domingo, 25 de marzo de 2007

** De regreso de Lisboa

Xa estamos de volta!!! Antes de nada, gracias a tod@s por continuar visitándome. Xa vos botaba moito de menos. E como o prometido é deuda, nos próximos días ireivos contando o que deron de si as miñas minivacacións en Lisboa. Dádeme tempo para redactar todo. Posiblemente sexan 6 entregas: 4 do diario, unha de conclusión final e outra máis de sorpresa...O título xa está decidido: "Lisoba: entre a terceira e a sexta feira", xa que estiven alí entre o martes e o venres desta semana.


Noutra orde de cousas, gracias a Juanjo por informarnos de que a Lareira Máxica saiu nomeada nun artigo no Diario de Pontevedra. Algo que me fixo moita ilusión. Gracias Carmen G. de Burgos. Lin o artigo no enlace que nos facilitou en El rincón de la Veiga, outro blog feito en Sanxenxo. No artigo fala,a parte dos blogs dos partidos políticos, doutros 6 blogs, entre eles éste. Aparece xusto despois do subliñado da imaxe seguinte. Para ver ben a imaxe, como sempre, facede doble click sobre ela e agrandarase.

Por certo, falando de Sanxenxo, atopeime coa desagradable sorpresa de que o Blog de Sanxenxo pechou, se ben creo que un novo blog deu á luz. Cousas da vida. Tamén aproveito para da-la benvida ás novas persoas que nos visitan, entre eles Noly. Por suposto que o seguirei actualizando Noly. Ó mellor non tódolos días, pero varias veces á semana seguro. Gracias por visitarnos e agardamos a túa colaboración. Quero que este blog sexa de todos.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Juan José Portela dixo...

Benvido julio, noraboa pola salida na prensa.
Gustaríame seguir co blog de sanxenxo, pero estou un pouco farto de opinar moitas cousas para ó vento ó para que se entreteñan outros, así pois o din de baixa o blog.

Houbo outra persoa que o volveo a dar de alta e chamase hjgfhihoqhoho, seica, disque e polo visto.

A mín con entrar na lareira maxica de vez en cando chegame, un saudo para todos.