** Peceiras de coiro marrón
Detesto a Papá Nöel, sóbranme os motivos. Non é de agora, o mal xa ven de vello. Hoxe pola maña estiven meditando sobre a data na que empecei a terlle tirría o “fulano” ése. Foi hai moitos anos, aínda era un cativo. Recordo que estivera vendo a tv pola tarde. Non recordo o programa, supoño que sería a típica programación do día de Noiteboa da Primeira Cadea, qué remedio, non había outra. Xa vos podedes facer unha idea. Os presentadores do “especial”, (agora que o penso, os guionistas debían ser becarios), recordáronnos toda a tarde ós cativos que tiñamos que “deixarlle os zapatos a Papá Nöel na ventá”. Eu, que era unha alma inocente, tomei o consello o pé da letra. Era un consello que viña da tele, de Madrid, seguro que os presentadores sabían do que estaban a falar.
Daquela vivía nunha casa e a miña ventá daba para o tellado do porche. Sen dicirlle nada a ningún dos meus maiores, a Juanjito tampouco, e tendo en conta que Papa Nöel era un gran descoñecido para min, decidín atendelo coas miñas mellores galas. Eu, como sempre fora máis de tratar cos reis magos quixen cumprir o mellor posible o protocolo de Laponia. Pois nada, nos se me ocorreu mellor cousa que coller os zapatos novos, aínda sen estrear, abrir a ventá do meu cuarto e deixalos enriba do tellado. Podo asegurarvos que aquela noite non choveu, diluviou.
ARTIGO REALIZADO POR: Alvariño
Gran Colaborador de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Bisbal?? Non prefiro a Alvariño. ¿para cando un autografo?.
Unha fan de Ourense
Todos temos traumas da infancia.
Eu tiña un medo moi grande a toparme cos reis magos na casa a oscuras, cando nesa noite tardaba en durmirme e escoitaba algun ruido.
Papá Noel é unha invección de Coca-Cola. E aínda por enrriba faiselle máis publicidade.
Eu apoio os Reis Magos pq son 3, están sans, existiron e pq ten moitos dromedarios "non camellos" e ali caben máis agasallos que na merda do trineo de Santa Claus do Caraio.
Ademáis, que renos poden voar? e que caraio fai un reno coa nariz encarnada? Dabanlle Albariño do bó para "voar polos aires"?
Publicar un comentario