sábado, 10 de maio de 2008

** ¿Cal é o nome máis frecuente nesta sociedade?

O nome máis común que hai nesta sociedade non é Manuel, nin José. Tampouco María, Ana ou Miguel. E moito menos nomes benalíes estilo Kevin, Jonathan, ou calquera outro nome composto ou entresacado de Hollywood ou da incipiente Novelawood. NON. O nome máis usado nesta nosa España non é inocente como un neno que acabe de nacer. NON. É un nome de pel de cordeiro pero mirada complexa e eternamente profunda, capaz de deixarnos asolagar nos seus maquiavélicos e oscuros intereses ata afogarnos coa súa mera presencia e sorrirnos namentres que nos crava o seu coitelo por detrás.

NON é nome de home nin de muller. NON. É un nome hermafrodita. Tanto é de home coma de muller. Non figura en ningún D.N.I. pero si no interior das persoas que o adoptan. Hai centos, millleiros, miles de milleiros... É un nome tan falso, como falso é o que se fai acreedor del. SÍ. Poidera soar bonito pero a súa connotación é claramente negativa e maligna. Mellor sería que te foses algún día e nos deixases en paz. Nomes coma o teu deberían cotizarse á baixa e non á alza. Debería haber menos, pero nembargantes non paran de reproducirse cada día. ¿A que sí HIPOCRESÍA...?



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Unha gran verdade. E o segundo a envexa.

Anónimo dixo...

E o terceiro cinismo

Anónimo dixo...

Sí, unha gran verdade, estou dacordo con todos. Penso que sin darnos conta, somos moitos os que nalgún momento caimos na hipocresía, na envexa e o cimismo, forma parte da socieade, triste pero real, e quizá de ahí tamén aprendemos a mellorar.
Eu engado outro gran problema da socieade o egoísmo, o afán desmesurado de ter (sen imporar o cómo?) que moitas veces acompañado do orguño excesivo leva a moitos grandes males da socieade