domingo, 27 de xaneiro de 2008

** A comunicación invisible: A linguaxe non verbal

Unha mirada, un aceno, un xesto, un asentimento en silencio, un resoplo, un abaneo da cabeza, encollerse de ombreiros, fruncir a faciana, cruzar os brazos, cruzar as pernas, levarse a man á cabeza, rascarse o nariz, non mirar á cara do interlocutor, baixar a mirada, rir sen facer ruído, un guiño de ollos, non atender a quen che fala, mirar fixamente a que che fala devorándo@ cos ollos, taparse o nariz, taparse os ollos, abrir os ollos ata o límite, unhas mans sudorosas, un apretón de mans suave, outro máis forte, outro forte de máis, mirar de reollo, poñer cara de asco, quedarse coa boca aberta, levar a man ó queixo e quedarse pensando absorto no tempo, pór a man diante da boca, tapar os oídos, levar o dedo índice á parte dereita os esquerda da cabeza namentres o xiramos…..Por certo: non estou tolo, non. E podería seguir enumerando un sinfín de xestos, miradas e demais, pero tampouco é cuestión de continuar...¿Que é todo isto?. Xa vos dariades conta de que ten que ver coa linguaxe non verbal. E disto, vai o artigo: da comunicación aparentemente invisible que é a linguaxe non verbal.


Ó longo do día calquera de nós fai unha multitude de acenos que, consciente ou inconscientemente, persiguen unhas finalidades. ¿Cales? Expresar o noso estado de ánimo ou posicionarnos ante algo, incluso se nque non nolo pregunten. E moitas veces o que dicimos ou afirmamos verbalmente non vai en consoancia cos xestos que usamos ou deprendemos. E pasa máis do que poida parecer.

¿A onde quero chegar? ¿Que pretendo dicir? Nada en concreto e todo á vez. Todo isto ven porque nesta última semana déuseme por fixarme nas facianas das persoas e no seu corpo ó tempo que falaban. E voalá....Agora entendo ós psicólogos, a eses profesionais que parecen sabelo todo das persoas e de qué significa o que fan ou expresan. En moitos casos, sorprenderiavos saber cómo e de qué maneira minten as persoas. Outras disimúlano máis pero, aínda así, pódese averiguar se emiten mensaxes contradictorias ou non.

Unha simple mirada pode bastar para saber

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    o que nos pretenden dicir, sen nin sequera falar. O xeito, a duración ou a intensidade de ollar a unha persoa pode implicar varios significados: busca de complicidade, axuda, permiso, querer ligar, etc. Xa vedes case hai unha mirada para cada cousa...

    Sen ser ningún experto, é un tema que me gusta e do que teño lido e estudiado. Tal é a importancia da linguaxe non verbal de cara a coñecer a personalidade dunha persoa que nas entrevistas de traballo cada vez se valora máis esta faceta do ser humano. ¿Como saber cando unha persoa nos está a mentir? ¿O que di correspóndese co que o seu corpo nos comunica sen que ela apenas se decate? ¿A que lle debemos facer caso: o que nos di a comunicación verbal ou o que nos expresa a linguaxe non verbal? As dúas son importantes. É precisamente a diverxencia entre ambas a que nos aporta a información máis suculenta: a mentira. E a mentira é algo moi importante de cara a confiar ou non nun futuro traballador, sobre todo en postos que impliquen grandes doses de responsabilidade e honestidade.

    Nalgúns casos a linguaxe non verbal ven derivada de manías ou tics das persoas. Aquí a información está, ou pode estar, contaminada, non sendo fiable ó 100%. Así, por exemplo, hai xente que ten por costume cruzar as pernas ou brazos, pero non por sentirse incómoda ou pouco receptiva (que é o que os expertos intepretan qué significa ter brazos ou pernas cruzados). Ou se che pica o nariz, o lóxico e naturar é rascarte. Tampouco hai que ser taxantes e querer quitarlle un significado de libro a todo....

    Perdoádeme, pero e que en fronte miña hai unha rapaza que me guiña un ollo. ¿Qué me quererá? Xa volo contarei outro día….




UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Interesante reflexión. Non reparara nunca na importancia do lenguaje non verbal e menos para as entrevistas de traballo.

Anónimo dixo...

Caray es increible lo mucho que se puede averiguar. Ya me habian comentado cosas por el estilo, pero ni por esas deha renderme y de meterme el miedo en el cuerpo puesto que supone que otras personas tengan informacion privilegiada que nosotros no deseamos transmitir.