Amosando publicacións coa etiqueta personal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta personal. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de xullo de 2019

** Cousas que pasan...

O ano pasado foi un ano de perdas materiais: primeiro a do o meu correo electrónico e, pouco despois, a do número de teléfono "de toda a vida". Nada grave, pero si moi molesto, pero son cousas que pasan... Coido que se botara a lotería primitiva ata me tocaba o bote...

Con todo, o pior foi que, por un lado, estas perdas involuntarias propiciaron a de bastantes contactos telefónicos e electrónicos vinculados e, por outro,ter que cambiar o meu novo número de móbil en moitas entidades públicas. Nin vos imaxinades. Por sorte, o mal trago xa está superado. Iso si, ao principio ata tivo algún beneficio: despois de anos e anos non recibía chamadas de spam comercial no meu novo número de teléfono! Esa alegría antispam durou soamente uns meses, pero foi algo. Non todo ían ser malas novas.

Así que tede coidado e non perdades nin teléfonos nin contas de correo electrónicos.

Carpe diem

domingo, 24 de maio de 2009

** Un reencontro rexuvenecedor

Hoxe, de xeito casual, reencontreime cunha boa amiga, a cal non vía desde hai 7 anos. Nin máis nin menos. Unha moi boa amiga arousana que estivo vivindo noutro país varios anos. Hai tres voltou a Galicia co seu home e co seu fillo. Nos poucos minutos que tivemos ocasión de falar rexuvenecín en idade. Será que nos facemos vellos, será por poñernos ó día das nosas vidas ou lembrar os bos momentos vividos e os amigos comúns. "¿Non te acordas de cando unha vez...?" "Que tempos aquéles!", "¿que foi de...?" e tantas e tantas preguntas, recordos, anécdotas, preocupacións, plans ou alegrías compartidas.

Hai algunhas persoas que nos deixan unha pegada moi profunda. O desta amiga é un claro exemplo: persoa afable, simpática, divertida, que irradia optimismo, amiga dos seus amigos, que sabe escoitar, e que domina o inglés ás mil maravillas. O tempo é ouro pero non volta atrás. Hai un minuto xa é tarde, unha hora xa é moi tarde. Mágoa que non o fixese aínda que so fora unha vez na vida...Nada hai máis grato que reecontrarse con boas persoas e bos/boas amig@s, éses cos que pasarías horas e horas falando e nin te enterarías porque son como da familia.

Moralexa: CARPE DIEM (Goza de este día, aproveita o momento). Mañán é outro día, sí, pero ¿cómo será?.

mércores, 4 de febreiro de 2009

** Amigos ou bos amigos. ¿Cal é a diferencia?

Amizade. Hoxe en día o término está desvirtuado. Falamos de amigos cando ás veces so nos referimos a persoas coñecidas coas que nos levamos ben ou que son colegas, compañeiros de algo. Sobre o tema dos amigos xa falei nalgunha ocasión do blog. Quixera dar un par de apuntamentos para afondar nun tema do que unha vez dei breves pinceladas e que daquela diferenciara entre: amigos e colegas . Podería seguir sendo válida pero, tras pensalo e ver os usos que se lle dan ó termo amizade, coido que sería máis axeitado distinguir entre estas dúas clases de amigos, coas súas correspondentes características:

1- Os amigos, sen máis. Dos que son persoas coñecidas e coas que te levas ben xa sexa por ser veciños, compañeiros de traballo, de ocio, de actividades ou unha persoa coa que nalgún momento da vida compartistes algo a calquera nivel. Son persoas coas que mantés boa relación aínda que non sexa a diario. Nembargantes, nun amigo a secas non necesariamente tés a confianza asegurada. Hai quen lles chama colegas a algúns amig@s. A min o término colega non me di nada. Máis ben sóame a compañeiros de traballo ou dalgunha actividade.

2- Os bos/oas amigos/as, os de verdade: son aqueles nos que sabes que podes confiar, que sabes que o que fales con el/a se vai a quedar entre vós. Que te anima nos malos momentos, que ti animas cando el/ela o está a pasar mal. Que pasa por alto os teus defectos e se queda co teu lado bo. Un bo/a amig@ é moito máis que un simple amig@ ou un colega. Existe unha gran afinidade e/ou unha relación, polo xeral, de moito anos. Algo así como un familiar que se preocupa por ti, sen selo. Unha especie de irmán/á.

Os do grupo 1 abundan, pero son amigos sen máis, ou colegas, sen ter unha relación profunda. Os do segundo grupo son un número reducido, pero teñen un valor moito máis alto porque sabes que podes contar con eles/elas para o que faga falta. Non che van a fallar cando máis o necesites. Son aqueles/as que se lembran de ti e se preocupan sinceramente. Dunha ou doutra forma están contigo e son un apoio fundamental. Son esas persoas das que non te olvidas e que aínda que o contacto non sexa a cotío, a amistad é moito máis profunda e nada superficial. Normalmente falarías con eles/elas horas e horas e sentiríastes a gusto, moito máis que un amigo/a calquera.

En fin, esta clasificación non pretende ser dogmática, máis ben é moi simple, e ven a conto porque é moi fácil falar de amigos, pero non tanto demostrar selo. Os bos amigos demóstrano nos teus peores momentos. Apóiante incluso sabendo que te vas a equivocar. Iso si, tratan de aconsellarte, pero aínda sen facerlles caso están contigo e respetan a túa decisión. O que diciía antes: son como bos irmáns/ás.

Pretende ser este post un agradecemento para os bos amigos, aqueles que son como os anxos da garda. A tódolos meus amigos, pero en especial ós bos, vaia o meu agradecemento por soportarme nos meus momentos malos e por aconsellarme e estar conmigo cando máis o necesito. Eles e elas saben de sobra quen son estes bos/boas amigos/as. Xente que está contigo cando peor o pasas e non so cando todo vai ben. Aí é fácil arrimarse, pero os bos amigos/as fanse notar nos malos momentos, xusto cando máis o necesitas. E por iso lles dou as GRACIAS por estar aí cando máis o necesito. Era un artigo que tiña pendiente de facer porque o merecedes con creces.

GUSTARIAME QUE ME CORRIXADES E MATICEDES TODO O QUE QUEIRADES. Tedes material para iso. A miña clasificación é moi persoal e non científicia nin moito menos. ANIMÁDEVOS A PRANTEXAR A VOSA CLASIFICACIÓN. APROVEITADE TAMÉN PARA CONTAR EXPERIENCIAS DE BOS AMIGOS/AS OU TODO AQUILO QUE CONSIDEREDES OPORTUNO.

P.D.: Cando falo de amigos ou bos amigos, non me estou referindo a temas de amor. So falo de amizade en xeral. Do amor publicarei un artigo proximamente remitido por unha colaboradora e titulado "Cómo vivir un gran amor". Poderédelo ler nos próximos días o pé do lume de A Lareira Máxica.



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

martes, 21 de outubro de 2008

<> Un precio incalculable

En efecto: "no hay dinero para comprar ciertas cosas", que se diría en castelán. Os que me coñecedes xa sabedes que, a parte de xornalista, tamén son traballador social. E esta última é a profesión que exerzo na actualidade (agardo voltar ó mundo de xornalismo como colaborador). Pois ben, ser traballador social ou asistente social -anterior denominación- conleva traballar en contacto directo coa xente con problemas, prestarlle información, orientación e asesoramento, o cal constitúe para min unha tarefa moi gratificante. E non por reiterativa resulta menos gratificante. ¡¡Non!! Precisamente deste aspecto é do que quero falar hoxe. Do outro, o das funcións dun asistente social, falaremos noutra ocasión.

A miña primeira visita a domicilio que efectuei foi para ver a unha muller que vivía sola, enferma de cáncer, postrada nunha cama na súa casa. A pesar de que tiña familia, as relacións estaban tan deterioradas que a relación non existía. Tan so unha veciña a visitaba. A comida traíalla Cáritas. Se aquelas catro paredes da súa casa tentasen falar seguro que serían incapaces porque se afogarían entre un mar de bágoas.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    Pois ben, tras estar coa muller saín á rúa pensando: non me equivoquei cando escollín esta profesión. ¿Por qué? Porque no pouco tempo que estiven con ela fixo que abandonase o inferno aínda que tan so fose por un curto espacio de tempo. Aqué no que estivemos conversando. Aquél non que non se sentiu soa, na que falaba e alguén a escoitaba. Aquél na que voltou a vivir: porque vivir non so é respirar. Vivir é sentirse vivo e non morto en vida.

    Cun "moitas gracias por falar conmigo" despideuse de min. "De nada" sentenciou un servidor. Esa visita non a esquecerei na miña vida. Fíxome sentir non xa profesional, senón persoa. Iso, o de sentirse persoa, non se recompensa con nada. Non ten precio. So a felicidade que che desperta no teu interior por ter sido útil como persoa, fai que te olvides das visicitudes do día a día que pasan a un segundo plano. As veces o máis importante son as pequenas cousas da vida e o que poden representar para persoas que están privadas deses praceres por moi miúdos en insignificantes que poidan parecer. Claro que como se soe dicir: so se aprecian as cousas cando xa non as tés. E ese é o noso erro, un erro tamén humano, por certo.

    O dito: palabras,pequenos xestos ou accións nosas poden convertirse en enormes montañas para outras persoas. Unhas montañas que a acercan ó ceo virtual e te alonxan do inferno das penurias cotiáns. E é que hai certas cousas que non teñen precio. E o sentirse persoa humana, é unha delas. Non polo que é, senón polo que os nosos actos ou palabras poden representar para outras persoas. Neses intres é cando agroma a felicidade en forma de gratificación interior. Felicidade interior que te fai sentir human@. E todo iso non se paga con nada. Non ten precio.



UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

luns, 28 de abril de 2008

** Que rabia da cando...!!! TELEFÓNICA = TIMOFÓNICA

Non hai dereito a semellante tomadura de pelo. Prometín no blog Migramundo, do compañeiro internatuta e xornalista Guillermo Pardo, escribir un artigo sobre a miña desastrosa experiencia como usuario co ADSL de Telefónica. Vou tentar ser o máis claro posible no asunto que me ocupa. Espero que o consiga. Imos aló.

O servicio de ADSL que teño é de TELEFÓNICA. Máis coñecida por tod@s como TIMOFONICA. E o mote non é gratuito. Entremos en materia.

Hai dous anos que contratei o servicio. Antes tiña Wanadoo, hoxe Orange. Daquela decidín darme de baixa da compañia francesa. Logo de conseguilo, tras enviar o correspondente burofax e acudir a consumo, pasado un tempo deixei de sufrir os cobros indebidos por parte dunha compañía da cal xa me dera de baixa. foi entón cando contratei TELEFÓNICA. Grave erro.

Os problemas empezaron ó pouco. Primeiro cobrábanme as chamadas a números fixos nacionais fóra do DÚO (teléfono e internet ADSL). Durante catro meses tiven que chamar e poñer senllas reclamacións, nas que me acabaron dando a razón e devolvendo os seus cobros indebidos.

En setembro de 2006 un temporal fixo que a "acometida" do poste de teléfono, quedase mal, polo que a conexión a internet era como o río Guadiana. Agora si, agora non. E a velocidade variaba aleatoriamente. Tivéronme 8 días sen conexión. Chamei infinidade de veces. O servicio de atención ó cliente, MOI DEFICIENTE. Ou che pasaban cun teléfono e non che collían ou che cortaban a línea directamente. Así, sen miramentos nin escrúpulos. Bueno, iso segue pasando aínda hoxe. Logo chegoume a factura e cobrábanme todo. A tomarlle o pelo a outro, díxenme. E fíxenlles devolver o custe proporcional do ADSL. Faltaría máis. Non se pode cobrar un servicio que non se prestou ou se prestou deficitariamente.

E o último ven duns meses para aquí. Entre as 20 e as 24 horas aproximadamente desconéctanme de internet. TÓDOLOS DÍAS SEN EXCEPCIÓN. Ata a data aguantei. PERO TODA PACIENCIA TEN UN LÍMITE. Decidido: acudirei a CONSUMO. En teoría TIMOFÓNICA está adherida ó sistema de arbitraxe. A ver qué pasa.

Polo que investiguei en internet a práctica que fai esta compañía é a dos chamados "microcortes", ideados por un programa concebido para disuadir redes P2P. Na práctica úsase indiscriminadamente uses ou non redes P2P. Menuda gracia a dos "microcortes". ¿Que pasa non paguei acaso algunha factura e por iso me fan iso?. Non. ¿pois entonces porque estas malas mañas empresariales? Creo que é unha práctica totalmente ilegal, se ben o tentan disfrazar como un problema técnico do máis normal. ¿Por que teño que sufrir cortes reitarados e continuados no tempo e perder información ou sufrir inconvenientes se estou pagando por un servicio que debería ser universal un alto custe económico? ¿É acaso xusto? ¿Por que non se persigue EN SERIO este tipo de actuacións mafiosas por parte das empresas prestadores de internet? ¿Por que non se protexe axeitadamente ó cidadán de a pé?

A todo isto a conexión de TIMOFÓNICA págase moi cara. 39´90 máis IVA. Total 46.28 euros. Pero a relación calidade/precio non vai da man, máis ben a calidade sitúase a anos luz do precio.

Se chamas ó 1004 remítente ó teléfono do servicio técnico que non é gratuito. Algo que parece unha ESTAFA. Por lei, como veñen reclamando as asociacións de consumidores, eses teléfonos deberían ser gratuitos. ¿Por que non hai unha lei que faga cumprir todos estes atropelos ó usuario final? ¿Por que tanto interese en defender ou amparar ás grandes empresas ou a SGAE por leis e non os consumidores?

Xa me vexo, enviando outro burofax para darme de baixa de TELEFÓNICA. Ter que esperar 2 ou 3 meses para que te dean de baixa e a nova compañía te poida dar de alta. Entre WANADOO E TELEFÓNICA tiven que esperar ese tempo. E outro problema vai ser que compañía escollo desta vez. Gustaríame R, pero onde vivo en Sanxenxo non hai dita posibilidade. R so existe en Sanxenxo capital e Portonovo. O resto somos de segunda división. Xa se sabe a prestación de internet non é un servicio público senón un negocio....

ANIMO A TODA A XENTE QUE É VICTIMA DESTES ATROPELOS POLAS COMPAÑÍAS QUE PRESTAN INTERNET QUE DENUNCIEN O QUE LLES PASA EN CONSUMO. Asegúrovos que vale moi moito a pena, aínda que poida parecer todo o contrario. Como di o refrán: "un gran non fai morea, pero axuda a conseguila". Neste caso, onde di morea, hai que dicir presión social. E se non nos facemos escoitar, de nada servirá. Coas reclamacións por escrito, Consumo ten constancia e, por ende, o Goberno.

En fin, remato: estoume prantexando seriamente prescindir de internet e de teléfono fixo, e quedarme so con móbil para chamar. Así que non vos estrañedes se A Lareira Máxica un día deixa de actualizarse periodicamente...



AGRADECERÍA OS VOSOS COMENTARIOS MÁIS QUE NUNCA: opinións, consellos, relato das vosas experiencias,compañia que me recomendades (para R non teño cobertura, como xa dixen)...GRACIAS

P.D.: Recomendo que NON SE CONTRATE TELEFÓNICA. O voso bolsillo e a vosa saúde, agradecerano...Se non fas caso daraste conta que TELEFÓNICA=TIMOFÓNICA. Logo veñen as queixas. O que avisa...



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

sábado, 12 de abril de 2008

** Uns bombóns para tódolos visitantes de A Lareira Máxica

Hoxe, 12 de abril, un servidor está de santo (de día santo, quen, por desgracia, parece que non é moi coñecido. E especifico o de día, porque para o mes de Julio estarei de mes santo) e quere celebralo invitándovos a uns bombóns virtuais. Agardo que vos gusten moito. Iso si, non abusar que logo....

A entrada número 700 deste blog, tamén vai dirixida a informar sobre A Lareira Máxica -que o 1 de maio cumprirá 2 anos de vida-. Fixen algúns reaxustes. O contador xeral -de cor azul- pasa ó principio da columna dereita, namentres que o contador das visitas por países que ata agora estaba ó principio da columna esquerda, xúntase cos demais contadores pormenorizados ó final da columna dereita. Asemade desde hai uns días, ó principio do blog iravos saíndo unha frase máxica de xeito aleatorio cada vez que se carga a páxina. Deste xeito, a columna da esquerda resérvase exclusivamente para a hora, o calendario, o santoral, o tempo e enlaces de webs e blogs, namentres que traductores, feeds, música online (reproductor de IMEEN que acumula máis de 500 cancións, así como emisoras de radio online), autoría do blog, e-mail, libro de visitas, pos-its, opción de páxina de inicio de A.L.M., últimos comentarios e top de comentaristas, buscador interno, artigos publicados, fotos, vídeos,xogos, contadores de visitas.

No lado de despedidas, está a do chat de A Lareira Máxica, que nos veu acompañando desde hai bastantes meses, e que non acadou o uso esperado. Non descarto reincoporalo nun futuro. Como sempre, dependerá de vós.

Aproveito para lembrarvos que as vosas suxerencias sobre o diseño e o contido do blog serán benvidas e tidas en conta.

Carpe Diem

martes, 19 de febreiro de 2008

** A voz interior

¿Débeselle facer caso a voz interior ou é mellor mandala calar? Depende. Eu levo uns días así, dubidando. A voz interior dime que teño que buscar unha resposta. O sentido común dime que pase páxina. A voz interior dime que non, que non se pode pasar páxina. O sentido común dime que agora xa non importa nada. A voz interior non me deixa durmir. O sentido común dime “¡serás parvo!”. E así levo varias semanas. Empezo a preocuparme. Todo foi por unha tontería, asomeime ó pasado dende a ventá Google. Vale, vale, vou ser claro: tecleei un nome no buscador e devolveume unha biografía detallada. Non o debín facer, non cambia nada. Xa sabía que era unha persoa extraordinaria aínda que non coñecía certos detalles. Realmente non sei o que sinto, non sei cal é o verdadeiro motivo do meu malestar. Supoño que será unha especie de nostalxia, un estúpido desexo de pretender recuperar a maxia. Ou ó mellor nin eso, ó mellor o que realmente me gustaría é recuperar un tempo xa pasado. Síntome así, como se despois de dar mil voltas o meu destino fora o meu punto de partida. Pero, claro, este é un tema complicado de explicar e moito peor de entender. Ela podería entendelo, que para algo é unha experta en descifrar textos enrevesados. Podería, mais non creo que esté disposta. En fin, creo que non vou facer nada. Non o nego, xa me gustaría que os nosos camiños se volvesen a cruzar. Non depende de min. Non sei por qué precisamente agora me entra esta necesidade de saber a verdade, de buscar unha resposta que me foi negada hai anos. Trato de comprendela e non podo. Supoño que tomar a decisión de dinamitar un matrimonio non debe ser sinxela. Entón, por qué xogar cos sentimentos dos demais, por qué ese arrepentimento de última hora despois de exporse tanto, non o entendo. ¿Medo a perder os fillos? ¿Acomodamento? Tanta filosofía, tanta teoloxía, tanto doutoramento, tantos libros publicados, tanto falar de ética, de valores, de moral, e logo, tanta incoherencia na vida privada. ¡Manda carallo! Inda vai conseguir que aflore a miña vena preiteante e lle caia unha demanda por danos e prexuízos. Síntome víctima.
Nota: ¿Algún consello? ¿Qué faríades vos?




UN RELATO REALIZADO POR: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica

luns, 21 de xaneiro de 2008

** ¿Delirium tremens? Non, cogumelos velenosos

Teño a miña alma de blogger un pouco tocada, será que me gusta demasiado a vida real. Necesito recargar as pilas. Non sei cánto tempo me vai levar, poden ser días, poden ser semanas, un mes, un par de meses..., non teño nin idea.

Este blog é coma un tren, un tren que xamais chega a un destino concreto, un tren sempre en movemento. Algúns pasaxeiros soben e fan un longo traxecto, daquela ALM é para eles coma se fora o transiberiano ou o orient express. Outros collen o tren para facer unha viaxe curta, coma miña tía Florentina cando vai a praia a Vilagarcía no TRD. Uns disfrutan da súa primeira viaxe, outros son viaxeiros veteranos. Todos os medios de transporte teñen usuarios variopintos. Hai de todo, eso é o máis bonito. O tren da Lareira tira para diante sempre. Vaise facendo coñecido, ten usuarios asiduos, pasaxeiros que deixaron para sempre o Castromil e lle colleron gusto o seu tra-ca-tra-ca. Eu necesito descansar. Xa queda lonxe o día que me subín a este tren. Foi todo por casualidade. Na Estación de Ferrocarril de Santiago hai un parking que frecuento. Un día, cando ía recoller o meu coche oín os pitidos dun tren achegándose. Dende o alto da escalinata vino chegar. Era un tren fermoso, parecía antigo mais non fumeaba, recordoume o tren que sae ó principio da película Memorias de África. Quedei un pouco desconcertado, qué facía aquel tren en Santiago, de onde saíra, ó mellor era unha nova atracción turística e eu non me enterara. Entrei na Estación e achegueime ó anden. Sentía curiosidade, pensei que ó mellor baixaba del Meryl Streep. Dos vagóns non baixou ningún pasaxeiro. Xa se sabe, en Santiago a choiva é arte e aquel día facía sol. Soamente baixou o maquinista, recordoume a un vello coñecido meu. O tren era precioso. Sen pensalo moito subín, non sei por qué pero pensei que aquel tren tiña que pasar por Kenia. Por África non pasamos, pero fixen unha viaxe longa e bonita. Gustoume moito, coñecín xente estupenda, moi faladora. Visitamos moitos lugares, moitas cidades, pero o que máis me gustou foi que neste tren tamén se contan historias longas e fermosas. Ó primeiro escoitábaas fascinado e así que fun coñecendo ós demais pasaxeiros tamén empecei a participar nas longas veladas que se fan no vagón comedor. Paseino moi ben. Non vin a Karen Blixen, pero moitas veces sentín que o seu espírito estaba entre nós. Ultimamente atópome un pouco cansado, todo empezou cunha mala dixestión que acabou en cagarría, creo que foi por culpa duns cogumelos. Dende a indixestión sinto molestias no abdome. Teño que repoñerme, por eso decidín volver a miña casa. Onte chegamos a Roma, hoxe visitei San Pedro e ás dez da noite subín ó avión que me vai levar a Madrid. Pronto estarei en Santiago. Non sei si estarei intoxicado, pensei que xa non era capaz de escribir, alégrame comprobar o contrario. Estou malo pero creo que me vou poñer ben pronto.
Alvariño




UN RELATO DE: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica

venres, 11 de xaneiro de 2008

** Simpremente......the BOSS. Para elevar ánimos.

Como se soe dicir "ó mal tempo boa cara". Un día o Julio, o noso coordinador, (o "boss" como di María) contoume que ten un amigo que lle dixo que adoitaba poñer esta canción para levantarse polas mañáns cargado de enerxía. "Hungry heart" (Corazón hambriento"), de Bruce Springsteen. Sin dúbida boa elección a do amigo do Julio. Tomei nota e xa a teño posto de mañanciña ó erguerme, aínda que me berre Jaime, o meu home. Síntoo meu amor pero a min tamén me pon as pilas esta cancionciña deste gran cantante.
E como Bruce Springsteen é o "BOSS" en maiúsculas, e hoxe o tempo é tristón pois adicada a todas e todos para poñar boa cara e animarse.

domingo, 6 de xaneiro de 2008

** Peceiras de coiro marrón

Detesto a Papá Nöel, sóbranme os motivos. Non é de agora, o mal xa ven de vello. Hoxe pola maña estiven meditando sobre a data na que empecei a terlle tirría o “fulano” ése. Foi hai moitos anos, aínda era un cativo. Recordo que estivera vendo a tv pola tarde. Non recordo o programa, supoño que sería a típica programación do día de Noiteboa da Primeira Cadea, qué remedio, non había outra. Xa vos podedes facer unha idea. Os presentadores do “especial”, (agora que o penso, os guionistas debían ser becarios), recordáronnos toda a tarde ós cativos que tiñamos que “deixarlle os zapatos a Papá Nöel na ventá”. Eu, que era unha alma inocente, tomei o consello o pé da letra. Era un consello que viña da tele, de Madrid, seguro que os presentadores sabían do que estaban a falar.

Daquela vivía nunha casa e a miña ventá daba para o tellado do porche. Sen dicirlle nada a ningún dos meus maiores, a Juanjito tampouco, e tendo en conta que Papa Nöel era un gran descoñecido para min, decidín atendelo coas miñas mellores galas. Eu, como sempre fora máis de tratar cos reis magos quixen cumprir o mellor posible o protocolo de Laponia. Pois nada, nos se me ocorreu mellor cousa que coller os zapatos novos, aínda sen estrear, abrir a ventá do meu cuarto e deixalos enriba do tellado. Podo asegurarvos que aquela noite non choveu, diluviou.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]



    Pola mañá, ó espertar, vin que había algúns agasallos no cuarto, un xersei ou un pixama, pouca cousa. Nin reparei nos regalos e fun directo a ventá. Xa imaxinaredes a miña cara de espanto, os meus zapatos novos estaban literalmente encharcados. Supoño que naquel instante dúas grandes bágoas caeron dos meus ollos, ¡qué desgusto, Papá Nöel non os vira e pasara de largo! Recollín os zapatos chorando e con eles na man presenteime na cociña. Alí estaba a aboa e alí me foi desvelado o gran misterio da Nadal.

    ¿Papa Nöel? Bah..., ¡onde estén os reis magos! Eses si que son de confianza. Non hai comparación. E os camellos moi agradecidos, que lles deixas un chisco de turrón ou uns polvoróns e cómenchos todiños. Deben ser de bo dente, fan coma min,¡ja, ja!, que todo o que adelgacei dende que son ovo-lácteo-vexetariano engordeino no Nadal, certo é que xa levamos un par de meses de Nadal. O que non teño moi claro é si este Nadal intermiiiiiinnnnaaable é circunstancia atenuante ou agravante. Ten que ser agravante, claro, eu engordei. Déixovos, a bici estame esperando. Saúdos para todos, especialmente para Jessica. Non podo remedialo, dende que me dixo que era o seu ídolo síntome como se fose Bisbal. Tamén aproveito para saudar a Julio que me mandou uns visitantes estupendos este Nadal. Instaleinos no cuarto dos invitados e díxenlle que poden quedarse con nós o tempo que queiran, que son benvidos.



ARTIGO REALIZADO POR: Alvariño
Gran Colaborador de A Lareira Máxica

sábado, 22 de decembro de 2007

** Non nos tocou a lotería ¿e a vos?

Non me tocou a lotería. Outro ano máis. Pero tocoume outra: A SORTE DE TERVOS COMO LECTORES de A Lareira Máxica, unha páxina pensada para que poida participar nela quen queira e non so un servidor. O que máis me gusta é que ALM poida ser sitio onde publiquen diversas cousas, diferentes persoas.

A lotería non sempre toca (ou case nunca, no mellor dos casos), pero o tema económico non é o aspecto máis importante desta vida (aínda que, loxicamente, axude).

Noraboa para os que tiveron a visita da Deusa Fortuna e para os que non: APRECIADE TODO AQUILO QUE TEDES, PORQUE OUTROS TEÑEN MENOS QUE VOS. E non falo do do aspecto económico...E que mellor época para pensalo que nestas época de Nadal, que non debería ter nada que ver co CONSUMISMO...

Carpe Diem

mércores, 19 de decembro de 2007

** Cando un ano remata ...

Cando un ano remata chega o momento de facer balance, de voltar a vista atrás, de facer compendio, borrón e conta nova se fose o caso, que non o é.

Di Calamaro nunha das súas cancións que non se pode cambiar de parella como de sombreiro, sen ter sufrido primeiro e María di que non se pode pretender mirar cara adiante sen deixar atadas e ben atadas as cousas de atrás. Por tanto, cando un ano remata a mellor forma de encarar o seguinte e despedirse do anterior. E iso pretendo eu hoxe: despedirme dun dos meus mellores anos.

Porqué? Preguntarédesvos. Porqué un dos teus mellores anos? Eu preguntaríamo. Pois por varias cousas.

Porque o 2007 era ademais o meu 31 ano. Dous números impares como seguro xa tedes observado. E a unha, que non é precisamente supersticiosa, si que lle gustan os impares.

Porque o 2007 foi a nivel económico – laboral un ano considerablemente bo. Ademais das miñas habituais facetas laborais durante este ano emprendín algunha nova con aparente boa sorte e sentido de continuidade.

Pero sobre todo, e por encima de todo, porque durante este ano que remata madurei aínda máis se cabe como persoa e especialmente como amiga.
Porque neste ano coñecín e aprendín o verdadeiro valor desa palabra tan manida pero tan pouco comprendida: a amizade.

O ano comezou para min cun regalo de reis longamente esperado. Mira que levaba anos pedíndolle ós magos un Ken.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    Si, un Ken, jo que a Barbie xa facía anos que a tiña. Ahora so me faltaba o meu Ken. E como din que quen sembra, recolle ... que quen sabe esperar, atopa ... que máis vale tarde que nunca, o meu momento parece que chegara. Algo debín facer bo durante o 2006 porque por fin os meus rogos foran escoitados.

    E aínda que a prantación soe facerse a principios de ano para despois xerminar na primavera, no meu caso a primavera prantou na miña vida a outra persoa (que vergoña me da escribir sobre esto) para que esa semilla fose xerminando tempo despois.
    O caso é que hoxe por hoxe, non sei mañá, (eu prudente coma sempre) podo dicir que teño o enorme privilexio de ter na miña vida a dúas persoas que ó longo deste ano contribuíron a facerma non só máis fácil, senón a ensinarme un montón de cousas, directa ou indirectamente sobre infinidade de aspectos. De verdade que a través deles medrei como persoa, entendín cal era o verdadeiro significado da amizade, aprendín a deixar atrás temores e medos varios, a improvisar. Si, de verdade, a improvisar, por raro e estraño que pareza.

    Aprendín que ser amigo non significa estar ás boas e as malas, senón simplemente estar. Aprendín que os amigos, como os amores, non se buscan, atópanse, e que tampouco existe un lugar mellor que outro para iso. Aprendín que nesta aldea global que nos tocou vivir non existen as distancias. Aprendín a confíar nas persoas e na vida. Aprendín a dar e darme tempo. Aprendín a ser paciente, a compartir, a respetar. Pero aínda aprendín algo mellor ó longo deste ano. Aprendín que cando das un pouco, podes recibir moito. Aprendín a rir en compañía. Aprendín que abrirse ós demais, que deixar que outros te coñezan case tan ben como te coñece túa nai, non só significa que coñezan os teus defectos, puntos débiles e demais senón tamén coñecer os SEUS defectos e puntos débiles e por conseguinte, coñecérmonos uns a outros. Porque eu non son perfecta, e eles tampouco, e iso é o que os fai tan marabillosos.
    Tantas cousas aprendín ó longo deste ano e grazas a eles que non quero olvidalas máis.




UN KEN-ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
(Que hoxe está de cumpreanos. FELICIDADES!!!)

luns, 15 de outubro de 2007

** Adianto de novos contidos


H ola a tod@s!!!. Boto moito, pero que moito moito, este blog e a ós que o visitan. Hoxe, decidín colarme uns minutiños. Encender o pc e respirar aire de A Lareira Máxica. Como xa vos contei, teño uns problemiñas que que fan desaconsellable que utlilice o ordenador de momento porque me é perxudcial. Agardemos que pronto TODO VOLTE Á NORMALIDADE e ESTEA RECUPERADO. Hoxe fago unha excepción á prohibición galena. Agardemos non me pase factura.

Antes de continuar, quixera felicitar a miña amiga Patri porque coido que está facendo un bo traballo ó frente deste barco. Non esperaba menos. É unha colosa neste de internet, aínda que non lle guste recoñecelo. Onte estivemos falando e e falando do blog. ¿ Novidades? Sí. Paseniñámente irésdesvos atopando con elas. O blog pretende ser un lugar onde opinar, informarse, relaxarse, rir, escribir artigos ou lembrar cousas ou feitos pasados, todo isto condimentado non so polo que escribe un servidor senón polo que tod@s poidamos aportar. Ou sexa un blog aberto a tod@s os que o visitades. Quero deixar claro que NON é un blog político (para iso hai moitos e moi bos blogs en internet). Por tanto, ó único tema que non ten cabida en ALM é precisamente o da política. Este é un blog independente que fuxe desta temática.

¿Cambios? De momento podedes observar que xa non se moderan os comentarios dos artigos. A decisión xa a tomara en agosto e desde setermbro está en marcha. Namentres os cauces do respeto vaian como ata o de agora pois non fará falta voltar á moderación. De igual forma o blog ábrese ó castelán. Podedes ver xa artigos en castelán. Admítense artigos e comentarios en galego e en castelán (agás o título que se porá en galego, no caso de que veña en castelán). Non hai extensión mínimas nin máximas. Todas serán benvidas.

¿Contidos?. Vanse tentar potenciar. Ós que xa había vanse a sumar máis. Sobre todo de opinión e de actualidade. Tamén crearemos algunha sección nova.

Dentro dos artigos hoxe mesmo teredes o primeiro capítulo dunha serie de tres dunha experiencia humna totalmente rela que a min me fixo sentir moitas cousas so o feito de lela. Unha experiencia dura pero moi enriquecedora vivida por unha lectora de A Lareira Máxica chamada Sonia. Vale a pena lela. Gracias Sonia por facérnola chegar. Un relato moi moi profundo e auténtico, que rebosa HUMANIDADE.

Tamén decidimos crear unha nova sección, a raíz dun artigo dun mail que nos chegou este sábado. Está firmado por “polizón” e creo que é un polízón que nos vai deparar moitos bos momentos. Non sabemos quen é nin nada del. So que é a súa primeira incursión en ALM e que nos di que vai seguir enviando algún artigo ou relato máis. Polo menos eses anónimos que antes non participaban agora parece que o van facendo. Benvido sexas a este lar.

E, como xa vos dixo, Patri o outro día, e eu en moitas veces, DESEXAMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN.

GRACIAS, de novo, Patri!!! e GRACIAS a todos vós por seguir visitando este blog que pretende, como sempre o fixo, que sexa un lugar interactivo para todos os que o consultan. Onde se poida ler e crear contidos.


Un saúdo a tod@s e Carpe Diem.



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 29 de xuño de 2007

** Crónica dunha morte impersoal inesperada.....

O meu monitor antigo morreu, finou, dixo basta, ata aqui cheguei, xubílome, paso a "mellor vida", non podo máis,... e esvaeceuse na U.V.I. do servicio técnico de SAMSUG. Digo a marca para que tomedes nota. O modelo en cuestión era un TFT 172V. Tras case catro anos dixome adeus. Si, adeus. Onte comunícabanme do Servicio Técnico que a pantalla tiña un problema eléctrico e era preciso cambiar todo o panel completo. A "broma" ía acompañada dun presuposto de reparación de 521 euros.... E custárama xa hai case catro anos menos de 400. Ante tal panorama desolador non tiven máis remedio que renunciar á súa reparación e a aboar os 12 pola elaboración do presuposto. Hoxe, por sorte, os monitores TFT de 17 pulgadas baixaron moitísimo. Por pouco máis de 100 euros fíxeme con outro doutra marca que agardo dure moitos máis anos que o seu predecesor. E, desde hoxe disfruto deste nova pantalla. E teño que adaptarme porque existen algunhas diferencias (entre elas como é un monitor flexible pois móvese algo ó tropeza na mesa)

Neste tempo de "baixa laboral" aledoume moito seguir recibindo comentarios e artigos vosos. Os comentarios xa os publiquei desde un ciber. Os artigos ireinos subindo nos vindeiros días. Gracias por estar aí, visitar o blog e participar!!

Canto ó reproductor de IMEEN tomei a decisión de suprimir a metade das cancións que había (máis de 320), xa que so duraban 30 segundos. Varias veces ó mes, IMEEM limita as cancións que antes se podían escoitar enteiras a so 30 segundos. So che permite escoitalas enteiras se as mercas. E como que non.... Antes de empezar a facer este post eliminara 135 e agora tiven que eliminar unhas 20-25 máis. Xa so quedan puco máis de 150 que se poidan escoitar enteiras sen problemas. En poucas semanas posiblemente me vexa obrigado a retirar este reproductor de música. Se non atopo algún que me convenza (teño que ver un par deles que me aconsellástedes) pois o blog podería quedarse sen música de fondo. Aínda así podería escoitarse a música on line se clickades nos enlaces das emisoras de radion online (salvo que llo prohíba a SGAE).

martes, 26 de xuño de 2007

** Monitor do PC en reparación

TEÑO O PC EN REPARACIÓN. O MONITOR ESTÁ ESTROPEADO. Menos mal que entrei nun ciber. So puxen os últimos comentarios. Teño varios artigos vosos pendientes de publicar. Espero que para a fin de semana xa me entreguen o monitor. Paciencia. Un saúdo a tod@s.

Julio

venres, 22 de xuño de 2007

** Problemas co PC

ESTOU TENDO PROBLEMAS CO PC PARA ACENDELO, ¿Monitor? ¿Tarxeta gráfica?. Na pantalla so vexo raias verticais de colores, pero impídenme ver o escritorio. POLO QUE SE NESTES DIAS NON POÑO NADA XA SABEDES O MOTIVO. PARA A SEMANA ESPERO QUE SE SOLUCIONE TODO.

POR CERTO, SE ALGUEN COÑECE UN REPRODUCTOR DE MUSICA PARA POÑER NO BLOG QUE FALE AGORA OU QUE CALE POR SEMPRE. O ACTUAL LIMITAME MAIS DA METADE DAS CANCIONS A SO 30 SEGUNDOS.....

luns, 4 de xuño de 2007

** Tanto cambio de tempo está claro que non é bo...

E claro que non é bo. Hoxe chove, mañán fai un día radiante de praia, pero é que pasado mañán parece que voltara o inverno e dous días despois estamos no Carible e así nos últimos meses. E como un non é de pedra, pois a farinxite colleuno. E non e un nome de muller precisamente. Oxalá!! Que aínda que fose un nome horribulus pois estaría moitísimo mellor que súa colega da saúde...

En fin que teño unha faranxite e apenas podo falar. Ademais teño aínda febre e o resto dos síntomas propios dunha gripe ou dunha farinxite. Mellor non mentalos. Agardo rescuperarme nos vindeiros días, pero collina "boa"...

Así que ós que me estades chamando por telephone, velaí tedes o motivo polo que non vos podo coller. Gracias e perdón porque non podo falar gran cousa. Como o odio!!! E tampouco estou de humor para estar diante do pc.


P.D: A ver se o tempo se aclara dunha vez e non xoga ó escondite cada dous por tres.

luns, 28 de maio de 2007

** O humor gráfico: ese gran descoñecido + thanks

L uns, principio de semana. Día sempre complicado porque logo da fin de semana sempre custa voltar á rutina habitual. En fin, que para facer máis levadeiro este principio de semana traio hoxe aquí unha viñeta de humor gráfico. Desas que tanto me gustan e que adoitan verse na prensa galega. Algunhas veces son moi boas....

A viñeta de hoxe quixera adicarlla a tódalas persoas que nos últimos meses fun coñecendo, feito do que me sinto moi orgulloso. A outras puiden coñecelas aínda máis. O traballo e o ocio permitírome descubrir a esta xente.

Un saúdo moi especial a JPF. O esforzo sempre ten a súa recompensa. Pode tardar máis ou menos, pero o traballo sempre acaba por ser recompensado.

Todo un pracer por tervos como amig@s.
Julio

mércores, 16 de maio de 2007

** De cena.......

Estes días ando que non teño tempo nin para dormir. Non sei cómo me teño en pé. Está claro que tantas actividades pasan factura....Así que non está nada mal irse de cena. Hoxe. E cando se vai en pequeno grupo mellor que mellor. Hai que desestresarse un pouco.

Hai outras actividades que estaba realizando ata hai pouco que non teño tempo nin para elas. Ou cando o teño o corpo dime STOP JULIO. PRECISO DESCANSO. E unha destas actividades é a de actualizar este blog que facemos entre tod@s. Algo do que estou moi orgulloso. Que a xente se anime cada veza a participar, aínda que sexa cun simple comentario dunha línea. Polo menos sei que hai alguén alí. E as cifras de visitas, por fortuna, non deixan de medrar. Como sempre, GRACIAS.

Teño algunha colaboración vosa pendente de publicar. Perdoade que tarde algo en publicala. Espero que me saibades disculpar. Pero é toda unha ledicia coñecer que teño algunha pendiente de publicar. Iso anima a un. Así que paciencia, que todo se publicará....

...E déixovos, que hoxe voume de cena. A ver se o corpo mo permite. Que o teño moi castigado estes últimos días. A partir de xuño recobraremos o ritmo habitual. Namentras irei publicando algunhas cousiñas. Non desesperedes e GRACIAS POR SEGUIR VISITANDO O BLOG E ENVIANDO COMENTARIO E/OU ARTIGOS. Sen vós este blog non sería o mesmo.

domingo, 6 de maio de 2007

** Unha pregunta tan sorprendente como inesperada

Ás veces suceden cousas que non esperas, que non te imaxinas, que poden pasar pero que non é habitual que acontezan, vamos. E nisto último me baseo para contarvos hoxe o que me pasou este venres pola mañán en Pontevedra. A cousa é moi curiosa...

Estaba falando cunha amiga miña que traballa preto de Oporto e á cal había uns anos que non tiña o pracer de ver e falar con ela. Inmiscuidos en plena conversa, de repente produciuse o feito en cuestión...
...--->Ve-lo Artigo completo....


Acercáronse a nós un home e unha muller. Educadamente interrumpíronnos..

- Hola bos días, perdoade
- Hola -devoltamo saúdo

Neste punto un servidor pensou que tería que sinalar onde quedaba determinada rúa na cidade de Pontevedra (un lugar onde apenas coñezo rúas). O desconcerto e a sorpresa emanaron a continuación. Un capacho que portaban -e no que vagamente repararamos miña amiga e máis eu- unido a unhas breves pero insistentes verbas do home, a modo de rogo, desencadearon a súa aparición.

- ¿Non vos apetecen un par de bois? Están frescos e son baratos. Ou algo así nos espetaron.

Os bois, para os que non o sepades, era marisco.

E tras rexeitar tan suculento manxar ás 11 da mañán, e alonxarse estas dúas persoas, mirámonos miña amiga máis eu cunhas facianas de quen se ve sorprendido por un reporteiros de cámara oculta estilo "Supermartes". Pero non foi ningunha cámara oculta. Non. Era tan real e verídico como a vida mesma. Ha, e nada de preguntas sobre onde quedaba tal ou cual rúa (cousa que tampouco me disgutas por certo).

Esta anécdota creo que superou con creces a do café e o xornal que me pasou o ano pasado. Agora so falta coñecer cal será a próxima anécdota simpática que me pase. A saber...




ARTIGO ELABORADO POR: Julio
A Lareira Máxica