** En Santiago de Compostela, 14 anos máis tarde
SAN XENXO. Julio Torres
(Artigo adicado a tódol@s compañeir@s de promoción de Traballo Social)
14 anos quedaron no saco dos olvidos nunha soa tarde. O tempo é caprichoso ás veces. Fai carreiras de velocidade e sempre nos gaña, sempre nos deixa atrás,sempre. É cuestión de vida, non podía ser doutro xeito.
Hai 14 anos case ninguén tiña móbil. As cabinas de teléfono repartían tickets de "espere su turno" como se dunha carnicería, froitería ou charcutería se tratase. Daquela o móbil case era un obxecto de luxo. Hoxe, para a maioría, case é un luxo carecer deste trebello porque, do contrario, estás desfasado, eres do paleolítico. O tempo. Ese ser...
Pode pasar moito tempo sen falar cunhas persoas e velas logo de varios anos e empezar a dialogar con elas, como se acabaras de conversar tan só hai uns días con ela. E cinco ou seis horas saber a pouco...Bo sinal, un sinal de que son persoas coa que te sintes a gusto. Iso é bo. Moi bo.
14 anos dan para moito. Non só non había case móbiles en 1996, senón que moitas outras tecnoloxías avanzaron á velocidade da luz. E-mail, messenger, facebook, iphone, etc. soarían daquela case a ciencia fición, pero a realidade -como sabemos- sempre a supera. En 1996 todos esperabamos recelosos o chamado efecto 2000. Tamén, desde entón, Atlanta, Sidney, Atenas, Pekín surcaron cada catro anos a terra dos eventos deportivos:¡catro olimpíadas nada máis e nada menos!. O ansiado primeiro traballo, matrimonios, fillos, e moito máis...E, en definitiva triunfos, alegrías e penas. Soamente é cuestión de pararse a pensar un pouco e decatarémonos que 14 anos son moitos anos, e que neles aconteceron un gran repertorio de cousas.
Hoxe aquel/a compañeir@ traballa nunha residencia de xente maior, ou nun centro de menores, ou de traballador social nun servizo de axuda a domicilio, ou nun centro de día, ou nos Servizos Sociais dun organismo oficial, ou nunha asociación ou ONG, ou nun departamento de Recursos Humanos, ou foise a Madrid ou a Barcelona,... Ou traballa en algo distinto ao que estudiou -pero ten traballo que é o que importa, sobre todo nestes tempos de crise-.
Claro que, por moito tempo que pase, sempre nos parecerá máis do que foi. Semella que onte foi onte e que hoxe escoitamos dicir "en el capítulo de ayer...", como se estiveramos sintonizando "La ventana" da Cadena SER, pero en vez de escoitar a Genma Nierga, @s que escoitamos son a aqueles que 14 anos antes foron compañeir@s teus, aqueles cos que durante tres anos compartistes bastantes cousas, pero, e fundamentalmente, a súa amizade, cuestión para nada baladí. 14 anos despois aqueles traballadores e traballadores sociais seguen conservando a súa esencia. Parece que o tempo nos engañara e que en realidade fose menos anos. Parece que nos coaramos na película de "Regreso al Futuro" pero en modo pasado, e sen ser nin DOC nin Mcfly...
GRAZAS aos 21 compañeir@s cos que tiven o gusto de departir unha extraordinaria tarde nunha Compostela que onte non só estaba ateigada de peregrinos, senón de "social workers" vidos de diferentes puntos de Galicia. "¿E que é da túa vida?" foi a frase máis escoitada. Foi trending topic en Santiago. Unha tarde para pórse ó día, para lembrar vivencias pasadas, para falar daquela pioneira viaxe fin de carreira a Tenerife que fixeron 15 persoas da facultade, ou, en sentido amplo, para conversar. 14 anos máis maiores pero non tan cambiados como podiamos pensar. Semellaba que o tempo retrocedera e que, por unhas horas, nos levase de volta a aquela época de estudante nos que as rúas santiaguesas do casco vello e as do ensanche eran nosas a diario, pero especialmente os mércores e os xoves (sobre todo para certas persoas)..., porque Santiago seguirá sendo a nosa segunda casa, para os que a colonizamos noutro ano xacobeo, no do da lonxano 1993 (logo viñeron os do 99, 2004 e 2010). Coincidencias da vida.
Mágoa que unhas horas non son suficientes para repasar tres anos de carreira nin outros 14 anos de travesía individual. Acordamos repetir cada ano este encontro por estas datas e agardamos contar con máis compañeir@s cos que non foi posible contactar ou que non puideron acudir desta ocasión. Este ano reunímonos 22. Nos vindeiros temos que ser aínda máis. A tod@s estes compañeir@s -presentes ou ausentes onte- , grazas pola vosa amizade. E grazas pola paciencia e comprensión con toda a organización. Un auténtico pracer. O tempo pasa pero as amizades permanecen...
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Gracias a ti Julio por todo, un saludo de Juan Pintos
Pois, si que é bonito iso de pórse a falar cunha persoa, aínda que xa pasara moito tempo dende a última vez o fixeches, e ter a sensación de que inda foi antonte cando nos vimos na facultade. A min pásame con algunha xente.
O tempo que pasa moi rápido, "tempus fugit", é verdade. O tempo, entre amenceres e solpores, vainos pasando a todos.
O domingo pasado puxeron na TVE 1 "Pretty Woman". Era a 14ª vez que a poñían e, curiosamente, tivo moi bos datos de audiencia. Volvina a ver e volveu a gustarme. Tamén me fixo reflexionar, é unha peli que ten 20 anos. ¡Xa pasaron 20 anos! Case non mo creo. Esta semana tiña pensado escribir sobre este tema. Non puiden, non tiven tempo. Así e todo, teño pensado facelo. Apetéceme escribir. Tamén foi un pracer atopar esta entrada no blog, recordoume ós vellos tempos, ós comezos do blog, a cando che gustaba o voo das gaivotas anque de cerca, nas distancias curtas, che pareceran paxaros feos. Saúdos, Mariam.
JUAN PINTOS: Gracias a ti tamén, amigo.
MARIAM: Coincido con todo o que dis. Por certo, contigo tamén teño pendiente unha visita a Santiago. Ultimamente non tiven tempo nin para o blog. A ver se agora que xa rematou o tema da organización da comida dos compañeiros trabalalladores sociais, rescato tempo para adicarlle a A Lareira Máxica. Non dispoño de todo o tempo que quixera por motivos persoais e hai que facer priorizacións. Non queda outra.
Mariam tamén estaba pensando facer un encontro dos seguidores de A Lareira Máxica, pero de momento xa me chegou co de Traballo Social. Necesito respirar, pois co tema dos preparativos andiven bastante preocupado porque todo saíra o mellor posible. Menos mal que saíron as cousas ben, penso, cámara de fotos a parte (tanta teconoloxía e logo déixate colgada sen poder quitar fotos no momento máis inapropiado)
Por certo, querida amiga Mariam o do tema dos inicios do blog é algo que penso recuperar, na medida que o tempo e outras cuestións mo permitan, con artigos moito máis de opinión persoal. Sobre o artigo das gaivotas sigo pensando exactamente o mesmo. E de feito, a ver se me lembro de colgar unha fota evocadora do tema, aproveitando que case hai catro anos que escribira o mencionado artigo. Creo que fora en agosto de 2006.
Ah, e teño pendiente unha nova visita por Terra Santa para departir conversación in situ con outra fenomenal amiga e persoa que coñecín na miña etapa de estudiante de xornalismo.
Vou contar algo que me pasou hoxe. Hoxe, pola maña, oín chiar gaivotas, moitas gaivotas. Efectivamente, asomeime a ventá e vin unhas vinte gaivotas sobrevoando a nosa casa.
-¿Qué farán estas taradas tan lonxe do mar?-pensei.
A verdade, tamén me asustei un chisco porque seica antes dos terremotos os animais teñen comportamentos estraños. Pois, así, entre certo estupor e un chisco de medo, reparei no voo das gaivotas e pareceume bonito. Nese intre acordeime do que escribira Julio. Tamén pensei nos falcóns, donos e señores destes ceos, qué estarían facendo, cómo permitirían semellante intromisión no seu espazo aéreo. A verdade, non sei qué pasou, o que si sei e que cando rematei de almorzar as gaivotas xa marcharan. Cando sucedeu, fai agora 12 horas, non me imaxinaba que hoxe mesmo o contaría na Lareira
A verdade que cando un estuda fóra, época da universidade, é unha etapa que cala fondo, son tanto os recordos cando volves a cidade onde estudiaches, e cobra maior vida cando estás coa xente que deixou unha marca no teu corazón. Recordos, nostalxia. Certo é, poderá pasar tempo pero hai xente e persoas que sempre estarán ahí.
Publicar un comentario