con varias deses e desas vell@s amig@s. Oxalá!!!

Doutra parte, están os familiares e persoas queridas que podes ver no Nadal. Algunha está fóra de España, nos países que aborberon tantos emigrantes como recibe España agora. .
Pero este tipo de encontros ten un dobre visión: a dóce e a amarga. A dóce do reencontro, de pasalo ben, de sentirse a gusto con eles, de....... de moitas cousas. En troques o lado negativo pono a despedida. O lado amargo que ésta conleva. O non saber cando voltará. Cantos meses van pasar para ver de nova a esa persoa tan querida, coa que pasas uns días, so uns días no Nadal. A vida ten dúas caras. É hipócrita en parte, pero é a vida ó fin e ó cabo.

O outro día, a TVG falaba dos moitos emigrantes que retornaban estas festas de lugares como Canrias ou de países como Suiza......Deste último país dicía que estaban chegando varios ávións con galeg@s. Como sei que recibo moitas visitas desde o país helvético, vaia desde aquí un saúdo moi afectuoso para os galeg@ que por motivos laborais teñen que estar residindo alá. Uns teñen a sorte fugaza de voltar á súa terra aínda que sexa por 15 días. Insisto: alegría e tristura nunha mesma moeda cruel

Este Nadal está sendo especial, e agardo que o continúe sendo (toco madeira!!!). Desexo que para ti/vós tamén o sexa. Non pensaba que ía ser así, pero mellor que superara as miñas expectativas que ó contario. Haberá xente que se marche, pero agardo que volte pronto, moi pronto...

Como dice unha persoa moi querida por min: "É o destino. Xa estaba escrito" (ou algo así di). O que engado que me gustaría que todos eses emigrantes galeg@s que un día tiveron que marchar da nosa terra, poidan voltar a ela definitivamente antes do previsto....

Porque nestas festas non se trata de ensalzar o consumismo desaforado, como cada ano se fai con máis intensidade, como se a vida dependese desta despiadade, egoísta e cruel acción. NON!!!!. E un época de reencontros e lembranzas. Un momento no que é bo parararse a pensar e decatarse que hai xente que che importa e xente á que lle importas ti. Que hai persoas que pertencen ó teu círculo de amizades e que, ti tamén pertences ó delas. E iso redunda en beneficios de ambos. Porque unha boa amizade, cando o é, dura para sempre. É eterna.

¿E vós como vos está tratando o Nadal? ¿Qué vos gusta facer nesta época?.....


------------------------------
Opinión de: Julio
------------------------------

** A Frase Máxica........¿qué opinas ti?

"Non deixes que os confíns da túa mente e corazón te ceguen, porque as cousas máis belas e sinxelas do universo do ser ocurren sen explicación algunha" (Anónimo)

domingo, 24 de decembro de 2006

** PECHADO POR NOITEBOA E NADAL

HOXE E MÁIS MAÑÁN ESTE BLOG DESCANSA. O MARTES VOLTAREMOS. DESÉXOVOS UNHA MOI FELIZ NOITEBOA E DÍA DE NADAL A TOD@S OS QUE VISITADES ESTA PÁXINA. PASÁEDO BEN, E TEDE PRECAUCIÓN COS EXCESOS.....

sábado, 23 de decembro de 2006

** ¿Tocouvos a lotería?

Pasou o venres, e aínda que tocou algo a lotería en Galicia, non o fixo tanto como se esperaba, en especial en zonas como Vilgarcía de Arousa ou outras zonas afectadas polas riadas de novembro. Con todo, o sorteo deixou bastante sorte en Galicia. Algúns, como os agraciados en Combarro, Santiago de Compostela ou A Coruña, deben estar celebrándoo a estas horas.....Noraboa a toda esa xente afortunada.
Pero a lotería e a felicidade non so a dan os cartos (aínda que axudan, como se soe dicir), ohttp://alareiramaxica.blogspot.com/2006/12/tocouvos-lotera.html feito de ter saúde ou o de ter traballo ou amor e ser querid@ (...) Ve-lo Artigo completo....
é algo que se debe apreciar. E moito. As cousas pequenas da vida deben redimensionarse e outorgarlles ó xusto valor, que é superior ó que comunmente se lle concede.
No link das loterías podedes acceder ó resultado do Sorteo de Nadal celebrado onte en Madrid. Ó mellor aínda vos pode tocar algo na pedrea.....E sorte, porque a min sempre me tocan os números próximos na lista da pedrea, pero non os que deberían tocar....
Remato co dito popular aquel que di: "Afortunado no xogo,desgracido no amor"....... Quen sabe se onte tocou outro tipo de lotería.....

venres, 22 de decembro de 2006

** "O relato de María" (Promete)

Os que me coñecen, Julio entre eles, saben que cando non consigo quedar durmida, o que acontece con moita máis frecuencia do que me gustaría, e non sexades mal pensados, non sempre é a miña amiga a conciencia a que non me deixa durmir, gústame adicar esas horas “mortas” a escribir. E que a min a inspiración visítame de noite, que lle vou facer!!!
Pois ben, nun deses momentos de vixilia comecei a escribir algo, polo de agora non sei se acabará converténdose nun relato, nunha longa historia ou se simplemente se quedará nun primeiro capítulo inacabado. Non podo prometervos nada. Non sei o que vai acontecer. Poida que me acabe enganchando tanto, que (...)durma tan mal nos próximos tempos, que vos guste tanto etc. etc. etc. que o que hoxe vos regalo se acabe convertendo nunha sección propia da lareira (sempre co permiso de Julio, of course). Se cadra non son capaz de volver a escribir nada inxenioso para continuar o que hoxe comezo. Poida incluso que este sexa só o comezo nun blog propio incluso. Por poder .............. Imaxinar non custa nada. É das poucas cousas que seguen sendo de balde. O único certo é que me gustaría compartir isto con vos. Alá vai:

“Era unha chuviosa tarde de novembro. Pasaran xa tres anos dende entón. El non puidera ir traballar de tanto que chovía. Ela xa estaba de volta, ó fin e o cabo, o seu traballo non era á intemperie. Os dous, pois, se atopaban diante dos seus respectivos ordenadores. Cincocentos kilómetros os separaban. Ti alí, eu aquí. Coñecéronse nun vello chat. Un lugar que a ningún dos dous lles emocionaba, mais alí estaban. Eu preparaba cousas do traballo entre frase e frase. Ti seguramente estarías debuxando. Non falabas moito, tan pouco que as veces esquecía que estabas alí, so unha parpadeante ventaíña me lembraba a túa presencia moi de tanto en tanto. Pasaran xa algunhas horas, era hora de recoller, eu os meus exercicios, ti os teus debuxos. Pregunteiche se usabas msn. Dixéchesme que si. Cousa estraña, os rapaces interesantes nunca tiñan. Ti si. Aquela foi so a primeira de moitas tardes.”

__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

** A FRASE MÁXICA....¿qué comentas sobre ésta?

"As mulleres foron feitas para ser amadas, non para ser comprendidas" (Óscar Wilde)


------------------------------------------------------------------------
Frase remitida por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

xoves, 21 de decembro de 2006

** Feliz Nadal e miles de gracias......

Nestas datas de Nadal nas que felicitamos á xente que nos rodea e/ou estimamos, gustaríame felicitarvos a vós, si a vós, que gracias a que ledes esta páxina, esta páxina ten razón de ser. Algo que non me cansarei de repetir. Moitas gracias a tod@, en especial ós que máis colaborades con artigos e comentarios: María, Maríam, Juanjo, Sonia, "Rabudo", Raquel, Frei, Pilar, Rommy, e algúns máis que me poida deixar no tinteiro, incluidos os "anónimos". E felicitacións moi especiais para os nos visitan desde Suiza, país do que recibo numerosas visitas (como podedes comprobar no mapa de visitas). A tod@s moitas, moitísimas gracias.
Hoxe, cousas da vida, xuntouse cunha celebración moi especial: A Lareira Máxica chegou ás 10.000 visitas (cinco ceros!!!). En algo menos de 8 meses é unha cifra moi considerabable. Nunca tivera imaxinado ter tantas alá polo 1 de maio deste ano cando me sumei a febre blogueira e din a luz a este "vicioso" blog (...).

Hoxe é algo cotidiano na miña vida. E o que é máis importante: permitiume saber que hai xente que lle gusta a páxina. Iso non se paga nin con tódolos cartos do mundo. Oxalá dure moitos anos. Un so lector asiduo váleme para continuar con este proxecto. Un proxecto que me permite dar saída a unha profesión que sempre me gustou pero que teño aí aparcada desde hai xa 7 anos: a do xornalismo. Algo bonito na que, como diría o noso "Rabudo" Nacho Mirás, traballa moito obreiro ilustrado.

O que escribe estas líneas, engadiría que o de obreiro ilustrado non vai en plan pomposo. Non. Hai que coñecer esta profesión por dentro, para saber as condicións nas que traballan, o escaso salario que perciben, e que en moi poucos casos vai acorde coa súa preparación, méritos e capacidades. Desde aquí os meus parabéns a toda eses xornalistas que disfruta coa súa profesión pero que sufre para vivir dela.....Porque como algúen dixo "O kg de xornalista vai barato", frase de pésimo gusto e dita por alguén que non é xornalista. Non podía ser menos....

Por último,a petición de algúns de vós, puxen a árbore da nadal na marxe esquerda superior da páxina. Agardo que vos guste. Porque xa é Nadal......Deséxovos que pasedes unhas felices datas na compaña das persoas ás que querdes (que ó fin e ó cabo é o máis bonito e fermoso do Nadal, os reencontros....)e que o vindeiro ano 2007 sexa o mellor ano qeu vos tocou vivir ata o momento.....Pasalo o mellor posible e, de novo, MOITAS GRACIAS.......

---------------
Julio

** A FRASE MÁXICA......¿será certa?

"A paciencia é unha árbore de raíz amarga pero de froito moi dóce" (Proverbio persa)


--------------------------------------------------
Frase remitida por: Sonia
Colaboradora de A Lareira Máxica

mércores, 20 de decembro de 2006

** QUE RABIA DA CANDO.........!!!!

......ano tras ano te decatas que, co paso do tempo, a sociedade é máis consumista no Nadal, que se lle dá máis valor a gastar e a regalar como se a vida se nos fose niso. Como se o feito de gastar ou regalar canto máis mellor fose en si bo. Nada hai máis contraproducente. Un efecto que se antolla con efecto "boomerang", especialmente cando da educación de fillos pequenos falamos.....
Ve-lo Artigo completo....
Vivimos nunha sociedade que pasou dunha dictadura a un libertinaxe, total e abosulto. Gústame o dito aquel que di que "polos extremos nunca son bos". ¿Por qué neste caso? Porque non é bo nin ser extremadamente estricto nin extremadamente bondadoso e liberal na educación dos fillos. Está ben regalar, si, pero hai que saber o qué se lle compra a un neno e canto se lle regala, e por qué, e que fillo temos e estamos educando. Parece unha cousa trivial a primeira vista, pero non o é para nada. Logo atopamos nenos con 5 anos que xa teñen de todo. Iso é malo, porque entón que lle imos regalar con 8 anos ¿un fórmula 1 de verdade?. O exemplo, aínda que esaxerado, non o é se o pensamos ben. Non se pode malcriar a un neno, a dicirlle que Si a todo.

O cariño non se demostra so accedendo a tódalas súas peticións incondicionalmente. Un neno debe aprender a que obter algo ten un custe. Que se hai que esforzar e que non sempre se pode ter todo aquilo que se desexa ou quere. Se non pomos límites e damos, con man esquerda, dúas de cal e unha de area, o neno crecerá convertíndose nun pequeno dictador insensible e caprichoso, que non sabe apreciasr ó que lle rodean e ós que lle rodean. Paradoxicamente, tentando fuxir dunha dictadura por medio dun anarquía, topámonos de bruces cunha nova dictadura na segunda xeneración.
Os pais deberían ter claro todo isto, e que a educación dun fillo non é tentar ser o ser mellor amigo. Non. Consiste en educar. En iso mesmamente. E para educar hai que dicir máis dunha vez que non, do contario os "educandos" se convirten en "educados". E cando os fillos crecen e son adolescentes o problema empeora. A un neno hai que educalo desde pequeno, non vale pedir unha prórroga ata a adolescencia....Logo xa é tarde.

E todo isto viña a conta do consumismo en épocas como o Nadal. Comprar e regalar sí, pero con sentidiño e responsabilidade. Por certo, os xoguetes educativos é unha boa elección. Outra cousa: se o neno vai ter moitos regalos, os pedagogos aconsellan ir entregándollos paulatinamente e non todos xuntos (por exemplo, cada x semanas). Claro está que falamos neste caso, de nenos de idade máis curtas. Desta maneira aprenderá a valorar e a apreciar aquilo que recibe.....Pero deste tema poderíanse falar e matizar moitas cousas, pero iso será outro día.....

....Qué rabia da cando vés que a sociedade consume compulsivamente e pensa que canto máis gasta ou regalo mellor é. Non. Ás veces un regalo menor ten moito máis valor........Qué rabia da cando ves que sistematicamente se cae sempre no mesmo erro ano tras ano.....Por certo, que o Nadal non significa consumo, non significa outra cousa.....Ou polo menos debería.....¿Algún sabe ó que me refiro?



------------------------------------
Artigo de Julio

** A Frase Máxica.......¿qué opinas desta?

"Un beso real nunca vale tanto como uno robado" (Guy de Maupassant)


-------------------------------------------------------
Frase enviada por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica
-------------------------------------------------------

¿Será certo? ¿Ou mellor son os non roubados?.....

martes, 19 de decembro de 2006

** Un artigo con celebración incluida......

Este artigo ten sorpresa......
Encantábame Gila. Morreu pero o seu humor non esmorecerá xamais. O seu tono serio pero cheo de humor intelixente, buscaba captar unha gargallada profunda difrazada dunha aparente inocencia. Pois ben, dicía o xenial e añorado Gila -sempre vestido coa súa inconfundible roupa negra e vermella e equipado cun teléfono "móbil" que non era de última xeneración precisamente- que "alguien mató a alguien". Era unha das súas frases míticas cando da guerra tocaba falar. El que tan conciliador era co enemigo, que quería facer treguas para que ambos bandos tomasen o café xuntos.....
E estaredes pensando que hoxe vou falar deste mosntruo do humor. Errádevos. Non. Hoxe (...) Ve-lo Artigo completo....
non vou falar del, pero a súa frase sírveme para, co seu permiso, facer unha parecida: "Alguén cumnpre hoxe anos, alguén". Je, je!!. E preguntarédesvos. ¿E isto a que ven? Veredes, e permítedeme realizar un pequeno circunloquio explicativo:

É curioso. Si é curioso e reconfortante saber que o proxecto que dei vida alá polo 1 de maio dun ano 2006 que consume os seus últimos días, ten bantantes lectores, aínda que menos colaboradores. Como diría o outro, son poucos, pero son queridos por axudar a facer deste un portal colectivo, un portal "noso" e non so meu. Ata aquí a figura retórica en cuestión.

Feita a explicación, direivos que deses pucos colaboradores, resaltan especialmente dúas persoas, aínda que empezan a agromar algúns máis. E desas dúas persoas, unha delas cumpre hoxe anos "alguén é hoxe un ano maior, algúen" Unha persoa que veu visitar esta vida un 19 de decembro de hai algúns anos......(Acórdabame agora de cómo contaba Gila que el viñera ó mundo: "Eramos pobres. Mi mamá no estaba cuando nací y entonces fui a junto la vecina y le dije Sra. X he nacido. Soy niño")

¿E quen? preguntaredes. Digamos que unha persoa que xunto con Mariam, fai que a Lareira Máxica empece a ser algo máis interactivo do que ata hai uns meses o era. Principiouno a ser co seu "desesmbarco" -cual descubridor dun novo continente- en A Lareira Máxica, hai agora 3 meses. E curiosidades da vida, esta colaboradora de nome Maria, está hoxe de cumpre. Noraboa, feliz cumpreanos e que cumpras moitos moitos máis!!! E gracias por pórlle leñá a esta modesta lareira e ser tan boa amiga!!!

Por último, creo lembrar que nun artigo que fixen o 9 de novembro titulado:¿Hoxe é 9 de novembro non?, se falaba dun ramo de rosas. Pois creo oportuno entón facerche entrega de......

.....¿E a todo isto quen foi a que apagou a vela da tarta mentras lía o artigo?......

-------------------------------------------------------------------------------
Artigo feito polo administrador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....¿Qué opinas dela?

"O pasado fuxiu, o que agardas está ausente, pero o presente é teu" (Guy de Maupassant)

----------------------------------------------------
Frase remitida por Sonia
Debutante en A Lareira Máxica



¿Ti qué pensas? ¿E ti agardas algo? ¿Qué valoras máis presente, pasado ou futuro?

luns, 18 de decembro de 2006

** A FRASE MÁXICA.......¿e ti que opinas?

"O amor é como a febre: brota e aumenta contra a nosa vontade" (Stendhal)

-------------------------------------------------------------------------------------
Sin ningunha dúbida.....¿qué opinión vos merece a frase? ¿é certa? ¿tivestes ou tedes este tipo de febre tan especial?......Agardo respostas.....

** Agradecementos e cousas varias....

Antes de nada, e como de ben nacidos é ser agradecidos, quixera darlles as GRACIAS a María (gran colaboradora deste portal) e a Sonia por enviarme frases e proverbios para publicar. Ireinas pondo nos vindeiros días, voltando de novo a modalidade de unha por día. Alégrome que vos guste esta sección. Os que o desexes podedes seguir enviándome frases, que rabia da cando (a cero en este momento, por certo), relatos, humor gráficos, artigos de opinión ou outra clases dos artigos.

- No tocante ó RELATO COLECTIVO, e a pesar dun total desinterés por parte de tod@s, seguirá adiante. Tentarei facer a miña aportación pronto.

- ¿Ninguén se lembra de SMS ou MENSAXES CURTAS de felicitación navideñas simpáticas? Nos vindeiros.... Ve-lo Artigo completo....
para seguir lendo máis novidades e cousas varias) gustaríame publicar algo ó respecto. De momento so recibín os que me enviou unha persoa, pero sería mellor que publicase o de varias. Vale so un. Vale inventado por un mesmo. Cantos máis sexan, e de máis persoas, mellor porque hai variedade de mensaxes e variedade de persoas, o cal sempre é enriquecedor.

- PLANTILLA DE A LAREIRA MÁXICA: Se alguén sabe cómo podo facer para ampliar a plantilla "harbor" que é a que utiliza A Lareira Máxica que me envíe un mail ou un comentario. O outro día cambieime do explorer 6 ó 7 e atopeime con que a plantilla se queda curta para a última versión do famoso navegador. Non sei que opinades, pero queda moito blanco na marxe, de feito nótase o marco da plantilla, algo que non sucedía co internet explorer 6. Tamén descoñezo como se ve noutros navegadores como: firefox ou netscape. Agradecería que opinarades sobre todo isto.
Outra opción é o cambio de plantilla, o que implicaria ter que empezar de cero cos vìnculos e perder o fondo da lareira (debuxos do faro -do inicio á esquerda- e das pedras -ó final á dereita- incluidos).

- Desde hai uns días, os máis observadores, decataríavos que cando tedes a páxina aberta, a pestana pon o nome A Lareira Máxica EN MOVEMENTO, en troques que estático. Coido que queda mellor e contribúe a dar unha imaxe máis dinámica da páxina, aínda que solo sexa un detalle casi imperceptible.

- PASO A BETA BLOGGER: Nas vindeiras semnanas completarei o paso do blog a BETA BLOGGER, iniciado hai un mes. Ata o de agora os cambios so os podo notar o administrador porque afectan sobre todo á publicación. Cando complete o cambio notaredes novos cambios...Iso si, haberá algunhas cousas, como o menú desplegable, que se perderán, xa que non sei como programalo no BETA BLOGGER completo.

- Anímovos a que nos comentarios de artigos poñades un SEUDÓNIMO (nome ficticio) senón queredes pór o voso nome real, porque aínda que se pode opinar como "anónimo" soa máis pobre e triste. Ademais co seudónimo ninguén vos vai coñecer. Ah, outra cousa, indicádeme cando envíedes artigos se queredes que poña o voso nome ou non. Sei que hai xente que non lle gusta.

- Lémbrovos que este administrador esta aberto a SUXERENCIAS de mellora de A Lareira Máxica: artigos, seccións, configuración, etc. Na medida das miñas posibilidades e coñecementos tentarei atendelas.

- Por último, a todos os que ledes, enviades artigos ou opinades en A Lareira Máxica: GRACIAS POR AXUDAR A MEDRAR ESTE PORTAL. E FELIZ NADAL, E UN BO ANO 2007 cheo de cousas boas....

domingo, 17 de decembro de 2006

** Unha noite no teatro...rodeado de historia


Había xa uns anos que o teatro e máis non nos atopabamos na encrucillada. Habia tempo que puxera a máscara e conseguira burlarme del. Pero onte quiteime a máscara e atopoume, atopoume. E voltámalo pasar moi ben os dous xuntos. Dúas horas xuntos cual amantes namoradísimos.....Voltaremos repetir.
E é que onte fun ver unha obra da compañía "Teatro del Noroeste" titulada "Imperial: Café Cantante". O seu argumento conta .... Ve-lo Artigo completo....

a vida da xente que traballa ou visita un Café con actuacións musicais. Sitúase na cidade de Vigo nos días previas ó inicio da Guerra Civil española o 18 de julio de 1936. O drama histórico que se fermenta na sociedade daquela época, mestúrase co amor, coa música, cos soños, coa inxenuidade, co poder,.....Unha simbiose ben argallada e interpretada polo seus actores.

O papel principal correspóndelle a actriz Maxo Barxas, rostro coñecido tamén na televisión polos seus papeis, emtre outras, en series como "Galicia Express", "Rías Baixas". Tocoulle dar vida a un cantante de fados portugesa de nome María Das Neves.

O resto de personaxes non me soaban, aínda que posiblemente, algún máis sexa coñecido:

- Carlos Mosquera "Mos"
- Luma Gómez
- Inma Antonio
- Ramón Orencio
- Xan Casas
- Brandán Lourenzo
- Miguel Pernas (deste soábame moito a súa voz, ¿publicidade, dobrador ou "voces en offs" tal vez?
- Xavier Estévez
- Xosé Vilarelle

A representación e a caracterización dos seus personaxes está moi lograda. Cada un borda o seu papel. Existen varios estereotipos: o rico, o idealista, a actriz famosa, o pobre, o soñador.....

O malo é que dura 2 horas xustas, un pouco longa, pero tendo en conta que é moi entretida, lévanse ben. Iso é que non escenario fuman os seus actores e actrices. A xustificación dáse antes de empezar alegando que daquela fumábase moito nese tipo de Cafés. Menos mal que o escenario é grande e que lugar é grande...

Por certo, ó final da obra pasou que.... (pero ese tédelo que descubrir vós
mesm@)......

------------------------------------------------------------------------------------
¿E vos vístela obra? ¿gústavos o teatro? ¿cal foi a última obra que fostedes a ver? ¿que pensades do teatro? ¿teatro ou cine?

sábado, 16 de decembro de 2006

** Unha lei que era moi necesaria........

Vivimos nun país, España, que está vendo como diminúe a tasa de natalidade e, pola contra, a poboación se envellece cada vez máis. E cada ano que pase serán máis as persoas maiores de 65 anos. Isto implica máis problemas de saúde e, consecuentemente, máis dependencia destas persoas para as actividades da vida diaria. Pero ¿por qué falo disto? Pois porque onte saiu publicado no Boletín Oficial do Estado, a Lei da Dependencia,da que se leva falando desde hai tempo. Era unha lei moi necesaria. Non só para as persoas maiores, senón tamén para outros colectivos como son os minusválidos ou os menores de 3 anos. Agora falta que a Xunta de Galicia a desenvolva, algo que previsiblemente non estará feito octubre de 2007. O fin que pretende é que tódalas persoas dependentes dispoñan de máis recursos e axudas... Ve-lo Artigo completo....
A Lei da Dependencia distingue diferentes tipos de dependencia dunha persoa para a súa vida diaria. Define a dependencia como:

"O estado de carácter permanente en que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á pérdida de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención de outra ou outras persons ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal" .

A lei establece tres grados de dependencia:
** Grado 1 (moderada): cando a persoa necesita axuda para facer actividades básicas da vida diaria alomenos unha vez ó día;
** Grado 2 (severa): cando necesita axuda 2 ou 3 veces ó día, pero sen precisar resencia permanente dun coidador;
** Grado 3 (gran dependencia): cando é indispensable a presencia continua de outra persoa.


O fin principal que persegue é que as persoas permanezcan no seu contorno o maior tempo posible, incrementando as prestacións como a axuda a domicilio ou os centros de día; aínda que tamén poderá haber prazas de residencia de carácter permanente para discapacitados físicos e psíquicos.

Anuncia recursos económicos en forma de axudas, así como de instalacións e centros. Moitos, como o dos centro de día, son hoxendía insuficientes e todos privados, non públicos. Outros como os centro de noite, aínda non existen.

A relación completa dos servicios ós que poderán optar e que comprende os servicios sociais de promoción da autonomía persoal e de atención á dependencia que seguen:

a) Os servicios de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da autonomía persoal.

b) Servicio de Teleasistencia.

c) Servicio de Axuda a domicilio:

(i) Atención das necesidades do fogar.

(ii) Coidados persoais.

d) Servicio de Centro de Día e de Noite:

(i) Centro de Día para maiores.

(ii) Centro de Día para menores de 65 anos.

(iii) Centro de Día de atención especializada.

(iv) Centro de Noite.

e) Servicio de Atención Residencial:

(i) Residencia de persoas maiores en situación de dependencia.

(ii) Centro de atención a personas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.


Dentro das axudas, unha medida novidosa é que contempra as axudas ós coidadores familiares (non profesionalizados), que poderán percibir unha prestación económica, aínda que terán que darse de alta na Seguridade Social.

venres, 15 de decembro de 2006

** Un premio merecidísimo...!!!!

Hoxe quixera felicitar ó xornalista Nacho Mirás Fole, redactor do xornal "La Voz de Galicia" que recibirá dentro dun pouco un dos Premios Galicia de Comunicación 2006....Noraboa.
É un xornalista que non para e que tamén lle da vida a un blog que acostumo a visitar desde hai moitos meses. Moi bo por certo. www.rabudo.com. Recomendado. Non deixedes de ler os seus relatos novelados de feitos cotidianos porque son, sinxelamente, xeniais. Alégrome que se lle recoñecera o estupendo traballo que cada día fai, e que, por desgracia, non se lle recoñecen sempre a tódol@s que o merecen...

xoves, 14 de decembro de 2006

** ¿POR QUÉ......?

¿Por qué será que a moitas mulleres, de pelo moreno por natureza, lles gustan pasar a engrosar o club das rubias de bote? E non digo cando lles saen canas ou xa teñen o pelo gris, non, senon cando son aínda moi xóvenes.
Por certo, e ¿por qué será que se tiñen de rubia e deixasn as cellas morenas?? Curiosa mezcla.....
O que vos acabo de dicir é, en poucas palabras, o argumento dun monólogo de "El Club de la Comedia". Ollo, que non estou dicindo que non me guste. Cada unha é libre de facer o que queira co seu pelo.....Faltaría máis.....So que é algo cada vez máis habitual....
___________________________________
Preguntas feitas polo ADMINISTRADOR

** Un vídeo de CQC:...de recomendada visión....

mércores, 13 de decembro de 2006

** ANUNCIO INTERESANTE sobre SMS.....

Acércanse a pasos axigantados os días de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano..... Por esta época adóitanse enviar as típicas tarxetas de felicitación, se ben últimamente cada vez máis se felicitan as festas moito polos cada vez máis recurridos sms do móbil, porque son máis rápidos.
Nalgunha ocasión, seguramente, recibiriades mensaxes sms simpáticos, orixinais, ou que, sinxelamente, vos gustaron. Pois ben, na lareira quixera facer un artigo sobre eles, polo que vos pido encarecidamente a axuda para que me remitades aqueles que vos enviaron algunha vez no Nadal ou no Ano Novo e vos gustaron, ou os que che gustaría recibir ou calquera que che poida parecer bonito ou simpático. Admítense todo tipo de propostas, sempre e cando estean relacionados coas felicitacións navideñas......
Non me digades que é entretido o tema. Logo, publicareinos todos no artigo, no que, se o desexades publicarei o voso nome ou pseudónimo....O buzón de alareiramaxica@hotmail.com queda aberto desde estes intres....

martes, 12 de decembro de 2006

** Hoxe é noticia >>> As declaracións de .......

Como sabedes, A Lareira Máxica non é un blog de política. É precisamente este tema, o único que non ten cabida nela. Non obstante, hoxe fago unha excepción porque hai unhas declaracións feitas por un político que están dando que falar. Refírense á morte de Pinochet, falecido o domingo e que fora dictador chileno durante 17 anos. Como A Lareira Máxica é tamén un blog de opinión sobre a actualidade, pois tamén non é mala idea que nesta ocasión opinemos sobre o tema desta morte e todo o que a rodea. Deixo o enlace da noticia, recollida por El Correo Gallego (Preme sobre o nome do xornal para lela).Tamén vou deixo o enlace dunha noticia relacionada co acontecido durante a dictadura de Pinochet e publicada, entre outros medios, no Diario de Léon, que tamén deu moito que falar no seu momento.
Que cada un analice estas declaracións e quite as súas propias conclusións. PODEDES DAR A VOSA OPINIÓN A FAVOR OU EN CONTRA.
______________________________________________________________________
Información ACTUALIZADA
Foi agredida unha xornalista de TVE que cubría a noticia, en Chile, da morte de Pinochet. Como unha imaxe vale máis que 1.000 palabras déixovos o fragmento no que se recolle a agresión sufrida por esta profesional namentres informaba en directo. Podedes opinar.

** ¿A alguén + lle interesa a historia colectiva?

A historia colectiva "Dous estranos no inferno" atópase parada é en perigo de esvaecer, ó non dispór de xente interesada nela. Se ninguén desexa continuar, para a semana dareina por concluida....
A parte de min (que farei un capítulo ó longo desta semana), de JPF e de Mariam, ningúen máis se amosou interesado no tema. Houbo moitos "conta conmigo" ou "é interesante a proposta", pero a hipocresía domina o mundo.... Alá cada un/unha coa súa conciencia. So pedín que os que estiverades interesados me envirades un mail facédomo saber, pero nin iso. Sin pór datas nin prazos de redacción do artigo. Nunca os marquei. De todo isto, deduzo a falta de interés do resto da xente. Nin con esas facilidades.
Podía ter sido un bonito e interactivo relato....Unha mágoa. Agardemos que se anime máis xente. Calquera dúbida xa sabedes o mail: alareiramaxica@hotmail.com.

luns, 11 de decembro de 2006

** Un pouco de humor para empezar a semana





_______________________________________________
Gracias por enviarme estes chistes gráficos.

domingo, 10 de decembro de 2006

** AS FRASES MÁXICAS.......de famosos

- " O éxito está composto dun 90% de esforzo, un 5% de talento e un 5% de orixinalidade " (Alejandro Sanz)
- " Un tonto nunca se repón do éxito " (Óscar Wilde)
- " O traballo é o refuxio dos que non teñen nada que facer " (O.Wilde)
- " O destino é o que baralla as cartas, pero nós os que xogamos " (W.Shakespeare)


>>>> ¿Qué opinades sobre elas? ¿de acordo? ¿matizariades ou cambiariades algo? ¿Qué vos fan pensar?,.....

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
NOTAS: Esta sección non desapareceu, so que como ultimamente comentades pouco as frases deixeina descansar. A súa periodicidade virá marcada polo interés que amosedes (comentarios, propostas, etc.)
Lémbrade que hai dúas modalidades de frases: as citas célebres ou de famosos, por un lado, e as vosas, por outra. Para diferencialas, o logo tamén é distinto.
Sexa para calquera das modalidades de frases, agradezo os envíos das propias ou alleas que sepades e/ou vos gusten.

sábado, 9 de decembro de 2006

** Observacións sobre o relato colectivo

Alégrome que haxa continuación da historia. Non obstante quérovos dicir que nestes intres ninguén máis me dixo que quería participar, polo que se isto non cambia continuaríao eu, pero logo remataría, o cal sería triste. Gustaríame que participase o maior número de xente posible. Por suposto, máis adiante poderase repetir, pero daraselle prioridade a quen nunca publicara. Parece o xusto ¿non?
Ah, outra cousa. A partir de agora, o relato vai ir en galego. Tamén o podedes escribir en castelán e enviarmo nese idioma, pero logo publicareino traducido ó galego. Gracias ós que estades participando neste aventura, que foi idea de Juanjo P.F.

** Dous estranos no inferno (relato colectivo) > 2

Como era un pouco anónimo o relato e ninguén me fixo propostas (honestas eh...) pois déuseme por título "Dous estranos no paraíso". Non me preguntedes o porqué, o de estranos ainda, pero o do inferno, non sei gustoume. Xa sei que soa un pouco a cine...Sen mais déixovos co segundo capítulo do relato colectivo......

Capítulo 2 "Salteado de naranja y corazón roto"

De aquella noche recuerdo que me quedé paralizado viéndola marchar. Apresurada, con la cabeza baja, se fue perdiendo entre la gente. Estaba desesperado, no podía creer lo que terminaba de escuchar, no podía articular palabra. No sé cuanto tiempo estuve allí, sin entender nada, completamente hundido. No sé como llegué a casa. Solo recuerdo que (...) Ve-lo Artigo completo....
me derrumbé en el sofá y lloré. Pensé que la cabeza me iba a explotar, pensé que estaba viviendo la peor de mis pesadillas. No entendía nada. No lograba comprender el significado de aquellas palabras. En aquel momento daría mi vida por conocer el misterio que escondía aquella mirada recelosa. Aquella noche ni me dio ninguna explicación ni tuve tiempo de pedírsela.

Apenas llevábamos un mes juntos. Apenas pasara un mes desde que una tarde, en el centro comercial, me cogió la mano y me dijo que quería estar conmigo. Fue nuestro primer paseo como novios. Ya estaban colocados los adornos de navidad. Aquella tarde, por primera vez en mi vida, la parafernalia que rodea la navidad me pareció bonita. Así empezamos a salir. Para mi fue un auténtico flechazo, para ella no. Ella ya no creía en el amor, me costó ganarme su confianza, ganarme su sonrisa, ganarme sus besos. Me enamoré como un idiota. Me sentía un idiota, un completo idiota. No podía creérmelo, no podía. Recuerdo que encontré la caja del Orfidal en el cajón de los medicamentos, la abrí y me tomé un par. Caminé por el pasillo sintiendo la frialdad del mármol en la planta de los pies y me metí en la cama vestido.

Al día siguiente me desperté pasado el mediodía, aturdido, con dolor de cabeza, bastante sereno. Lo primero que hice fue buscar el CD. Como soy un romántico empecé a escribir un diario la noche que la conocí. Era un secreto mío, no se lo dije a nadie. Quería regarle el diario en nuestro primer aniversario. Todos mis sentimientos estaban allí, guardados en el CD que sostenía en la mano derecha. Bajé al garaje y busqué un martillo. Unos cuantos golpes bastaron. El CD ya no existía, encima del banco de carpintero solo había unos trozos de plástico. Luego, como si no pasara nada, me comí una naranja. Aquella tarde empecé un nuevo relato: “Los pedazos de mi corazón descansan en el cubo de la basura mezclados con las mondas de una naranja…” Pasaron muchos años hasta que volví a verla, esta vez, en el escenario del club “Las Sirenas”.
____________________________________________________
Este capítulo foi feito por: Mariam
Maxi-Colaboradora de A Lareira Máxica

venres, 8 de decembro de 2006

** Despois da tempestade......máis tempestade

Non aquí non se cumpren os ditos: "Nunca choveu que non escampara" ni moito menos o de "Logo da tempestade chegou a calma". Non!!!. Se en Galicia, e sobre todo, nas provincias de A Coruña e Pontevedra non nos libramos: No verán lume por tódolos lados. No outono máis chuvioso que lembro, temporal tras temporal. Ata o de agora fora de choiva, pero desde onte por estas mesmas horas principiou o de vento, que remitiu a última hora da tarde , aínda que nestes intres parece que volta a soprar con forza o deus Eolo.
Onte pola noite estaba vendo a Gala 50 aniversario de TVE, e acababa de conectarme a internet, cando de súpeto... Ve-lo Artigo completo....
nun abrir e pechar de ollos marchouse a luz e voltou. Todo iso, en décimas de segundo. O PC, como podedes supoñer, apagouse "á machada". A luz voltou a marchar máis tarde e estivo indo e vindo de madrugada. E diredes vós.....¿e por qué o sabes? A resposta é ben simple, non pequei ollo en toda a noite. Os ventos parecían que ían levar a casa en calquera momento.....Na miña vida...E durou a madrugada, a mañán e parte da tarde.....


Por si fora xa pouco, a media tarde, coincidindo coa remisión un tanto do temporal de vento, fixo acto de presencia unha tormenta que, iso si, durou poucos minutos. O que nos faltaba. A choiva e o granizo, que tampouco se perdeu a "festa" completaron un "maravilloso" día 8 de decembro de 2008....

Logo escoitando os medios de comunicación, entérome de que chegaron a acadar os 160 km por hora. Non me estrana. O vento cebouse especialmente coas vilas costeiras, sendo a Costa da Morte unhas das zonas máis afectadas, pero non foi a única. Menos mal que hoxe non tiven que coller o coche, que senón ó mellor estaba facendo a crónica desde o alto dunha árbore...












Aínda coas inundacións nas provincias da Coruña e Pontevedra recentes (zonas como Vilagarcía, Arcade, Valga, Padrón,ou Ferrol, o tempo volta a cebarse connosco de novo. Agardemos que nos deixe en paz unha boa temporada e que todo volte á normalidade.

E o panorama dos vindeiros días non é moi tranquilizador. E menos vendo ó tempo na t.v. no que apenas se adivina onde queda GaliciaEn fin, que se hoxe falei de tempo non foi porque non tiña nada de que falar. Non. Todo o contrario. A este paso teremos que enviarlle a carta non a Papá Noel, nin ós Reis Magos. Non. Haberá que enviarlla ó deus Eolo. Iso, se antes non a ven a buscar e nos leva con el....Particularmente, prefiro a Papá Noel ou ós Reis Magos...¿e vós?

Carpe Diem e Noctem tamén (crucémos os dedos)

xoves, 7 de decembro de 2006

** Máis novidades.......

Proseguindo coa introducción paulatina de novidade en A Lareira Máxica, desde hoxe cada vez que pasedes o cursor sobre un link ou enlace, poderedes ter unha vista previa dese enlace ou link.
Sen saber moi ben porqué, a inclusión desta novidade provocou un pequeniño problema no acceso á páxina: de vez en cando ó entrar en A Lareira Máxia ou se lle dades a actualizar, pódevos saír unha ventana de Internet Explorer que alerta que non se pode cargar a páxina. A solución é fácil: darlle á aceptar e listo. Se en vez diso a cerrades, non poderedes cargar A Lareira Máxica. De tódolos xeitos, tamén tentarei investigar o problema.
------------------------------------------------------------------------------------
ACTUALIZACIÓN: Xa está solucionado. Agora xa non da error.

mércores, 6 de decembro de 2006

** QUE RABIA DA CANDO......!!!

Qué rabia da cando a xente non se digna contestar os mensaxes ó móvil.
Veredes, o pasado fin de semana envieille 2 mensaxes de móvil a dous bos amig@s para invitalos a ir ó teatro. A invitación foi feita a primeira hora da tarde e aínda sigo esperando pola resposta. Ningún dos dous (un home e unha muller por se é significativo) me responderon aínda.
E digo eu, será por aquilo de que cando non temos que dar a cara todos nos volvemos un... Ve-lo Artigo completo....
pouco máis deixados ou máis "maleducados" porque no fondo non hai outra palabra para calificar tal conducta. Indígnanme este tipo de actuacións. Precisamente moitas veces recurro os sms en lugar de facer unha chamada directamente porque me parece unha forma menos "violenta". Se os chamara para invitalos ó teatro poñeríaos na encrucillada de ou ben ter que aceptar a desgana para quedar ben, ou ben "forzalos" a buscar unha excusa para, de novo, quedar ben. Por iso precisamente recurrín o sms. E francamente, a parte da evidente falta de gañas de ir ó teatro, so se me ocurren outras duas razóns polas que non recibín contestación: devolver un sms é moi caro (os céntimos aínda que os poucos xa se sabe que van sumando) ou directamente teño dous maleducados por amigos.
O único que sei é que ......... qué rabia da ......


------------------------------------------------------------
ARTIGO DE: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

martes, 5 de decembro de 2006

** O F.C. Barcelona vence ó Werder Bremen

O F.C.Barcelona clasificouse para os octavos de final da Champions Leaque de Fútbol. Logo do descanso, non houbo máis goles no Nou Camp, polo que o resultado final foi o mesmo: F.C.Barcelona 2 - Werder Bremen 0. En realidade, pódese dicir que o partido rematou na primeira parte. Na segunda parte, cun Barça relaxado e confiado, o Werden Bremen inquietou máis o Barça, dispoñendo de varias oportunidades, pero o Barcelona soubo defenderse e foi máis equipo.
Os goles foron obra de Ronaldinho (min.12), tras... Ve-lo Artigo completo....
lanzar unha falta directa ó borde da área do equipo alemán, por baixo, e de Eidur Gudjohnsen (min.18) tras rematar un centro do seu compañeiro Ludovic Giuly que, segundos antes, recibira o balón logo dun espléndido pase de Ronaldinho.

O Barça demostrou porqué é o campión a pesar de contar con numerosas baixas. Mención especial á labor feita por Giuly, Gudjohnsen e Puyol. Por certo, os dous primeiros fixeron unha espléndida xogada na primeira parte que deu co balón no pau da portería do Werder Bremen.

** Nestes mesmos intres acontece.......

-->> DESCANSO-- Champions Leaque de fútbol: F.C. Barcelona 2- Werder Bremen 0. De gañar, o equipo español pasaría a octavos de final. Moita sorte!!!!

** Unha historia colectiva: O principio (1)

(JPF): .....Lo voy a intentar, a ver qué tal sale:

Era de noche, habíamos quedado como siempre, pero tenía un presentimiento, uno de eses que te pasa por la cabeza y te vuelve solo, sin que se lo pidas, es como si en verdad tuvieses alguien dentro de ti­, que te guía y advierte de algo, lo dejas hacia un lado porque no te interesa lo que te dice. También porque no estás abierto a esa voz, pero iba a suceder y yo me negaba. Ni entendía lo que me decía.
Llegué al sitio y la encontré: estaba como siempre pero algo en su mirada me decía que no estaba bien.... Ve-lo Artigo completo....



-¿Qué te pasa?
- No lo sé. Quisiera contarte muchas cosas que me han sucedido, pero no tengo palabras.
- Pero...¿en verdad no puedes explicarme, que te pasa?
- No puedo, no es por ti­, pero no podemos seguir juntos.
- ¿Que me estás intentando decir?, pero ¿qué hice yo?
- Nada, no has hecho nada.

Allí­ estabamos los dos, sentados en un banco, hablando un código que no entendíamos. El porqué aun no lo sé ni hoy. Tampoco sé qúe pasó. Lo que si sé es que los dos marchamos por caminos opuestos, después de haberlo dado todo el uno por el otro y sin saber la razón y sin preguntarnos el uno al otro "¿Por qué?", marchamos cada uno por un lado opuesto al paseo. La miraba y ella a mi­. Desde entonces nunca he olvidado ese momento..... El banco fue el testigo de algo que nuca sucedió y que al mismo tiempo pasó.....



_______________________________________
PARTE DO RELATO ESCRITA POR: Juanjo (JPF)
Colaborador de A Lareira Máxica