** Paranoia filosófica espontánea sobre o aprender
Na vida tod@s estamos aprendendo cada día. O que non o admita ou está equivocado ou vaise equivocar porque non sabe o que di. De tódalas persoas que coñecemos temos que sacar o mellor que teñen e gardalo para logo telo en conta nós no noso día a día. Tod@s temos algo que nos fai únicos e todos temos algo bo. So hai que saber velo. O malo, claro está, hai que desbotalo. E sae isto a colación dun diálogo que tiña cun amigo e cunha amiga hoxe. Un deles dicía que hai xente da que nada se pode aprender. Eu creo que incluso da máis mala se aprende (aínda que, nos peores casos, so sexa a non facer as cousas que ela fai). Hai que tratar de aprender algo cada día. O que non trata de aprender algo novo creo que se trabuca. Ata o máis sabios aprenden cousas cada día. Aínda que creo que o saber ocupa lugar, porque en algún lado se gardará digo eu. Pero en fin, iso xa son outras disquisicións... O importante é sentir a necesidade de aprender cada día. E, baixo o meu punto de vista, da xente que nos rodea ou coas que nos relacionamos a diario deberiamos copiar as cousas boas que teñen porque, e insisto, si que as teñen. Evidentemente, de todo hai nesta vida. Pero polo xeral coido que é así.... ¿Explícome?. Hoxe síntome algo filosófico, recoñézoo. Sí. Son aprendiz de Aristóteles ou de Platón. Quizás un mal aprendiz. Quen sabe. Huy, isto de facer de Aristóteles ou de Platón non sei se será o meu. Je, je!!!
E falando de aprendiz vouvos poñer un vídeo musical de Malú. Títúlase "Aprendiz". Neste caso céntrase so no tema do amor e dos desenganos. Xa sei que non é o caso que nos ocupa, pero como é unha canción das que "falan" como acostumo a dicir, pois aí vos vai.
Artigo de: Julio
A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Cada día é novo, coincido en que tódolos días aprendemos algo, e de toda persoa se aprende algo. Claro, hai momentos na vida que un isto non o valora, tendemos a quedar co malo, entón non ves o que aprendeches, ves que non hai nada positivo.É como a historia do vaso medio cheo ou vacío. Ante unha situación podo considerar que non aprendín porque foi negativa, e outro/a na mesma situación dirá que foi positiva porque aprendeu o que non debe facer.
Tamén creo que todos temos algo que apprtar, aínda que as veces custe atopalo.
Por natureza temos aspectos positivos e negativos, pero non somos malos, aprendemos a facer malas accións.
Tampouco creo eu que sexa cuestión de ir pola vida decidindo con quen falas ou con quen non, en base ó que che poidan aportar ou ó que poidas aprender deles. Conste que máis dunha vez me teñen dito que algúns elixen ós seus amigos en torno a esa máxima. Eu, que queredes que vos diga, os meus amigos sonos porque si, porque o paso ben con eles, porque temos cousas en común etc, pero nunca me puxen a pensar que aprendía ou deixaba de aprender cando estou con eles. Seguro que inconscientemente aprendemos moitas cousas os uns dos outros, pero tampouco creo que se trate diso. Non sei. Vós pensades que si?
Publicar un comentario