sábado, 31 de marzo de 2007

** Un pouquiño de humor na fin de semana ven ben

...O malo é que o que expresa a viñeta gráfica ten un trasfondo totalmente real, por desgracia. Incluso en urxencias hai que esperar...

NOTA: Como sempre, premede na imaxe para agrandala



Viñeta remitida por: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

venres, 30 de marzo de 2007

** ¿Cal é a gracia?

Ás veces non so as palabras poden magoar. A linguaxe non verbal, ou a risa que non se pode conter pode ser un gran problema. Máis cando o que fai gracia a outro non lla fai....Merece a pena ver este vídeo. Xa me contaredes que vos pareceu. ¿Que fariades vos para saír desta situación sen faltar ó respeto? ¿Atopástevos algunha vez nunha situación comprometida na que non sabiades como aguantar a risa? ¿Cómo vos foi?



Vídeo remitido por: Jaime
Debutante en A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......cuestión de milagros

“ Hai so dúas formas de vivir na túa vida. Unha é como se nada fose un milagro. A outra é como se todo o fose ”
Albert Einstein

xoves, 29 de marzo de 2007

** As cousiñas das horas, meses e estacións


N on sei se vos contei, creo que si, que a min a parte do ano que me gusta é que abrangue a primavera e o verán, sobre todo esta última estación. Os peores meses para min sempre foron de octubre a febreiro, en especial o mes de noviembre, que é o mes que menos me gusta: non ten navidade, nin rebaixas e por riba cunha hora menos de luz solar ó atardecer parece que vives de noite. Xa sei que decembro é peor neste senso, pero ó estar ó Nadal polo medio faino disimular algo...

...--->Ve-lo Artigo completo....


O outro día, case coincidindo co inicio da primavera adiantamos os nosos reloxios. Particularmente, este novo horario é o que me gusta máis, agás os tres primeiros días que me custa madrugar unha hora antes que en realidade ven sendo o que facemos ó perder unha hora. E que dicir do primeiro dia que nos queda un día de so 23 horas.

Pero para min é máis importante que os días sexan máis grandes e que ata as nove sexa de día. En troques en decembro, entre que os días xa son pequenos de por sí, e que o horario de inverno rouballe unha hora ó atardecer, pois ás 6 xa é de noite. E menos mal que estamos en Galicia, zona que pola súa posición xeográfica tería que ter unha hora menos, ó igual que en Portugal e Canarias, cousa que, por fortuna, non acontece e bríndanos o privilexio de saborear unha hora máis de día que estas outras dúas zonas. Asemade fainos presumir diante de toda Europa por ser a rexión onde máis tarde se fai de noite. A xente que coñece outras cidades españoles como Barcelona entenderán o que estou a dicir. Alí é de noite ás 5, cando aquí é ás 6...

¿O horario de inverno? Non, gracias, prefiro este de verán. A única pega son estes tres primeiros días de aclimatación e o roubo con alevosía e nocturnidade da hora do sábado ó domingo que nos cercenan pola cara. Pero as consecuencias son moi positivas, polo menos para un servidor. O de inverno a única ventaxe que lle quito e que nos devolve sen intereses a hora "mangada" en marzo. E menos mal que. agora, o cambio ó horario de inverno se fai no mes de octubre e non no de setembro como ata hai so uns anos... Parece unha tontería pero isto nótase porque nese mes de retraso gañámoslle outra horiña á chegada do "entre lusco e fusco".

E voltando á primavera, esta estación ten cousas malas como as alerxias pero traen cousas boas. Os ditos populares din que "a primavera o sangue altera". E faino porque chega o sol consigo, a pesar de que o mes de abril se caracteriza polas choivas, pero o frío non é tanto cono no inverno, polo normal. Outra vantaxe é que os campos sacan do seu interior o seu traxe festivo e se engalanan de diversidade de flores. A min particularmente encántanme as rosas rojas e as blancas, en especial as primeiras. Pero calquera que sexa bonita me fai feliz. ¿E a vos que flores vos gustan? ¿que opinades do cambio de horas? ¿Cal é a vosa estación e o voso mes predilecto? ¿e o que desexariades borrar do calendario?

Carpe Diem

P.D.: Olvidábaseme que, na miña opinión, a primavera e a época do ano que ten as postas de sol e os amaneceres máis fermosos. ¿Non vos parece?



Artigo feito por: Julio
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......como a vida mesma


“Se poidese volver á xuventude... cometería todos aquelles erros de novo ...
so que máis cedo"



Tallulah Bankhead

mércores, 28 de marzo de 2007

** Entre a terceira e a sexta feira: Introducción

Di o acervo popular que “o que non visitou Lisboa non veu cousa boa”. E abofé que Lisboa é ben bonita. Sin duda. A semana pasada, entre o martes e o venres, estiven na capital lusa disfrutando - como xa sabedes -, duns días de asueto e descanso. Non o fixen so. Acompañoume nesta viaxe un excelente amigo: Pablo Pedreira, un coruñés residente desde hai algo máis de tres anos en Barcelona. Un enamorado da Cidade Condal na cal traballa. Pablo foi compañeiro de estudios en Santiago de Compostela e é unha desas persoas coas que vale a pena rodearse. Gran amigo. Sí, señor. Gracias amigo!!

Voltando ó tema: ós dous nos atraía a idea de viaxar e coñecer de primeira man Lisboa. Desde hai tempo. O ano pasado decidimos que ...--->Ve-lo Artigo completo....
nesta primavera deixaríamonos caer por alí e disfrutariamos dos seus encantos. E así o fixemos. Xusto cando a primavera agromaba os seus primeiros raios de luz, cando espertaba do seu sono invernal, dous turistas españoles empregárona para irse con ela de rélax a Portugal. So foi cousa de aproveitar uns días de vacacións nos respectivos traballos. Contabamos ter ido en Semana Santa, pero por motivos laborais non puido ser.

Como as cousas hai que facelas ben, antes de írmonos ó país veciño recabamos información sobre o noso destino. Foi fácil. Entre amigos, familiares, compañeiros de traballo ( a todos gracias!!!, en especial a Roberto que nos facilitou planos e guías moi útiles da cidade e arredores) e o maravilloso océano que é internet, serviunos para facernos unha idea do que debiamos visitar. Iso si, tendo moi presente que dispoñiamos de catro días. Nin un día máis nin un menos. Catro.

Enseguida nomes como a Torre de Belem, o Monasterio dos Jerónimos, O Castelo de San Jorge, a Baixa, Chiado, Alfama, O Palacio da Ajuda, a Catedral de Lisboa ou o Oceanario (Acuario) inundaron os nosos pensamentos. ¿Sería tan bonitos estes lugares como todos nos dicían?. Ningúen nos falara mal de Lisboa. Todo o contrario….

Ó longo dos vindeiros capítulos de “Entre a terceira e a quinta feira” (Entre o martes e o venres, que se diría en portugués) irei degranando as nosas experiencias e impresións sobre estes lugares. Un por cada día, máis dos capítulos extras.

No primeiro capítulo contareivos sobre a nosa chegada a Lisboa, e os lugares que nese primeiro día visitamos: Torre de Belén, Monasterio dos Jerónimos ou Castelo de San Jorge.
No segundo, un día máis relaxado, narrareivos sobre a nosa visita ó Museo Gulbenkian, Baixa, Rossío ou o Museo dos Descubrimentos.

Logo, no terceiro, deixaremos momentanemamente Lisboa para acercaremonos á localidade veciña de Simtra, onde vos retratarei os seu palacetes. Unha visita a un lugar moi especial e fermoso.

No cuarto capítulo abordarei o noso último día de estancia na capital de Portugal, no cal visitarmos o recinto no que tivo lugar a Expo de Lisboa no ano 1998, e o oceanario.

No quinto será un capítulo sorpresa. Simpática diría eu. Será curto, pero si moi entretido e visual….

Por último, no sexto farei unha conclusión final da viaxe, facendo suxerencias e recomendacións a ter en conta. Se me quedase algo no tinteiro aproveitarei aquí para recuperalo.

Polo de agora, non puiden escribir nada, xa que andiven bastante liado estes días. Tede paciencia, porque tardarán un pouco en irse publicando. Non serán a diario, pero tentarei que non pase moito tempo entre eles. ¿O primeiro para cando?. Espero que antes de que acabe a semana. Subliñar que o primeiro día foi o día máis intensivo e, por iso, quizás sexa o capítulo máis longo, tamén.

Non será o mesmo contalo que estar alí mesmo, sin duda, e posiblemente haxa cousas que sexa case imposible relatar. Tamén tratarei de facelos o máis amentos posibles, apoiándome, como non, nalgunhas fotos. Polo de agora, déixovos coa música de fondo de A Lareira Máxica...
Carpe Diem



Artigo feito por: Julio Torres
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.......que gran verdade!

"O home é o único animal que come sen ter fame, bebe sen ter sede, e fala sen ter nada que dicir"



Mark Twain (escritor)

martes, 27 de marzo de 2007

** A parábola do matrimonio


Conta unha vella lenda dos indios Sioux que unha vez chegaron ata a tenda do vello bruxo da tribo, tomados da man, Touro Bravo, o máis valente e honorable dos mozos guerreiros, e Nube Alta a filla do cacique e unha das máis fermosas mulleres da tribo.

- Amámonos - empezou o mozo.
- E ímonos a casar - dixo ela.
- E querémonos tanto que temos medo. Queremos un feitizo, un conxuro, un talismán. Algo que nos garanta que poderemos estar sempre xuntos. Que nos asegure que estaremos un á beira do outro ata atopar a Manitú o día da morte.
- Por favor -repetiron- ¿hai algo que podamos facer?
...--->Ve-lo Artigo completo....

O vello mirounos e emocionouse de velos tan novos, tan namorados, tan anhelantes esperando a súa palabra.
- Hai algo...- dixo o vello logo dunha longa pausa -. Pero non sei...é unha tarefa moi difícil e sacrificada.
- Non importa - dixeron os dous-. O que sexa - ratificou Touro Bravo.
- Ben -dixo o bruxo-. Nube Alta, ¿ves o monte ó norte da nosa aldea? Deberás escalalo soa, sen máis armas que unha rede e as túas mans, e deberás cazar o falcón máis fermoso e vigoroso do monte. Se o atrapas, deberás traelo aquí con vida o terceiro día logo da lúa chea. ¿Comprendiches?
A moza asinteu en silencio.

- E ti, Touro Bravo – sigueu o bruxo - deberás escalar a Montaña do Trono; cando chegues á cima, atoparás a máis brava de todas as aguias e, soamente coas túas mans e unha rede, deberás atrapala sen feridas e traela ante min, viva, o mesmo día en que virá Nube Alta.¡Saían agora!.

Os mozos miráronse con tenrura e logo dun fugaz sorriso saíron a cumprir a misión encomendada, ela cara ó norte, el cara ó sur. O día establecido, fronte á tenda do bruxo, os dous mozos esperaban con sendas bolsas de tea que contiñan as aves solicitadas. O vello pideulles que, con moito coidado, as sacasen das bolsas. Os mozos fixérono e expuxeron diante do bruxo as aves cazadas. Eran verdadeiramente fermosos exemplares, sen dúbida, o mellor da súa estirpe.

- ¿Voaban alto?- preguntou o bruxo.
- Si, sen dúbida. Como o pediches... ¿e agora? - preguntou o mozo- ¿matarémolos e beberemos a honra do seu sangue?
- Non - dixo o vello-.
- Cociñarémolos e comeremos o valor na súa carne - propuxo a moza-.
- Non - repiteu o vello-. Farán o que lles digo: tomen as aves e átenas entre si polas patas con estas tiras de coiro. Cando as teñan anudadas, sóltenas e que voen libres.
O guerreiro e a moza fixeron o que se lles pideu o bruxo e soltaron os paxaros. O aguia e o falcón intentaron levantar voo pero só conseguiron revolcarse no piso. Uns minutos despois, irritadas pola incapacidade, as aves arremeteron a picotazos entre elas ata magoarse.
Este é o conxuro:
-Xamais esquezan o que viron. Son vostedes como un aguia e un falcón; se se atan un ó outro, aínda que o fagan por amor, non só vivirán arrastrándose, senón que ademais, tarde ou cedo, empezarán a magoarse un ó outro. Se queren que o amor entre vostedes perdure, voen xuntos pero xamais atados.

----------------------
Gústame esta parábola: os namorados preocupados por conservar o seu amor; as aguias e os falcóns, libres e fermosos, voando no alto do ceo; os indios sioux... Eu, películas de indios e vaqueiros debinas ver todas. Os sábados pola tarde, na primeira, que daquela soamente había a primeira e a segunda, sempre botaban unha película despois dos debuxos animados. Moitas veces era unha película de vaqueiros, eu daquela non sabía nin que se chamaban westerms, e case sempre saía John Wayne, eu daquela tampouco sabía o nome daquel fulano, pero víao tanto que xa se me foi facendo unha cara familiar, naquelas películas da sesión de tarde os indios sempre eran os malos. En Bailando con Lobos, non, aquí non, aquí por fin os indios sioux foron bos. En fin, non sei quen escribeu esta parábola, que se o soubera poñería aquí o seu nome, pero é bonita.



Artigo remitido por: Alvariño
Colaborador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....versión Shakespeare

“O tempo é moi lento para os que esperan, moi rápido para os que teñen medo, moi longo para os que se lamentan, moi curto para os que festexan, pero... para os que aman... o tempo é eternidade"



(William Shakespeare)

luns, 26 de marzo de 2007

** Os homes de Marte, as mulleres de Venus

Antonte tiven unha conversa curiosa cun amigo, que me fixo reflexionar sobre o tan manido mito de que homes e mulleres procedemos de planetas ben diferentes. E non vai de sexo o artigo, aínda que o tema transcenda de fondo.

A cuestión comezara xa días atrás cando, cun partido de fútbol como trasfondo na tele, empezamos a falar das pernas dos futbolistas (unha ten esas debilidades) e rematamos falando doutros deportistas varios. Concretamente estabamos falando de Rafa Nadal. Preguntábame o meu amigo se non me parecía que estaba moi ben o rapaz. Él non só aseguraba que traia toliñas a moitas das súas coñecidas, senón que ía incluso máis alá e discutíame que é un tipo que está moi ben.
...--->Ve-lo Artigo completo....



Supoño que chegados a este punto teño que dicir que o tal Rafa, con tódolos meus respetos, non me “pon” nadiña. Xa sei que para gustos, cores. E cuestións como o feito de que sexa un “pipiolo” demasiado noviño para min a parte, o certo é que nin me parece que esté bo, nin me parece guapiño, nen sequera me parece que teña un físico espectacular. E xa sei que haberá moitas que non estén de acordo comigo, pero non me discutiredes que, polo menos, nunca ocupará o posto que ocupa a Jolie no ranking dos máis máis.

Ben, pois Nadal a parte, onte de novo volvín a constatar que, de non gustarlle tanto as mulleres ó meu amigo, e a min tanto él, nunca discutiriamos polo mesmo suxeito/a. E é que o centro da nosa conversa onte era Nicole Kidman.

Unha señora que aposto a que se a atopamos unha mañá cedo no supermercado ou unha tarde a última hora despois de ter lidiado cunha xornada laboral de x horas, dous ou tres cativos, unha lavadora, tres coladas etc etc, dubido que a moitos lles puidera parecer tan atractiva como cando sae co seu espectacular modelito na alfombra vermella do brazo do ghuapo de turno.

Nicole é demasiado alta como para que o común dos mortais masculinos lle poidan chegar ós morros sen usar escaleira de man, demasiado “esmirriada” (de feito preguntábame se terá algo máis que pel recubrindo aqueles osiños), demasiado esbrancuxada para unha oriunda de Australia e sobre todo, demasiado inalcanzable para ti, querido amigo.

Como contrapunto, os dous chegamos a acordo en canto á Pataki. E é que a nosa Elsa, hai que recoñecelo, está moi ben mírese por onde se mire.



Artigo feito por: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.......sobre a vida mesma

" Fixen un acordo de coexistencia pacífica co tempo: nin el me persegue nin eu fuxo del. Un día atoparémonos "



(Mario Lago)

domingo, 25 de marzo de 2007

** Adagio & Fuga en do...dolor de cabeza

Coa chegada da primavera empezou o ruxir de motores de cortacésped. Debe ser o “efecto mariposa” da primavera. Avelino é un entusiasta do cortacésped, ten un deses que parece un tractor pequeno, é novo, comprouno o ano pasado. Aposto a que xa lle fixo algún “axuste” dos seus, non me estrañaría nada que lle cortara un anaco ó escape, ou que lle fixera buratos con trade, algo lle tivo que facer porque o ruído que fai o seu tractoriño é enxordecedor. A súa finca é grande, a el non quero califícalo. O ano pasado empezou coa leria da herba, cousas da xubilación, co ben que se debe pasar nas viaxes do Imserso... Primeiro corta a herba a unha altura determinada e logo ponlle o canastillo ó tractor para recollela. Non pode facer as dúas cousas simultaneamente, cortar e recoller, non, que seica se lle “atranca” o aparato. A primeira volta doulla o venres, hoxe empezou coa segunda pasada, desta vez deixa a herba cortada ó cero, e despois de cortar ven a recollida. É insoportable, ou a herba medra moito na primavera ou Avelino está obsesionado, posiblemente sucedan as dúas cousas. Este é o elemento de veciño que teño ó sur. O do norte é máis tranquilo, case nunca está. Pois, tamén lle afectou a primavera. Hai meses que lle vexo un montón de trapallada tirado na horta, trastes vellos, mobles de cociña, plásticos,... e hoxe ocorréuselle queimar esa merdada e cheira que apesta. Pobre de min que xa pensara sacar unha tumbona do garaxe e durmir a sesta no xardín, ¡qué asco! Non se pode disfrutar dunha tarde primaveral, cando o mundo se pon en contra dunha ponse e xa está. Tiven que marchar da casa, son os efectos “colaterais” da chegada do bo tempo.



Artigo feito por: Rosa García
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica

** De regreso de Lisboa

Xa estamos de volta!!! Antes de nada, gracias a tod@s por continuar visitándome. Xa vos botaba moito de menos. E como o prometido é deuda, nos próximos días ireivos contando o que deron de si as miñas minivacacións en Lisboa. Dádeme tempo para redactar todo. Posiblemente sexan 6 entregas: 4 do diario, unha de conclusión final e outra máis de sorpresa...O título xa está decidido: "Lisoba: entre a terceira e a sexta feira", xa que estiven alí entre o martes e o venres desta semana.


Noutra orde de cousas, gracias a Juanjo por informarnos de que a Lareira Máxica saiu nomeada nun artigo no Diario de Pontevedra. Algo que me fixo moita ilusión. Gracias Carmen G. de Burgos. Lin o artigo no enlace que nos facilitou en El rincón de la Veiga, outro blog feito en Sanxenxo. No artigo fala,a parte dos blogs dos partidos políticos, doutros 6 blogs, entre eles éste. Aparece xusto despois do subliñado da imaxe seguinte. Para ver ben a imaxe, como sempre, facede doble click sobre ela e agrandarase.

Por certo, falando de Sanxenxo, atopeime coa desagradable sorpresa de que o Blog de Sanxenxo pechou, se ben creo que un novo blog deu á luz. Cousas da vida. Tamén aproveito para da-la benvida ás novas persoas que nos visitan, entre eles Noly. Por suposto que o seguirei actualizando Noly. Ó mellor non tódolos días, pero varias veces á semana seguro. Gracias por visitarnos e agardamos a túa colaboración. Quero que este blog sexa de todos.

domingo, 18 de marzo de 2007

** Un descanso en terras lusitanas


Lareireir@s a partir da mañán e durante toda semana que ven, A Lareira Máxica permanecerá sen actualizar. ¿O motivo? Pois, como xa vos adiantei o mércores, voume de mini-vacacións a Lisboa. Din que "o que non foi a Lisboa non veu cousa boa". Pois entón haberá que deixarse facer caso a este dito, aínda que particularmente Galicia non lle ten nada que envidiar a ningún lugar. Pero a un servidor gústalel moito viaxar. E este ano toca Lisboa, unha das cidades que teño moitas ganas de visitar. E alá vou... Espero que non me decepcione e que nos poucos días que alí vou estar poida coñecer o máis importantes.

Recibín consellos e indicacións varias dos lugares a visitar na capital lusa e arredores. Por internet tamén hai informacións e opinións. Teño moi claro os sitios a visitar, aínda que haberá varios que non creo que poida visitar. Xa se verá.

Alá imos dous galegos a visitar o país veciño. Serán uns días nos que viviremos cunha hora menos ás nosas costas, pero con moitos desexos de disfrutar das bondades do país veciño. Á volta, por suposto, prometo contar algo da viaxe, neste o noso blog.

Ata daquela despídome momentaneamente de tod@s vós. Por favor, seguide visitando A.L.M. e deixando os vosos comentarios e artigos (ou propostas de artigos que vos gustaría ler, incluso). Cando chegue actualizarei e publicarei todo aquilo que reciba a próxima semana. Por certo, no reproductor de MEEN quédanvos nada máis e nada menos que 183 cancións para que escoitades de fondo para que a lectura e a navegación polo blog se fagan máis amenas.

Agardemos que o tempo nos acompañe...

Un saúdo e Carpe Diem,
Julio

sábado, 17 de marzo de 2007

** Unha volta polo pasado animado

Os anos pasan, pero os bos recordos sempren quedan aí. E as lembranzas da infancia son unhas delas. Daquela os problemas eran problemiñas. Parece mentira, pero os anos pasan sen darse de conta. Aínda foi onte cando os sábados pola tarde, poñian os debuxos animados, en troques de telebasura. Daquela so había unha canle. E os debuxos animados eran moi bos. Algúns incluso son repostos co paso dos anos. Iso danos unha idea da maravillosa colleita que houbo no pasado. Polo xeral, os de hoxendía non chegan á súa altura....

Para axudarvos a refrecar a memoria aquí vos deixo a sintonía de entrada de "Comando G", unha serie futurista, de cando falar do século XXI podería sonar a ciencia ficción. E falando de todo un pouco, ¿cal foi a vosa serie de debuxos animados favorita?

** Enquisa sobre o amor.....preto da Primavera

Hai tempo propuxéranme poñer en A Lareira Máxica unha enquisa a cal vos paso a prantexar. Agardo as vosas respostas. E podedesvos extender o que desexedes.
¿Que estariades dispost@s a facer por amor?
Non se pode dicir todo, depende ou nada. Hai que pór cando menos álgún exemplo.

venres, 16 de marzo de 2007

** A Frase Máxica... sobre a amizade

“O difícil non é estar cos amigos cando teñen razón, senón cando se equivocan”



André Malraux (novelista francés)

xoves, 15 de marzo de 2007

** Sinfonía do bo tempo con aire "colonizador"

Avida é bela, ou debera de selo, aínda que non sempre o é. Por iso cando a alegría e as cousas boas veñen ben dadas hai que disfrutar delas. Encántame a canción de "La vida es bella" que soa de fondo desde onte ó iniciar a Lareira Máxica. Deixareina uns días máis. Lémbrovos que para quitala debedes premer o botón de pause do reproductor da miña selección privada de música situado na columna lateral, xusto despois de "Escoita música mentres les". Aí tamén podedes escoller as cancións que queredes escoitar simplemente premendo sobre elas. É moi fácil de usar. Algunha dúbida facédema chegar.
E proseguindo coa vida mesma, estamos disfrutando duns días de sol. Desde o día 8 o "Lorenzo" (=sol) acompáñanos. Polo menos en Sanxenxo xa...Ve-lo Artigo completo.... parece, senón verán, primavera con tódalas letras. Parece que teremos que ir abandoando a roupa de abrigo. Menos mal!!!.

A fin de semana pasada, as praias enchíanse de centenares de curiosos que ou paseaban, tomaban o sol e, incluso, se atrevían a bañar. E o domingo pola tarde había colas para ir para Pontevedra. Por unhas horas o tempo teletransportounos as coléricas colas do mes de Agosto. Un mes no que os "colonizadores" nos abruman coa súa presencia, e convirten un pobo de 17.000 habitantes como é Sanxnexo, noutro que din que chega ata ás 100.000....
Mágoa porque o encanto que ten o noso pobo é ése, que é un pobo. Cando se satura, parece unha pequeno pobo que se transforma nunha cidade improvisada e de xeito temporal nos posúe. Cómo odio iso. Aínda que os hostelerios e xente que vive dos turistas pensarán outra cousa distinta polos intereses económicos...

Os raios de luz solar. A temperatura que supera os 20 grados polo serán enganan e ata fan pensar que estamos no mes de xuño. E é que logo dun outono e inverno tan chuvioso, a chegada do sol de forma duradeira, parece que nos fai salir da cova onde, refuxiados, nos resgardábamos das inclemencias do tempo. Pero empezamos a ver a luz ó final do túnel, aínda que de aquí o verán aínda choverá de novo. Pero de momento, ó bo tempo reinante ningúen che poderá quitar o bailado...Que duré!!!

So agardo que para a semana o tempo en Lisboa (estarei de martes a venres na cidade lusa) nos respete. Confórmome con que non chova nin faga moito frío. Creo que non é moito pedir.

E, ós "colonizadores" de Sanxenxo: a ver se empezamos a usar máis o autobús e menos o coche!!! Que é peor que quitar número na carnicería en hora punta. Brrr!!!!

Carpe Diem, e nunca mellor dito!!!



Artigo de: Julio
A Lareira Máxica

mércores, 14 de marzo de 2007

** QUE CONTENTO ESTOU CANDO....

Dentro duns días me vou...de vacacións uns díiñas. Catro para ser exactos. Aproveitando que a empresa mos deba pois non se fale máis. Que me gusta viaxar e o ano pasado paseino en branco. Non o podo crer. ¿E onde vou? Pois ó país veciño, isto é, Portugal. Lisboa para máis información. Do 20 ó 23 de marzo alí estarei, adaptándome a vivir cunha hora menos e a disfrutar dunha cidade que din que é maravillosa. Eu non teño demasiada información de qué visitar neses catro días. Vamos que priorizar, porque ir se pode ir a varios lugares e aínda faltarían sitios según teño entendido.
...Ve-lo Artigo completo....
Faláronme da Torre de Belén, o Castelo de San Jorge, o Palacio da Ajuda ou o Monasterio dos Jerónimos, entre outros lugares.

A Lisboa non irei so, xa que tamén vai un gran amigo meu e compañeiro de estudios, que é da Coruña, aínda que vive e traballa en Barcelona. Deses amigos que un ten o orgullo de ter, e dos que tantas veces vos falei. Deses amigos de verdade.

Unha última cousa, se non é moito pedir, gustaríame que, os que viaxéstedes alí, nos aconselledes qué lugares visitar nese curto espacio de tempo (cales pririzar máis ben) ou nos deades algún consello, se é preciso e gustades de facelo.



QUE CONTENTO...feito por: Julio
A Lareira Máxica

** QUE RABIA DA CANDO.....

QUE RABIA DA CANDO...!!!v as conducindo o teu coche pola estrada e en vez de ir circulando normalmente vas facendo slalon e esquivando os diferentes baches e socavóns que na carretera hai. Claro que...agora chegan as elección municipais e, no mellor dos casos, teremos a sorte de que os remenden. Pero que saiban que, aínda que os remendos, non estena mal para parchear unhas estradas terceiromunidistas nun país desenrolado en pleno século XXI, non son a solución máis axeitada. ¿Por que non asfaltar tramos enteiros de baches cunha sólida capa?...Ademais como no mellor dos casos so as aslfaltan cada 4 anos pois ó mellor tampouco é tando pedir. Ou ó mellor sí...
...Ve-lo Artigo completo....

O que teño claro é que estou esperando a que, a 2 meses vista, de tan magno e constitucional dereito de sufraxio universal, os políticos de turno se dignen a facer o aceno para que as nosas carreteras se fagan un "leafting" (ou como se diga!!!), porque senón van esmorecer antes de tempo. E o peor, van a contribuir a seguir xerando accidentes de tráfico. E nos accidentes tamén morren persoas...
Pero pouco creo nos políticos, de aí que A Lareira Máxica sexa un blog no que teña cabida todo menos a política. Estes seres son dun planeta a parte...



QUE RABIA...feita por: Julio
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica...¿será certa? ¿vós que credes?


"Ningún lugar na vida é máis triste que unha cama vacía"



Gabriel García Márquez (Escritor)

martes, 13 de marzo de 2007

** "O Brandon de Avelino"... relato de Rosa García

A Avelino morreulle o can. Era un mastín dos pirineos, manso e nobre. Era vello, debía ter 16 anos. Chamábase Brandon, coma Brandon Walsh, sí, o irmán de Brenda. Avelino, sempre innovador e creativo, púxolle un nome o can que causara sensación, sensación de vivir coma a Coca-cola. O Brandon non tivo unha boa morte, non sei de que morreu pero oíno laiarse varios días. O veterinario tivo que pórlle fin a súa dor.
Estes días lembreime do outro Brandon, o de Beberly Hills, tamén era nobre e guapo coma o can de Avelino. Teño que recoñecelo, Avelino, posiblemente por casualidade, acertou co nome do mastín. ....Ve-lo Artigo completo.... Daquela, a principios dos 90, todas as rapazas suspirabamos por un mozo como Brandon Walsh, atractívisimo e bo rapaz. Na televisión, Brandon e Brenda, -Jason Priestley e Shannen Doherty- marcaron unha época. No cine, en 1990, Richard Gere e Julia Roberts tamén facían historia, Pretty Woman. O tempo acaba con todo, Richard Gere, en La huella del silencio (2005), máis que un pai modelo, e moi tardío, xa parecía un avó. ¡Quen te veu en Oficial y caballero e quen te ve! Non me gusta que os meus actores preferidos se avellen, dáme pena recoñecer que o tempo pasa para todos, para min tamén. Esta xa é outra historia, outro día lembrarei a Richard e a Julia.

A verdade, os protagonistas de Sensación de Vivir eran guapos, altos, ben constituídos, rubios nunha gran maioría. Todos menos unha rapaza que era unha excepción. Era algo máis baixiña, tiña peor tipo e era a única que levaba gafas. Non era guapa, tampouco era rica. Non pertencía a Beberly Hills aínda que o ocultara obstinadamente para que non a expulsaran do colexio onde, ademais de ser unha alumna avantaxada, dirixía o periódico. Andrea era a intelectual da serie. Pobreza, fealdade, mente. Riqueza, beleza, sensación de vivir. Unha contra moitos. ¿E cál era a mensaxe? ¿Os pobres non son guapos? ¿Os pobres son intelixentes? ¿Os intelectuais son pobres? ¿Levaba gafas porque era pobre ou porque era intelectual? ¿Levaba gafas porque era fea ou era fea porque levaba gafas? ¿Os feos son intelectuais? ¿Os intelectuais son feos? ¡Vaia! Parece un galimatías e debía ser parecido ó que, inconscientemente, tiñan na cabeza os rapaces e rapazas espectadores. O que estaba moi claro é que os ricos son guapos, tampouco son parvos e a súa vida era tan admirable que produce sensación.

Parece desmedido considerar intencionado que a rapaza menos atractiva sexa a pobre do grupo. Tamén poderíamos pensar que é unha coincidencia, froito dunha desafortunada decisión do director; atreveríame a aventurar, sen embargo, que se trata máis ben dunha mensaxe subliminal, que forma parte da representación que a serie nos ofrecía de nós mesmos e do noso orden social. Non constitúe un caso único e excepcional, non é soamente un personaxe dun programa dunha canle concreta, senón a tónica xeral que nos chega a través de moitos espacios de case tódalas cadeas.

Rosa
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons







Un relato de: Rosa García
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.......un ilustre nome

“Se necesitan dos años para aprender a hablar y setenta para aprender a callar”
(Hemingway)

luns, 12 de marzo de 2007

** Un acordo no que os dous ceden

Menuda fin de semana a dos meus amigos Miguel e Isabel. Acabo de abrir o correo e atópome cun email de Isa e comunicoume a boa nova. Por fin, houbo acordo, Miguel accedeu a que o can durma fora da habitación e recoñece o feito de que Isa xa ceda aceptando o can na casa (xa che dixen, Miguel, que eres un poco terquiño cando queres, pero de sabios e persoas maduras é rectificar. Así me gusta). Ningún gaña. Os dous ceden. Un acordo. E final feliz, do cal me aledo moito. Miguel e Isa tamén nos queren agradecer o feito de que lle axudaramos coas nosas opinións. Que sexades moi felices na vosa futura vida xuntos. Merecédelo os dous.

** A Frase Máxica...¿que nos querrá dicir?

“Unha muller sería encantadora se un poidera caír nos seus brazos sen caír
nas súas mans”



Ambroise Bierce (escritor estadounidense)

domingo, 11 de marzo de 2007

** O caso da burra, o can e a moza

Vaia problema teñen estes dous. Non sei que dicir. Raro, raro, raro, que eu non saiba que dicir. Eu, os problemas sempre llos pregunto ó meu pai, porque eu buscar sí busco respostas, pero nunca dou escollido a mellor delas, que si caldo de repolo ou caldo de nabizas, que si poño o pantalón vaqueiro, que non, que hoxe vou poñer o chándal, e o final poño o pantalón de vestir. Así sempre, é un sinvivir. A vida é unha constante decisión, abofé que sí. A cabeza nunca para, zum, zum, sempre matinando cousas. Pois, estou en branco, porque si meu pai non estivera traballando nas Canarias xa lle tiña preguntado este tema e el habíame de responder unha resposta sabia, porque meu pai, ademais de carpinteiro, coma o paxaro carpinteiro, é un filósofo. Eu salín a el, refírome á filosofía, á carpintería non, non se me da.
...--->Ve-lo Artigo completo....


A mamá pódollo preguntar pero non sei..., de cans non entende gran cousa. Un día pregunteille cal era o mellor can para gardar a casa, se o pastor alemán ou o boxer, e aínda estou agardando pola resposta. De burras sí que entende, o outro día, na TVG, andaban a preguntar cánto duraba a preñez dunha burra e nadie o sabía. Miña nai sí, doce meses, é dicir, un ano. Teño unha idea, voulle facer unha argallada, é dicir, voulle prantexar a cuestión dun xeito que ela poida entender:
- Mamá, qué che parece un home que quere meter unha burra a durmir no cuarto. Nunha esquina, enténdesme, sen molestar nin ornear, caladiña, en plan Platera y yo, e logo, na cama, el durme coa moza, cando durma, ó mellor ás veces non durme, está esperto, claro. Pois, a moza dille que non, que así non, que lle da reparo, que a burra pode pórse celosa. ¿Tí que dis mamá?
- Alvariño non sei..., píllasme en mal momento, ¿non ves que estou virando a tortilla?
- Mamá di algo, é un tema importante para min.
- Bueno, nese caso… ó mellor vai ser que se quede coa burra, sobre todo porque a burra é burra e seguro que nunca dí nada. Non ves, a moza xa protesta pero a burra aínda non dixo ni mu. Non hai comparación, é mellor unha burra que unha muller intolerante.
Mamá dalle a razón ó mozo. Pois…, eu non o teño tan claro, porque eu teño unha cadela, Lúa, e teño unha moza, Rosa, e non sei… Bueno, pillástesme. Sempre me pillan, e que me poño colorado, coma un tomate. Rosa aínda non é a miña moza, pero vaino ser, en canto eu me atreva a decirllo, e que nunca podo. Xa se sabe, na farmacia de Rosa so se fala de medicamentos. Virus, bacterias e xérmenes deber haber un montón, lévaos a xente, pero sentimentos poucos, pouquiños, os mínimos. Ós sentimentos débenlle botar moito desinfectante porque alí nada de nada, asepsia total. Un día voume soltar e daquela xa veredes.
Caramba, xa me estou derivando polos cerros de Úbeda, que o que quería dicir é que se eu tivera que elexir entre Rosa e Lúa non sei que faría, que difícil é, non podo, pero eu sempre soño con Rosa, pois se soño con Rosa o mellor vai ser que durma con Rosa, digo eu, por asociación de ideas, soñar-durmir, choiva-paraugas, can-cocho, xa sabedes como é, pero a Lúa tamén lle quero moito, que a min non me gusta comparar, que cada un é como é, e todos somos fillos de Deus.
Espero ter contribuído a solución do caso do can, a burra e a moza. Bueno, a burra foi un recurso didáctico, unha parábola, como as de Xesús, ou eran fábulas, pois si eran fábulas tiñan que ter moralexa, ou moralina, non sei. Si estivera aquí meu pai non tería tantas dúbidas, sempre as anotaba e logo, a noite, preguntáballe todo. Por teléfono é diferente, non da tempo.
A propósito, quería preguntarlle a Julio se me deixa ser colaborador, xa sabes, a miña maneira, a my way coma Frank Sinatra. Supoño que me dirá que sí, creo que podemos colaborar todos, non fai falla ser catedrático. Ademais, Maria dixo que lle parezo gracioso, non sei, nunca o pensei seriamente. O que sí sei é o que me vai dicir Mariam:
- Anda, un mudiño que sanou, ¿curaches só ou tivéronte que operar Alvariño?
Pois, qué queredes que vos diga rapaces, síntome na miña casa, é o que teño, que me custa soltarme, pero logo xa vedes, non paro, e eso que a min falar, nin fu nin fa.
Un comentario de Alvariño, nada máis, por hoxe.



Comentario remitido por: Alvariño
Debutante en A Lareira Máxica

** ... So faltaba o can por falar. E falou...


Son o famoso can que ten ó meu dono e á súa moza enfadados. Pois eu non vou falar ben do meu dueño, nin mal dela, porque cada un terá os seus motivos para estar enfadados. Eu so vou falar de min, pra que os lectores da “A Lareira Máxica” me coñezan un pouco máis. Porque como a cousa siga asi xa me vexo na tele: “ Por culpa dun can unha parella rompeu a súa relación”. Ou aínda peor, que os nosos políticos se poñan a discutir no Parlamento por culpa miña, xa que calquera cousiña lles vale para enfrentarse uns ós outros.

Eu estaba nunha xaula pequena donde toda a tarde me daba o sol. Era o escaparate dunha tenda de animais Ó dono so lle importaba enseñar a sua mercancía. Miguel paseaba por unha das tantas cidades que ten Galicia mirando os escaparates. Era pleno maio, o mediodía, o sol apretaba o seu, pero eu non daba señais de vida. O sol dábame de pleno e el pensou que estaba morto. Pois non ou pensou máis e esperou toda a tarde hasta que abriron a tenda. O primeiro que fixo e ir a onde min, para saber se estaba ben. Eu coas poucas forzas que me quedaban, pois púxenme en pé e empecei a xogar con el. Caeume ben desde o principio, cousa que non podo decir de todos.

Pois mercoume e non so eso, enseguida me levou ó veterinario para que me fixeran un chequeo. Estaba como un roble so me faltaban algunhas vacunas. Tamén me fixo un pasaporte, si escoitades ben, teño un pasaporte europeo con foto. El viaxa moito e lévame consigo, si escoitades ben, fun xa varias veces en avión e nin siquera me mareo.

Nese sitio lévome moi ben con tódolos meus veciños sobre todo con dúas familias. Unha delas pois faime de canguro e dáme de todo, cociñaba so pra min. Incluso na hora de café eu tamén tiña o meu café con leite, si escoitades ben. A outra veciña dáme máis regalos, roupa e golosinas para cans. Xa o sei: son un can mimado, pero quen non se deixa mimar con eses veciños.

Con tanto mimo pois era un can mal criado, e Miguel non tivo outro remedio que levarme a facerme un curso para adestrar cans. Si déronme o diploma, pero por pouco xa que alí había unha femia da miña raza que me tiña toliño e non lle facía caso á Miguel nin ó instrutor, todo tempo estaba detrás dela embobado e ó final non a conseguín. Sí, son macho e as feminas volveme toliño, como ó meu dueño.

E esta e a miña historia. Agora podedes seguir comentado para axudar ó meu dono e á súa moza. Espero que me teñades un pouquiño en conta.

sábado, 10 de marzo de 2007

** De anuncios, rivalidades deportivas e días D

Dicir 10 de marzo é dicir F.C.Barcelona -R.Madrid. E diso encargouse de deixalo claro La Sexta, a canle de televisión que vai a retransmitir o partido dos partidos de fútbol en España. Aínda me lembro cando esta televisión anunciaba o encontro afirmando, cal pesado lembrando a diario que antes ou despois vas morrer, "Faltan 100 días". E é que cada día metían a cuña do anuncio restándolle un día. E ese día xa chegou...
Pero unha cousa é que fosen pesados cos anuncios. Incluso a min que me encanta o fútbol pero pareceu que se pasaron anunciando o esperado choque.... Pero aínda máis se pasaron hai un par de semanas cando emitiron dous anuncios moi polémicos....Ve-lo Artigo completo.... Un non o lembro, o outro amosaba unha imaxe dun home que se estaba bañando, resbala, cae e mátase, resucitando -si moi surrealista, pero resucitando- porque non podía perderse o gran partido, tal e como rezaba a voz en off da promo (publicidade dun espacio a emitir na mesma cadea). Creo que se pasaron bastante con ese anuncio e co outro que non lembro agora cómo era, pero que incluso o retiraron antes...

Son do Barcelona. Non sei se gañaremos ou non hoxe. Agardo que si. Do que non cabe dúbida é de que para os que amamos o fútbol, perderse este enfrontamento deportivo é como renegar do teu nome.

Ó mediodía escoiten unhas declaracións dos presidentes de ambos clubs de fútbol e daba gusto oílos. Moi deportivos os dous. Loxicamente os dous queren que gañen os seus respectivos equipos, pero gardando as formas e a educación, algo que parece moi sinxelo. Non obstante no fútbol a lóxica -como na vida mesma- non sempre é lóxica. E senón mirade o que paso no partido de Copa do Rei entre os equipos sevillanos do Sevilla e do Betis: as semanas anteriorees a disputa do partido os presidente parecían críos pequenos insultándose e incitando indirectamente á violencia. Unha violencia que chegou no partido en forma de botellazo que tirou o adestrador do Sevilla ó chan e que motivou a suspensión do encontro. ¿A onde imos se nin os presidentes deste dous equipos non dan exemplo de deportividade?

E triste que un simple partido de fútbol libere tanto odio, rencor e enemistade. Se do que se trata é de tentar gañar, que a todos nos guste, pero se perde, aínda que nos fastidie, perdeu. Outras veces gañará. Sería aburrido gañar sempre.

Ata non se disfrutaría igual cos vaciles se o que gañara fose sempre o mesmo. Hai que saber gañar e hai que saber perder. Tampouco entendín nunca porque se odian a matar equipos dunha mesma cidade, provincia ou rexión. Véxase Celta-Deportivo ou Sevilla-Betis, entre outros. Canto máis cercanos peor se levan, por norma xeral...

So me resta dicir que ogallá lle gañe o F.C.Barcelona hoxe - o tan agardao día D - ó Real Madrid no estadio do Nou Camp. Se finalamente non é así, pois que lle imos facer... Doerá, claro que doerá, pero a vida non se acaba aí, non. Por sorte.

O meu prognóstico é F.C. Barcelona 3 - Real Madrid 1
Carpe Diem e Visca o Barça!!!

--------------------------------------------------------------------
PARTIDO: F.C.Barcelona - R.Madrid
LUGAR: Estadio do Nou Camp (Barecelona)
HORA: 22:00 HORAS
--------------------------------------------------------------------




ARTIGO DE: Julio
A Lareira Máxica

venres, 9 de marzo de 2007

** Un can de por medio: ¿Quen ten razón?

Tocouceh opinar a ti agoraHai xa un tempo que non recollía nada nesta sección. Hoxe non vai ser a vosa opinión sobre un artigo alleo (jeje, librádevos de Inma Sust), senón sobre un pequeno problema que lles trae de cabeza a un amigo e unha amiga. Son mozos e prantéxanse dentro dun tempo o feito de vivir xuntos. Pero onte dialogaban sobre unha cousa na que teñen posturas encontradas. Imos ó meollo:
O meu amigo ten un can pequeno desde hai dous anos e medio. Viven con el no seu piso. Encántalle o seu can e para el é algo moi especial. Tanto que o deixa durmir con el na habitación. As veces incluso na mesma cama.

A miña amiga, a súa moza, aínda que lle gustan os cans, non lle encanta o feito de ter un can vivindo nun piso. Ela criouse no rural e teñen cans pero durmen fóra da casa, nunha caseta.

Pois me parece que se ve adivina o conflicto........Ve-lo Artigo Completo

ACTUALIZACIÓN 10-01-07: Os meus amigos xa non se falan. Como siga a cousa así, van romper pronto. Por favor, seguide comentando. Vale repetir ás veces que faga falta con tal de axudalos a reflexionar


El dille que se o quere a el ten que consentir que o can durma na mesma habitación que el e que ela cando vivan xuntos, porque o can é moi especial para el. Iso si, durmiría na súa propia cama, aídna que ubicada no dormitorio de matrimonio -ou sexa con eles dous-. Dille que se o quere que lle ten que consentir iso.


A miña amiga dille que non, que nada diso. Como moito está disposta a ceder e ter un can no piso, aínda que non lle agrade a situación. Iso si, de dormir na habitación de matrimonio nada de nada e que el tamén ten que ceder un pouco, que ela xa cede consentindo ter un can na casa.

El dille que se o quere a el tamén ten que querer ó can. Que van no mesmo lote e que o can é moi especial para el. Que xa leva durmindo con el desde moito antes de que coñecera a ela. Engade que, senón, el durmirá co can e ela soa. ¿? (escoitar para crer).

Pola súa parte, ela dille que el o que lle está facendo é unha chantaxe e que está adoptando unha actitude moi egoísta e caprichosa, e que non quere chegar a un acordo. Que ela xa cede deixando que haxa un can no piso, pero que el, nembargantes, non cede nin un ápice nese tema.

Bueno, a conversación xira en torno a todo isto. Non vola conto, porque me levantou dor de cabexa so escoitalos discutir sobre o tema. Para axudalos gustaríame que lle deramos entre todos, o noso punto de vista sobre a situación. ¿Quen ten máis razón dos dous? ¿Que fariades se vos fósedes un dos dous?



Artigo de: Julio
A Lareira Máxica

xoves, 8 de marzo de 2007

** Entre patacas e dobres sentidos da linguaxe...

Como xa hai tempo que non colgaba ningún viñeta de humor gráfico, hoxe déixovos unha pequena mostra desta gran arte que é ésta. Está simpática a cousa. MORALEXA: Non te deixes enganar, ás veces as cousas non son o que parecen...
En vindeiros días irei subindo algún máis. E se queredes que publique algún que vos fixo gracias e que querdes commpartir, xa sabedes que A Lareira Máxica está aberta a propostas.



A viñeta foi remitida por: CALYPSO
DEBUTANTE en A Lareira Máxica

martes, 6 de marzo de 2007

** Cun toque de música de fondo na sombra....

Como podedes escoitar, desde hoxe A Lareira Máxica conta con música de fondo. Unha selección de cancións escollidas por un servidor e que podedes ver na sección de "ESCOITAR MÚSICA" dentro da sidebar ou columna lateral. Podedes escoller cal desexades oír namentres navegades polo blog. Asemade, se non desexades escoitar nada, pois so tedes que darlle ó "Pause" ("II")e listo.
Doutro lado, notaríades que ós últimos días cada vez que pasades o ratón por riba das letras dos links ou enlaces, o seu tamaño medra. Vamos, que a proba de miopía.
Agardo, como sempre, que os cambios que paseniñamente vou ircorporando a esta páxina sexan do voso agrado. E xa sabedes: podedes facerme suxerencia sobre a páxina no libro de visitas (antes do calendario da sidebar) ou no mail de alareiramaxica@gmail.com

sábado, 3 de marzo de 2007

** Unha manifestación cunha clara mensaxe...

Tedes que disculpar porque tardara en actualizar a páxina este sábado, pero e que hoxe recibín un mail que me fixo moita moita ilusión. Cando o abrín non daba crédito ó que os meus ollos estaban vendo. E alá me fun...Caray, sabía que a xente era capaz de moitas cousas pero disto....Bueno, hai xente para todo.... Non me quedou outra que darlle as gracias as persoas que o preparaon todo. Agradécese de todo corazón!!!

Por certo, as cifras de asistentes que se deron cita no evento varían. Depende de se consultamos a Policía Local ou ós propietarios de Blogspot (isto é Blogger ou Google). Non se dan posto dacordo, aínda que uns e outros coincidín en 3 cousas:
1- Foron moitas as persoas que se manifestaron
2- Trasncurriu sen ningún tipo de incidentes
3- Que o lema da "manifa" hai que levalo á práctica. Non se pode estar mudo. Hai que participar, polo menos de vez en cando....


venres, 2 de marzo de 2007

** Un blog moi literario + unha letra moi pegadiza


Din que o home é un animal de costumes. Pois si,estou convencido de que é asi. E entre as miñas rutinas diarias está de visitar Rabudo, o blog de Nacho Mirás (na foto da dereita), xornalista de La Voz de Galicia recentemente galardoado nos PREMIOS GALICIA DE COMUNICACIÓN.

Nacho ten un blog deses que se o visitas un día, non che quedan gañas de deixar de darlle os bos días, as boas tardes ou as boas noites ó día seguinte. As historias que conta, e, sobre todo, como as conta, son xeniais. Sabe darlle literatura a unha simple anécdota da vida diaria. E ás veces, as historias -ou máis ben os protagonistas destas historias- traspasan a barreira da lóxica e danse cita co surrealismos máis humorístico que ningúen puido imaxinar. Como a vida mesma. Ás veces a lóxica tolea e colúmpiase do pé das persoas esbozando un breve sorriso intenso.

Lémbrovos que é un dos tres blogs que recomendo visitar nos enlaces a blogs que tedes na parte final de A Lareira Máxica. Co tempo irei pondo algún máis que adoito ler.

Pois ben, onte visitando o blog de Rabudo atópome cunha canción dun tal Edilberto colgada alí e que lla adica a Penélope Cruz e Pedro Almodóvar. É algo bastante friki pero é tan pegadiza que non a dou quitado da cabeza. Así que aquí póñovola para que a escoitedes.

¿Que vos pareceu? Agardo respostas. Probade a escoitala un par de veces. Non me digades que non é pegadiza...


Artigo de: JULIO A Lareira Máxica

** Unha raíña destronada no campo da beleza

Disque a Jolie é a muller máis sexi do mundo!!!! Que digo a muller, a persoa máis sexi de tódolos tempos. Por diante incluso de Elvis Presley e Marilin Monroe, que quedaron en segundo e terceiro lugar respetivamente. Alá se nos foi un mito, porque non é que a min o Presley me poña moito, pero a Monroe era ata ahora, e indiscutiblemente, o inoco do erotismo. Pois o dito: adeus Marilin querida, benvida Angelina.

Non sei quenes serán os responsables de dita elección, e xa sei tamén que a Angelina é un símbolo erótico e sexual para moitos, pero que queredes que vos diga, será envidia, serán ciumes, será que non entendo de mulleres, será o que sexa pero a min eses morros non me parecen nada sensuais. Paréceme que hai mulleres moito máis guapas, máis exuberantes e que transmiten moito máis que a señora esposa de Brad Pitt. Pero como para gustos, colores............

Vós que pensades? Parécevos que a elección é adecuada ou esa nova "medalla" debería estar colgada no pescozo de outra/o?




ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

xoves, 1 de marzo de 2007

** Lembrando a música dos anos 80

Inauguramos o mes de marzo en A Lareira Máxica cun pedazo de canción dos anos 80. É do grupo TEXAS e trala estupenda música agóchase unha letra esclarecedora no tema do amor....¿Vos que opinades do que di a letra? ¿Leva razón? ¿Ou quizás non?