xoves, 22 de maio de 2008

** Emilio Aragón: De Milikito a presidente de La Sexta

Situémonos. Década dos 80. Programa de humor de TVE "Ni en vivo nin en directo". Humorista: Emilio Aragón (= Miliquito). Tralo seu paso polo mundo dos paiasos con Con Gaby, Miliki ou Fofito e, quizás en menor medida, con Fofó e Rody- en "Había una vez un circo" (incluso chegaron a facer películas), Emilio Aragón independízase artísticamente. Un dos fragmentos míticos daquel programa da tarde dos domingos cheo de skteches era o de "Siga la línea blanca". ¿Non vos acordades?. Pobre home que non paraba de andar e de sortear os máis insospeitados obstáculos. Non me lembro do último programa... Máis tarde virían as súas participacións na radio "Chispa y Humo" (Cadena 40), ou de presentador en Telecinco con "Vip Noche" ou en Antena 3 con "El gran juego de la oca" (acompañado por Lydia Bosh e a viguesa Patricia Pérez). De por medio, a súa incursión como cantante música con aquel tema "Cuidado con Paloma" (que es de goma). Anos despois sería o protagonistas de series ("Médico de Familia" ou "Javier ya no vive solo") ou presentador de "El Club de la Comedia", entre outros, ata chegar a ser o presidente da canle "La Sexta"....

Sempre me encantou o humor e o bo facer de Emilio Aragón. Un home polifacético e multimedia. Disfrutade cos mellores momentos de "Ni en vivo nin en directo" e con outras intervencións antigas de Emilio Aragón. Documentos históticos, sobre todo o de seu debuto como paiaso: en branco e negro. Que rápido pasa o tempo, se parece que foi onte!!!


Ni en vivo ni en directo - Siga la linea blanca


El Gran Juego de la Oca



Milikito (1)



Milikito (2) -É o que toca o órgano ó fondo á dereita-




UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Hai que ver como ascenden algúns; por certo creo que emilio aragon ten na súa familia algun mal rolo.
Como artista é un fenomeno.

Anónimo dixo...

Estou de acordo contigo. O xenio dos Aragón espallouse a este Emilio, que me parece non só un gran artista, senón unha grande persoa. Saúdos.