** Efemérides. Tal día coma hoxe...Do 27-02 ó 04-03
NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao
02febreiro-28 1981 Morre en Vigo Álvaro Cunqueiro, quen prognosticara «mil primaveras máis» para o noso idioma.
02febreiro-28 1988 Acta de Constitución formal da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), entidade non gobernativa e popular que nace coa única finalidade de promover e defender o uso do galego.
02febreiro-28 2005 O idioma galego chega ós Oscar de Hollywood coa película Mar Adentro, que apostou por diálogos multilingües.
02febreiro-29 2000 A Universidade de Santiago inaugura a nova Facultade de Xornalismo.
03marzo-01 1867 Primeiro número da publicación luguesa El Progreso.
03marzo-01 1931 Vicente M. Risco publica n'A Nosa Terra o artigo «A ideología do nacionalismo exposto en esquema».
03marzo-01 1994 Comeza a funcionar o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, na Barcia (Santiago).
03marzo-02 1856 Celébrase o Banquete de Conxo, acto de confraternidade entre estudantes e artesáns no que Eduardo Pondal fai lectura dun dos seus poemas, e que tamén se converteu nun símbolo do Rexurdimento.
03marzo-03 1860 Os irmáns De la Iglesia publican na Coruña a revista monolingüe en galego O vello do Pico Sagro.
03marzo-04 1881 Comeza na Coruña o xuízo de apelación de Curros tras a sentenza condenatoria do xuíz de Ourense pola publicación do poemario Aires da miña terra. Duraría dous días: o propio día 4 e o seguinte.
03marzo-04 1936 Falece na Coruña Antón Villar Ponte, cando era deputado do PG nas Cortes da II República.
03marzo-04 1948 Aparece o primeiro número de Alborada, revista do Centro Galego de Barcelona. Ó longo dos anos ofrecerá moitos textos en lingua galega.
03marzo 04 1962 Nace a tradutora e poeta Xela Arias.