martes, 20 de maio de 2008

** Unha cancion marchosa de Blondie para as María

Encántame a canción de Blondie titulada "María". E como hai dúas grandes colaboradoras de A Lareira Máxica do mesmo nome, pois o seguinte videoclip vai adicado a elas, a María e a mariam (que en realidade, tamén se chama María). Agardo que vos guste. Gracias pola vosa inestimable colaboración tanto realizando artigos como facendo comentarios e suxerencias.
Carpe Diem
Julio


5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Moitas grazas!!!
Non lembro se xa antes alguén me adicara unha canción, pero en calquera caso, sempre agrada.
Este Juliño sempre tan atento.

Julio Torres dixo...

De nada. Faltaría máis, María.
Un saúdo, amiga
Carpe Diem

Anónimo dixo...

Graciñas pola canción e polo saúdo agarimoso do outro día. Se queres, e tes tempo, tamén poderías enviarme un cargamento de enerxía. Estou coa alerxia ó polen e literalmente non podo coa alma. A verdade, non sei si son peores os efectos da alerxia ou os efectos secundarios de todos os medicamentos que tomo para controlar os síntomas da alerxia. En duas palabras: ¡un asco!. Teño conxuntivite e non podo estar moito tempo co ordenador. Saúdos para todos e xa nos leremos cando me atope mellor.

Anónimo dixo...

Aisss Mariam, os efectos colaterais da primavera. Sintocho. Ponte boa pronto.

Julio Torres dixo...

Desde aquí envioche moitísimia enerxía positiva. Desexo que te poñas boa moi pronto. Os lareireiros botámostes en falta.