xoves, 1 de maio de 2008

** Chegou á hora: A Lareira Máxica cumpre 2 anos

A Lareira Máxica está de cumpre. Celebra o seu segundo ano de vida. Hai 366 días, o 1 de maio de 2007 , ALM cumpría o seu ano de vida e contábavolo neste post, como se dun pai primeirizo se tratase o tema. Dicía que o cativo se facía maior e cumpría un aniño. Ben, pois hoxe, o cativo xa sabe falar, xa ten moitos dentes e xa botou a andar. O triciclo debe esperar polo de agora. Tempo ó tempo.

Neste último ano, novos colaboradores se sumaron a este blog que pretende ser un blog de temática mixta (agás de política) colectivo e que se preste á reflexión e á opinión, partido das miñas e das vosas suxerencias. O camiño non é fácil, pero hai que darlle tempo ó tempo, frase que tanto utiliza un servidor. Realista.

¿Cambios que sufriu a ALM? Quixera salientar que o blog rediseñouse no mes de Setembro de 2007. Nesa data o blog pasou a contar cunha nova sidebar ou columna lateral máis, sumando así un total de dúas. Era unha aspiración que tiña, co gallo de reordenar enlaces e outros contidos. Obxectivo cumprido.

O contador de visitas, case duplica as do ano pasado por estas datas. Se temos en conta que durante os meses de agosto e setembro o blog tivo que estar parado, coido que é unha boa cifra, se ben o que me importa máis é a vosa participación. E falando de participación, e como de ben nacidos é ser agradecidos, quixera agradecer ós novos colaboradores ou comentaristas de ALM como Alvariño(activo colaborador e contador de historias cotiáns), Eifonso Lagares, Toupeiro, Guillermo Pardo, Félix Soria, as Entrenómadas, Breogain, Drosophylum, o Moucho, Ad astra per aspera (ex- Una mujer desesperada), Polizón (¿que sería del/dela?), entre outros, adoiten visitarnos e participar en maior ou menor medida.

Mención especial quixera facerlle a Patri Loureiro, que me veu axudando a administrar o blog ata hai poucas semanas. Desde octubre e ata principios de abril a súa axuda fixo que A Lareira Máxica se actualizase con periodicidade ó encargarse da súa administración. Sen ela, e por motivos persoais/laborais do que vos escribe, ALM actualizaríase moi de cando en cando. Tras seis meses, Patri déixanos porque a familia e o traballo impídenllo. Enténdoo perfectamente. Antes pasoume a min, agora pásalle a ela. Prometeume que de vez en cando se pasará por este lar e, quen sabe, pode voltar a participar máis activamente. Sei que, como a min, non che gustan as despedidas e por iso non nos quixestes dicir nada. Paradoxas da vida, o teu último post foi unha canción alegre de The Pogues. De todo corazón gracias pola túa inestimable axuda e espero contar novamente contigo, amiga.

A tódalas persoas anteriormente citadas, debo sumar ós que xa veñen participando desde o primeiro ano de vida de A Lareira Máxica e continuaron no segundo. Salientar, en especial, ás dúas Marías: María e mariam (o da minúscula é para diferenciar e non confundir cos nomes, que me perdoen os académicos da lingua), pero tamén a Raquel, Sonia, Romy (a primeira comentarista de ALM), Calypso, José Manuel Freijeiro (Por certo: ¿que foi destes dous últimos?), entre outros.

Disculpas a tod@s aqueles d@s que me poida olvidar. Non é a miña intención. A vós tamén vos inclúo.

¿FUTURO? O meu obxectivo é seguir como ata agora, pero tentando mellorar no posible como sempre. O gran desexo sería poder poñer unha versión en galego e outra en castelán, pero vai ser TAREFA MOI COMPLICADA. Os meus coñecementos de programacións son MOI LIMITADOS. Agás que cambie de plataforma e abandoe Blogger, véxoo moi difícil. Se alguén sabe como podería facer para poñer dúas versións galego/castelán que fale agora ou que cale por sempre. E hoxe por hoxe, cambiar de plataforma é complicado porque non dispoño de tempo suficiente para familiarizarme con outro tipo de funcionamento. Bloogger é moi sinxelo e iso tamén pesa...

Outro gran desexo é conseguir que a xente que visita o blog pero que non comenta nin escribe posts o faga aínda que sexa paseniñamente. Gustame que a xente participe e comente. Sempre que haxa respeto nas opinións, todas son benvidas. E se son diferentes, mellor, pois aportan diferentes puntos de vista, o cal contribúe a enriquecernos a todos e todas.

As seccións seguirán as mesmas. Seguramente se vaian introducindo novas. Unha delas gustaríame que fose sobre fotos antiguas que sexan documentos vivos. A proposta realizoume mariam e a min gustoume moito, como tódalas que adoita facer.
Vou tentar, iso si, de que OS MEUS POSTS, sexan menos longos e pesados. E como teño que empezar a aplicarme o conto, pois vou rematando. So me resta dicir que MOITAS GRACIAS a tod@s e estou aberto, como sempre, ás vosas suxerencias para axudar a mellorar A Lareira Máxica.



"A cultura é a boa educación do entendemento" (Jacinto Benavente)

Un saúdo,
Carpe Diem



UN ARTIGO ESPECIAL ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

12 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Rosa dixo...

Parabens. Sempre veño e leo mais non escribo porque o meu galego ainda non e moi bon.Estou a facer o CELGA e o teu blog serveme para practicar. Desculpa os meus erros.

Patricia Loureiro dixo...

Muitas felicidades Julio e muitas gracias polas túa verbas. Como ben dis aborrezo as despedidase por iso non quixen dizer nada.
A experiencia de coadministrar ALM foi inolvidábel. Sei que querías que continuase i es es coñecedor que nestes intres éme totalmente imposíbel, pero non desboto nun futuro voltar. A tódolos visitantes de ALM vounos botar de menos. Agora entendo o de que é algo vicioso o dos blogues.
Desexo que ALM siga crecendo e sega alumeando por muitos anos.
Biquiños, Patri.

Anónimo dixo...

Moitas feicidades.
Espero seguir leendo este blog pasados moitos anos.

Anónimo dixo...

Pois parabéns polo segundo ano de vida da Lareira Máxica, non adoito a escreber moito, son máis deses visitantes anónimos que non deixan rastro... :) pero non podia deixar pasar sen darche as miñas felicitacións, no meu caso, "A ponte vella" fará cumprirá o seu primeiro ano de vida a finais deste mes de Maio.

Un saúdo blogueiro

Eifonso Lagares dixo...

Muchas felicidades y a continuar, es un placer visitar tu blog. Y muchas gracias por tus visitas y comentarios.

Un saludo y Carpe Diem. Nos leemos.

Anónimo dixo...

Felicítote sinceramente y confío en que sigas moito tempo connosco. As ideas que serven para min poida que non servan para ti, de xeito que o millor é que aprendas a millorar facendo camiño. De todos os xeitos, se che serve, direi que ALM paréceme un tanto apretada, con moito contido que o fai lento á hora de baixalo. Se o alivias conseguirás que acceder á páxina sea máis doado e rápido. Xa sabes que o tempo non sobra... Unha aperta e a seguir adiante.

Julio Torres dixo...

MOITAS GRACIAS, de todo corazón, a Rosa, Patri, Toupeiro, Breogain, Eifonso e Guillermo.
É todo un pracer tervos como lectores.

Gracias Guillermo polo consello. Terei que pensar qué facer. Non é fácil por culpa das tres columnas do blog.

Carpe Diem

Anónimo dixo...

¡Moitas felicidades e que cumpra moitos máis! Tamén aproveito para darlle as grazas a Julio por crear un blog persoal con vocación de proxecto colectivo. Un saúdo, Mariam.

Anónimo dixo...

Súmome ás felicitacións aínda que sexa tarde.
E grazas Patri, polo tempo que estiveches con nós.
Un bico a todos e parabéns á lareira.

Julio Torres dixo...

Gracias Maria e Mariam!!! Sen vós e sen Patri, A Lareira Máxica tería estado desértica nos últimos meses.

Anónimo dixo...

Muchas felicidades Julio, un abrazo desde a Fonte de Ons.......

Julio Torres dixo...

Gracias, amigo. Unha ledicia a túa visita. Outro saúdo moi grande para A Fonte de Ons.