Amosando publicacións coa etiqueta a lareira máxica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a lareira máxica. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2020

** Uso educativo de A Lareira Máxica

Navegando por internet atopei este artigo adicado ao lapis. Escribino hai moitos anos. ¿Onde estaba? Pois colgado dentro do espazo Abalar, da Consellería de Educación. Alí hai actividades que permiten apoiar ou reforzar as tarefas do alumnado. No seu día, alguén me pediu o meu permiso para empregar o artigo para fins educativos, pero que estivese tranquilo porque figuraría de onde se quitou e quen o escribiu. Por suposto, dinlle o permiso. Con todo, non voltara saber se se empregara finalmente ou non. Hai uns días saín de dúbidas. Alí estaba publicado no espazo Abalar.

Alédome que os textos de A Lareira Máxica poidan ser empregados en labores educativas. Tamén me aledou comprobar que ao pé do texto ía a súa autoría. E non porque se trataran do artigo dun servidor, senón porque se nomeaba a fonte de onde se quitou e a autoría do texto. Estaría igual de contento se isto mesmo se fixera co artigo de calquera outra persoa. A ética e as normas legais esixen que así se faga, mais moitas veces isto non acontece. Por este motivo, e aínda que xa fose a súa obriga, quero darlle as grazas a esta persoa por cumprir e ter un bo comportamento ético. E tamén darlle os parabéns a esas persoas que buscan e confecciona as actividades de Abalar. É un labor sufrido e que esixe moitas horas de adicación.


ARTIGOS RELACIONADOS:

--> Oda ao lapis (publicado o 24-08-2011 en A Lareira Máxica)
--> Texto publicado en Abalar, Consellería de Educación da Xunta de Galicia
...........................................................

venres, 1 de maio de 2020

** 14 anos de A Lareira Máxica

O tempo avanza. Cúmprense nada máis e nada menos que 14 anos daquel 1 de maio no que a Lareira Máxica veu á luz. O ritmo de publicacións xa non pode ser o dos primeiros anos, pois existen outras prioridades. Pero, de cando en cando, irei publicando artigos. Un ano máis, quero agradecer a todas as persoas que, a pesar de todo, seguides visitando a Lareira Máxica, bucendo en artigos do pasado e utilizando os enlaces das columnas (todos eles actualizados). Este ano tamén quero acordarme de persoas que colaboraron nesta páxina con ideas, artigos e/comentarios e que xa non están entre nós. Grandes, boas e auténticas persoas, perdas irreparables. Non é un cumprido. É certo. Botásevos moito de menos. Moitas grazas por todo. Agradezo á vida, tervos coñecido. Descansade en paz.

domingo, 1 de maio de 2016

** A Lareira Máxica cumpre hoxe 10 anos

O luns 1 de maio de 2006 naceu A Lareira Máxica. Aquel día non me imaxinei que a vida desta páxina ía chegar aos 10 anos. É un aniversario moi feliz para min. Grazas a tódalas persoas que o ledes e que colaborades ou colaborástedes con A Lareira Máxica.


....................................
Julio Torres
Creador e editor de A Lareira Máxica

sábado, 2 de abril de 2016

** Menos dun mes

Resta menos dun mes para que A Lareira Máxica (ALM) cumpra unha década de vida. Que veloz pasa o tempo non sí?. Xa sei que non é nada orixinal dicir que parece que foi onte, pero non, o vindeiro 1 de maio ALM chegará esta ilusionante efeméride. 10 anos!!!. Cantas cousas aconteceron desde aquela e cantas innovacións sufriu blogger neste periodo. Unhas mellores e outras piores.

Vaian, por anticipado, as grazas a tódalas persoas que colaboraron durante estes 10 anos en ALM e tamén a tódalas persoas que visitan o blog a diario. Aínda que agora non dispoño do tempo que quixera para adicarlle, esta páxina seguirá adiante. As actualizacións desde hai meses xa vedes que son de cando en cando. Síntoo. Non é por falta de ideas -que hai moitísimas-, senón porque teño outras prioridades máis importantes.

Resulta unha grata alegría o feito de comprobar que, a pesar das poucas actualizacións, continúen sendo moitos os visitantes. Un pracer. Moitas grazas!!!



...........................................................

Julio Torres

Creador e editor de A Lareira Máxica

venres, 1 de maio de 2015

** 9 anos de A Lareira Máxica

Os anos pasan e tamén para A Lareira Máxica (ALM). Naceu un 1 de maio de 2006 e paseniñamente foi medrando. Un ano máis aproveito para darvos as grazas a tódalas persoas colaboradoras e as que visitan esta páxina.

Ten un valor dobre tendo en conta que nos últimos meses os artigos que se publican son menos por cuestións de falta de tempo. E seguirán sendo poucos pero haberá innovacións e máis artigos que van lembrar aquela primeira época de ALM. Paciencia. De novo, moitas grazas.


...........................................................
Julio Torres

martes, 23 de decembro de 2014

** Cos mellores desexos

Aínda que non son o Rei, por noveno ano consecutivo e coa chegada destas entrañables datas, quero desexarvos ós e ás colaboradores/as e seguidores/as de A Lareira Máxica un Nadal, así como un 2015 moi bo no que a felicidade vos asolague en tódolos aspectos e áreas da vida. Moitas grazas por estar sempre aí.

De igual xeito quixera ter unha lembranza moi especial para aquelas persoas que non o están pasando ben por motivos de saúde, traballo, etc. O mesmo para as que perderon a seres queridos. Este días días constitúen unha durísima proba polo que conlevan as ausencias dos que xa non están connosco.

Dúas últimas cousas:
1- O Nadal non debe ser consumismo e regalos, senón unha época para pasar en familia, na compaña dos seres queridos e dos bos amigos. O verdadeiro regalo son as persoas que nos aprecian e ás que nos apreciamos.
2- O espírito navideño está moi ben, pero de pouco vale instauralo agora se o resto do ano o abandoamos. Debemos adoptalo os 365 días do ano. Non só no Nadal.

....................................

Julio Torres

xoves, 1 de maio de 2014

** 8 anos de A Lareira Máxica na internet

A Lareira Máxica cumpre 8 anos nada máis e nada menos. Quero darlles as grazas a tódol@s colaboradores/as que escriben (ou escribiron nalgún momento) n` A Lareira Máxica, en especial ás persoas que máis teñen escrito aquí. Tamén o meu agradacemento a tódol@s seguidores/as que cada vez son máis. E desde diferentes países. Por último, pero moi importante, quero darlle as grazas á miña amiga Patricia Loureiro que coordina a páxina d`A Lareira Máxica no Facebook e sobe alí todo o que aquí ve a luz. Moitísimas grazas, Patri!!

Pasaron xa 8 anos desde aquel 1 de maio que decidín crear A Lareira Máxica aproveitando a festividade do Día do Traballo do 1 de maio de 2006.

A experiencia está a ser tremendamente positiva e permitiume coñecer a moita xente. É gratificante poñerse diante do ordenador e poder escribir o que un quere, sen trabas, e sen que ningúen che diga que o podes ou non publicar. O único que lamento é non poder actualizar máis A Lareira Máxica, pero non podo adicarlle o tempo que a min me gustaría.

Por útimo, lembrarvos que xa sabedes que tod@ aquel/a que o desexe pode enviarme artigos para publicar n`A Lareira Máxica.

...........................................................
Julio Torres
Creador, editor e coordinador de A Lareira Máxica

venres, 13 de setembro de 2013

** Agradecementos e disculpas

Levo un tempo sen escribir e cando regreso, volto con enerxias renovadas e se, por riba, retorno tras uns días enfermo pois aínda mellor. Logo de poder falar pouco pois agora xa estou mellor. Sí, xa sei podía escribir, pero tampouco me apetecía e menos estando mal. Tamén quero aproveitar para dar as gracias a varias persoas coas que "falei" estes días para felicitarme sobre algo persoal. Da gusto ter ami@s que se lembran de min por moitos anos que pasen. A min pásame o mesmo con eles. Incluso cos que hai bastante tempo cos que non falas en persoa. A pena foi que dado a miña convalencia pasaxeira non puiden departir un longo tempo de conversa dos que xa saben os meus e miñas amigas que me encantan. Pero xa haberá tempo amig@s!! Gracias por acordarse dun amigo!! Por suposto, as gracias a todos eses seres queridos cos que están en contacto físico a diario e que te saben coidar cando non estás ben de saúde. Vaia que non foi nada do outro mundo, pero voltar a estar ben pois aleda e da felicidade a un e creo que é de xustiza ser agradecido. MOITAS GRACIAS!!!

Aproveito para pedir disculpas porque nas últimas semanas parei un pouco a actividade do blog. Sei que hai varios artigos pendentes de ser publicados. Dádeme tempo, que xa sabedes que antes ou despois publico o que me enviedes. É unha enorme satisfacción ler os artigos que enviades para publicar en A Lareira Máxica, así como os comentarios. Sen eles isto non tería vida. Sen interacción sería aburrido. Gústame que participedes, aínda que teñades opinións distintas nos temas. Semrpe que haxa respeto, como o está a pasar.

Ah, lembrarvos que a páxina do face de A Lareira Máxica segue e seguirá activa, a pesares de que xa non teña perfil meu no face. Patricia Loureiro estase a encargar dela. Digoo porque hai xente que sigue pensando que a administra eu e xa non é así. O que está a facer é subir alí tódolos enlaces dos artigos que se publican aquí. Gracias Patri pola túa colaboración desinteresada!!

.....................................................................................................................................
Julio Torres

mércores, 29 de maio de 2013

** Tiendeo: unha páxina web que agrupa os folletos publicitarios

Hai tempo que non vos suxiro páxinas de internet. Non obstante, en A Lareira Máxica periódicamente engadimos novas páxinas web ou enlaces de interese e eliminamos outras que ou ben non se actualizan a miúdo ou outras que xa son moi coñecidas.

O apartado de medios de comunicación é un bo exemplo, concretamente o de xornais. Se vos fixades nos últimos meses puxemos máis enlaces dos medios que son dixitais e dos coñecidos so deixamos algúns dos moitos que antes tiñamos, sobre todo para non saturar de enlaces. Aconséllovos que lle botedes unha ollada pois varios non son moi coñecidos, pero sí resultan útiles, como sucede no apartado consumo, educación ou no de internet.

Hoxe falareivos de Tiendeo. É unha páxina web que recolle tódolos folletos das tendas de grandes marcas de alimentación, electrónica, fogar, moda, motor, viaxes, deportes, e moitas máis. De gran utilidade pois nunha soa páxina tedes moitos folletos publicitarios que en formato papel ocupan espacio pero que en internet están ó alcance dun clik. Incluso en cada folleto pon dentro de cantos días caduca. Actualízase a cotío. Moi ben organizada, práctica e de moita utilidade


domingo, 26 de maio de 2013

** PROXIMAMENTE-.....En A Lareira Máxica....

Próximamente verán a luz novos artigos e algunha que outra nova sección. Tamén vos adianto que desde A Lareira Máxica prestarémoslle desde moi pronto máis atención á cultura galega e a internet, así como a actualidade. E ata aí podo ler...


mércores, 1 de maio de 2013

** A Lareira Máxica celebra o seu 7º aniversario


SANXENXO. Julio Torres

Recordo que tal día coma hoxe hai xusto 7 anos decidín crear A Lareira Máxica e publiquei o seu primeiro artigo. Lembro que o que máis me levou foi buscarlle un nome. Tiña claro que tiña que ser algo máxico, polo que a palabra "máxica" non ofrecía dúbidas. O da Lareira pasou a criba entre outras posibilidades que se me ocurriran naquela tarde. Finalmente decidinme por "A Lareira Máxica" porque buscaba un sitio no que escribir o que quixera e que outras poideran facer o mesmo no meu sitio web. E pensei naquelas lareira ou chemineas que había antes, nas que se contaban historias ó redor do lume que desprendía e que servía tamén para quentarse. Coido que, 7 anos despois, o nome foi o acertado.

É un pracer que nos lea e siga tanta xente de tantos países como reflicten as estadísticas da páxina, en especial de España, varios países europeos e bastantes americanos. A Lareira Máxica non sería nada sen tódol@s colaboradores/as que nalgún momento escribiron artigos aquí (ver na columna da dereita na etiqueta "temas") e a todas esas persoas que nos deixan comentarios nos artigos. Uns e outros son recibidos con moita alegría pois fan que A Lareira Máxica sexa interactiva e se retroalimente xerando vida.


Son 7 anos dun ilusionante proxecto feito realidade. Seguindo aquela comparación d@ cativ@ que empecei a utilizar no primeiro aniversario, hoxe ese cativ@ vai facer a primeira comunión e segue medrendo. Agardo que por moito tempo máis.

Nos vindeiros meses xurdirá algunha que outra nova sección en A Lareira Máxica, algunha delas moi enraízada con Galicia, así como outras novidades que, se a teconoloxía mo permite, espero poder implementar. Aproveito para recomendarvos os enlaces que tedes na columna da esquerda e que cada certo tempo vou modificando, procurando poñer bastantes que non son tan coñecidos.

Nada máis, so quixera dicirvos unha última cousa, pero aproveitei a visita que nos fixo un americano moi coñecido (por certo, EE.UU. e o segundo pais do que máis visitas recibimos) quen veu visitar as "macro-instalacións" de A Lareira Máxica para transmitirvos unha última mensaxe.





venres, 5 de abril de 2013

** Feliz, feliz...


En poucas semanas, o 1 de maio A Lareira Máxica, cumprirá o seu 7º ano de vida. O inicio desta andaina era un blog tan so persoal, pero pronto quixen abrilo a tod@s vós. Lembro que naquel mesmo outono empezou a colaborar Mariam (en realidade chámase María, pero como queira que dúas Marías empezaran a colaborar case ó mesmo tempo, ela decidiu rebautizarse como Mariam). Foi unha das que primeiro se animou a colaborar e fíxoo en numerosas ocasións.

@s que me coñecedes ben sabedes que son persoa de acordarme de datas especiais, sobre todo, cando hai amig@s polo medio. Como queira que Maria(m) e máis un servidor somos grandes amigos desde hai moito, e como hoxe é 5 de abril e isto é A Lareira Máxica, o medio no que colaborou moito, coido que é de recibo desexarlle un MOI FELIZ CUMPREANOS a esta gran persoa e amiga.

María: como sei que nos visitas a cotío aínda que non escribas desde hai bastante tempo e que hai outras cuestións que ocupan o teu tempo, xa sabes que perdo a esperanza de que voltes a colaborar en A Lareira Máxica pois a vida da moita voltas e nunca nunca se sabe...

Polo de pronto: "feliz, feliz no teu día...."


domingo, 30 de decembro de 2012

** "Cuéntame" regresa este xoves con novos capítulos


SANXENXO. Julio Torres

O vindeiro xoves 3 de xaneiro de 2013 TVE emitirá a nova tempada da serie "Cuéntame...", a 14ª que este ano percorrerá o ano 1981 (co intento de golpe de Estado do 23-F incluido). E como ven sendo habitual nas últimas tempadas, unha nova versión da homónima canción "Cuéntame" servirá de sintonía de cabeceira. Desta vez será o cantante Miguel Bosé o que a interpretará. A min particularmente gustábame máis a inicial que corría a cargo de Ana Belén, se ben a de Pitingo tamén me agradaba. Non sei se tanta versión da mesma canción é bo ou non, pero sí permite facer comparacións (odiosas, como sempre) entre diferentes cantantes e estilo de música.

Velaquí un avance tanto da sintonía como dalgunhas escenas:



P.D.: Segue sen gustarme nada, logo de tres publicacións, o novo Blogger. Non permite respetar os puntos e aparte sen ter que introducir manualmente código html pois no modo redacción muda a bastante máis pequeno o tamaño da letra!!! polo que tanto Patricia (ela desde agosto) e un servidor (desde hai uns días) temos que facer malabarismos e editar en linguaxe HTML, introducindo manualmente algúns códigos HTML para que quede o máis parecido a versión anterior. Os nosos coñecementos son limitados, así que se alguén nos pode indicar cómo facer, agraderiámosvolo moito (alareiramaxica@gmail.com). Para que vexades un exemplo do que digo, así quedaría en modo Redacción o anterior artigo. Vede a letra por defecto e xa me contaredes. Se lle damos a letra máis grande, salta a unha demasiado grande (máis que no Blogger anterior, que é a que usamos aínda na actualidade editando con código HTML):


SANXENXO. Julio Torres
O vindeiro xoves 3 de xaneiro de 2013 TVE emitirá a nova tempada da serie "Cuéntame...", a 14ª que este ano percorrerá o ano 1981 (co golpe de Estado do 23-F incluido). E como ven sendo habitual nas últimas tempadas, unha nova versión da homónima canción "Cuéntame" servirá de sintonía de cabeceira. Desta vez será o cantante Miguel Bosé o que a interpretará. A min particularmente gustábame máis a inicial que corría a cargo de Ana Belén, se ben a de Pitingo tamén me agradaba. Non sei se tanta versión da mesma canción é bo ou non, pero sí permite facer comparacións (odiosas, como sempre) entre diferentes cantantes e estilo de música. Velaquí un avance tanto da sintonía como dalgunhas escenas:

luns, 24 de decembro de 2012

** Feliz Nadal e bo 2013

Patricia Loureiro e un servidor desexámosvos unhas moi felices festas de Nadal e un 2013 cheo de cousas moi boas e bonitas. 

Lembro que por estar datas hai anos acostumaba a enviar ós meus amigos, amigas e familiares unha postal navideña na que garabateaba unhas letras cos meus mellores desexos. Pero primeiro os emails, logo as e-cards, os sms, e agora as redes sociais desprazaron o correo tradicional polas novas tecnoloxías. O outro día atopeime con algunhas postais navideñas recibidas tamén hai varios anos e acordeime que hoxendía non so as postais senón as cartas manuscritas nun folio ou nunha folla son, desgracidamente, historia. Agora so acostumamos a recibir dous tipos de cartos e xa sabemos para qué son...Para pagar ou, como moito, de publicidade. Perdesue o romanticismo das cartas escritas a man. Algo case inimaxinable ata mediados dos 90...

Quixeramos agradecer a tódolos seguidores de A Lareira Máxica por estar aí, aínda que on escriban ou publiquen artigos, e en especial ós que nos seguen dos seguintes países: España, Estados Unidos, México, Francia, Argentina, Colombia, Alemania, Chile, Perú, Reino Unido, Colombia e Argentina. Estes son os países que máis nos visitan desde o nacemento do blog.

P.D.: ¡¡Qué pouco ou nada me gusta o novo blogger!!. Había meses que non escribía pero neste novo Blogger é moi difícil escribir texto, facelo cadrar ben e buscarlle un tamaño da letra e demais, cando antes era moi sinxelo...Que rabia me da!!!




mércores, 27 de xuño de 2012

** Voando moi alto e outras cousas...

Unha canción chea de sentimentos para un día raro, caluroso e nublado aquí en Sanxenxo. Bochorno en estado puro. Hoxe subo unha canción chea de sentimentos e que vai adicada a un amigo e a unha amiga, dúas grandes persoas, que decidiron coller rumbos contrapostos no terreo do amor. As despedidas nunca son fáciles e no caso deles tampouco foi unha excepción. A letra desta canción non pode ser máis apropiada para retratar o fin dunha relación. Triste pero certa. Moita sorte para os dous. Agardo que Cupido pete pronto á vosa porta porque o merecedes. Lémbrovos que tedes unha visita pendente por Sanxenxo...




Videos tu.tv

JERRY RIVERA: "Vuela muy alto"

mércores, 23 de maio de 2012

** "Alvariño" non so é un bo viño


SANXENXO. Julio Torres

Hoxe ó ir a moderar os comentarios vexo o da despedida (espero que so temporal) de Alvariño. Xa sabedes que admiro profundamente a Alvariño e coido que non son o único. O que moit@s non saberedes e que xa hai máis de 5 anos que a súa simpatía e a súa particular visión do mundo agromou en forma de artigos escritos por este mago das letras.

En marzo de 2007, uns días antes que un servidor se fose de vacacións a Lisboa, Alvariño meteulle leña, e leña san, desenfadada, divertida e entretida a base das pequenas cousas da vida diaria. É curioso o artigo co que principiou a escribir no blog, aínda me lembro daquela saga...Vaia, 5 anos e case tres meses pasaron xa. Pasou o tempo voando, pois coma sempre, cando se pasa en boa compañía voa.

Acabo de titular o artigo e saiume unha rima non buscada para dalgunha forma expresar que dicir "Alvariño" (sí, xa sei que a bebida se escribe con b) non é so falar dun bo viño, senón tamén dunha magnífica persoa, colaborador e escritor. Claro que, coma o bo viño, cos anos é mellor. E iso, non tódalas persoas o poden dicir.

Os relatos de A Lareira Máxica vanse quedar orfos. Espero que so temporalmente. Certo é que Alvariño ten ben merecido un descanso, que tod@s necesitamos e un servidor xa colleu algunha que outra vez. Gracias Alvariño polas túas colaboracións. Un día triste para o blog. A simpatía de Alvariño vaise en globo nunha tarde de sol. Amargo contraste. Deica pronto!!!

-----
[O blog seguirá, pero agás que aparezan novos colaboradores, a frecuencia vai diminuír notablemente a partir dos vindeiros meses. Non so pola ausencia de Alvariño, senón porque tampouco lle vou poder adicar o tempo necesario nas vindeiras semanas pois nesta vida cómpre priorizar as cousas e o tempo]

martes, 1 de maio de 2012

** A Lareira Máxica cumpre hoxe 6 anos na blogosfera


SANXENXO. Julio Torres

Coma calquera persoa, os blogs tamén cumpren anos. E xa sabedes que A Lareira Máxica empezou a alumear un 1 de maio de 2006. Tódolos anos por esta data falei dunha chea de cousas, polo que non quixera repetirme moito. Simplemente quero dicir tres cousas:

1- A ilusión que me levou a crear un blog en 2006 sigue tan viva ou máis. Fáltanme moitos temas dos que falar. Gústame escribir e animar a outras persoas que escriban, ou cando menos que opinen do que aquí se fala. Se agora non publico tanto non é porque non teña do qué escribir. ¡¡NON!! É porque outras prioridades reclaman a miña atención. So por iso.

2- É moi grato ver que os artigos que se publican en A Lareira Máxica reciban comentarios, pois animan a seguir escribindo máis artigos e axudan a establece un diálogo de opinións.

3- A Lareira Máxica naceu como un proxecto persoal que pouco despois se abriu a tod@s os que nela quixeran publicar artigos ou propoñer novas seccións. Sen os que escribides no blog, éste non tería vida. Así que quero, un ano máis, darlle as gracias a tódol@s colaboradores/as (os seus nomes aparecen na columna dereita, nas etiquetas de colaboradores/as) e a tódolos comentaristas. Ós que xa estaban e ós que descubriron o blog nos últimos meses. A tod@ MOITÍSIMAS GRACIAS.

[Lembrade que A Lareira Máxica ten páxina no face. O enlace tédelos arriba.]


xoves, 26 de abril de 2012

** Cambios en blogger e facebook e outras cousas


SANXENXO. Julio Torres

Non, non me fun de safari. É que, para variar, ultimamente non dispoño de apenas tempo para adicarlle ó blog. Toca ter paciencia. Menos mal que teño a sorte de contar cunha boa axudante que fai tamén máis do que pode, e vai moderando tódolos comentarios, os cales por certo estiven lendo hoxe.

A miña sorpresa foi ver cómo blogger impuxo esta semana o novo formato para os que temos e administramos os blogs. Os que o ledes non o notaredes pero os administradores moito. Hai a quen lle gusta máis e hai a que non lle gusta tanto. Eu estou entre estes últimos. É algo así como cando vas a un centro comercial e te atopas con que cambiaron todo de sitio e hai un novo decorado, etc. Prefería o formato de pestañas do diseño anterior. Pero o máis gordo non é iso, o tamaño da letra sae moito máis pequeno que no diseño antigo. Fotos espacios descadrados, letra capitular ou cambios nos artigos que non se gardan son algúns dos principais cabalos de batalla. As primeiras impresións que teño e que se fai moito máis difícil publicar co sistema html. Por contra, parece ofrecer outras posibilidades que a min non me quitaban o sono. Tocará habituarse. Por suposto, tedes que perdoar polos erros que se poidan cometer ó non dominar o novo formato.

Nova interfaz de BloggerNon me gusta nada que tanto Blogger como Facebook (onde lembro que tamén temos a nova páxina de A Lareira Máxica que tomo o relevo do antigo grupo do face), impuxeron neste mes o novo formato. Nun principio era optativo pero co paso do tempo fíxose obrigatorio. Ningún dos novos formatos me gustaba, pero éche o que hai. O lo tomas o lo dejas. Non queda outra.

Tamén descubro que un artigo que deixara listo o sábado (efemérides) para autopublicarse o luns, non se chegou a autopublicar. Espero que fose un erro puntual derivado da migración obrigatoria feita por blogger. Agardo que non afecte a futuras publicacións programadas e que non haxa máis sorpresas desagradables.

Tentarei na medida en que poida irei escribindo algo, pero no prometo nada. Tamén vos animos a que enviedes as vosas cousas que non recibimos nada ultimamente.Por último, alégrame voltar a ler comentarios de María -a cal se botaba en falta no blog- así como dos habituais do blog e non tan habituais. Xa sabedes que todo o mundo é benvido e as portas de A Lareira Máxica están abertas á vosa participación sobre calquera tema. Cómpre ler as premisas dos comentarios (ver formulario), xa comentadas outras veces.

E por hoxe é todo. Gracias por estar aí e pola vosa fidelidade. Por certo: xa so quedan uns días...




27-04-12 Descubrín que se pode voltar -cando menos polo de agora- a rescatar a interfaz anterior e volto a ela pois no novo formato salen (como podedes comprobar no anterior artigo das efemérides) as letras máis pequenas por culpa da linguaxe HTML (en concreto polos "div")

01-05-12 Estou observando con que hai problemas nos artigos escritos para autopublicarse. Algúns non se están a publicar ó chegar o día e a hora programados. Antes do cambio isto non sucedía. Incluso agora que voltín a antiga interface continúa a pasar. Espero que so sexa un problema temporal.

sábado, 28 de xaneiro de 2012

** Aclaracións sobre artigos e comentarios

A partir de agora, non se permitirán realizar comentarios firmados como "anónim@". Sí serán admitidos, como ata o de agora, seudónimos. No formulario de comentarios seguirá parecendo a opción "anónimo" pois está así configurado por blogger, pero insisto que non os aceptarei. Pretendo con isto, facer un pouco máis humano o blog.

Doutra, nos artigos e comentarios que xiren en torno a deuncias so os publicarei se a persoa que os fai se identifica con nome e apelidos ou, de non ser o caso, @s administradores do blog coñezan á persoa que os fai ou queda suficientemente probada a persoa de que se trata. Con isto, trato de evitar que, en temas polémicos, haxa persoas que escriban no blog sen poder saber quen son. Tamén quero evitar posibles denuncias a este blog. Neste sentido, cómpre aclarar que @s administradores non se fan responsables do que poidan escribir as persoas neste blog. Non necesariamente estamos dacordo co que se escribe no blog.

venres, 23 de decembro de 2011

** Nadal 2011





¡¡Os meus mellores desexos para tódolos amig@s e seguidores/as de A Lareira Máxica: un bo Nadal e un excelente 2012!!. Que a maxia e o espíritu navideño, o auténtico, -non o consumista- se manteña durante todo 2012.