** Feliz Nadal 2025 desde A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica , amor e amistad , sociedade
SAN XENXO . Julio Torres (Artigo adicado a tódol@s compañeir@s de promoción de Traballo Social) 14 anos quedaron no saco dos olvidos...
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica , amor e amistad , sociedade
De súpeto soa o teléfono e del emerxe unha voz familiar, amiga e que irradia, alegría, nostalxia e lembranzas, moi boas lembranzas. No mellor intre do pior momento. Un raio de luz, un motivo para seguir. De fondo soa "Dónde estabais", do grupo La Unión. Que contradición. A ilusión emerxe dos seus ollos, a faciana muda de aspecto e o traxe da felicidade inunda o ambiente para non desaparecer. Un xiro, unha esperanza, unha ilusión. Ser importante para algúen, respeto, empatía. Unha conversa entre dúas persoas amigas. Algo habitual entre nós. Horas de conversa. Detalles nimios pero vitais para o ser humano. Unha amizade fértil e recíproca sen intereses, nada que ver coas devastadas polas lapas voraces e indiferentes do tempo, nas que a memoria se esvaece e a preguiza impide o seu cultivo. Amizade. Vida. Respeto. Compartir as pequenas grandes cousas da vida, que diría o gran Nacho Mirás.
________________________________________________________________________________________Este artigo vai adicado a unha BOA AMIGA con maiúsculas que nos estará lendo desde o ceo. Unha gran persoa. O texto só representa a felicidade que representaba falar con ela e estármonos periodicamente en contacto. O tempo esvaecíase e as horas transformábanse en segundos. María: foi un inmenso pracer terte coñecido e ter sido tan grandes amigos. DEP.
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , opinión
Os anxos existen. Están aí fóra, máis preto do que cremos. Nos peores momentos voan cara nós para axudarnos. Non soamente nos acompañan nos bos momentos (que iso é fácil) senón tamén nos malos. Cando máis falta fai. Dannos alento, comprensión e saben escoitar, sen cobrarnos os intereses pola axuda prestada. Estes anxos adoptan forma de familia, de amigos/amigas de verdade ou das parellas de cada un ou unha de nós. O resto de persoas non son anxos senón xente meramente egoísta e aproveitada que buscan que lles axudes cando lles convén pero que non te devolven esa axuda cando máis a podes precisar. Son persoas que non merecen a nosa atención pois buscan o seu propio beneficio e non teñen reparos en tirarte como un pañuelo de papel cando xa non te precisan. Xente trepa, sen escrúpulos ou meramente egoístas e desagradecidas. Moito. Triste pero certo. Tede coidado, que tamén andan por aí...
Aos meus anxos, a eses seres que si valen moi moito apena, vai adicada esta canción de Blue Octoter, tan chea de amor, optimismo e agradecemento. Agardo que vos guste.
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , música , sociedade , vídeos e xogos
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , frases máxicas
"Eternal Flame” (“llama eterna” en castelán) triunfou hai 25 anos. Hoxe, o éxito das Bangles non pasa de moda e a súa letra aínda menos. Unha das cancións imprescindibles en toda colección de música que se precie. Non é para menos. Unha doce balada na que o ritmo e as letras van da man, acompasadas e ateigadas de profundos sentimentos de amor. Pechemos os ollos e escoitemos a canción que lla adico a tódalas persoas que lles encanta e disfrutan con este tema musical.
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , música , opinión , vídeos e xogos
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , frases máxicas
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , frases máxicas
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , música , vídeos e xogos
Nun breve espacio de tempo, nun momento en que estaba un pouco agobiada polos acontecementos, tres persoas distintas mencionáronme o CARPE DIEM pero, con certa sorpresa, vin que me estaban falando de tres conceptos distintos. Quizáis sexa iso ó que chamo a existencia de distintas acepcións segundo o punto de vista do que entenda cada un.
O primeiro que mo mencionou, foi dunha forma máis tradicional, “aproveita o momento”, dende o punto de vista de non malgastar o tempo que vives. Teño que é unha persoa tolerante, diplomática, sensata e con empatía, o que eu entendo como boa persoa, das que podes falar con elas do que sexa e te escoitará, darache unha opinión pero sin impoñerche nada. Ten todo o meu respeto e incluso comparto, a maioría das veces, a súa forma de ver as cousas.
A segunda persoa que mo dixo foi cun sentido máis parecido a “non te compliques demasiado a vida polos demáis, non sexas tan altruista...”, é unha persoa que sufre cando me ve sufrir e non quere que o pase mal, pero entende que a miña forma de ser é a que é, e que no fondo non son tan altruista, senon que tamén teño o meu amor propio. Sei que a súa intención é boa, que se preocupa e cre, acertadamente, que cando me encargo dun problema non paro, normalmente, ata que está solucionado ou xa non se pode facer nada máis. É unha persoa protectora, que se aparta instintivamente daquelas persoas que lle fan mal, pero, que nunca se nega a axudar a alguén cando llo piden con humildade, sen embargo non é tan diplomático e non soporta á xente arrogante, nin fai por disimulalo.
Ata agora, as definicións eran máis ou menos axeitadas ao que convencionalmente entendemos por Carpe Diem. Pero encontreime cunha definición dun terceiro suxeito que me desconcertou. Ademáis, é que me deu a definición do que esa persoa entendía por Carpe Diem, e quedei un pouco sorprendida. Significaba vivir a vida no momento, sin pensar no futuro, sendo esa persoa o centro do momento e cos demáis contemplándoo e non interferindo. Ufff, que mal rollo me diu..., eso soábame máis a egocentrismo que a outra cousa...Sería esta unha nova forma de vivir o Carpe Diem? Un Carpe Diem Egocentrista? Tiña toda a pinta. Normalmente, con este tipo de xente acabo mal, e, ao meu pesar, así foi: xuzgoume e intentou que prevalecese a súa opinión sobre a miña, xa que se debe crer un ser superior. Respeto a súa visión da vida pero de persoas que non queren saber nada dos seus semellantes, só telos como meros “admiradores”, aplaudíndolles os seus logros e sen pizca de empatía, prefiro apartarme deixándolle claro o que opino. E, tristemente, así o fixen, non por non compartir a súa visión da vida, senon porque teño que ser coherente, se unha persoa, despois de moitos anos sen vela non lle interesa nen o máis mínimo dos sentimentos e vida de quen foi un amigo ou amiga, está claro que un tampouco debe interesarse nela. Deséxolle o mellor, e cando esté preparado para volver a confiar na raza humana e baixe do seu pedestal, e lle interesen o resto dos mortais como persoas que interactúan e non que simplemente observan, aquí estarei.
E, falando do carpe diem e dos “seus significados” eu decántome polo “Carpe Diem Equilibrado”, que ven sendo algo así o que dixo xa unha vez Estrela de Xullo e tanto me gustou, aquel, xa famoso: “Carpe Diem, pero cos pés na terra”. Dito en palabras dun psicólogo: “vivir o momento para aumentar as emocións positivas e as relacións sociais, pero sendo conscientes das nosas capacidades”, sin deixar de lado a planificación económica, e a nosa interacción cos demáis, xa que creo que todos estamos conectados dalgunha forma e as nosas accións repercuten nos demáis. É dicir, a fórmula para alcanzar a felicidade que nos permitirá disfrutar do presente sin influir negativamente no futuro nin nas persoas coas que convivimos.
Saúdos.
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Mary Camiña , opinión , sociedade
Case hai 5 anos que nos deixou o gran Mario Benedetti, pero as súas frases e a súa obra, seguen moi presentes e son inmortais. Que rápido pasa o tempo. Recollín unhas cantas frases e un poema, moi evocadores e cheos de sabiduría, a sabiduría que nos soubo transmitir este grande da literatura e un gran mago das verbas escritas que precisan de ser recitadas en alto.
...........................................................Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , frases máxicas , O Recuncho Literario , opinión
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Mary Camiña , Relatos e composicións feitas para A.L.M.
Un pouco frustrante a leria da mazá. Non sei ata que punto valerá a pena compartir unha mazá con alguén inalcanzable. O conformismo como opción vital non me chista. A rebeldía que levo dentro vaise facendo máis forte cada día que pasa e non me estrañaría nada acabar compartindo barricadas con Jorge Verstrynge. Eu animo a todos a disfrutar do feito de vivir.
Hoxe mesmo, pasei un rato moi agradable, 45 minutos, co técnico do quentador. Físicamente era unha especie de Michael Douglas, salvando as oportunas distancias. Tamén, un adicto ó sexo. Iso confirmeino, que mal pensados me sodes ás veces, mediante a análise grafolóxica que lle fixen a un pequeno texto que escribiu na factura. Ten que ser un traballo..., ¡todo o día coa mesma idea na cabeza! Os 50 teñen que ser terribles, supoño que é nesa década cando se vive a última xuventude.
Fai uns días, dicíame un coñecido, este creo que non é adicto a nada, "eu xa teño fillas de máis de 30 anos". El ten 59. Como si a idade biolóxica fora un freo, un obstáculo para ser feliz, como si se vira na obriga de reprimirse e resignarse á chegada dos netos. E iso botando cartos polas orellas. Supoño que o seu divorcio será dos moi caros. Será posible que algunhas persoas teñan tal apego os cartos. Porque adiccións non terá, pero namorado tampouco está. ¿Análise grafolóxico outra vez? Non, evidencia. Análise do comportamento.
Pois, mentres haxa consentimento, como diría outro coñecido meu. O caso é ser feliz e non facerlle mal a ninguén. Que uns se negan a madurar, que outros prefiren vivir unha vida de mentira,... supoño que serán eleccións, inconscientes ou non. A idade non me parece o factor clave, é máis unha cousa de mentalidade. A fin de contas, como dí a canción, “Winter has come for... todos nós”. Traducción libre.
Posted by Julio Torres 8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións mariaM , sociedade
Podemos ler en A sombra do vento, unha obra do escritor americano Patrick Rothfuss, o seguinte fragmento: “Despois sentamos nunha pedra, cos pés na auga e gozando da mutua compañía mentres descansabamos. Compartimos unha mazá; fómola pasando e fómoslle dando dentadas por quendas, o cal, se nunca bicaches a ninguén, é case como beixarse”.
Quen así fala é Kvothe, o protagonista da obra citada, e a compañía á que fai referencia chámase Denna, unha moza da que Kvothe está namorado. Este ten que conformarse con “bicar” ou “beixar” a mazá, xa que a moza é inaccesible para el.
En galego temos tres palabras para referirnos a esta demostración de cariño: bico, beixo, e ósculo. A primeira, bico, procede do termo celta beccus, que significa “peteiro, bico”, de aí que un bico (entre outros significados) tamén poida ser a boca das aves. A seguinte palabra, beixo, procede do étimo latino BASIUM (e beixar de BASIARE), e do cal podemos ver a súa evolución noutras linguas románicas: beijo, beso, bacio, baiser... Por último, ósculo é un termo que se usa como cultismo nunha linguaxe xa moi coidada e específica.
Ademais destas dúas palabras para referirse aos bicos, oscula e basia, os romanos tiñan unha terceira, suavia; e distinguíanas segundo o seu carácter: os oscula era bicos de amizade, os basia de amor e os suavia de paixón.
Non obstante, hai quen pensa que os basia tamén se empregaron cun significado máis pasional, xa que o poeta latino Catulo (século I a.C.) mencionábaos nos seus poemas cando se refería á súa amada: “Vivamos, mea Lesbia, atque amemus (...) / Da mi basia mille, deinde centum, / dein mille altera, dein secunda centum, / deinde usque altera mille, deinde centum” que traducido sería algo como “Vivamos, miña Lesbia, e amemos (...) / Dáme mil beixos, logo cen, /despois outros mil e de novo outros cen, / despois mil máis, despois outra vez cen”
En calquera caso, ósculos, bicos ou beixos sempre serán benvidos.
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Estrela de Xullo , Lingua galega
Hai cancións moi fermosas, como é o caso de "Everything I do, I do it for you" de Bryan Adams, que sirven para expresar moitos sentimentos en moi poucas palabras. A ésta so lle falta dicir "contigo ata o fin do mundo". O mesmo acontece con outras cancións, xa o sei, pero esta balada sempre me gustou. Ademais de sentimento ten esencia. Aproveito para adicarlla a unha gran persoa que hoxe cumpre anos e que sei que tamén lle encanta. ¡¡Que teñas un gran día de celebración pois merécelo moito!!
Nota: A de Bryan Adams principia no minuto 2:47. As outras tamén están ben, en especial o temazo de Robbie Williams que empeza a continuación da de Bryam Adams.
Posted by Julio Torres 5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , música , opinión , vídeos e xogos
¿ Interlocutores vs. tema? Non sei... É una cuestión difícil. Dependerá do momento, da circunstancia. Na vida, algúns interlocutores dos que non esperaba gran cousa téñenme dito verdades desas que saen da alma. E como saen da alma tamén chegan moi a dentro porque, anque sexan referidas a realidades moi duras, encerran una sinceridade moi auténtica, case desgarradora.
Logo, están os interlocutores cos que falo por puro compromiso, aínda que me interese ó tema, pero dos que estou desexando afastarme e mandalos a paseo, por dicilo finamente. Tamén hai outros cos que falo porque me resultan divertidos, anque sei que son conversas moi superficiais. Outros interlocutores son completamente inexpugnables, no sentido de que teñen máis capas que una cebola. Son coma matrioskas, é moi difícil chegar a coñecelos. Tamén teño outros interlocutores absolutamente fascinantes cos que solo podo falar en contadas ocasións porque anque teña boa relación con eles tamén existen moitos factores en contra para poder ter un trato cercano con eles.
En fin e rematando, o caso é pasalo ben e ter moi claro que se pode esperar de cada un deles. Moitas decepcións poderíanse evitar se fóramos capaces de apreciar nitidamente o grao de implicación persoal dos nosos interlocutores. Cousa nada sinxela nun mundo no que a hipocrisía e a falsidade se converteron nuns valores case sagrados. Porque tamén confeso que teño falado de temas completamente insustanciais con xente que a nivel persoal me demostrou ser peor que as ratas de cloaca, familiares principalmente.
E para o final, deixo os meus mellores interlocutores, os que superaron a proba do algodón moitas veces, eses que son persoas íntegras cos que falo por puro placer, do que sexa, da igual, fanme rir, son optimistas, recárganme as pilas e por riba son auténticas enciclopedias parlantes
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións ALVARIÑO , opinión , sociedade
Nubes oscuras, frías, perturbadoras da tranquilidade desafían con entrar no Edén, fórmanse no horizonte e non concibo a posibilidade de que sexan reais. Igual é unha alucinación, froito deste deslumbrante sol que me aloumiña, e me fai sentir tan feliz; igual collín unha insolación de felicidade aquí, no Edén... Pero non, podo notar os fríos ventos que se aproxima, e alí están, espectantes, esperando, dubidando do rumbo que han de tomar, como un exército de malos sentimentos, de dor e desolación ás portas dun castelo que queren derrubar: O meu Edén... Vanse acercando e entón un chisco de esperanza alcanza a miña alma.. E posible, tal vez, que collan outro rumbo e nos deixen tranquilos no noso remanso de paz e felicidade? Sexa ou non posible, a tranquilidade cambiou para converterse en dor, unha dor de posible perda do sol... Non! Tranquila, ainda as nubes non están enriba de nós, ainda poden mudar de dirección, pero pouco a pouco se van acercando, amodo...
Que angustia! Que desesperación! A espera, a eterna espera do posible e do imposible, do tal vaez e do quizais... A esperanza é o último que se perde..., o vento ainda pode facer que as nubes viren e non cheguen nunca ao Edén...
E sei, que ainda que ao final a amenazadoras nubes nos alcancen e descarguen a súa dor e o desacougo sobre nós, o rexio sol do Edén se agocha tras delas e nalgún momento, máis tarde ou máis cedo, as nubes desaparecerán e deixarannos disfrutar de novo do astro rei en todo o seu esplendor, que nos curará as feridas, como tantas veces fixo, que nos aloumiñará cos seus raios as nosas doridas almas e volverá a enchernos o corazón de sorrisos e alegrías, de cariño e felicidade. Xa non seremos os mesmos de antes da gran tormenta pero aquí seguiremos, coa esencia que permanece fiel sempre aos seus principios e sentimentos, coa alma sempre disposta a loitar e a ser feliz....Reconstruiremos o Edén.
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Mary Camiña , saúde e natureza
Di o cantante arxentino Coti: "Antes que ver el sol, prefiero escuchar tu voz" . Persoalmente penso que hai conversas que son tan boas como o propio sol, que nos iluminan tanto ou máis, que nos permiten aprender, lembrar ou que nos permiten disfrutar dunha boa compaña (algo que por sí so ten moito valor). Hai dous ingredientes básicos nunha boa conversa: sobre todo os interlocutores que participan nela e, so logo, o tema. Pouco se pode facer nunha conversa se nos sentimos incómod@s co noso interlocutor/a. Como xa dixen noutra ocasión, os silencios poden ser molestos, indiferentes ou cómplices. As conversas agradables flúen por si soas e case da igual o tema.
.....................................................................................................................................SANXENXO. Julio TorresPosted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , música , opinión , sociedade , vídeos e xogos
Contaxio de penas
poucos agarimos
quen dera apertarte
quen dera, meu amigo.
Coñecer o mundo
no que vives, vivo
en profunda ansia
de entrar e sentilo.
Collereiche as mans>
sucias de aloumiños
e as pegadas mornas
seguindo o camino
deixarei ás portas:
pisa onde eu piso.
Se me ves lonxe
perdida do sitio
descifrando mapas
arredor do limbo,
non sintas o medo
porque te respiro
e malia a distancia
viaxarei contigo.
Posted by Julio Torres 5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Estrela de Xullo , Relatos e composicións feitas para A.L.M.
Un sorriso nos beizos
e no corazón un gozo intenso.
Mirando os teus ollos feiticeiros
perdo a noción do tempo.
Unha caricia, unha insunuación,
un aloumiño e un sentimento,
unha nova sensación
que cambiou o meu firmamento.
Nos teus brazos protexida,
síntome flotar nun mar de ledicia,
sentindo as túas caricias,
bebendo o amor que me enfeitiza.
Un fitarme con dozura,
nun mundo de fantasía,
Un momento de loucura,
un desexo que me desafía.
Pouco a pouco saboreándote,
sen presas nen censuras,
o meu corpo entregándose,
olvidándose da cordura.
Tremores que me fan xemir,
de gozo e desesperación,
sentíndo cada centímetro de tí
non querendo separarme, non.
Quero sentir, sentir,
e sempre unida a tí estar,
non pensar e só sentir,
nunca este momento acabar.
Entre suspiro e xemido,
os nosos corpos se entenden,
parecen perder o sentido,
piden máis e máis teñen.
E nunha perfecta unión,
as miñas entrañas,
oh, maravillosa sensación,
de doce mel bañas.
E cun sorriso nos beizos,
e os corazóns entrelazados,
no mesmo leito,
os nosos corpos sosegados.
[© Mary Camiña]
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Mary Camiña , Relatos e composicións feitas para A.L.M.
Porque hay bombillas que se funden antes de cumplir su función, al menos por una vez, también hay historias que se acaban casi sin empezar. El propósito es cambiar dudas por certezas, siempre antes de salir mal parado. Porque a ciertas edades no vale la pena perder el tiempo con quién no esté dispuesto a perderlo contigo. Ese "Je ne sais pas..." que se da sólo de manera bipolar. Que sin darnos cuenta pasó de ser una ilusión para uno y una falta de fe para otro, en una rutina víctima de la distancia, o de las pocas ganas... Pocos días... muchas horas... miles de palabras... que al final sólo son cenizas, de algo que nunca existió. Y que se irá enfriando poco a poco, sin darnos cuenta, dejando paso a un escaso recuerdo.Tan sólo una triste historia que contar, a modo de anécdota.
Una complicidad que dejamos en una casa de empeños, para comprar una baraja, en la que reyes disfrazaban a reinas de comodines creyendo que éstas no se daban cuenta de la jugada.
Posted by Julio Torres 4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS amor e amistad , colaboracións Romi , música , Relatos e composicións feitas para A.L.M. , vídeos e xogos