** Cos mellores desexos
Aínda que non son o Rei, por noveno ano consecutivo e coa chegada destas entrañables datas, quero desexarvos ós e ás colaboradores/as e seguidores/as de A Lareira Máxica un Nadal, así como un 2015 moi bo no que a felicidade vos asolague en tódolos aspectos e áreas da vida. Moitas grazas por estar sempre aí.
De igual xeito quixera ter unha lembranza moi especial para aquelas persoas que non o están pasando ben por motivos de saúde, traballo, etc. O mesmo para as que perderon a seres queridos. Este días días constitúen unha durísima proba polo que conlevan as ausencias dos que xa non están connosco.
Dúas últimas cousas:
1- O Nadal non debe ser consumismo e regalos, senón unha época para pasar en familia, na compaña dos seres queridos e dos bos amigos. O verdadeiro regalo son as persoas que nos aprecian e ás que nos apreciamos.
2- O espírito navideño está moi ben, pero de pouco vale instauralo agora se o resto do ano o abandoamos. Debemos adoptalo os 365 días do ano. Non só no Nadal.
Julio Torres
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Acertadísima reflexión. Eu tamén me quedo cun Nadal de seres queridos. Do consumismo, paso. Alá cadaquén coas súas bobadas. Moita xente está para ir o psicólogo e facer terapia. Con eso digo todo. Chifladura colectiva navideña e os que teñen algo que vender a encher os petos. O consmismo paréceme unha bobada máis, unha experiencia vacía e estúpida. Dudo moito dos seus efectos pracenteiros. O consumismo proporciona un pracer tan efímero, tan falso, tan fugaz, tan merda,...
E falando de grandes merdas, mención especial para os agasallos puta merda. Exemplo: o galo de Barcelos que me trae Juanjito cada vez que vai a Portugal. Si, que a historia do Galo e moi fermosa. Pero, con tres exemplares xa teño dabondo. Mención especial tamén para os xerseis de miña tía Florentina. Cada ano, superábase a si mesma, a moi cabrona debía compralos nos últimos días das rebaixas do ano anterior. Eran feos e cativos a máis non poder. Alguns xa traían as boliñas incorporadas das voltas que deran polo mundo do saldo. Vamos, que che regala eso un persoa con poucos recursos e sabes que ó mellor ata lle supuxo renunciar a mercar outra cousa que posiblemente necesitara. Non era o caso da puerca da tía Florentina, que ela andaba sobrada de cartos. Era o típico regalo de compromiso. O regalo low cost, pero moi, moi low. Pois, pudo gardalos para ela porque nin Juanjito nin eu llos agradecemos nadiña. Ó contrario, ben que nos jodía, si asi finamente o digo, cando nos mandaban, obrigaban, a poñelos. Como eran uns restos, que sabe Dios de onde os sacaba, nin sequera eran da nosa talla. Ou enormes ou raquíticos, ademáis de feos e cativos, ata tiñan mal poner. Eso, cando non picaban, que tamén se ten dado a caso. E si, había que lavalos antes de poñelos do sobadiños que estaban. E aquí nos tendes, saímos a diante e non quedamos traumatizados polo xénero de punto.
Si, sen dúbida o Nadal é tempo de reencontros, de lembrar vellas anécdotas,...
¡FELICES FESTAS!
Hola a Todos. Totalmente dacordo co dito por Julio. Non teño mais que añadir, pois sería repetir esas ideas Basicas. En canto a Alvariño, decirche que todos pasamos por eses detalles que nos contas. Son como ti dices, anecdotas da nosa vida. Jejeje. E cando o penso... jejeje, ata me dan ganas de rir. Pero no fondo debemos pensar que o importante é o que significa esta data. Nacimento. Nacimento de un novo espiritu. Momento para rodearse de familiares e amigos e reflexionar como vai a nosa vida ata este día e plantexarnos como afrontar de agora en diante a nosa existencia. Deste xeito todos los anos por estas datas, renacemos do que somos. Que o verdadeiro espiritu navideño nos envolva a todos un ano mais e renazcamos das nosas cinzas para rexurdir un novo espiritu. Feliz Navidad e Felices Festas a Todos.
Bo día e bo Nadal.
Debo ser afortunada, porque non lembro ningún agasallo que non me gustase, ou será que todos os regalos recibidos foron ben acollidos, fose o que fose. Para iso son regalos. E, máis alá das molestias que poden causar os xerseis feos e cativos como demos, aínda me rin un pouco coas "aventuras" de Alvariño.
Un dos regalos natalicios que lembro con moito agrado, dos meus oito ou nove anos, foi a boneca Nancy vestida algo así como de Primeira Comuñon, e que aínda conservo despois de anos e anos cambiándolle vestidos, peiteándoa, maquillándoa... Pobre, non sei como saíu viva...
Por iso, se celebrades o Papá Noel, o Apalpador, os Reis Magos, ou o que sexa, espero que sexan xenerosos con vós e vós con eles.
E por último, que debería ser o primeiro, para todos/as aqueles que celebren as tradicións do Nadal, con todo o que iso supón, simplemente, BO NADAL.
Bueno, acabouse o Nadal e chegaron as rebaixas. O caso é que sempre hai, ¿hai?, una excusa para ir mercar algo. Estes días toca caer na tentación do "chollo" e lanzarse a aventura de atopar ALGO que mereza a pena nos montóns de merdada asiática, ejem...ejem..., mercancías que nos ofrecen as grandes firmas de moda.
O caso é que as rebaixas danme un pouco igual. Total, as verdadeiras bicocas non se atopan ata o mes de febrero.
A min o que me fastidia é a cara de parvo que me quedou na foto do DNI. ¡Qué rabia! Por non acertar nin sequera acertei co color do xersei. Pois, seica que o subtono vermello que me quedou na cara era a luz do flash que se reflexaba no xersei granate. 6 fotos, 6 euros. Na rúa de abaixo, 6 fotos, 3.5 euros. Vin un anuncio cando volvía para a casa. Nese intre deime conta do importante que é saber elexir o camino correcto na vida. Como diría a tía Florentina: "hai que saber enfocarse".
Para ela debe ser sinxelo, para min non tanto, que dende que teño os ollos secos e non poño as lentillas noto que coas gafas vexo peor.
Tamén fun a perruqueira. Ano novo, cambio de look. Síntome raro. Peor foi cando lle dixo Bárbara Rey a Rocío Dúrcal que se sentía estrana. Concretamente díxolle: "Me siento extraña". Cousas do destape.
Por hoxe, xa chega. A cámara non me quere. Eu a ela tampouco. Non quixo Deus otorgarme o don da fotoxenia. A perruqueira cortoume un chisco de máis. Andei 1hn e 45 minutos. Comín sano. ¡Ai!, parezo Bridget Jones. Mañá atopo un 50% en corsetería e merco una faixa.
¿Alguén lee esto?
Uy uy uyyyyyy. ¡Vaia forma de escomenzar o ano, Alvariño! Nótote moi negativa. En fin. Creo que solo son cousas que lle poden suceder a calquera. Non sempre vamos a acertar coa cor do xersei ou coa tenda de fotos que menos cobra. E como eso outras cousas mais que por veces se nos xunta e nos da a sensacion de que o destino se volveu na túa contra en todo o que facemos. Digamos que son rachas. Pero xa sabes que debemos non preocuparnos tanto polos pequenos detalles. Ou mais ben, non darlle importancia as cousas mais do que lle corresponde. Sempre temos que ver a cara positiva das cousas. Por exemplo: Agora xa sabes donde se fan fotos mais baratas e a proxima vez xa sabes a donde ir. Temos que decir por exemplo: ¡Cachis! en fin. Outro día será. Ou como dicen no anuncio aquel do Gadis: Maloseráaa. Fixate en min que pasei de estar contento gracias as clases de baile e agora non podo disfrutar delas pois teño que andar todo o día pendiente de miña nai que sufre de Alzheimer, e polo tanto, tiven que abandonar baile, cine,... e outras cousas que me agradaban e me facían sentir ben. Perdin vida propia, poderíase decir. Pero en fin. Todo é cuestión de mentalizarse e centrarse en novos obxetivos. No meu caso, atender dia si e día tamen a miña nai. Pode non ser agradable estar preso destes temas pero como decía Shin Chan: É o que hai. Maloserá que non melloren as cousas. Así que non lle demos importancias a todas as cousas que nos rodean e vivamos o presente. Xa sabedes: Carpe Diem. Saludos Alvariño. E non te preocupes. MALOSERÁAAAA
Ter un familiar con Alzheimer é moi duro. Seino ben porque tiven una veciña xusto en frente da casa con esa enfermidade. Eso sí que son palabras maiores.
Bueno, eu tamén teño a miña ración de calamidades. Os pais vanse facendo maiores e xa se sabe...
Pois, sí na foto saín fatal. Eso pasa por deixar esos "temiñas" para a última hora. Son alérxica ó fungo Alternaria Alternata e ateigada de medicamentos para a alerxia ocurreuseme ir facer a sesión de fotos. Na foto parece que levo un colocón. Precisando: ¡levaba un colocón!. Menos mal, ejem...ejem..., que para o Apóstolo veñen moitos carteristas e sempre podes ter a mala sorte de que che desapareza a carteira. O peor sempre é a documentación. Unha gradísima perda que ocasiona o seu trastorno.
Os famosos plans B, xa me entendedes, ¡je...je...!
Ando, outra vez, de ópticas. Moi relaxado, eso sí. E que agora que teño que pasear por recomendación facultativa, dalgunha maneira me teño que "estimular". ¡Hala!, a dar a lata ás ópticas. Conclusión inicial: moito fraude hai no sector. Xa irei matizando en posteriores comentarios. Onte, mesmamente, calculáronme cun programa infórmatico o espesor dos cristais para unha montura elexida por min, tendo tamén en conta a miña distancia interpupilar. Había duas alternativas: unha super-reducción 1.74 en orgánico e unha reducción 1.67. Total, que reducir 1.1 mm costaba 150 euros máis. Non sei si venden gafas, motos, ou gafas para ir en moto, ou motos nas que xa non se precisan gafas. E digo esto porque o óptico fíxome un bo traballo de marketing vendendo o producto "estrela", que o final de estelar parece que ten o fulgor dun misto.
-Continuará-
Publicar un comentario