** O barrio alto de Lisboa cumpre 500 anos
O Barrio Alto de Lisboa cumpre 500 anos. Aproveito para recomendar visitar esta cidade, capital de Portugal. O castelo de San Jorge, a Torre de Belém, o mosteiro dos Jerónimos, a Alfama ou viaxar nos seus tranvías (entre eles o famoso 28), son so algúns dos seus atractivos. Cultura, tradición, gastronomía e historia, moita historia, agóchanse en Lisboa. O que non me gusta de Lisboa é o feito de que está case toda adoquinada. Con todo, din que o que non visitou Lisboa non viu cousa boa. Tamén vos recomendo coñecer á veciña Sintra cos seus palacetes, que non vos deixarán indiferentes.
.....................................................................................................................................Julio Torres
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
O Bairro Alto, ese lugar onde a vida nocturna de Lisboa esperta... Non sabía que tiña 500 anos, pero moi ben levados.
E polo que respecta a outros atractivos da capital portuguesa, eu tamén engadiría os pasteis de nata, ou pasteis de Belém. É unha delicia comelos quentiños, xusto cando saen do forno, botarlle un chisco de canela por enriba e compartilos (ou partilhá-los, como dirían os portugueses) en boa compaña.
Saúdos.
Publicar un comentario