** GRAZAS SYDNEY
Conozco una canción de África, que habla de la jirafa y de la luna nueva africana descansando sobre su lomo, de los surcos en los campos de cultivo y de las caras sudorosas de los recolectores de café. ¿Acaso conoce África una canción que hable de mí? ¿Se agitará el aire sobre la llanura con un color que yo he llevado? ¿O tal vez los niños inventarán un juego en el cual figure mi nombre? ¿Formará la luna llena una sombra sobre la grava del camino que se parezca a mí? ¿O tal vez me buscarán las águilas de las Colinas de Ngong?
(Memorias de África)
Morreu Sydney Pollack ós 73 anos en Los Angeles. Síntoo. Outra vez máis, foi o cancro o culpable. Estoulle moi agradecida a Pollack. Déixanos boas películas, entre elas a miña película favorita, Memorias de África. Vina tantas veces que xa perdín a conta. É curioso, pero esta película logra trasladarme no tempo. Cando a vexo, volvo a unha época moi concreta, finais dos anos oitenta principios dos noventa. 1987,1988, 1989, 1990, 1991. Así, enumerados son cinco anos nada máis. Para min non, para min son cinco anos de esperanza, de loita e de derrota. Os tempos de Memorias de Africa foron tempos de esperanza, despois..., tiven mala sorte e atopeime co lado máis fodido da vida ben pronto. A Pollack doulle as grazas porque Memorias de Africa sempre consegue que aflore dentro de min a esperanza, a forza necesaria para seguir adiante cando as circunstancias non veñen dereitas. Meu pai foi diagnosticado no ano 87 e morreu no 91. Sydney Pollack viveu 10 meses dende que os médicos lle puxeron nome a súa doenza. O cancro é implacable, non entende de idade nin de clase social. Desgraciadamente, hai para todos.
Estes días un grupo de científicos mandaron un cachivache a Marte para investigar ese planeta. Pode ser unha misión interesante, non o dubido. Pero aquí, na Terra, no noso planeta, ¿estarase facendo todo o posible por acabar con esta enfermidade? ¿terán os científicos todos os medios que precisan ó seu alcance? Teño as miñas dúbidas. En España maltratouse á ciencia durante moito tempo anque agora seica empezan a cambiar as cousas. Para os políticos, as Cidades da Cultura, por exemplo, son obras moito máis interesantes, máis vistosas para os stands das feiras de turismo. Logo, se non hai con que encher o “complexo” sempre se lle pode botar a man a unha ducia de pombas e facer un pombal de deseño firmado por arquitecto estranxeiro, porque nin sequera lle encargaron a obra a un artista do país. Curioso, para facer os planos da Cidade da Cultura ¿Galega? trouxeron un arquitecto de fora. Algo falla. Parece que en vez de tanto “complexo” ó mellor facíanos máis falta outra facultade de arquitectura, de medicina, de bioloxia, un laboratorio,...
UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: mariam
Gran colaboradora de A Lareira Máxica