luns, 30 de abril de 2007

** QUE CONTENT@ ESTOU CANDO.....!!!

Hoxe é domingo e o normal sería levantarme un pouco máis tarde do habitual para cargar as pilas para a nova semana de traballo que xa está á volta da esquina. Cousa curiosa: imposible quedarme dormida onte de noite e imposible tamén disfrutar dunhas horiñas máis de descanso pola mañá.

Bueno, agora que xa me levantei – pronto – pensei en facer unha boa acción, como por exemplo limpar os cristais (boa falta lles faría...). Pero o que non me deixou durmir non foi precisamente a chamada dos cristais sucios... Podería poñerme a limpar pero, para boa acción, mellor esta:...--->Ve-lo Artigo completo....
a de contarvos o motivo destas poucas horas de sono que ben identifiquei: a emoción... A emoción dun reencontro cuns vellos amigos. Digo vellos, non porque o tempo pasara moito por eles (vinnos igualiños que antes e máis ben son eu na que o paso do tempo se nota máis) senón porque nos coñecemos fai xa ... máis de 10 anos ... e levabamos 8 sen vernos.

Unha mensaxe ao móbil o venres pola tarde provocábame un subidón de adrenalina. Si, o momento xa chegara, o esperado reencontro estaba previsto para o sábado.

Estaba expectante e coa curiosidade de saber que farían estes amigos en todos eses anos, que tal lles iría en canto a traballo e demais e incluso me preguntaba se algún xa estaría casado ou mesmo tamén tería fillos (quen sabe) – aínda que parece que neste terreo estamos todos igual-.

Como dixen, expectación, curiosidade e algo de medo tamén. Por que medo? Seguramente pola miña timidez. E finalmente, que tal foi o reencontro? Pois foi estupendo.

Hoxe dinme que teño un brillo especial nos ollos. Como non o vou ter? Moi boa compañía, paisaxes encantadoras, bo tempo... que máis podía pedir? Unicamente que a tarde fose máis larga e, sobretodo, que se volvan repetir estes momentos antes de que pasen outros 8 anos.

E a conclusión de todo iso é ... que contenta estou cando, despois de tantos anos, vexo que falamos con tanta naturalidade como se levaramos un mes sen vernos...

Aquí vai esta pequena mensaxe para eles tres: amigos, xa sabedes que as portas das Rías Altas agárdanvos con impaciencia e eu cos brazos abertos.

Ata pronto, amigos.



ARTIGO ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......sobre a amizade


"Un amigo é un que o sabe todo de ti e a pesar diso quérete"



Elbert Hubbard

domingo, 29 de abril de 2007

** Un reencontro moi especial tras máis de 8 anos

Onte para min foi un día moi especial. Logo de 8 anos o que vos escribe, xunto con outro un bo amigo e unha boa amiga, voltamos a ver a unha amiga da época compostelana. Quedei para comer con estes tres amigos porque son daqueles que vale a pena ter. Son amigos dos que dou en chamar BOS AMIG@S. Fago unha pausa para aclarar que distingo entre amigos a secas e bos amigos (aqueles nos que podes confiar e que son moi moi amigos). Non se trata de que teña amig@s de primeira e outros de segunda. Non. So que hai amigos cos que tes ou tivestes moita relación nunha época da túa vida e son desas persoas que sabes que son nas que podes confiar. Outros son amig@s pero a relación non é tan profunda. Vamos que, polos motivos que foran, conectaste moito máis con ese BOS AMIG@S que cos outros, aínda sendo tod@s amigos teus....--->Ve-lo Artigo completo....

Logo deste circunloquio - sorry, pero seguro que haberá alguén que sepa porque aclaro todo isto...¿a que síi? -. Onte foi un día moi especial porque catro grandes amigos e amigas voltaron xuntarse. A última vez que coincidimos os catro foi no ano 1999. No século pasado!!!. En Santiago de Compostela onde nos coñecimos. Como soa iso do século pasado!!!!..... Con dous deles tiven o pracer de comer aínda no mes de febreiro, pero coa terceira, non a viamos ningún de nós desde había máis 8 anos. Como transcurre o tempo!!!!

Resulta grato ter amig@s tan bos e cos que da gusto estar. Poden pasar horas e horas que seguirías falando con eles e con elas. Xa me pasou no Nadal con outra moi boa....Así da gusto que pase o tempo!!!. Fales do que fales o tempo é escaso e pasa enseguida. Caray!!!

Esta amiga nosa que hai tantos anos que non viamos encerra unha historia moi curiosa e entrañable. É francesa. No ano 1996 viuse cunha beca do programa ERASMUS a estudiar á Universidade de Santiago de Commpostela. O destino fixo que a coñeceramos a ela e a outr@s franceses que con ela viñan. Todos moi moa xente. Dos demais a día de hoxe non sabemos nada, agás o que nos contou onte esta galaicofrancesa...

Si dixen ven. Galaico-Francesa. Porque aínda que é francesa, rezuma galego e amor a Galicia polos catro costados. E é unha moi boa persoa. No ano 1996 colleu as maletas e viuse a estudiar a Santiago. E agás ó curso seguinte, quedouse en Galicia . Filla única, ten ós seus pais en Francia e o corazón dividido entre o país galo e Galicia. Opositou e quitou praza en Galicia facendo o traballo que a ela lle gusta e domina. Varios fins de semana ó mes visita ós seus pais en Francia. Pero Galicia tíralle e moito.....

Cando a coñecín faláballe en castellano por cortesía. Agora se lle falo en castelán case me pega.

- Fálame en galego, Julio, que te entendo perfectamente. En galego!!!
- Fareino -díxenlle eu-

E é que entende o galego e a cultura galega moi ben. Por gustar ata lle gusta o noso clima. E é que se o seu D.N.I. puxeran que naceu nunha vila galega, colaría....

Onte comemos todos xuntos e logo recorremos diversos lugares de Sanxenxo e o Grove. As horas foron as nosas enemigas accérimas porque nun abrir e pechar de ollos....zas!!! xa nos metemos entre o lusco e fusco. E como Ferrol e Ourense (onde viven dous deles) quedan lonxe pois demos por concluido o noso agardado reencontro.

Agardemos que a experiencia se repite porque foi como retroceder no tempo, so que cuns anos máis. Porque o tempo pasa, e pasa para tod@s. É a vida mesma!!!.....



Artigo elaborado por: Julio
A Lareira Máxica

sábado, 28 de abril de 2007

** A Frase Máxica....sobre a vida mesma


"Non deixes crecer a herba no camiño da amizade"



Platón

venres, 27 de abril de 2007

** A Frase Máxica......coidado co que decimos

"Unha palabra fere máis profundamente que unha espada"



(Burton)

xoves, 26 de abril de 2007

** Atende: se che caen os dentes debes saber...

Nun país moi afastado, ó oriente do gran deserto, vivía un vello Sultán dono dunha inmensa fortuna. O Sultán era un home moi temperamental, ademais de supersticioso. Unha noite soñou que perdera todos os dentes. Inmediatamente logo de espertar, mandou chamar a un dos sabios da súa corte para pedirlle urxentemente que interpretase o seu soño.

- ¡Que desgracia meu Señor! - exclamou o sabio - Cada dente caído representa a perda dun parente da vosa Maxestade.
- ¡Que insolencia! - gritou o Sultán enfurecido - ¿Como te atreves a dicirme semellante cousa? ¡Fora de aquí!


...--->Ve-lo Artigo completo....
Chamou ós seus gardas e ordenoulles que lle desen cen lategazos, por ser un paxaro de mal agoiro. Máis tarde, ordenou que lle trouxesen outro sabio e contoulle o que soñara. Este, logo de escoitar ó Sultán con atención, díxolle:

- Excelso Señor, gran felicidade vos foi reservada. O soño significa que a vosa mercé terá unha longa vida e sobrevivirá a todos os seus parentes. Iluminouse o aspecto do Sultán cun gran sorriso e ordenou que lle desen cen moedas de ouro. Cando saía do Palacio, un dos conselleiros reais díxolle admirado:
- ¡Non é posible! A interpretación que fixo do soño do Sultán é a mesma que a do primeiro sabio. Non entendo por qué ó primeiro castigouno con cen azoutes, mentres que a vos prémiavos con cen moedas de ouro.
- Recorda ben amigo meu -respondeu o segundo sabio- que todo depende da forma en que se din as cousas. A verdade pode compararse cunha pedra preciosa. Se a lanzamos contra o rostro de alguén pode ferir, pero se a metemos nunha delicada embalaxe e a ofrecemos con tenrura certamente será ben aceptada. Non esquezas querido amigo -continuou o sabio- que podes comunicar unha mesma verdade de dúas formas: a pesimista que só recalcará o lado negativo desa verdade; ou a optimista, que saberá atoparlle sempre o lado positivo á mesma verdade.
Di o Libro dos Proverbios: "As palabras do home son augas profundas, río que corre, pozo de sabedoría. Cos seus beizos, o necio métese en líos; coas súas palabras precipitadas búscase bos azoutes. Cada un comerá ata o cansazo do froito das súas palabras. A vida e a morte dependen da lingua; os que falan moito sufrirán as consecuencias".

------------
"Los dientes del Sultán", historia extraída do libro Las Mil y una noches (literatutra árabe)



Historia remitida por: Mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

mércores, 25 de abril de 2007

** A Fase Máxica.....sobre o amor

"Sempre hai un pouco de tolemia no amor ... aína que sempre hai un pouco de razón na tolemia"(F. Nietzshe)

luns, 23 de abril de 2007

** Empezando unha semana con bo humor


Ás veces non reparamos o que hai, ou pode haber, no interior dunha desas máquinas modernas. A imaxinación é un instrumento moi poderoso e, como tal, hai que empregala e darlle uso. Iso debeu facer a persoa que fixo estas montaxes de fotos. Noraboa porque son moi simpática e ocurrentes. Calquera diría que cabe xente nuns habitáculos tan pequenos...
Agora que xa sabemos o que se esconde no seu interior, terémolo en conta nas vindeiras visitas que fagamos a un deses trebellos que nos atopamos por aí adiante. Se a explotación tamén chegou ó mundo das máquinas....
Tan so unha pregunta: ¿Onde lavan as mans os camareiros da caferería? A saber...

** A Frase Simpática.....cuestión de limpeza

"Don Limpio é un fraude"



Mr.Proper (antigo traballador de empresa de limpeza)

domingo, 22 de abril de 2007

** O Recuncho Literario: Diego Ameixeiras

"Esta maña, durante o longo traxecto que percorrín no autobús para chegar á casa, contei ata cinco persoas falando soas pola rúa, sen máis interlocutor que os seus propios pensamentos privados fluíndo en voz alta, sen pudor ningún. Desafortunadamente, creo que adoita ser bastante habitual que suceda isto nas grandes cidades, onde seica sufrimos todos unha enorme incomunicación motivada polo exceso de desconfianza que nos demostramos uns cos outros. Non queremos que nos fagan dano e por iso só nos facemos dano a nós mesmos, no canto de compartir torturas psicolóxicas en forma de amante forma ou parella ruín, que hai de todo e para escoller se un desexa variedade e múltiples formas de risco....--->Ve-lo Artigo completo....


Cando estaba a piques de chegar á parada onde sempre baixo, contemplei con curiosidade o derradeiro deses monologuistas urbanos que percorren a diario as beirarrúas das nosas cidades. Era un home duns corenta e poucos anos, vestido de traxe e gravata, camiñando a un ritmo bastante acelerado e bastantes síntomas de estar chegando tarde a algún sitio ao que acudía por mágoa ou obriga. Observeino coa cabeza apoiada na ventá, onde sufrín unha vez máis a rouquemia do motor cando o autobús reanudou o seu itinerario. O engravetado garuleiro falaba con tanta vehemencia consigo mesmo como se estivese anunciando o arrastre culminante das dez últimas, e debo aclarar que non levaba conectado ningún argallo tecnolóxico nin escoitaba música cun reprodutor
diminuto.

Pouco máis tarde, premín o botón para solicitar a parada do autobús e decateime de que, durante o traxecto no que reparara naquelas cinco persoas establecendo conversas imaxinarias, ninguén dixera nin unha soa palabra no interior do vehículo. Nin unha soa, e iso que ía ateigado dunha variada freguesía de viaxeiros de todas as idades. Cadaquén viaxaba totalmente concentrado nos seus pensamentos, dirimindo entrequenencias propias. Só se escoitaba a xorda carraspeira do motor e o timbre apercibindo ao buseiro para deter o vehículo nas paradas solicitadas. Ninguén abría a boca para pronunciarse, só formigueaban nas súas batimboras interiores con cara de cirurxiáns insastisfeitos.

De resultas, agora teño a sensación de que existe algún tipo de relación moi estreita entre as dúas observacións que acabo de relatar, mais é posible que se trate dunha asociación de ideas bastante discutible pola miña parte. O que si é certo é que dentro duns minutos heime meter na cama pensando en "piscinas olímpicas de lava incandescente", porque mañá toca chamar por teléfono á miña anarquista de carácter volcánico."

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Fragmento do 2ºcapítulo ("Parada Solicitada") do libro Tres Segundos de Memoria do escritor Diego Ameixeiras (gañador do premio Xerais de novela 2006).
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Recoméndovos que leades o libro, eu aínda non o rematei, pero está moi moi ben.
María




Remitido por: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

sábado, 21 de abril de 2007

** Por aquí andamos eh!!!

Como xa vos dixera hai uns días estes días fáltame tempo e ando bastante cansado, polo que non teño tempo para actualizar este blog. Nestes momentos teño pendiente publicar algo que me enviou María. Moitas gracias por seguir visitando o blog e por deixar comentarios e artigos para publicar. No que toca a min a ver se este fin de semana podo seguir escribindo sobre a miña experiencia lisboeta e outras cousas que se me ocurran. En fin, que aínda que tarde en actualizarse este blog, que sepades que NON PENSO CERRALO NIN ABANDONALO. Estade tranquilos.
Un saúdo e Carpe Diem.

P.D.: Éme moi grato saber que teño lectores fieles e que cada día recibo novos visitantes, algúns dos cales repiten. Así da gusto e anima a seguir!!!. Gracias en especial a Maria, Mariam, Alvariño e Juanjo, aínda que hai moitos outros, algún de lugares tan lonxanos como Grass Valley, nos EE.UU. ou Suiza, por exemplo. Moitas gracias a TODOS"""

mércores, 18 de abril de 2007

** Son surrealista


A quí estou, un día máis, con este ordenador. De verdade, non sei que lle pasa: ten instalados dous antivirus, un programa antiespías, e un cortafuegos, todo convenientemente actualizado. Pois, non debe ser suficiente porque cada día é máis lento. O teclado está duro, mais que escribir parece que estivera entrenando. O outro día xa me fixei nas mans, é raro que non me aumente a musculatura dos dedos. Teño que premer ben forte as teclas. Intentei arranxar o problema pero non o conseguín, o teclado vai duro e o rato pesa medio kilo. Xa estou farto destes problemiñas técnicos, desconcéntranme e eu son un creativo, a miña maneira, claro.
...--->Ve-lo Artigo completo....
Eu non podo estar pensando no teclado, eu teño cousas máis importantes na cabeza. Quero pintar, si, pintar ó óleo. Sempre me gustou pintar. Xa sei o que pensades, dubidades da miña capacidade artística, a Van Gogh pasoulle o mesmo. É o que ten ser xenio, os xenios teñen que loitar constantemente coa incomprensión dos demais, sempre foi así e senón lembrade a Galileo cando dixo que a terra se movía arredor do sol ou a Miguel Servet que foi o descubridor da circulación sanguínea. Antonio López non, que é pintor realista, claro, é un xenio máis comprendido. Eu non, eu non son pintor realista nin son comprendido. A min gústame a pintura abstracta. Kandinsky é o meu preferido, tamén me gustan Miró e Paul Klee. Meus país acaban de comprar un piso en Vilagarcía. O outro día, mamá e máis eu estivemos mirando uns cadros para o salón. Eran feos que arrepiaban, e caros. Eu xa me ofrecín a pintarlle algún, pero mamá miroume con escepticismo. Cando lle contei a miña nova inquedanza artística a meu primo Juanjito botouse a rir, non sei que me dixo de se iba crear un novo estilo artístico, si, xa me lembro, a “arte silvestre”. Juanjito é afillado de mamá e tenme cheo, pero que moi cheo. Non é verdade, tenme moi cheo pero quérolle un montón, máis que un primo é un irmán para min.

Pasámolo moi ben no almacén do tío Manolo, traballamos alí. A min, o tío Manolo púxome na sección dos pavimentos, cas plaquetas, os azulexos, os sanitarios,... E un traballo distraído, pero o que máis me gusta é ir repartir o material. As veces imos Juanjito e máis eu, co camión pequeno,canto máis lonxe sexan as obras mellor. No almacén do tío Manolo tamén atendo algunha consulta. Vos non o sabedes, pero o meu era o Dereito ata que tiven o accidente. Eu ía para notario pero despois do accidente perdín as miñas grandes facultades memorísticas e xa non puiden terminar a carreira. Juanjito tamén a deixou, claro, sen min non había quen lle deixara copiar nos exames. Xa se sabe, as desgracias nunca veñen soas. Foi unha mágoa, a nosa familia perdeu un notario e un bo avogado. Juanjito estudiar non estudiaba nada, pero trapalleiro é canto quere, e con ese pico de ouro que ten puido ser un avogado moi bo, do mellor do noso país. Eu tampouco estudiaba moito, a min con ir á clase chegábame, eu recordaba todo o que dicían os profesores, case non collía apuntes, son demasiado lento, eu atendía. O dereito parecíame un conto, unha historia moi longa, un pouco eran lerias de romanos, non bis in idem, in dubio pro reo, affirmanti incumbit probatio e tal, outro pouco veña dereito civil, o meu favorito como eu quería ser notario, e como tamén hai moitos delitos tamén se estudiaba dereito penal. O importante para min era ir a clase e non perder xamais o fío. Alí estaba a clave do meu segredo. Juanjito conseguía apuntes de todas as asignaturas. Había unha rapaza, Luísa, que estaba tola por Juanjito. A Luísa ó dereito non lle entraba pero tiña a virtude de ter os mellores apuntes da facultade.

- Non che valen os de Tareixa ou os de Sandra -dicíame Juanjito.
- Non, gústanme os de Luísa, mecanografados a dobre espacio, sen unha falta de ortografía, unha ledicia.
- Alvariño eres un entoxado, non sabes o traballo que me da conseguilos, ¡ non hai quen a ature!

E así, refungando, Juanjito foina aturando catro cursos, cada vez levábao peor pero non lle quedaba outra. Éramos un equipo perfecto, un dream team.. Eu, pola maña, ía a clase e pola tarde a biblioteca pero sempre, e case sen querer, aparcaba no pasillo. O banco que había enfronte da máquina do café era o meu preferido. Tiven moitos amigos na facultade, ía ás catro da tarde e sentábame alí, naquel banco, a tomar o café, e alí dábanme as sete. Eu que lle ía facer, coñecía a moita xente e, non o nego, tamén me gustaba facer vida social. Aquelas paredes inda deben gardar o eco da miña risa, paseino moi ben alí, toda a tarde charlando: de libros, de cine, de filosofía, de música,..., do que fora, eu non era escrupuloso e os meus amigos tampouco. A última hora, ía un pouco a biblioteca, a ler os apuntes de Luísa e case sen darme conta chegaban as nove, hora de ir cear. Foron os mellores anos da miña vida.
Pola culpa do accidente quedoume a memoria bastante debilitada, pero curiosamente lembro perfectamente todo o que estudiei nos catro anos que estiven na facultade, e aquí me tendes, no almacén do tío Manolo, sección pavimentos, facendo asesoramentos xurídicos. Pásoo ben, axúdolle a xente no que podo e ó tío Manolo non lle molesta. Ó tío Manolo dálle igual que fale coa xente da validez xurídica do testamento ológrafo ou do tempo, que si hoxe está bo día, que si hoxe vai moito frío, que non se para na rúa, o importante é vender. Pois, a xente valora a miña conversación, si señor, e raro é o día no que non teña algunha consulta, que gracias a Díos o Código Civil non me esqueceu, e algunha xente inda me quere pagar. Agora que me fixo, o teclado vai mellor.
ALVARIÑO




ARTIGO ELABORADO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica........sobre o amor e a amizade

"Moi ben pode acontecer que unha muller senta amistade por un home; máis para mantela é preciso o concurso dunha pequena antipatía física"


Johann Wofgang von Goethe(escritor e historiador alemán)

luns, 16 de abril de 2007

** A Frase Máxica.....sobre o amor e a vida mesma


"Odiar a alguén é outorgarlle demasiada importancia"



(Anónimo)

domingo, 15 de abril de 2007

** Reflexións Primaverales

Teño un don!!! Sí, en serio, teño un don: son capaz de afastar de min ós que máis me importan. Non me digades que non é un don interesante. Curioso cando menos.

Cando un está mal acostuma a rodearse dos seus, dos que lle importan,para facer a traxedia máis levadeira, máis soportable. Eu son todo o contrario, cando estou fodida aíllome de todo e de todos. Quixera pensar que intento evitarlle malos ratos innecesarios ós demáis, que se trata de algo así como un instinto non de autoprotección, senón de protección allea, mais non creo que ...--->Ve-lo Artigo completo....
sexa tan plausible e caritativa a miña actuación. Simplemente son así. Por iso imaxino que non podo queixarme por sentirme soa nun domingo tan estupendo onde o sol o invade todo. Vénseme á cabeza unha frase de García Márquez que ven a dicir algo así como que non hai peor soidade que estar sentado ó lado de alguén e saber que nunca o poderas ter. Eu engadiría que non hai
peor soidade que a de estar rodeada de xente e sentirte soa. Se cadra
son algo masoca.

Esta mañá escoitaba a alguén (un home) chamarlle á súa compañeira "ESTÚPIDA!!!". Así, sen máis provocación. Eres estúpida porque sí, porque o digo eu e xa está. E non sei que me sorprendeu máis, se a monosilábica frase en si ou a reacción dela. Mirouno con cara de estupor, de non entender nada, fixo un aceno despectivo coa cara e continuou o paseo ó seu carón. Un paseo que seguramente continuará
moitos anos máis.

Pregúntome se iso será o amor, se cadra non cheguei a amar nunca a ninguén ata ese punto, ata o punto de ser inmune a calificacións tan pouco elegantes como un estúpida lanzado ó aire nunha mañá de domingo. Se cadra niso consiste o amor, en calar o que che fai dano. Se cadra eu nunca sería capaz de amar ata ese punto, porque unha cousa é continuar o paseíllo como se tal cousa ó seu carón e outra cousa é calar, facer como se non escoitaras nada, non revelarte sequera. Claro que tamén din que os fortes son os que son quen de poñer boa cara ó mal tempo. Ós que son capaces de mostrarlle ó mundo un sorriso cando están chorando por dentro. Se cadra o meu don non é tal don. Se cadra eu sí son unha ESTÚPIDA!!! por non calar o que me molesta e dicilo á cara.




ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

sábado, 14 de abril de 2007

** Un debuxo que fala por si mesmo........

E continuando coa temática de onte venres.... En clave de humor pero cun fondo de realidade cruda, dura e triste no tocante ós accidentes que habelos hainos e moitos, demasiados engadiría...



Viñeta remitida por: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

venres, 13 de abril de 2007

** Cuestión de medidas......

E stá claro que de todo hai neste mundo. E está claro que hai xente que toma unha noticia de moi diferentes formas ou maneiras. Non vos descubro nada novo. Incluso unha noticia aparentemente mala é obxecto de burla, cachondeo e "botarlle morro" chegado o momento. Disto tamén hai persoas. Non estamos falando de temas de saúde nin de amor nin de traballo. Non. Falo dun tema monetario... E non é de Facenda. En fin que lede a imaxe da esquerda -que me enviou unha moi boa amiga- e descubride de que falo por vós memmos. ¡¡Que hai que empezar con humor a fin de semana!!, aínda que ás veces sexa difícil polo noso día a día...

---------------------------------------------------------------------------------
NOTA Premendo sobre a imaxe veredes esta moito máis grande
---------------------------------------------------------------------------------

P.D.: A temática desta carta humorística, e so iso, humor. Pero a temática que aborda non é ningunha broma, senón unha cuestión moi seria.....E xa me entendedes. Logo cando morre algúen xa é tarde....

** A Frase Máxica.... Sobre a vida mesma


"Hai persoas que nos falan e nin as escoitamos... Hai persoas que nos feren e non deixan nin cicatriz... Pero hai persoas que simpremente aparecen na nosa vida e nos marcan para sempre"



Cecília Meireles

xoves, 12 de abril de 2007

** A Frase Máxica......sobre cerebros e visións

" A tontería colócase sempre en primeira fila para ser vista. A intelixencia detrás para poder ver "



Carmen Sylva

mércores, 11 de abril de 2007

** Entre Fernando Alonso, F. Vázquez e Stoichkov

N estes últimos días, concretamente entre o domingo e onte, producíronse tres novas destacadas e relativas ó mundo do deporte.

Unha é relativa á Fórmula 1 (automovilimo), co regreso á senda da victoria do noso piloto asturiano Fernando Alonso. O dobre campión do mundo cambiou este ano a marca Renault pola de Mclaren. Na segunda carreira conseguiu a victoria -na primeira quedou segundo-, feito que nos congratula a tod@s os españoles. Sobre todo para os que seguimos a Fórmula 1. Fernando Alonso é -ó fio do que falaba no anterior aartigo o noso colaborador "As de Ouros"- un español que pasea o nome de España polo mundo enteiro. E se me apuran o de Galicia, que para algo os asturianos son veciños nosos e "primos irmáns". Noraboa novamente Fernandiño.

A outra nova ten que ver co Celta de Vigo, ou sexa co fútbol. A mala traxectoria do equipo celeste levou a
...Ve-lo Artigo completo....


que este ocupa prazas de descenso á Segunda División a so 9 xornadas da conclusion da Liga de Fútbol na 1ª División. Os dirixentes olívicos tomaron de cesar ó seu adestrador Fernando Vázquez, un galego que estivo case tres tempadas non Celta. Colleuna en 2ª División e ascendouno. Na seguinte tempada clasificouna para a Copa da UEFA, e nesta terceira tempada, chegou ata octavos desta competición europea, pero os malos resultados na Liga española fixo que o cesaran.

Fernando Vázquez foi pouco comprendido en Vigo, a pesares dos logros obticos. A aficción enseguida pide máis a un equipo humilde. O curioso do caso é que dun ano a outro os futbolistas son case os mesmos. So marcharon dous titulares, e ficharon a outros tres ou catro bastante coñecidos, pero cousas do fútbol, este ano tocou cruz en vez de cara.....

Coido que, a pesar de que sufrion moitas lesións de xogadores, non debería servir de disculpa. Creo que falta motivación nos seus futbolistas. Non pode ser que na competición europea xoguen ben e na española mal. Creo que é falta de motivación. E creo que non é cousa do adestrador. Penso. Aínda así cesárono e trouxeron a un histórico: o que fora xogador do F.C. Barcelona Hristo Stoichkov que, sumou calidade e temperamento no campo como futubolista. Agardemos que sepa cambiar o rumbo negativo do celtiña. A súa experiencia limítase a adestra á selección de Bulgaria. Está claro que lle falta experiencia como adestrador. Oxalá consiga salvar ó Celta da "queima" e do descenso á 2ª División. Hoxe xa adestrou ó equipo. Vai ser moi difícil pero non imposiblble. Sorte Hristo, como sorte tamén lle desexo a Fernando Vázquez, ó cal aproveito para darlle as gracias, aínda que creo que nunca chegarán a el estas líneas que agora escribo.....







ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
A Lareira Máxica

** Alonso, un campión que repite victoria na F-1

H ola, gustaríame publicar un pequeno artigo relacionado ca fórmula 1 xa que me gusta moito e lendo encontrei un artigo moi chistoso que me gustaría compartir con todos da lareira ahh por certo Julio tes un bo blog saúdos pa sanxenxo en especial para Juanjo, xa sei que anda moi ocupado ca política pero terá dous minutos pa pasar pola lareira e tamén un gran saúdo pa Ponteceso en especial pa Maria.

Fernando nuestro que estás en el podium, laureado sea tu nombre, vengan a nosotros tus triunfos, hágase tu voluntas, asi en el padock como en la pista, danos hoy nuestra ilusión de cada día, perdona nuestras ansias, como también nosotros perdonamos a los que nos envidian, no nos dejes caer en la provocación y libranos de la F.I.A. AMEN.

Viva Alonso e por encima de todo e español e eu identifícome moito con el xa que estou no extranxeiro, e un orgullo que che digan mira o español de fórmula 1 e un fenómeno



ARTIGO ELABORADO POR: As de Ouros
Colaborador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.... A esencia dos actos

“Accións, e non palabras,deben falar por min”



John Fletcher

martes, 10 de abril de 2007

** A Frase Máxica.......Cuestión de tristeza

"Nadie merece as túas bágoas e quen as merece nunca te fará chorar"



Gabriel García Márquez

luns, 9 de abril de 2007

** Volta á normalidade e outras cousiñas


Rematou a Semana Santa. Logo de tres días sen publicara nada en A Lareira Máxica, voltamos de novo. É curioso, pero nestes días festivos foron moitos os blogs que permaneceron sen actualizar. Os que adoito consultar están en stand-by desde os días 3 ou 4 de abril a maioría. Coido que é normal: Semana Santa, bo tempo, atascos, saír máis...

Canto ó blog, simplemente uns apuntes: teño pendiente de publicar os artigos de "Entre a terceira e a sexta feira" sobre a viaxe que fixemos a Lisboa. Estiven bastante ocupado e non tiven tempo. Agardo que esta semana vexa á luz o primeiro capítulo. Pero descoidade, que xa irán caíndo...

Doutra parte, poderedes ter comprobado que fun variando a lista de temas musicais de fondo, a pesares de non publicar artigos. Asemade, xa hai 117 links ou enlaces na columna da esquerda. Un dos últimos foi o de LAST FM Radio. Nesta páxina pódese escoitar música variada do estilo que nos guste. Se premedes sobre o enlace sairanvos estilos de música parecidos ó grupo ou cantante que poñades. Parai iso so tedes que clickar en "otra emisora". Agora a emisora que aparece por defecto pon música similar a do grupo "La Guardia" (o cal me encantaba á finais dos 80 e principios dos 90. Desapareceu e, según escoitei, volta de novo).

** A Frase Máxica.... sobre o ser humano

"A cultura é o despertar do home"
María Zambrano (filósofa e ensaísta española)

xoves, 5 de abril de 2007

** Unha canción cun trasfondo especial

Dentro duns segundiños poderás escoitar unha canción moi coñecida dentro da selección musical de A Lareira Máxica. É unha canción que pese a ser moi tradicional non deixe de ser bonita e entrañable para case tod@s. Unha vez ó ano pásanos pola cabeza. Ás veces máis. Pero todas elas nos transmite unha verdade como a vida mesma: que oa anos pasan.......Con alevosía e nocturnidade permítinme a licencida de poñer esta canción porque a ocasión ben o merece....Sssssssssssssssssss!!!!Atención que estás a punto de escoitar esta anterga composición musical neste o noso blog!!!!
...--->Ve-lo Artigo completo....


¿Por que a canción de cumpreanos feliz? Non, non. Non estou de cumpreanos. Eu estou no mes de setembro. Non, non. Tampouco a Lareira cumpre un ano de vida. Iso será o 1 de maio. Entón ¿quen está hoxe de cumpre? Pois, se ti eres MariaM xa o sabes.....¿Por que? Pois porque quen naceu nun día coma hoxe foi MariaM, a nosa gran colaboradora de A Lareira Máxica. Desde aquí quero desexarche un moi feliz día de cumpreanos. Que sexa un día moi especial. Xa sei que tés a túa nai hospitalizada. Aínda así, espero que o día do teu cumpreanos sexa un día moi bonito e entrañable no que o pases ben. Por suposto, agardo que túa nai axiña se recupere.

Un énchese de orgullo de ter tan excelentes amigas coma ti. Xa hai anos que nos coñecemos e, a nosa amizade, como o bo viño, gañan co tempo. E aproveito a ocasión para dicirche o mesmo que lle dixen a María (a outra gran colaboradora) un 19 de decembro: GRACIAS POR PARTICIPAR COS TEUS ARTIGOS E COMENTARIOS neste blog, que se é posible e sobre todo por colaboradores como ti, María, Alvariño ou Rosa García ou Sonia, Juanjo ou Frei, entre outros. A tod@s gracias. Non me cansarei de dárvolas.

Por suposto, non te olvides de soprar as velas e pedir o teu desexo!!!!! Iso si, ten coidado coa tarta, non vaia ser que che pase como o boneco desta postal....(click sobre a imaxe para saber que sucede).

Remato: esta canción que agora escoitas é un regalo simbólico que che fago en nome de tódolos lareireiros. Confío en que che guste. Xa sei que iso de cumprir anos fainos lembrar que somos máis vellos, pero os anos suman para tod@s nós. Sempre digo o mesmo: gúsntame cumprir anos -do contrario estariamos mortos-, pero non estaría mal que o tempo pasara máis despacio porque a idade non corre, senón voa, parafrasenado aquela famosa frase do veleiro bergantín de Espronceda....




Artigo de: Julio Torres
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......Sobre o día mesmo

"Os cumpreanos d@s amig@s é un espléndido momento no ano para transmitirlles canto aprecias a súa amizade: ¿por que felicitalos so no Nadal?"



Julio Torres

mércores, 4 de abril de 2007

** O libro de tódolos libros

Fai uns días lía no meu xornal habitual unha recesión literaria sobre un libro que podería ser calificado como “o libro dos libros”. Trátase de “1001 libros que hai que ler. Relatos e historias de tódolos tempos”.

O certo é que o artigo atraíame porque unha das miñas maiores pasións é a lectura. Así que prestei atención e logo informeime máis sobre o libro en cuestión. Sentía unha curiosidade raiando no morboso por ver que libros nos recomendaba aquel señor.

Era de esperar unha lista moi subxectiva. Evidentemente o que para uns pode ser de imprescindible lectura, para outros pode ser unha auténtica basura e ó fin e ó cabo, do que se trata cando un lee un libro é de pasalo ben mentras o les, de entreterte, por encima de que poidas aprender moito, pouco ou nada coa súa lectura. Pero aínda así, varias cousas me chamaron a atención.

...--->Ve-lo Artigo completo....


A primeira de todas, o feito de que entre os máis de 1000 libros recomendados, non apareza ningún de poesía, teatro etc, só narrativa.

Para continuar coa lista de incoherencias, outro aspecto sobresae por encima de tódolos demáis. Os responsables da selección son anglosaxóns, por tanto, como comprenderedes, había que barrer para a casa, e como non, a gran maioría dos autores recomendados son ingleses ou americanos. Co cal, unha servidora podería decír que, ademáis de ser unha gran lectora, é unha boísima seleccionadora de títulos segundo o parecer destes señores, porque lín moitos dos libros que eles recomendan. Claro que o conto ten truco. Moitos de vós non o saberedes, pero outros sí e cando unha é filóloga ten a obriga de coñecer moitas desas obras, se para máis inri a túa especialidade é a inglesa ................ que vos vou contar.

Queredes máis “anécdotas” divertidas? Pois veredes, sorprendeume ver que entre tan distinguidos señores/as estaba o noso Javier Marías co seu “Corazón tan blanco” ou unha obra que no seu momento me encantou: “Como Agua para Chocolate” de Laura Esquivel.

Decía tamén o meu xornal que na lista aparecían 14 obras galegas, algunhas delas “A Colmena” de Cela, varias de Alvaro Cunqueiro e Valle-Inclán (que vale que o autor sexa galego pero tanto como consideralas obras galegas .......... non sei eu, habería moito que dicir), “Un millón de Vacas” de Manolo Rivas, otra de Suso de Toro etc.. Curiosamente non aparecía nin Rosalía de Castro nin, por exemplo, Pondal. En calquera caso, na lista orixinal eu non atopei nin ós últimos nen sequera ós primeiros.

Outra das grandes críticas á lista é o feito de que non aparecen nin “A Íliada” nin “A Odisea”.

E para rematar, gustaríame, xa que a cousa vai de literatura, compartir con vós algunhas das obras que, de elaborar algún día a miña listaxe persoal de libros de lectura imprescindible antes de deixar este mundo, formarían parte dela. A ver que opinades vós. Preguntaríavos polo voso libro preferido pero se vos acontece como a min seguro que decantarvos só por un sería difícil , por tanto tamén podedes compartir con nós o voso listado. Este é o meu:

- “El Ruido y la Furia” de William Faulkner.
- “Drácula” de B. Stoker.
- “El Nombre de la Rosa” de U. Eco.
- “Cien Años de Soledad” ou “El Amor en los Tiempos del Cólera” de García Márquez.
- “La Casa de los Espíritus” de I. Allende.
- “Alicia en el País de las Maravillas” de Lewis Carroll.
- “Rojo y Negro” de Stendhal.
- “Crimen y Castigo” de Dowstoyewski.
- “Las Uvas de la Ira” de Steinbeck.
- “El Viejo y el Mar” de Hemingway.
- “Veinte Poemas de Amor y 1 Canción Desesperada” de Neruda.
- “El Perfume” de P Suskind.

E moitísimos máis sobre todo tamén americanos e ingleses, pero tampouco é cuestión de aburrirvos. Espero as vosas recomendacións!!!



ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......A vida vista por Shakespeare

"A vida non é máis que unha sombra... Unha historia narrada por un necio, chea de ruido e furia, que nada significa"

William Shakespeare na súa obra Macbeth (frase a partir da cal William Faulkner escribiu El ruido y la furia)

martes, 3 de abril de 2007

** Que rabia da cando....!!! (Crónicas hospitalarias)

Qué rabia me dan esas personas que aparcan a sus mayores en el hospital y los dejan allí, a su suerte. Qué rabia me dan esos señores de última hora que se engalanan para visitar a sus familiares y no sé muy bien cómo se las arreglan para no coincidir jamás con la hora del desayuno, de la comida, de la merienda o de la cena. Es casualidad, claro. Es mejor desaparecer, por lo menos, más cómodo. Para qué molestarse si las enfermeras ya están pendientes de todo y los acompañantes de las otros enfermos ayudan. Mira que bien, y no es que me cueste tanto ayudar, no me cuesta nada, pero me da rabia. Cría cuervos y te comerán los ojos.

Las personas mayores son mi debilidad, y pienso que ya es hora de que se empiece a desvelar el maltrato psicológico al que tienen que estar sometidos muchos de nuestros mayores.
...Ve-lo Artigo completo....
Lo más curioso es que, solitos como están, cuando pueden aprovechan para contar lo bien colocados que están sus hijos y sus nietos. Es lo que hace la señora que ocupa la cama 1 de la habitación de mi madre. Tiene ochenta y tantos años, una cadera mal y un parkinson bastante avanzado que no le permite usar los cubiertos. Da igual, hoy no hubo quien viniera a darle la merienda. Hoy es domingo y la mayoría de la gente no trabaja. Ya se sabe, hay que aprovechar para dar una vuelta, claro, es normal.

La paciente de la cama 3 no es tan mayor y, aunque no me gusta calificar a las personas hoy lo voy a hacer, es una amargada. Su familia vive lejos y está sola toda la semana. Hoy, hubo un momento en que vinieron a visitarla 6 personas, todas juntas. Realmente no la visitaron, hablaron de sus cosas, lo mismo que si hubiesen quedado en una cafetería. La señora estaba sentada en la butaca y no iba con ella la conversación. Así que se quede sola se encerrará en si misma y no nos dirigirá la palabra a los demás. Sin embargo, a las enfermeras y a las auxiliares les habla como una déspota, es decir, no tiene ninguna dificultad para articular el lenguaje y además le gusta usar un tono elevado.


El primer díale dije que cuando necesitara algo que me lo pidiese y me dio un “gracias” por el medio de los dientes. Bueno, ella se lo pierde. No soy psiquiatra ni psicólogo, yo no puedo hacerle terapia ni puedo traerle a su familia, pero sí que le podría hacer compañía. Cuánta soledad. Lo mejor que me ha pasado es que me he hecho amiga de un chico parapléjico y hoy me ha presentado a su novia. Vaya suerte tiene, madurito como es, 40 años, se ha ligado a una chica guapa, agradable y que no debe pasar de los 20. La chica me ha caído muy bien, está llena de frescura. El también me parece buena gente. Me han contado que se han conocido en el hospital. Me alegro por ellos. Me alegro de que la primavera siga alterando la sangre de la gente, también aquí. Ah, mi madre evoluciona favorablemente.



QUE RABIA FEITO POR: Mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....¿realidade ou non?

"Adoro actuar. Non é nada diferente á vida real”
Óscar Wilde

luns, 2 de abril de 2007

** As cinco caras da luna con estrela incorporada

A selección musical de fondo de A Lareira Máxica ten como tema inicial estes días "Vuélvete la luna". Está interpretada por Shaila Dúrcal, a filla da mítica Rocío Dúrcal, que morreu o ano pasado. O pai de Shaila é Junior (o dos "Brincos", dúo formado por el e Juan Pardo hai moitos anos) e a súa irmá é a actriz Carmen Morales, que se deu a conocer hai varios anos na que foi a serie que deu a coñecer e catapultou a varios actores e actrices agora destacados no mundo do teatro, o cine e a televisión. Está claro que Shaila é unha artista máis no que é a súa familia.

A canción pertence ó último traballo discográfico desta xoven cantante que leva por título "Recordando", onde interpreta as cancións que fixeron famosa a súa nai. Sen embargo, "Vuélvete la luna" é un tema que ...Ve-lo Artigo completo....
nunca o cantou Rocío Dúrcal. E nunca o fixo porque é un tema composto trala súa morte e que Shaila lle adica á súa nai. Nel despídese dela, dicíndolle que sempre van estar xuntas. Confeso que non coñecía este tema, pero cando o escoitei por primeira vez cautivoume moitísimo. Gústame moito. E por iso a puxen no "número 1" da selección musical do blog, aínda que o dos postos é orientativo porque todas me gustan e por iso as poño. E todas poderían estar de primeiras. Hoxe tocoulle a este precioso tema musical que Shaila lle adica á súa nai. Unha canción sentida e no que afloran os seus sentimentos como filla. Non hai nada máis bonito que dicirlle que non te olvidarás dela e dicirlle todo o que lle di nesta espléndida letra. Non se pode dicir máis claro, so cantalo e dicilo o máis alto posible. O título creo que quere dicir que a nai estará con ela, como si fose a luna que sae cada noite. Unha metáfora na que lle di "vuélvete la luna", para dicir que quere que a acompañe tódolos días, como nos acompaña a tod@a a lúa, pero que sexa a súa luna particular. Evidentemente, a nai significa moito máis que unha simple lúa, en calquera das súas catro versións...

Non sei, creo que a letra é dunha beleza e fala co corazón aberto. Sinxelamente, hai cancións que son máis que cancións...A música tamén é arte, aínda que certos organismos pretendan comparala con Facenda e os seus impostos.Vós xa me entendedes...
¿Que opinades deste tema musical? ¿Cal ou cales son as vosas cancións favoritas? (So vale dicir 3 máximo)

E para os qué desexedes ter a letra da canción aquí vos vai. Iso si, a música e a melodía son imprescindibles. Forman un todo inseparable. Sobre todo, porque quen canta a canción faino en lembranza da súa nai morta.




Vuélvete La Luna


Aunque estas lágrimas me digan lo contrario
y los dias llenos de silencios no se van
aunque cada tarde trae sujetas tus palabras
y este viento fuerte grita que no estás

A pesar de todo lo que estoy pasando a diario
y a pesar de lo que nunca te pude decir
yo te doy las gracias por todo lo que vivimos
este amor tan grande se quedo conmigo

Préstame tus fuerzas dame tu ternura
déjame decirte que la vida es dura
quiero que tu sepas que aquí estas conmigo
aunque el cruel destino haya pagado mal
háblame en silencio quitame estas dudas
acaricia mi alma vuélvete la luna
para contemplarte y decirte te extraño
para dedicarte todo lo que soy
porque son tus ojos con los que veo

Y si las distancias con los sueños se hacen cortas
por estar contigo no quisiera despertar
y hoy quiero decirte que olvidarte es imposible
este amor tan grande vive aqui conmigo

Préstame tus fuerzas dame tu ternura
déjame decirte que la vida es dura
tengo la certeza de que estás conmigo
y que el tiempo nunca nos va a separar
háblame en silencio quítame estas dudas
déjame sentirte vuélveme la luna
para contemplarte y decirte te extraño
para darte el alma con esta canción
porque son tus ojos con los que veo
y es que son tus ojos con los que miro yo
con los que miro yo



Moita sorte Shaila





Artigo feito por: Julio Torres
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.......hoxe moi histórica

"Nunca interrompas ó teu enemigo cando estea cometendo un erro"
Napoleón Bonaparte

domingo, 1 de abril de 2007

** Co término "gallego" asociado a "tonto"

Envíanos "As de Ouros" unha pregunta en forma de enquisa sobre o uso que se lle da ó termino "galego". Moi boa suxerencia. Un tema que pode dar para falar moito. Benvido "As de Ouros". Agardo que sigas participando neste, o noso blog. Gracias.

¿Le ofende la acepción de «gallego» como «tonto» según la RAE?

El Congreso ha instado a la RAE a revisar las acepciones recogidas en el diccionario de la RAE en las que se define «gallego» como «tonto» o «borracho», según significados que adquiere en los países latinoamericanos. ¿Lo cree necesario?




ENQUISA ENVIADA POR: As de Ouros
Debutante en A Lareira Máxica



Pola miña parte, engado unha
páxina web mejicana onde se contan chistes sobre gallegos e onde nos deixan como uns parvos integrais. ¿Que opinades sobre que se fagan chistes sobre gallegos en plan escarnio?



Por último, aproveito para lembrarvos, unha vez máis, que podedes enviarme os vosos artigos - ou facerme suxerencias de artigos a publicar por min -, propostas de enquisas, músicas que vos gustaría escoitar, videoclips para ver, que rabia da cando...!!, que contento estou cando...!, videos ou viñetas de humor, enlaces para colgar nesta páxina ou cantas outras suxerencias teñades a ben. Prometo estudialas e, se a min tamén me gustan, acceder as vosas peticions. Ata o de agora nunca dixen que non. E as persoas que me enviástedes artigos e demais, sabédelo. Nos últimos días produciuse un gran incremento de novos visitantes, e daqueles que ven a páxina e repiten máis días. Todo isto anímame a continuar. Gracias a tod@s vós por axudarme a facerme un blog como éste. Sodes unha parte moi importante. Sei que o blog o podería facer so, pero gústame de que a xente continúe participando, porque lle da máis puntos de vista e democracia. E iso é algo moi importante. ös que nunca comentástedes artigos ou non envíastedes nada, facédeo. Xa veredes como vale a pena. So pido unha cousa: que non empreguedes "anónimo" como nome. Podedes por una alcume ou apodo, real ou inventado, ou o voso propio. Calquera cousa con tal de non ser "anónimo".

Se A Lareira Máxica está a facerse famosa é so gracias a tod@s vós. Gracias pola vosa fidelidade de todo corazón!!!!