** O paradigma do amor
por tí lles preguntaba,
por si tamén tí as mirabas,
querendo saber se en mín pensabas.
Un trociño do meu corazón,
pregaba ao ceo que de mín te lembraras;
mentras desexaba que foses feliz,
coa persoa que escolleras ter ao teu carón.
Porque o amor éche así,
non entende de coherencias nin de razóns,
quere e sinte, quéreo todo para sí,
e desexa para o seu amado o mellor.
Sempre no meu lugar facendo o correcto,
vivindo unha vida de mundo perfecto.
Canto a liberdade do vento envexaba,
para poder decirche o moito que te amaba!
Quérote sen poder querete,
ámote sen poder amarte,
non chorei por perderte,
non reirei por de novo verte.
Encontrei a felicidade sen terte ao meu lado,
desconcertada estou por volverte ver,
o meu corazón está desacougado,
en realidade nunca te deixei de querer.
Volven, despiadados,
en contra da miña razón,
os sentimentos do pasado,
sobreviven no fondo do corazón.
Dividida entre querer e non querer,
do pasado e do presente,
do presente e do ausente,
do que foi e do que puido ser...
Quérote comigo, e sen tí me quero ver,
son feliz contigo e sen tí tamén o serei,
quero a liberdade para o meu corazón,
para amar sen ter en conta a razón.
Paradigmas do amor,
o que non tiveches queres ter,
o que tés non queres perder,
amar é libre pero expresalo non.
.....................................................................................................................................
© Mary Camiña. SANXENXO
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Un amor contradictorio pero amor ante todo. Moi bo poema Mary.
Gracias, Julio. Este poema abríu na miña mente unha pregunta sobre a existencia da empatía a distancia, dende o punto de vista de sentir como se sente unha persoa que nen sequera se coñece e da que distas quilómetros, xa que foi inspirada no que supuxen que sentía alguén despois de ler un comentario, dunha liña, seu nunha rede social; e,cal sería a miña sorpresa cando, esa mesma persoa me comenta, ao ler o poema, que tivo a sensación de que estivera na súa cabeza... Foi unha experiencia realmente fascinante,..., incríble, xa que en ningún momento comentara nada ao respeto...
Non é a primeira vez que me pasa algo parecido, pero sí con alguén que non coñezo en persoa.
Saúdos.
Pois, moi bo, tamén.
Publicar un comentario