sábado, 30 de xuño de 2007

** "Google como procesador de textos"


A cabo de descubrir unha función moi interesante de Google que non coñecía: unha vez conectados a Google, se pinchades en "más", aparece unha serie de utilidades. Pinchando en "Docs y hojas de cálculo" tedes acceso a un procesador de textos e unha folla de cálculo moi completos que permiten ademáis gardar en liña os documentos para acceder a eles desde calquera ordenador, facilitando a compartición destes documentos con terceiras persoas e por suposto descargalos ao propio ordenador onde estás traballando nos formatos Word, Openoffice, RTF, PDF e HTML, polo que respeta aos documentos de texto.



ARTIGO REMITIDO POR: Drosophyllum
Colaborador de A Lareira Máxica

** O Recuncho Literario........Mario Benedetti

Dale vida a los sueños"

"Dale vida a los sueños que alimentan el alma,
no los confundas nunca con realidades vanas.
Y aunque tu mente sienta necesidad, humana,
de conseguir las metas y de escalar montañas,
nunca rompas tus sueños, porque matas el alma.

Dale vida a tus sueños aunque te llamen loco,
no los dejes que mueran de hastío, poco a poco,
no les rompas las alas, que son de fantasía,
y déjalos que vuelen contigo en compañía.

Dale vida a tus sueños y, con ellos volando,
tocarás las estrellas y el viento, susurrando,
te contará secretos que para ti ha guardado
y sentirás el cuerpo con caricias, bañado,
del alma que despierta para estar a tu lado.

Dale vida a los sueños que tienes escondidos,
descubrirás que puedes vivir estos momentos
con los ojos abiertos y los miedos dormidos,
con los ojos cerrados y los sueños despierto.



Poema de Mario Benedetti



REMITIDO POR: Mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

venres, 29 de xuño de 2007

** Entre hipotecas, praias e vixiantes.......

Nesta vida tamén nos temos que rir ata de cousas que son moi serias, porque ás veces non nos queda outra que tomalo con "humor". E xa que estamos no verán pois que mellor que facer unha mezcla entre praias, vixiantes e hipotecas (unha das grandes preocupacións da sociedade). Agardemos que non suban moito máis que senón nin os nosos netos a poderán pagar....

NOTA: XA SABEDES PARA VER A IMAXE PREMEDE SOBRE ELA E AGRANDARASE (A FOTO, EH!!!)

** A Lareira Máxica visitada a nivel mundial!!!!!!


D esde finais de octubre de 2006 as visitas que recibimos en A Lareira Máxica foron dos países que se indican na seguinte foto. Como sempre premede nela para que se vexa máis grande. As visitas de maio a octubre de 2006 descoñezo de que países foron, xa que este contador en forma de mapa coloqueino en octubre.

Impresiona non solo ver visitas de tantos países a un blog como éste, senón ver que hai visitantes fieles de varios países. Entre eles quixera destacar dous lugares: Suiza e Grass Valley (California- EE.UU:). Pero as vistias veñen de máis lugares como ben podedes apreciar. A tod@s moitas gracias polas vosas visitas. E a seguir visitándonos!!!!

Tamén hai outro contador ó principio do blog que amosa as bandeiras dos diferentes países que nos visiten e o número de visitas en línea nese intre e o total acumulado. Este outro contador está posto desde decembro de 2006.

Carpe Diem
Julio

** A Frase Máxica........¿que opinades do que di?

“ En certo sentido, o fracaso é o camiño ó éxito, xa que cada descubrimento do que é falso lévanos a buscar con ansia o que é verdadeiro, e cada nova experiencia sinálanos algunha forma de erro que máis adiante evitaremos con sumo coidado”



John Keats

** Crónica dunha morte impersoal inesperada.....

O meu monitor antigo morreu, finou, dixo basta, ata aqui cheguei, xubílome, paso a "mellor vida", non podo máis,... e esvaeceuse na U.V.I. do servicio técnico de SAMSUG. Digo a marca para que tomedes nota. O modelo en cuestión era un TFT 172V. Tras case catro anos dixome adeus. Si, adeus. Onte comunícabanme do Servicio Técnico que a pantalla tiña un problema eléctrico e era preciso cambiar todo o panel completo. A "broma" ía acompañada dun presuposto de reparación de 521 euros.... E custárama xa hai case catro anos menos de 400. Ante tal panorama desolador non tiven máis remedio que renunciar á súa reparación e a aboar os 12 pola elaboración do presuposto. Hoxe, por sorte, os monitores TFT de 17 pulgadas baixaron moitísimo. Por pouco máis de 100 euros fíxeme con outro doutra marca que agardo dure moitos máis anos que o seu predecesor. E, desde hoxe disfruto deste nova pantalla. E teño que adaptarme porque existen algunhas diferencias (entre elas como é un monitor flexible pois móvese algo ó tropeza na mesa)

Neste tempo de "baixa laboral" aledoume moito seguir recibindo comentarios e artigos vosos. Os comentarios xa os publiquei desde un ciber. Os artigos ireinos subindo nos vindeiros días. Gracias por estar aí, visitar o blog e participar!!

Canto ó reproductor de IMEEN tomei a decisión de suprimir a metade das cancións que había (máis de 320), xa que so duraban 30 segundos. Varias veces ó mes, IMEEM limita as cancións que antes se podían escoitar enteiras a so 30 segundos. So che permite escoitalas enteiras se as mercas. E como que non.... Antes de empezar a facer este post eliminara 135 e agora tiven que eliminar unhas 20-25 máis. Xa so quedan puco máis de 150 que se poidan escoitar enteiras sen problemas. En poucas semanas posiblemente me vexa obrigado a retirar este reproductor de música. Se non atopo algún que me convenza (teño que ver un par deles que me aconsellástedes) pois o blog podería quedarse sen música de fondo. Aínda así podería escoitarse a música on line se clickades nos enlaces das emisoras de radion online (salvo que llo prohíba a SGAE).

martes, 26 de xuño de 2007

** Monitor do PC en reparación

TEÑO O PC EN REPARACIÓN. O MONITOR ESTÁ ESTROPEADO. Menos mal que entrei nun ciber. So puxen os últimos comentarios. Teño varios artigos vosos pendientes de publicar. Espero que para a fin de semana xa me entreguen o monitor. Paciencia. Un saúdo a tod@s.

Julio

venres, 22 de xuño de 2007

** Problemas co PC

ESTOU TENDO PROBLEMAS CO PC PARA ACENDELO, ¿Monitor? ¿Tarxeta gráfica?. Na pantalla so vexo raias verticais de colores, pero impídenme ver o escritorio. POLO QUE SE NESTES DIAS NON POÑO NADA XA SABEDES O MOTIVO. PARA A SEMANA ESPERO QUE SE SOLUCIONE TODO.

POR CERTO, SE ALGUEN COÑECE UN REPRODUCTOR DE MUSICA PARA POÑER NO BLOG QUE FALE AGORA OU QUE CALE POR SEMPRE. O ACTUAL LIMITAME MAIS DA METADE DAS CANCIONS A SO 30 SEGUNDOS.....

xoves, 21 de xuño de 2007

** Unha nova sección nos enlaces e 5 vínculos +

D esde hoxe temos 5 novos enlaces ou vínculos neste blog, algúns deles foron propostas vosas, as cales me parecen moi interesantes. Sabedes que me podedes remitir aqueles que consideredes interesantes e útiles para tod@s.

Os novos enlaces son:
- Na Sección de Viaxes: Atrapalo.com
- Créase unha nova sección: Servicios Sociais. Nel inclúese, polo de agora, catro webs relacionadas cos temas sociais: bibir.org (O.N.G.), traballosocial.com (web dos traballadores sociais de Galicia con documentación social), benestargaliza.org e igualdadebenestar.org, as dúas últimas da Xunta de Galicia e nas que podedes atopar información sobre a lei da dependencia e outras cuestións sociais.

** A Frase Máxica.... Cousas miñas??

"Unha persoa non é máis que alguén nin menos que ninguén. Trabucado está o que pensa ó contrario"



Julio Torres

mércores, 20 de xuño de 2007

** A Frase Máxica......A pensar un pouco tod@s

"Un home sabio sempre pensa o que di e nunca di o que pensa"
(Aristóteles)

martes, 19 de xuño de 2007

** ¿Cales cres que son as 7 marabillas de Galicia?

Falaba María o venres no seu artigo que ata o de agora hai 7 marabillas no mundo, pero que como algunhas xa están desfasadas se están elixindo as 7 novas. Hoxe imos un pouco máis alá. Nós que estamos en Galicia, temos moitos lugares e monumentos moi bonitos. Entón ¿por que non elixir as 7 marabillas galegas? Creo que tamén temos cousas moi boas. Así que entre todos imos dicir as 7 que cada un/unha cre que son as mellores. Poñedeas nos comentarios.
As miñas estívenas pensando e finalmente decidín éstas (custoume deixar algunhas):

- A Catedral de Santiago de Compostela
- A Muralla Romana de Lugo
- A Torre de Hércules (Coruña)
- As Dunas de Corrubedo (Ribeira)
- A Praia das Catedrais (Foz)
- A Ponte de Rande (Vigo)
- As Burgas (termas) de Ourense

Agardo as vosas 7 nos comentarios. Permanecerá aberta a votación ata o 30 de xuño inclusive.

** A Frase Máxica.....Que sorte vos dé!!!

“Moitas veces os homes quéixanse pola súa sorte, e non se dan conta que son eles os que crean a súa propia sorte”



Johana Karolina

luns, 18 de xuño de 2007

** Tamén hai humor sen palabras...¿Que opinas?



** A Frase Máxica.......de Cervantes

"Poucas veces se cumpre coa ambición que non sexa con dano de terceiros"
(Cervantes)

sábado, 16 de xuño de 2007

** A Frase Simpática --> cuestión de vista?

"Se o amor é cego, ¿por que ten tanto éxito a roupa interior sexy?"

venres, 15 de xuño de 2007

** A Alhambra de Granada opta a ser MARABILLA

O 7 do 7 do 2007 non só é unha data máxica, senón tamén o día no que os españois poden facer, unha vez máis, historia. Ese día un monumento patrimonio dos españois pode pasar a formar parte do patrimonio da humanidade porque o vindeiro 7 de xullo a Alhambra de Granada pode converterse nunha das 7 marabillas do mundo.

Posto que das 7 marabillas orixinais (os xardíns colgantes de Babilonia, o templo de Artemisa en Éfeso, a estatua de Zeus en Olimpia, o sepulcro do Mausoleo en Halicarnaso, o coloso de Rodas, o faro de Alexandría e as pirámides de Giza) consideradas como tal polos helenos, só unha permanece (as pirámides de Giza) era hora de elexir as novas. ...--->Ve-lo Artigo completo....


E que a Alhambra é unha marabilla, ninguén o dubida, pero o desexado agora sería que entrase a formar parte das sete mellores e para que iso aconteza, todos podemos poñer o noso graíño de area votando dende a páxina oficial (www.n7w.com.). As miñas razóns para votar son un tanto egoístas posto que poida que no que me resta de vida non chegue a visitar ningunha das outras seis, así que, polo menos poder dicir que estiven nunha delas.

O certo é que, bromas a parte, o castelo vermello, como se coñece á Alhambra grazas ó matiz de arcilla coa que está construída, compite con lugares tan asombrosos como a gran muralla china , o Partenon , o coliseo romano ou o Taj Mahal. Pero tamén con outros fácilmente superables como a estatua da liberdade ou a torre Eiffel, que, con tódolos meus respectos para eles, distan moito da altura arquitectónica e paisaxística que constitúe ese paraíso árabe que é a Alhambra.

Por algo o sr.Clinton quedou abraiado con ela. O mesmo me aconteceu a min cando no ano 92 descrubrín esta marabilla celestial en plena terra.
A Alhambra é un lugar digno de ser visitado. O patio dos leóns, o patio da acequia do xeneralife coroado de flores ou a mesma vista de Granada dende a Alhambra permanecerán xa para sempre na miña retina.

Así que xa sabedes, se estades de acordo comigo e queredes votar para que o próximo mes se convirta nunha das 7 marabillas do novo mundo, podedes facelo dende www.n7w.com



ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....cuestión de tempo e paciencia

" Confía no tempo: é o máis sabio de todos os conselleiros”
(Plutarco)

mércores, 13 de xuño de 2007

** ¿Temos unha hipoteca ou un alien extraterrestre?

A viñeta que acompaña este pequeno artigo remitiume un bo amigo meu. Co gallo de ver esta viñeta ocurriúseme que ata o de agora nunca falara do acceso á primeira vivenda. Vou facelo hoxe,de forma sucinta pero clara e contundente. Non descubro América se digo que as hipotecas dos pisos están polas nubes. Para a nosa desgracia. Pero isto promete....ir a peor. Quero dicir: subindo. Porque nesta vida non todo o que sube baixa (ou polo menos non ten porqué), como xa dixen noutra ocasión cando falei do tema dos carburantes e da Lei de Newton.

Ó ritmo que vai a vida. non remataremos de pagar as nosas hipotecas nós, senón os nosos fill@ con sorte, con bastante sorte. Parece unha barbaridade o que estou a dicir, pero xa hai quen bautizou esta nova forma de hipoteca. Non me lembro agora como a chaman. O de menos é o nome. O grave é que os soldos suben menos que o precios dos pisos, e o euríbor (que incide nas hipotecas) non para de subir (xa podía baixar o condenado, que se vai caer un día destes de tan alto que sube. Oxalá se caia e non se levante máis oh!). Iso si, as inmobiliarias e as constructoras non paran de enriquecerse co precio dos pisos tan caros como poñen. Non hai dereito!!!!!

Considero que o da vivenda é, xunto co emprego, un dos pricipais problemas que temos en España. Ou polo menos que máis nos preocupan. E vós, ¿que opinades sobre o tema da vivenda?. Admítense proposta e suxerencias. A ver se nos escoitan dunha vez e se soluciona este problema, que xa é hora!!!!



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....Cuestión de ser ou aparentar?

" Existen dúas maneiras de ser feliz nesta vida, unha é facerse o idiota e a outra é selo"
(Sigmund Freud)

martes, 12 de xuño de 2007

** Paranoia filosófica espontánea sobre o aprender

Na vida tod@s estamos aprendendo cada día. O que non o admita ou está equivocado ou vaise equivocar porque non sabe o que di. De tódalas persoas que coñecemos temos que sacar o mellor que teñen e gardalo para logo telo en conta nós no noso día a día. Tod@s temos algo que nos fai únicos e todos temos algo bo. So hai que saber velo. O malo, claro está, hai que desbotalo. E sae isto a colación dun diálogo que tiña cun amigo e cunha amiga hoxe. Un deles dicía que hai xente da que nada se pode aprender. Eu creo que incluso da máis mala se aprende (aínda que, nos peores casos, so sexa a non facer as cousas que ela fai). Hai que tratar de aprender algo cada día. O que non trata de aprender algo novo creo que se trabuca. Ata o máis sabios aprenden cousas cada día. Aínda que creo que o saber ocupa lugar, porque en algún lado se gardará digo eu. Pero en fin, iso xa son outras disquisicións... O importante é sentir a necesidade de aprender cada día. E, baixo o meu punto de vista, da xente que nos rodea ou coas que nos relacionamos a diario deberiamos copiar as cousas boas que teñen porque, e insisto, si que as teñen. Evidentemente, de todo hai nesta vida. Pero polo xeral coido que é así.... ¿Explícome?. Hoxe síntome algo filosófico, recoñézoo. Sí. Son aprendiz de Aristóteles ou de Platón. Quizás un mal aprendiz. Quen sabe. Huy, isto de facer de Aristóteles ou de Platón non sei se será o meu. Je, je!!!

E falando de aprendiz vouvos poñer un vídeo musical de Malú. Títúlase "Aprendiz". Neste caso céntrase so no tema do amor e dos desenganos. Xa sei que non é o caso que nos ocupa, pero como é unha canción das que "falan" como acostumo a dicir, pois aí vos vai.





Artigo de: Julio
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....unhas cantas para opinar

:: "O amor é como o fogo, ven antes o fume os que están fóra, que as chamas os que están dentro" (Jacinto Benavente)
:: "O amor é como a salsa maionesa: cando se corta, hai que tiralo e empezar outro novo” (Enrique Jardiel Poncela)
:: "O tempo é unha tiranía que debería ser abolida” (Eugenio Jolás)
:: “O tempo cura as penas e as inxurias porque todos cambiamos e deixamos de ser a mesma persoa: nin o ofensor nin o ofendido son o mesmo” (Pascal)
:: “O liderazgo é unha oportunidade de servir, non de lucirse” (J. Donald Walters)

luns, 11 de xuño de 2007

** De blogs por Sanxenxo, con opinión e con humor

Sanxenxo tamén se subiu a moda dos blogs. Non é algo novo pois xa falamos aquí o 25 de marzo de 2007, a raíz dun artigo publicado en O Diario de Pontevedra adicado ós blogs de Sanxenxo, e no que se fala entre outros de A Lareira Máxica.

É certo que, polo de agora non ha moitos blogs en Sanxenxo. Tempo ó tempo que todo chegará. Pero hoxe quixera centrarme en dous blogs. Dos dous tedes enlaces desde A Lareira Máxica, case ó final da sidebar ou columna lateral de A.L.M. Un é o Blog de Sanxenxo, de Juanjo (JJ Portela), tamén colaborador de A Lareira Máxica. Logo dunha tempada de asueto, regresa co seu blog. Polo de agora está en fase de reconstrucción, pero irá medrando. Juanjo adiántanos que abrirá a súa páxina a máis temas que antes. Ata agora a opinión e a política eran os seus ingredientes fundamentais. Agora non serán a única temática según nos adiantou o outro día nun comentario en A Lareira Máxica: "vuelve con una nueva imagen y otro estilo, más moderno y no tan político, aunque siempre mantendrá su carácter crítico, eso está claro". E para principiar ilustra o seu primeiro artigo cunha personaxe que a min me encanta. Sae en O Faro de Vigo: é Floreano, o personaxe das viñetas de humor de Gogue. Moita sorte nesta nova andaina para o Blog de Sanxenxo. ...--->Ve-lo Artigo completo....


O segundo dos blogs ó que antes me refería é El rincón de la Veiga, un blog escrito en clave de humor. Zebedeo e Rober coordinan esta páxina tan imprevisible como cachonda. E non o digo pola ventana emerxente que, nas últimas semanas, se abre ó acceder a El Rincón de la Veiga... Mira que esta xente xa non sabe o que facer para atraer visitantes e patrocinadores... Je,je, perdón polo vacile rapaces!! pero a ver se nos explican o motivo desta ventana X...Polo demais o blog é un blog distendido e no que todo ten cabida, pero cunha sólida base de humor ou ironía, como elemento claramente distintivo. Ou iso interpreto eu. Está ben. Que o humor é moi importante nesta vida, porque como xa vos teño dito hai un estudio de non sei quen que di que 5 minutos de risa equivalen a 45 minutos de exercicio físico. Pois nada, a visitar 5 minutos El Rincón de la Veiga ou senón a correr un pouquiño....Vós mesm@s.

A Juanjo, Rober, Zebedeo e a todos os que fan posible O blog de Sanxenxo e o de El Rincón de la Veiga, un saúdo moi grande e a seguir crenado un oco de opinión. E se é con humor, pois mellor.....



Artigo elaborado por: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** Chanquete: un expediente X aberto?

H ai uns meses atopei esta viñeta de humor gráfico no xornal Faro de Vigo. Publicábase no medio de manifestacións por aquí e manifestación por alá. Se, ás veces calquera motivo é bo con tal de dar a lata... Pois o debuxante humorístico -Javier Aguilera- fíxose eco disto para plasmalo nunha viñeta súa. E como Verano Azul é un tema moi recurrente (ou mellor unha serie moi repetida no seu momento) pois qué mellor que tentar aclarar unha morte (bastante clara por certo). Éche o que hai....Sempre haberá alguén que lle bote a culpa de que unha gaivota lle cague encima a calquera menos a quen ten a culpa...Se nunca chove a gusto de todos.....
NOTA: PREMEDE NA VIÑETA PARA AGRANDAR A IMAXE

** A Frase Máxica......¿un precio xusto?


" A soidade é o prezo da liberdade"



(Carmen Díez de Ribera)

sábado, 9 de xuño de 2007

** O gato está triste e azul: 2. "Mimosín Caricias"

- O gato está triste e azul, gordo, e por riba, respira con dificultade.
-Vai haber que capalo.

Non vos estrañedes, onde eu vivo, ós gatos con tendencias fuxitivas, é dicir, demasiado fogosos, logo lle aplican a cirurxía, amputación, baixo anestesia, eso si, É un método terapéutico drástico, abofé que si, córtase polo san. Como todo nesta vida, ten que ter as súas avantaxes e as súas desvantaxes. Pois, os gatos aplácanse e non sei si vivirán mellor, pero si están máis tranquilos. O tema da calidade de vida dos felinos domésticos é tan complexo que tiven que adicarlle moitas horas de reflexión, qué fará máis feliz a un gato gordo, un prato cheo de sardinillas Rianxeira ou unha femia disposta, (podedes opinar). Dado que o autor deste relato son eu, recórdovos que estamos ante o caso dun gato con tendencias bulímicas, de aí a súa obesidade, e alérxico ó polen a tratamento con un antihistamínico que lle provoca un gran aumento do apetito. Os instintos son os instintos, depende, todo depende. Tiven gatos, nos seus encontros amorosos a femia é quen decide cando e con quen. Non sei si saberedes que o pene dos gatos ten unha especie de púas, de verdade, eu tamén quedei pasmado cando me enterei, obviamente, esta particularidade da anatomía do macho á femia prodúcelle molestias, pois, pese a todo, fan o acto un montón de veces, elas son incansables, eles tamén.

O meu caso é peor, polo menos, máis delicado. Todo empezou pola miña culpa, deixeime levar, pensei que “si” e foi que “non”. Non se lle poden pedir peras ó olmo, é así de sinxelo. O olmo da sombra no verán, e se me apurades, leña no inverno, pero peras nunca, nin sequera unhas míseras landras, castañas tampouco. Sábeo todo Díos. Eu tamén o tiña oído, pero, coma sempre, non me chegou con oílo, tiven que experimentalo. Cómo ía a lembrar o conto do olmo, era case imposible, estaba cego, atoleirado, sentíame gato, gato gordo, gato a fin de contas. Ela non me elixeu.

Como as desgracias nunca veñen soas, despois pasoume o que me pasou. O mal de amores xa era bastante fastidiado pero o outro tema..., pequeno Yo sempre tan disposto e agora... ¡unha somatización!, claro. Nembargantes, eu tamén teño as miñas dúbidas, o mal de pequeno Yo inda pode ser algo vírico, dígovolo eu. O outro día, vindo de traballar, escoitei na radio o caso dun fulano que estaba coma min, completamente desganado, e mellorou tomando un medicamento, si, xa me lembro, tomou Energisil. A muller que o contaba estaba encantada, pareceume outra incansable. Non podo evitalo, a industria farmacéutica prodúceme receo, anuncian o Frenadol na tele e toda a poboación pilla a gripe, non sei..., o mesmo pasa coa Lizipaina, so que neste caso doe a gorxa. Con estas lerias pasei un par de semanas moi preocupado, pequeno Yo seguía sen reaccionar e eu xa non sabía qué facer cando, unha maña de domingo, atopei no xornal un anuncio interesante “Maxia negra, gran profesor Txupa-kar-tuzz, soluciona todos os problemas”. Quíxenme asegurar antes de ir a consulta:

-¿De verdade, de verdade soluciona vostede todos os problemas?
-Sí todos. Primer día traer 50 euros.
-Conte comigo señor Txupa-kar-tuzz.

Esa mesma tarde visitei ó profesor. Encontroume mal, moi mal, seica necesitaba unha boa limpeza, andaba con moita enerxía negativa, moi mal karma. Díxome que me facía falla unha renovación interior. Como non tiña 200 euros, e o bruxo non aceptaba tarxetas, a limpeza quedou pendente para o seguinte domingo. Luns conteille todo a Juanjito.

- Estás tolo Alvariño, para qué lle vas pagar ó Txupa ese. Vaiche boa, non sexas impulsivo e déixame a min. Xa está, non se fale máis, xa me encargo eu de contarlle o teu problema a Anita, a mulata que traballa no club “As sereas”, seica é filla dunha santeira e xa verás como coñece algún remedio para o teu problema.

Ós poucos días chegou Juanjito coa nova, Anita xa lle dera a solución para o mal de pequeno Yo. Acordamos poñer en práctica o remedio o venres pola noite. Juanjito dixérame que o esperara na miña casa. Inda non deran as 12 cando se presentou na porta cunha bolsa do Alcampo nunha man e outra máis pequena, da perfumería Yves Rocher, na outra.

-¿Qué traes aí?-preguntáralle ansioso.
-Non sexas curioso Alvariño e tira para o cuarto de baño.

Juanjito deixou que a bañeira se enchera ata a metade, logo sacou da bolsa do Alcampo unha botella de lixivia Neutrex Futura e verteu un chisco na auga, despois sacou da outra bolsa unhas cantas follas de loureiro, dous dentes de allo, unha rama de perexil e unha ramiña de oliveira.

-Xa está Alvariño, agora teste que lavar nesta auga e cando remates, volves a encher o baño, pero desta volta, en vez de lixivia, bótaslle un chorro deste suavizante -dixérame Juanjito mentres sacaba unha botella Mimosín Caricias da bolsa do Alcampo.
- ¿Lavo tamén a cabeza Juanjito?-preguntáralle eu.
-Sí, tamén, fai como che digo e xa está. Logo temos que ir ó club que Anita seica che vai rematar o traballo. ¡Veña, báñate xa!

Laveime un pouco impresionado, eso si, que era a primeira vez que confiaba na maxia cubana para resolver os meus problemas. Naqueles momentos aínda ignoraba o poder de Anita, porque Anita ten poder, moito poder, pero moito, moito, moitísimo. Aquela noite curou a pequeño Yo e xa nunca máis me volvín a sentir gato gordo, nin me volvín a fixar nos anuncios da radio. Anita fíxome un milagre por 100 euros, os outros 100 gastoumos Juanjito en copas. En fin, aforrar non aforrei nada, pero valeu a pena, si señor, da gusto saber gastar, como me gusta ser un consumidor concienciado e responsable. Aquela noite solucionei parte dos meus problemas, pero aínda me quedaba o peor deles, Rosa. Anita díxome que este problema tiña que solucionalo eu, pero que contara con ela, que me ía apoiar. E así foi como, moi o meu pesar, gardei os recordos de Rosa na carpeta dos amores imposibles e logo arreboleina para riba do roupeiro para non tela ó alcance da vista.


Alvariño Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons




Relato elaborado por: Alvariño
Gran Colaborador de A Lareira Máxica

** Novidades en A Lareira Máxica

Como me gusta cumprir o que prometo, pois desde esta fin de semana podedes disfrutar de novos elementos en A Lareira Máxica. Algúns poida que xa vos decatarades duns cadros novos que puxen na sidebar ou columna da esqquerda. En cada un destes cadros puxen os titulares de diversos periódicos. Non de todo, porque non todos permiten esta posibilidade. De momento tedes os titulares máis relevantes dos xornais: LA OPINIÓN, EL PAÍS, EL MUNDO, 20 MINUTOS, ADN, SPORT E VIEIROS. Puxen cada cadro de diveros colores para que asociedes as cores e o formato co voso xornal preferido. Na marxe dereita de cada cadro tedes unha barra lateral que vos permitirá movernos para ver outros titulales ocultos no propio cadro.

No tocante ó reproductor de Imeen, estame dando moitos problemas. ¿Que pasa? Pois que me limita as cancións a 30 segundos, polo que eliminei as que me limitaba. Subín outras. E cada pouco voltame a eliminar cancións. Debe ter unha lista negra. Por este motivo, pode acontecer que ou ben opte por deixar as cancións de 30 segundos (para máis imeen quere que paguemos) ou quitalo reproductor, o cal me vai doer moito porque sufrín o meu para atopar un bo reproductor de música para o blog. Sempre quixen que o blog tivera música de fondo namentres se navegaba por el para facer a visita máis amena e entretida.

Por último, tamén puxen novos vídeos musicais. Había tempo que non os renovaba. Dentro deles destacan os novos traballos dos reaparecidos grupos La Guardia e Olé Olé, así como o doutro que me encanta: El mentón de Fogarty.

Agardo que vos gusten as novidades. Por certo: ¿GÚSTANVOS AS NOVIDADES? Haberá máis pouco a pouco. Algunhas afectarán e potenciarán os contidos dos artigos de A Lareira Máxica. E, por suposto, conto coa vosa participación. A Lareira Máxica retoma a súa normalidade.

Carpe Diem

luns, 4 de xuño de 2007

** Tanto cambio de tempo está claro que non é bo...

E claro que non é bo. Hoxe chove, mañán fai un día radiante de praia, pero é que pasado mañán parece que voltara o inverno e dous días despois estamos no Carible e así nos últimos meses. E como un non é de pedra, pois a farinxite colleuno. E non e un nome de muller precisamente. Oxalá!! Que aínda que fose un nome horribulus pois estaría moitísimo mellor que súa colega da saúde...

En fin que teño unha faranxite e apenas podo falar. Ademais teño aínda febre e o resto dos síntomas propios dunha gripe ou dunha farinxite. Mellor non mentalos. Agardo rescuperarme nos vindeiros días, pero collina "boa"...

Así que ós que me estades chamando por telephone, velaí tedes o motivo polo que non vos podo coller. Gracias e perdón porque non podo falar gran cousa. Como o odio!!! E tampouco estou de humor para estar diante do pc.


P.D: A ver se o tempo se aclara dunha vez e non xoga ó escondite cada dous por tres.

venres, 1 de xuño de 2007

** O retorno dos Olé Olé .....¿un acerto ou un erro?

Olé Olé é un dos grupos españoles máis famosos e un dos meus favoritos. Xurdiu no ano 1982 e desfíxose en 1993. Na súa primeira etapa a súa cantante foi Vichy Larraz. Dos seus beizos puideoms escoitar temas musicais tan inesquecibles como "No Controles" ou "Voy a mil". Logo Vicky optou por cantar en solitario (chegou a representar a España no Festival de Eurovisión co tema "Bravo Samurai" no ano 1987), e os Olé Olé apostaron a finais dos 80 por unha tal Marta Sánchez, daquela descoñecida. "Lili Marlen", "Soldados del Amor" ou "Con solo una mirada" foron algunha das cancións famosas desta segunda etapa, sen dúbida a máis lembrada deste grupo.

Houbo unha terceira etapa, logo de que marchara do grupo Martiña para emprendar a súa propia carreira (hoxe aínda triunfa, a diferencia de Vicky Larraz que xa non). Nesta terceira etapa outra cantante foi a vocalista. Seleccionará nun casting. A elixida foi a canaria Sonia del Rosario Santana(¿será familair da tamén canaria Raquel del Rosario, de "El Sueño de Morfeo"?), pero que pasou practicamente desapercibida baixo o meu punto de vista. E iso que a súa canción "No mueras posibilidad" gustoume.

14 anos despois, voltan. A idea era ter volto tódolos compoñentes que botaran a andar ó grupo: catro máis Vicky Larraz. Pero desavenencias de última hora, deron ó traste con esta fermosa idea dun regreso mitómano. So dous dos seus compeñentes orixarios voltaron: Gustavo Montesano (único que permaneceu nas tres etapas anteriores) e Luis Carlos Esteban. E a vocalista é unha descoñecida Marta.....pero Marta Domínguez. E de novo unha canaraia. Nesta ocasión unha Miss Tenerife que renunciou -según din- ó seu título para aceptar a proposta dos Olé Olé.

Quitaron un disco que leva por título "Grandes éxitos y otras terapias de grupo". Tres son os temas novos e o resto son versións de cancións antigas.

Temas nuevos:

1- Amor de aire (Gustavo Montesano)

2- Perdidos en el mal (Luis Carlos Esteban)

3- Sol del lupanar (Marcelo Montesano)

Grandes éxitos:

4- Voy a mil

5- Adrenalina

6- Yo soy infiel

7- Pasos de mujer

8- Lili Marlen

9- Con sólo una mirada

10- Soldados del amor

11- Sola

12- No controles

Non sei cómo nin canto durará esta cuarta entrega dos Olé Olé. Particularmente penso que é unha mágoa que non tivese voltado Vicky Larraz. Que non sexa ela senón unha cantante de 20 anos, pois non é o mesmo. Máis que unha retorno mesmo se podería dicir que é unha formación nova, na que permanecen dous dos compoñentes dos Olé Olé inciais. Están no seu dereito de voltar, o que non me parece tan ben e que versionen as súas cancións de sempre, as que os fixeron famosos. Non por nada, senón porque non deixa de ser unha violación do seu propio recordo. Polo menos para min. Entendo que é lóxico que o fagan, pero coido que un disco dunha formación moi remodelada debería ser un disco enteiramente novo e non amapararse en vellos temas. Outra cousa é que nos concertos cantase eses temas famosos, pero un disco novo non poden ser so 3 cancións novas e as outras 9 versións....É unha media estafa desde o meu punto de vista.

Oxalá triunfen de novo e non sexa flor de un día, pero dame que non van durar moito. Deixovos un vídeo da súa nova canción "Amor de Aire" que non está nada mal, outro dunha remezcla dos seus éxitos. En todos eles canta Marta Domínguez.



** "Amor de aire" (Con Marta Domínguez)


** Medley (con Marta Domínguez)




Para os nostálxicos, coma un servidor, tamén vos deixo os vídeos de:

** "No Controles" (Olé Olé. Cantante: Vicky Larraz). Actuación no programa de TVE Estudio Abierto no ano 1983


** "Bravo Samurai" (Vicky Larraz en solitario. Ano 1987, representando a España no Festival da OTI)


** "Lili Marlen (Olé Olé xa con Marta Sánchez de cantante, unha actuación do ano 1987 no Un, Dos Tres)


** "Soldados del amor" (Olé Olé con Marta Sánchez. Ano 1990)



** "Desesperada" (Marta Sánchez en solitario. Ano 1993)


** "No mueras posibilidad" (Olé Olé con Sonia del Rosario. Ano 1992)



MOITA SORTE OLÉ OLE!!!! ¿un acerto ou un erro a vosa volta? Oxalá triunfedes, aínda que o vexo difícil, por desgracia. Ademais a sombra da outra Marta, a Sánchez é mo alongada. Unha petición: ¿por que non facedes un disco novo de todo? Non estaría de máis. Que manía teñen os grupos musicais e os cantantse de recopilar periodicamente e intercalar temas novos e vellos nun mesmo disco...



Artigo elaborado por: Julio
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.........Groucho Marx

"Intelixencia militar son termos contradictorios" (Groucho Marx)