** Son @ ELEXID@! (baseado nun feito real)
O texto que a seguir se publica esta baseado nun feito real, tal e como nos explica a súa autora Deva Belisama. Este é o relato do que vos falei estes días. Tanto ó Julio como a min deixounos a pel de galiña. É moi duro o que lle pasou. Recomendamos que a leades. Parece longo, pero non o é. Non vos vai deixar indiferentes. Deva Belisama, so decirche que benvida ó blog, no meu nome e no de Julio. E queremos que sigas colaborando connosco. ¿Ok?
Julio / Patri
Son @ ELEXID@!
Son @ elexid@, pero outras persoas non. E non sei como afrontar esta situación.
A miña historia non é tan complicada. Un día coñeces unha persoa. Gústache, gústalles e inicias unha relación sentimental que alcanza a súa madurez cando unese sentimento con placer conseguindo un bo orgasmo.
Todo estupendo, todo marabillosos e de repente a vida é de cor rosa e sorprendeste sonreindo no espello nada máis despertarte. Esa experiencia repitese máis veces e un día, a mala sorte ou o destino, decide que xa é hora de que pretenzas a un “bando”; rompese o condón. Non problem!, hospital, toma da píldora anticonceptiva e encomendarse a todo dios e todolos santos. Mentras, a túa parella tranquilizate de que non ten o SIDA, nen ningunha outra enfermidade, que está san como unha autentica rosa.
Houbo sorte: non hai embarazo. E de repente, as citas espallanse, notas que a túa parella distanciada e que che mira como se estiveses sentenciad@. Sentenciad@? A qué? E un día por unha razón ou por outra deixase de chamar e de quedar.
Sen embargo, a vida segue, quedas c@s amig@s coma sempre, dedicaste o teu traballo, deixas unha porta aberta ó teu corazón ( ou as túas hormonas, según coma se mire!) e fas aquelas cousas que non podías facer por querer arañar minutos para estar con el/ela, coma por exemplo apuntarte a cursillos.
Si, a vida segue e de repente atópaste cans@, dores articulares inexplicables, pesimismo que pecorre o teu ser, empezas a perder apetito, a sentir que todo che costa máis, que os resfriados, a tos, a gripe e demáis enfermidades comunes tardan máis en deixar o teu corpo, que nada te calma e unha desazón invade o teu corpo e de repente acordaste de aquel condón. Puñetero condón! Puñetero por todo o me que fixo padecer.
Pensar que podes ter o SIDA antes de facere unha analítica e moi agotador. Por un lado queres facer a analítica para sair das dudas e por outro queres seguir na ignorancia porque pensar que o resultado pode ser POSITIVO é ... desalentador.
ARTIGO REALIZADO POR: Deva Belisama
Debutante en A Lareira Máxica
11 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
moi forte o teu relato, forte, directo e real, é tremendo pensar que a túa vida pode cambiar nun segundo, que toda a xente que te rodea pode tamén cambiar e deixarche de lado....non sei, o tema do SIDA é algo no que por máis que haxa información por parte de governos e de médicos a xente sempre terá medo, parece mentira que con toda a información que hai siga habendo contaxios..
un saúdo e parabéns polo blogue, saúdos doutro blogueiro pontevedrés.
Pedazo tensión Deva. Creo que esa incertidumbre debe ser la hostia en verso. Opino que muy a menudo se nos llena la boca de solidaridad y apoyo con los afectados por esa cruel enfermedad, pero a la hora de la verdad no lo llevamos a la práctica. Somos muy hipócritas. Te doy la razón.
O condón é o mellor metodo para previr enfermidades, pero ningún e seguro o 100 por cento. Pode romper o condón, non é tan dificil. Pior sería non usalo. Diso estou segura
Que crueles somos los humanos. Oímos hablar de muertes en países lejanos y nos da igual porque quedan lejos y no nos afectan. Con lo del SIDA ocurre lo mismo si le toca a otros. Que malos los humanos.
¡Teño os pelos de punta! Gustoume moito o teu relato, transmite moitas sensacións. Non se me fixo longo, ó contrario, é unha historia dura moi ben contada. Cando cheguei ó final, respirei aliviado. Pódelle pasar a calquera de nós, ós curas non, que eses como nunca follan non corren o risco de que se lle rompa o condón.
Esa incertidumbre ten que ser terrible. Os amigos, uns cabróns. Inda non estaba confirmado o diagnóstico e xa fuxían. ¡Menuda xente! O Sida pódelle tocar a calquera, anque se tomen precaucións. Sempre pode pasar algo, un accidente. Non existe a seguridade 100% Alégrome de que esta historia tivera final feliz. Escribes moi ben Deva, espero seguir disfrutándote.
Bueno, estes días non me podo poñer ó mando da nave. E de "boss" nada de nada, so coordino. A ver se podo ir participando máis. De momento ando moi liado con varias cousas. Menos mal que Patri o fai moi ben. Gracias, amiga.
Primeiro de todo: BENVIDOS ÓS NOVOS: Breogain, Maggie, Pintxo, Deva, e outros que se me poidan escapar. ALM pretende ser un blog interactivo.
Aínda que o que puxo Patri e algo que pensamos os dous (e o seu home Jaime tamén) pois quixera:
1- Agradecer a Deva Belisama o seu artigo, que polo que vexo está xenerando moitas opinións. Un dos obxectivos do blog: A PARTICIPACIÓN E OPINIÓN DE TODOS VÓS
2- A verdade é que verse nunha situación así. UFF.... Se é que o 100% de protección non existe. So de pensalo da medo. E ser por riba lle chegaban comentarios sobre o seu mozo nada bos, máis leña ó lume. Como para preocuparse. Non me estraña.
E como apunta Mariam. Os seus amigos....Eses o nome de amigos venlles grande. Verse nunha situación e deixala de lado, pois fala por si so.
3- Por suposto, alégrome que o resultado fose negativo. Pero a reflexión que lanzas ti e lanzou Maggie noutro comentario sobre cando algo malo lle toca a outros e non a nós é para facernos reflexionar. Sin duda. De que vale levar un lazo vermello un día e olvidarse o resto do ano...
O tema é duro e difícil.
Iso si, como todo nesta vida, os bos e grandes amig@s recoñécense cando están contigo nos malos momentos. Nos bos é moi fácil. Así que toma nota Deva Belisama.
4- DEVA: QUEREMOS QUE SIGAS COLABORANDO CON NÓS. Non o digo por dicir. En serio. De calquera tema (xa sabes que menos de política todo ten cabida).
Lembranzas, relatos, humor, deportes (sección que temos descoidado por certo), música, que rabia da cando..., que alegria da cnado..., ¿por que?, internet, tv, radio, frases máxicas, opinión (artigos propios ou de xornais, etc.), información xeral, cousas persoais, etc.etc. calquera cousa menos política (que para iso hai moitos e variados blogs)
Un saúdo.
Carpe Diem
P.D.: Salvo un que xa está listo para ser publicado por Patri, tentarei abreviar máis os meus artigos e os comentario. Que non se pode ser xornalista e non atender a concisión e a brevidade, a pesar de que isto sexa un blog.
Durisima vivencia. Deva Belisama (lindo nombre, ¿arabe tal vez?) ¿y los amigos que te tiraron como un pañuelo de papel que pasó con ellos?
La gente es como es, hipocrita y la gente que se ha alejado de ti por estas cosas, no te merece. tu tranqui que afortunadamente no toda la gente es asi ;)
bicos
O relato-experiencia é moi bo. Tívome en vilo ata o final. Sexa certo ou non, que parece que o é, Deva foi quen de transmitirnos a anguria que pode sentir unha persoa que se ve sola diante das súas paranoias, sen outro alento que a dúbida de que o que se pensa pode non ser... Felicítovos pola entrada e felicito a Deva por partida doble. Unha aperta.
É impresionante, sen palabras.
É importante cuestionarse como actuaríamos a hora da verdade ante esta e outras moitas situacións.
Sería tamén das persoas que diría non me importaría, estaría ca persoa, pero aínda así cuestiónomo.
É o peor a angustia que a persoa pode pasar, o inxunto que podemos ser cos demáis e as veces so nos percatamos das cousas cando as vivimos en carne propia.
Gracias por compartir este artigo tan impresionante, gracias por facernos reflexionar.
Publicar un comentario