** Un can de por medio: ¿Quen ten razón?
Hai xa un tempo que non recollía nada nesta sección. Hoxe non vai ser a vosa opinión sobre un artigo alleo (jeje, librádevos de Inma Sust), senón sobre un pequeno problema que lles trae de cabeza a un amigo e unha amiga. Son mozos e prantéxanse dentro dun tempo o feito de vivir xuntos. Pero onte dialogaban sobre unha cousa na que teñen posturas encontradas. Imos ó meollo:
O meu amigo ten un can pequeno desde hai dous anos e medio. Viven con el no seu piso. Encántalle o seu can e para el é algo moi especial. Tanto que o deixa durmir con el na habitación. As veces incluso na mesma cama.
A miña amiga, a súa moza, aínda que lle gustan os cans, non lle encanta o feito de ter un can vivindo nun piso. Ela criouse no rural e teñen cans pero durmen fóra da casa, nunha caseta.
Pois me parece que se ve adivina o conflicto........Ve-lo Artigo Completo
ACTUALIZACIÓN 10-01-07: Os meus amigos xa non se falan. Como siga a cousa así, van romper pronto. Por favor, seguide comentando. Vale repetir ás veces que faga falta con tal de axudalos a reflexionar
El dille que se o quere a el ten que consentir que o can durma na mesma habitación que el e que ela cando vivan xuntos, porque o can é moi especial para el. Iso si, durmiría na súa propia cama, aídna que ubicada no dormitorio de matrimonio -ou sexa con eles dous-. Dille que se o quere que lle ten que consentir iso.
A miña amiga dille que non, que nada diso. Como moito está disposta a ceder e ter un can no piso, aínda que non lle agrade a situación. Iso si, de dormir na habitación de matrimonio nada de nada e que el tamén ten que ceder un pouco, que ela xa cede consentindo ter un can na casa.
El dille que se o quere a el tamén ten que querer ó can. Que van no mesmo lote e que o can é moi especial para el. Que xa leva durmindo con el desde moito antes de que coñecera a ela. Engade que, senón, el durmirá co can e ela soa. ¿? (escoitar para crer).
Pola súa parte, ela dille que el o que lle está facendo é unha chantaxe e que está adoptando unha actitude moi egoísta e caprichosa, e que non quere chegar a un acordo. Que ela xa cede deixando que haxa un can no piso, pero que el, nembargantes, non cede nin un ápice nese tema.
Bueno, a conversación xira en torno a todo isto. Non vola conto, porque me levantou dor de cabexa so escoitalos discutir sobre o tema. Para axudalos gustaríame que lle deramos entre todos, o noso punto de vista sobre a situación. ¿Quen ten máis razón dos dous? ¿Que fariades se vos fósedes un dos dous?
Artigo de: Julio
A Lareira Máxica
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
el tio ese lo que tiene es mucha cara y solo piensa en él. Si fuera ella lo mandaria a tomar vientos con su perro. que jeta tiene el sujeto ese. para el lo primero es el perro. da la impresion que a quien ama en verdad es al perro y no a su chica
Huy. Me da que estos dos no llegan a fin de año....
Así que se ela o quere ten que, non so consentir vivir co can, senón encima compartir cama. E que pasa con ela? É que el non a quere a ela? Porque postos a adoptar comportamentos caprichosos e infantiles ela podería recurrir a mesma excusa tonta, se ti me queres tamén tes que aceptar o meu punto de vista.
Pero, caprichos a parte, o tema non é fácil. Él ten a súa parte de razón: o can xa estaba alí moito antes ca ela e, se nos poñemos en plan negativos, pode que o siga estando moito despois dela. Por outra banda, todos temos as nosas cousas, os nosos intereses, aficións etc etc etc, as cousas que son importantes para nós, e vese que o do can é algo importante para él, por tanto se ela quere que a relación siga adiante, probablemente terá que aturar o can tamén. Como él mesmo di, van no lote.
Pero él tamén tería que ceder algo, porque a priori parece que a única disposta a ceder é ela. Paréceme que está dando un paso importante aceptando ó can na casa. Non te poñas cazurro home e non estires demasiado a corda que igual rompe, amigho. Cede ti tamén un pouquiño, non?
A vida en parexa é complexa, sempre hai que perder polas dúas partes e dar o mesmo tempo.
Sempre é necesari ceder, para que dúas persoas se poidan entender. Cada un debe entregar unha parte, non pode ser que un aporte algo e o outro non. Al menos é así coma entendo unha relación entre dúas persoas, sobre todo si se queren.
Así que, si cede un o outro tamén debería.
ánimo os dous.
Primeiro vamos a nalizar o que escribeu Julio.
-Son mozos e pensa vivir xuntos
-O can vive con el no piso e durme con el na habitacion
-Ela esta como moito disposta a ceder a ter un can no piso
A primeira cousa que temos que saber donde van a vivir xuntos. O piso de el, ou en outro novo.
Por outra parte non vexo que ela ceda en algo, porque o can xa estaba vivindo no piso xa era un niembro mais da vivienda.
Reflexion: si el lle chegara a facer caso en todo, e ela non "cedera" a ter o can no piso, que o votan a calle. Outro can abandonado, porque a moza de el non o quere.
E por parte de el, tamen dece que o can xa no durma mais na cama con el.
A cousa esta complicada, os dous non queren dar a man a torcer. E quizas os dous teñan razon. Ela porque nunca viveo con un animal de compañia nun piso e a el porque lle doi o no roptundo de ela.
Cando se compra una animal de compañia e pra toda a vida, e eso tamen o ten que entender as persoas que entra despois na vida de un. Non son xoguetes, ahora si o quero e despois como e un estorbo pois tiramolo a calle. Pois no, hai que pensalo moi ben antes de comprar algo. Un can ten un promedio de 10 a 18 anos de vida, depende da raza. Antes de compra unha mascota hai que pensalo moi ben.
E a ese teu amigo so o van a comprender esas persoas que teñen unha mascota dentro dun piso e o especial que poden ser. Porque as outras persoas nunca se podran imaxinar o cariño que se lle pode ter a un can o a un gato.
E senon leede os articulos que escribeo Rabudo sobre os seus gatos. Tamen se lle nota que lles quere moito.
Aínda que non debería dar a miña opinión, porque os dous son amigos meus, voume mollar -aínda que neste caso non debera pola gran amizade que me une ós dous-
Creo que, Miguel, so che faltaba durmir co can. Se Isabel nunca viviu cun can pois ela por ti xa está soportando ter un can na casa, e os dous sabemos que non lle fai pizca de jracia, pero ela sabe que o can xa o tiñas na casa e por ti, permíteo. Se fose outra mandaríate a paseo co can incorporado, porque non soporta cans na casa ou piso.
Polo que vexo e me contastedes, e digocho con todo o cariño do mundo Miguel, unha cousa é querer ó can e outra ben distinta que durma na habitación. E non lle digas a Isa que xa cedes non durmindo con el. Solo faltaría, vamos....Ja, ja..
Creo que o que propón Isa é bastante xusto: permite e adáptase a vivir cun can na casa aínda que non lle gusta nada a idea, pero a cambio ten que durmir noutro lado da casa.
NOn se pode ser tan infantil e terco Miguel. E insisto, que xa sabes que te aprecio moito, pero é que Isa estao pasando moi mal porque te quere moito e ese é unha falta de respeto e de non querer ceder moi grande. Ela tamén quere ó teu can, e por ti nunca o botaría da casa. Pero home, cede ti tamén, como xa che dixen estes días. Senón corres o risco, como dixo algúen noutro comentario, que te quedes composta sen moza. Iso si co can para ti soíño. Non sxas terco e egoísta. Se tedes un problema para ceder nesta cousa, pois non ceh quero nin contar noutras cousas entón.
Imaxínate cando teñades fillos, que sei que vos gustan ós dous. ¿Durmiría na cuna con el? ¿Durmiría na mesma habitación cun rapaz pequeno?
Os fillos cando medran durmen cada un na súa habitación e non cos pais, porque incluso é malo para o seu desenvolvemento como persoas se o fixesen. Pero porque non durman cos pais, estes non os deixan de querer. E non digo nada cando se independizan....
Así que razona un poco Miguel e non sexas tan cuadriculado. E perdoa se o que che estou a dicir che parece mal, pero creo que non te estás portando nada ben con Isa nesta apartado. Ela está toliña por ti, pero neste apartado non vai ceder mais, e pareceme correcto. Non ten que ceder so ela.
Pensa e reflexiona, porque coñecendo a Isa, como a situación siga así, acabará rompendo contigo. E doeríame moito polos dous.
Carpe Diem,
Julio
P.D.: POlo ben destes dous amigos, seguide opinando por favor.
Publicar un comentario