venres, 29 de maio de 2009

** Reformas no Bernabéu para poder gañarlle ó Barça


Preme na imaxe para agrandala



IMAXE HUMORÍSTICA ENVIADA POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica

** Bueno, malo o jodido. Lección Magistral


Fai click na imaxe para vela máis grande



IMAXE HUMORÍSTICA REMITIDA POR: Ana I.
Colaboradora de A Lareira Máxica

mércores, 27 de maio de 2009

** TRIPLETE HISTÓRICO DO F.C.BARCELONA!!!!

UN ANO EXCELENTE. UN 10 REDONDO. O F.C.Barcelona gañouno todo este ano, ou sexa os tres títulos: Champions League (Copa de Europa), Liga e Copa do Rei. É a terceira Copa de Europa para o Barça, logo das conqueridas en 1992 e 2006. Un extraordinario partido no que lle gañou ó Manchester por 2-0, goles de Etoo e Messi. Nunca antes un equipo español gañara na mesma temporada os tres títulos, e en Europa é o quinto que consegue os tres títulos (Liga do país, Copa do país e Copa de Europa). Nos anos 60 foi o Celtic de Glasgow, nos 70 o Ajax de Amsterdam, nos 80 o PSV Eindhoven e nos 90, o rival dos azulgranas na final de hoxe: o Manchester United.

Triplete de títulos totalmente merecido polo conxunto azulgrana que despregou un extraordinario fútbol nas tres competicións esta temporada. Chapeau ós futbolistas (por certo, no once titular, sete dos once xogadores formáronse na canteira do equipo barcelonista) e chapeau a un técnico debutante de nome Guardiola, mítico futbolista culé e, agora, mítico adestrador. O ano pasado entrenaba en terceira e este ano, conqueriu os tres títulos. Ningún adestrador de ningún equipo grande pode dicir isto na tempada do seu debut en primeira división.

Ano histórico e inolvidaba para o F.C.Barcelona e os seus aficionados, entre os que me inclúo. A disfrutalo, que so pasa unha vez na vida!!



ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica


martes, 26 de maio de 2009

** Con etiqueta de gran reserva. Naturalmente

Non, non falo de viños, senón da magnífica noticia de que o Parque do Xurés (na provincia de Ourense) e a Illa de Fuerteventura, acaban de ser declaradas reservas naturais da Biosfera pola UNESCO. Desta maneira xa son 40 reservas naturais da biosfera declaradas en España. A día de hoxe a nivel mundial hai 551 lugares que ostentan este distintivo. A natureza está de noraboa, nunha sociedade enladrillada ata enriba do mar. Ougallá que a lista da UNESCO siga a incrementarse e se premie aínda máis á natureza. Gañamos todos (menos os inconscientes é avaros cartos en mans alleas ó sentido común da vida).

domingo, 24 de maio de 2009

** Un reencontro rexuvenecedor

Hoxe, de xeito casual, reencontreime cunha boa amiga, a cal non vía desde hai 7 anos. Nin máis nin menos. Unha moi boa amiga arousana que estivo vivindo noutro país varios anos. Hai tres voltou a Galicia co seu home e co seu fillo. Nos poucos minutos que tivemos ocasión de falar rexuvenecín en idade. Será que nos facemos vellos, será por poñernos ó día das nosas vidas ou lembrar os bos momentos vividos e os amigos comúns. "¿Non te acordas de cando unha vez...?" "Que tempos aquéles!", "¿que foi de...?" e tantas e tantas preguntas, recordos, anécdotas, preocupacións, plans ou alegrías compartidas.

Hai algunhas persoas que nos deixan unha pegada moi profunda. O desta amiga é un claro exemplo: persoa afable, simpática, divertida, que irradia optimismo, amiga dos seus amigos, que sabe escoitar, e que domina o inglés ás mil maravillas. O tempo é ouro pero non volta atrás. Hai un minuto xa é tarde, unha hora xa é moi tarde. Mágoa que non o fixese aínda que so fora unha vez na vida...Nada hai máis grato que reecontrarse con boas persoas e bos/boas amig@s, éses cos que pasarías horas e horas falando e nin te enterarías porque son como da familia.

Moralexa: CARPE DIEM (Goza de este día, aproveita o momento). Mañán é outro día, sí, pero ¿cómo será?.

venres, 22 de maio de 2009

** Los videojuegos frente a la crisis

En la Voz de Galicia aparece un estudio que dice así: "Nintendo evita la crisis y registra récord de ventas y beneficios".
También se ha visto que la empresa gallega de telecomunicaciones Blu Sens, está creciendo y expandiendo su mercado favorablemente. Por lo visto las tecnologías como los videojuegos y mp3, etc., son mas requerídas en tiempos de crisis, ya que mucha gente al no salir tanto de casa, busca entretenimientos que lo absorban en sus ratos libres. Personalmente cuando era joven y no tenía dinero, me compraba un juego de estrategia, para pasar las horas entretenido, sin tener que recurrir a la caja tonta. Debo añadir que es preferible un juego de ordenador o cualquier consola, a pasar las horas delante del televisor, pues puedes estimular la mente o mantenerla activa. Y si no lo mejor es salir a pasear con tus amigos, (quien los tenga), y convivir con otras personas. Como digo yo: El hombre es un animal que vive en sociedad. Cualquiera que rechace vivir en sociedad con otros, comete un grave error que se paga con el tiempo.



ARTIGO-OPINIÓN REMITIDO POR: O Moucho
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

mércores, 20 de maio de 2009

** Os premiadores premiados

Teño a convicción que moitas veces os premios non os levan quen máis os merecen senón aqueles que convén que os leven. Explícome: Hai premios tipo Príncipe de Asturias de X cousa, ou Premios X de Literatura ou moitos outros premios sobranceiros -ou con aspiracións a selo- que elixen como premiados a persoas que fixeron méritos, pero que están moi por debaixo doutras, quizás non tan coñecidas, pero máis efectivas e acreedoras de tan codiados galardóns. Entón ¿por qué llo dan a outr@s?. Teño unha teoría e agardo que, sinceramente, me digades o que pensedes. É ben sinxela: moitos xurados premian a figuras ilustres máis por darlle realce ós propios premios que por xusticia. Ou sexa: para gañarn prestixio na sociedade empregando un "efecto feed-back" ou de retroalimentación. Non quero dicir que non o mereza a xente que é distinguida, so que habería persoas con máis méritos, aínda que non tan figuras de primeira línea. ´

Tamén coido que se tende a premiar o de canto máis lonxe mellor e menospreciar ó que se ten na casa. Acontece en moitas cidades e países. Parece que se premiamos ó de fóra, vamos a ser máis internacionais e, como efecto colateral, obteremos máis prestixio.

Sí , xa sei que de todo hai, pero non me negaredes que o que acabo de escribir non ten, cando menos, algo de razón. Gustaríame que opinarades ó respecto, sexa cal sexa a vosa opinión.



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

luns, 18 de maio de 2009

** Adeus a un dos grandes da literatura


Os fieles seguidores de A Lareira Máxica xa sabedes que hai dous escritores moi habituais nas seccións de O Recuncho Literario, na dos relatos e na das frases máxicas. Un é Jorge Bucay e outro é Mario Benedetti. Onte finou éste último, o xenial literato uruguayo que contaba 88 anos de idade. O seu legado perdurará de por vida e é amplo e moi rico. Podería escribir moito sobre Benedetti, pero se queredes máis información tédela aquí. Gustaríame despedilo con un dos seus poemas. Descanse en paz.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

domingo, 17 de maio de 2009

** Un maio de clara cor azulgrana: o F.C.Barcelona

Demorábanse brevemente en chegar os últimos minutos do sábado 16 de maio de 2009. Namentres Soraya Arnelas naufragaba no festival de EUROnoresteVISIÓN (nese concurso antes da canción hoxe político, de posta en escea,...menos da canción, do que hai anos Italia decatouse do seu froito baladí, amargo, e carente de toda lóxica musical), namentres o Real Madrid afogaba as súas penas en Villarreal e non era quen nin de empatar co equipo local, o F.C. Barcelona proclamábase campión da Liga de Fútbol de España, tan so tres días despois de obter o título de campión da Copa do Rey. O doblete dun equipo, o que mellor fúbol desplegou este ano en España e que incluso supere en calidade á aquel mítico Dream Team de Johan Cruyff. Un equipo que, incluso pode (se ben vai ser unha lotería e pode gañar calquera dos dous) conseguir o título de campeón de Europa ou da Liga de Campións de Europa. Outro día, se podo, gustaríame escribir máis sobre o PEP Team, un equipo adestrado por un técnico que empezou desde recollepelotas, triunfou como xogador e na súa primeira temporada en primeira división está acadando cotas inimaxinables.

Insisto que acadar o título da Champions contra o Manchester United o vindeiro día 27 en Roma vai ser moi difícil, sobre todo tendo en conta que hai xogadores do F.C.Barcelona moi importantes como Márquez, Henry e Iniesta que ou non poderán xogala ou xogarán entre algodóns, logo de apurar os días das súas respectivas lesións. Teño a intuición de que o Barcelona non a vai gañar, pero aínda así, este equipo será lembrado por sempre: un equipo que deixou atrás a Ronaldinho e Deco, pero que soupo traballar a alma de equipo. Porque un equipo non é unha mera suma de individualidades, senón unha conxunción coordinada.
Visca o Barça!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 15 de maio de 2009

** Os "beneficios" da crise económica

A crise económica, como case todo nesta vida, ten algunhas cousas boas. Remíteme a nosa colaboradora María esta noticia, na que queda demostrado que quen non se consola é porque non quere. E é que se ten efecto narcótico, como di o estudio, e por riba contribúe a diminuír o estres e ten tantos efectos beneficiosos para a saúde -como din outros estudios-, pois entón...E é que xa se sabe que cando hai moito tempo libre...E para mostra un exemplo doutra época: non hai tantas décadas non había televisións (ou había poucas) é a crise non era coxuntural senón permanente. Daquela época herdáronse familias numerosas, que digo numerosas: multinumerosas...

Doutro lado, temos este outro enlace no que se anuncia algo gratis para os parados . ¿Parece raro nestes tempos nos que non se regala nada e ata che cobran o aire para respirar? Pois ben esta medida vai facer subir ós ánimos de moitos (e indirectamente, quizás, moitas), amén de outras cousas...

Se está claro: non hai mal que por ben non veña, sobre todo cando o mal non é algo irreversible ou relacionado coa saúde.

P.D.: Como máis dun/dunha quererá saber cales son eses beneficios saudables de practicar o amor, Éstes seica son algúns dos beneficios de facer o amor. Sobreenténdese que con moderación. Tampouco convén abusar que, como todo nesta vida, os excesos tamén se pagan...



DOUS LINKS REMITIDOS POR: María
Colaboradora de A Lareira Máxica
Fonte: La Voz de Galicia


OPINIÓN FEITA POR: Julio Torres

mércores, 13 de maio de 2009

** As voltas que da o mundo.....


Remíteme un boa amiga unha viñeta de humor simpática sobre un tema serio. Tamén hai que ter un momento de respiro e que mellor que ésta viñeta gráfica moi ocurrente. Por suposto, a enfermidade en sí, ougallá se poida controlar e haxa vacunas eficaces axiña.

venres, 1 de maio de 2009

** A Lareira Máxica cumpre ¡¡¡3 anos!!!


A Lareira Máxica está de aniversario. Hai 3 anos destas horas creaba, sen saber moi ben para qué, o blog. Daquela non sabía o que era isto dos blogs. Hoxe sí o sei. E teño claro tódalas cousas boas que me reportou o fundar este blog. Claro que tamén hai cousas menos agradables, froito do esforzo que lle tiven que pór e as horas que tiven que invertir. Como non son ningún experto iso obrigoume a investigar e visitar moitos blogs para aprender a implementar cousas en A Lareira Máxica. É un traballo "invisible", como saben ben os blogueiros. Sen embargo, quédome coas cousas boas que me reportou a bitácora. As útimas: o segundo posto nos Premios 20 blogs 2008, na categoría de mellor blog en versión orixinal (lingua diferente ó castelán), organizado polo xornal 20 Minutos ou os premios simbólicos que outros compañeiros blogueiros me outorgástedes.

Quixera agradecer, de todo corazón, a toda esa xente que visita con maior ou menor frecuencia o blog e, en especial, ós que colaboran nel en forma de artigos que me envían ou comentarios que escriben nos artigos que se publican. Xa o dixen moitas veces: un blog sen lectores ou seguidores sería algo así como un diario persoal que so o lería o que o escribe. Sería como predicar no medio do deserto. A TOD@S: MOITAS GRACIAS. Anímosvos a seguir colaborando con A Lareira Máxica. Envíade artigos ou escribide comentarios, por favor.

Non sei o que durará este blog, pero ougallá que moito tempo. O día que deixe de actualizar, crédeme: o que máis o sentirá será servidor. Iso sí, motivos de peso terán a culpa. Hoxendía, o tempo que invirto na bitácora reduciuse sensiblemente por circunstancias persoais. E é que hai prioridades nesta vida. Loxicamente.

Déixovos este enlace para ver cómo era a A.L.M. en xullo de 2007, un ano e dous meses depois de crearse (ADVERTENCIA: hai imaxes que xa non se poden ver porque desapareceron dos servidores que a aloxaban). Agora xa ten tres anos e, como calquera neno, xa empeza a ir ó colexio. E é que sempre hai moitas cousas por aprender de tódalas persoas que colaboran e que son @s compañeir@s de cole. Sen eles, isto non sería o mesmo. ¡¡Gracias por estar ahí!!

P.D.:
Como sempre, haberá novidades paseniñamente.



JULIO TORRES
Coordinador de A Lareira Máxica