mércores, 13 de xuño de 2007

** ¿Temos unha hipoteca ou un alien extraterrestre?

A viñeta que acompaña este pequeno artigo remitiume un bo amigo meu. Co gallo de ver esta viñeta ocurriúseme que ata o de agora nunca falara do acceso á primeira vivenda. Vou facelo hoxe,de forma sucinta pero clara e contundente. Non descubro América se digo que as hipotecas dos pisos están polas nubes. Para a nosa desgracia. Pero isto promete....ir a peor. Quero dicir: subindo. Porque nesta vida non todo o que sube baixa (ou polo menos non ten porqué), como xa dixen noutra ocasión cando falei do tema dos carburantes e da Lei de Newton.

Ó ritmo que vai a vida. non remataremos de pagar as nosas hipotecas nós, senón os nosos fill@ con sorte, con bastante sorte. Parece unha barbaridade o que estou a dicir, pero xa hai quen bautizou esta nova forma de hipoteca. Non me lembro agora como a chaman. O de menos é o nome. O grave é que os soldos suben menos que o precios dos pisos, e o euríbor (que incide nas hipotecas) non para de subir (xa podía baixar o condenado, que se vai caer un día destes de tan alto que sube. Oxalá se caia e non se levante máis oh!). Iso si, as inmobiliarias e as constructoras non paran de enriquecerse co precio dos pisos tan caros como poñen. Non hai dereito!!!!!

Considero que o da vivenda é, xunto co emprego, un dos pricipais problemas que temos en España. Ou polo menos que máis nos preocupan. E vós, ¿que opinades sobre o tema da vivenda?. Admítense proposta e suxerencias. A ver se nos escoitan dunha vez e se soluciona este problema, que xa é hora!!!!



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Sen comentarios, vamos que por suposto, moitos que estamos ca primeira vivenda, acabaremos de pagar de "mortos", je ou os nosos descendentes, iso sí, si acabas de pagar, ou non vas antes a calle, ou mellor, adicas a vida a pagar e non fas nada máis, nin saída, nin roupa, nin comes, nin vives, je. Así é como vexo as hipotecas.
Propostas, non sei, deberías rematar as especulacións nos terreos. Hai que darse conta, que si non podemos pagar as hipotecas, case todo o país vai a ruina e tódalas consecuencias que iso traería, miseria para todos, menos para catro ricachóns.
Creo que non debería ser tan complicado baixalas ou subir os soldos, dar subencións (pero non con "trampa")...Facilitar vivendas deshabitadas a precios diferentes.
Fan pisos e pisos e outras zonas están sen habitar, pisos que restaurados estarían xenial.
Vamos que cas hipotecas, vamos apañados.

Anónimo dixo...

Pois si, o das hipotecas é o pan noso de cada día ó que se teñen que enfrentar milleiros de españois a diario.
Pero bueno, parece ser que xa chegamos a ese punto no que se constrúe máis do que se vende, polo que moitos din que estamos ante a fin do boom imboliario. Verdade ou utopía? Non o sei, é probable que nos deixemos levar pola euforia e queiramos ver o que nos gustaría máis que o que en realidade é, pero o certo é que os expertos din iso. De tódolos xeitos, poida que as cousas empecen a asentarse un pouco, pero o que non creo eu é que os pisos vaian abaratarse.
Por certo, contábame o outro día un aluno a última modalidade en tipos de hipotecas: a hipoteca á inversa, ou invertida, ou algo así era. E trátase do que xa Julio nos dicía. As hipotecas estánse pondo a pagar a tan longo prazo, que chegará o día no que os nosos netos teñan que rematar a hipoteca que os seus avos contraeron no seu momento, por iso, ó parecer, estase a por de moda en España algo que xa funciona en moitos outros paises. A dichosa hipoteca invertida: cando chegas á hora da xubilación e se aínda che queda moito por pagar podes decidir falar co teu banco, eles valoran o piso e añaden á túa pensión un tanto por cento máis a cambio de que cando ti morras, eles quedan co piso.