martes, 1 de xaneiro de 2008

** Enquisa 2007: libro, peli e canción

¿Cal foi o libro, a película e a canción que che gustaron máis do ano 2007?



ENQUISA PROPOSTA POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Así sen pensalo moito diría que a canción do ano para min é 1973 de James Blunt, o libro quedaríame entre dous que lin este ano pero que posiblemente xa fosen publicados antes "La Catedral del Mar" e "Kafka en la Orilla" do que xa falei na Lareira, e sobre a peli ................ ufff, ahí si que o teño máis difícil porque últimamente os estrenos son todos bastante malos, pero seguirei pensando e xa vos contarei.

Julio Torres dixo...

Eu quédome con:
Pélícula: Apocalypto, de Mel Gibson
Cancíón: "Las de la intuición", de Shakira

Guillermo Pardo dixo...

Non adoito ler libros recén saídos do prelo, aínda que deste ano gustoume "Mujeres y hombres. ¿Un amor imposible?", de Manuel Castells e Marina Subirats (Alianza Editorial).
En canto a canción, quédome con "Besos al aire", de Luz Casal. En cine, gustoume moito "Ratatouille".

Que o ano novo vos traia moitas cousiñas boas. Unha aperta.

Toupeira dixo...

Firmin.
El orfanato.
El ultimo disco de Bon Jovi.
Feliz año nuevo.

Julio Torres dixo...

O mesmo digo, Gullermo e Toupe. FELIZ ANO!!!

Lémonos.

Carpe Diem

Anónimo dixo...

Moi boas e Feliz ano!

O libro que máis gostei no 2007? MMmmmm É difícil elixir un de entre todos eles. Elixirei varios

Anxos Sumai - "Así nacen as baleas"
Sechu Sende - "Made in Galiza"
John Boyne - "O neno do pixama a raias"

Películas (recoméndovolas, son preciosas):

"Caramel" de Nadine Labaki. Conta a vida de 5 mulleres do Líbano que teñen unha perruquería.
"The edge of heaven" de Fatih Akin. Do mesmo director de "Contra a parede" ou "Crossing the bridge.Sons of Istanbul". Fala da emigración, do retorno á terra natal, dos sentimentos, dos valores, do perdón, do amor entre dúas culturas, a alemá e a turca.
Se estades fartos de ver o mesmo tipo de películas, con situacións previsíbeis, se tendes a oportunidade vede calquera destas dúas, se non vos namoran as súas historias, namoraranvos as súas bandas sonoras.MMMmmmm Deliciosas!

En canto á música, pois,... vou tirar pola terra:
-Marful e Espido. Aínda que os seus discos foron editados a finais do 2006, o éxito veu no 2007. O de Malvela estouno saboreando e tamén ten moita frescura.

Saúdos a todos e cóidesenseme!

Patricia Loureiro dixo...

Antes de nadiña, benvido LuscoFusco, agardamos que nos sigas visitando e opinando. E o que pretendemos o Julio e máis eu.


E como falto por opinar:

De Peli quédome con El orfanato
De canción teño varias. Las de la Intuición ou Perfecta (de Miranda!) son dúas que me encantan, xunto coa do Lamento Boliviano do Dani Mata.
E Un libro gostoume moito o que propón Lusco Fusco "Made in Galiza" do xenial Sechu Sende.