domingo, 18 de maio de 2008

** A.L.M. precisa de fotos antigas para publicar

Foto de Manuel Ferrol encadrada dentro da  temática da emigración galega no século XX

Quero crear unha nova sección en A Lareira Máxica na que se poidan publicar fotos antigas (non necesariamente en branco e negro) que sexan documentos que falen por sí sos ou que teñan un valor de memoria histórica. Valen fotos persoais, familiares, de lugares, obxectos, etc., sempre e cando teñan algúns aniños e nos sirvan para lembrar cómo era a sociedade hai tempo.

Esta sección foi proposta pola nosa gran colaboradora mariam (UN SAÚDO AGARIMOSO mariam) quen poñía como exemplo a famosa foto daquel home que se despedía chorando cando ¿un familiar? estaba a piques de embarcar para emigrar a América (foto que ilustre o post e que baixei de internet). Unha foto moi recurrente e histórica cando se fala da emigración galega.

Gustaríame moito recibir as vosas fotos. En caso de dúbidas enviádemas igual. En principio basta con que sexan antigas e sirvan para apreciar os cambios que houbo na sociedade vale (p.ex.: modo de vestir). No caso de que as fotos non sexan vosas, por favor, identificade de quen son (se son de internet, poñede que as quitástedes de alí, cando menos). Tamén me vale suxerencias de páxinas onde hai fotos destet estilo. E, se podedes, correde a voz desta petición. Confío nas vosas aportacións. MOITAS GRACIAS.


A foto deste artigo pertence a MANUEL FERROL

LEMBRADE: alareiramaxica[arroba]gmail.com (substituír [arroba] por @).



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Ulmo de Arxila dixo...

Moi boa idea a desta sección! Conta coa nosa modesta colaboración.

Julio Torres dixo...

Gracias Ulmo pola túa visita, polo comentario e pola túa futura colaboración.

Anónimo dixo...

É unha iniciativa cojonuda; pena non terner ningunha foto para poder cooperar.

Anónimo dixo...

Ola!
Deberiades ter en conta o tema dos dereitos de autor.
A foto que poñedes de Manuel Ferrol, por moi coñecida que sexa pertence aos herdeiros da súa familia.

Lembro que nun anuncio publicitario que tiven que facer para a revista galega de libros "Biblos", tívena que utilizar e houbo que falar coa filla daquel. No anuncio houbo que poñerlle "Foto: Manuel Ferrol". E vós, aínda que non o consultarades deberiades poñer ese texto.

Sei que pode parecer moi brusco, pero por moi coñecida que sexa unha foto, non quere dicir que estea libre de dereitos.

Saúdos!

Julio Torres dixo...

Corrixido. Se non puxen o nome é porque descoñecía a súa autoría. Gracias por dicilo.

Anónimo dixo...

Julio

Eu non seu dia xa fixen un post falando de Manuel Ferrol e maila súa foto, aqui tes información se precisas
http://apontevella.com/archives/413

un saúdo desde Pontevedra

Julio Torres dixo...

Gracias Breo!

Recomendo o artigo do que fala o noso amigo Breo. Descoñecía a historia concreta da foto. So sabía que era da emigración. Xa se sabe que nunca te acostarás sen saber unha cousa máis.

Por certo, tamén recolle Breogain no seu blog, "A Ponte Vella" (tedes acceso directo desde A Eira dos Blogs de A.L.M. ó final da colummna dereita), a referencia da web de Manuel Ferrol, a cal recomendo visitar. MOI RECOMENDABLE A SÚA VISITA, pois hai fotos moi boas e antigas.

Se sabedes doutras páxinas no que se recollan fotos antigas de persoas, monumentos, paisaxes, obxectos,etc. ou se tedes fotos vosas antigas, AGRADECERÍA A VOSA AXUDA.

O que trato de facer é ir publicando fotos, co nome do seu autor. E se sabedes a historia da foto, mellor que mellor.

A finalidade de todo isto é a de lembrar tempos pasado porque coido que axudaría a extender a cultura e sería moi didáctico para todos. E, de paso, como o caso do artigo de hoxe, a apreciar a extraordinaria labor levada adiante por persoas como MANUEL FERROL.


Non necesariamente ten que ser sobre Galicia.
DE NOVO, GRACIAS.