** Anuncio pensando nos Reis Magos....
A Lareira Máxica quere -co gallo do Día de Reis- publicar cartas escritas por vós e dirixidas ós Reis Magos. Valen cartas de todo tipo: de peticións de regalos (sexan os que sexan eh!), de ironía,.....incluso as de amor dirixidas ás Súas Maxestades....
Así que, please, animádevos e enviade as vosas cartas ó mail deste blog: alareiramaxica@hotmail.com, ou deixádeas a modo de comentario deste artigo. Pode ser algo divertido.
Xa sabedes podedes remitilas firmadas con seudónimos se non queredes revelar a vosa identidade. Así que, non hai disculpas para non participar nesta iniciativa lareleira.....So fai falta un par de minutos para escribir unhas cantas palabriñas ou frases para que sexan lias polos Reis de Oriente. Quen sabe.....Ó mellor acceden ás vosas peticións e desexos.....
------------------------------------------------------------------------------------
P.D.: @ que lle pique a curiosidade e queira saber o que pon nesta carta ilustrativa da imaxe, que está baixada de internet, so ten que clickar dúas veces enriba da imaxe e saíra de dúbidas.
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Un par de minutiños para escribirmos a carta dos reis! Ti seica toleaches. Esta é unha carta moi importante, hai que ser preciso e meticuloso, face-las cousas ben, palabras claras e frases curtas, nada de rollos indescifrables. Inda leva o seu tempo, ¡ja ja!
Xa sabedes que son unha pesada, pero é que outro dos exercicios que acostumo a facer cos meus alunos nesta época é precisamente o de escribírenlle unha carta ós reis. Como, se facelo en castelán/galego xa non resulta moi sinxelo, facelo en english, como vos imaxinaredes, é considerablemente more complicated,por iso dependendo das idades dos rapac@s a carta é mais ou menos interesting. Unha das que máis me gustou o ano pasado é a seguinte: (tende en conta q son rapaces e que o seu manexo do inglés é limitado, eu traduzo)
"Queridos Reis Magos:
Chámome Ana, teño trece anos e vivo un piso nunha vila pequena. O que quero que me traiades este ano é:
- Quero algo máis de tempo libre para meu pai porque sempre está traballando e nunca o vexo.
- Unha botella ou dúas de comprensión para miña nai porque sempre está discutindo comigo.
- Un mozo agradable e simpático para a miña mellor amiga.
- Un chupete para o meu irmá pequeno que non para de chorar.
- Un teléfono móvil para poder chamar a meu avó a cotío.
- Unhas vacacións nun balneario para a miña avoa porque a pobre non para de queixarse da reuma.
E moitos amigos e boas notas para min na escola.
Moitas grazas,
Ana."
Benqueridos reis magos Gaspar, Baltasar e Melchor:
Non sei si me portaría moi ben este ano, ejem...ejem..., xulgade vós mesmos, así e todo, sede benevolentes. Por pedir pediríavos moitas cousas, pero como supoño que andaredes bastante liados tampouco quero abusar da vosa xenerosidade. Eu con catro cousiñas xa me conformo. Sen máis, paso a enumerarvos os meus desexos:
- Que a humanidade aprenda, dunha vez, os significados da palabra "solidariedade" e do verbo "compartir".
- Que as persoas deixen de dirimir as súas diferencias a base de golpes e tiros.
- Que o dios Eolo se quede sin aire.
- Que ós pirómanos non lles vendan mistos.
- Que os políticos se volvan honestos.
- Que non nos falte a saúde para poder seguir debuxando paisaxes con palabras.
- E finalmente, que un chispazo de ilusión prenda lume ó corazón.
Espero que fagades o que poidades. Xa me imaxino que, chegados a este punto, Melchor refungará un pouco. Non sei de que te queixas, se nen siquera lle tendes que dicir ós paxes que envolvan os meus agasallos. ¡O que fai unha para que non se gaste o papel de regalo nin se aniquilen os nosos bosques!
Publicar un comentario