** Un reencontro rexuvenecedor
Hoxe, de xeito casual, reencontreime cunha boa amiga, a cal non vía desde hai 7 anos. Nin máis nin menos. Unha moi boa amiga arousana que estivo vivindo noutro país varios anos. Hai tres voltou a Galicia co seu home e co seu fillo. Nos poucos minutos que tivemos ocasión de falar rexuvenecín en idade. Será que nos facemos vellos, será por poñernos ó día das nosas vidas ou lembrar os bos momentos vividos e os amigos comúns. "¿Non te acordas de cando unha vez...?" "Que tempos aquéles!", "¿que foi de...?" e tantas e tantas preguntas, recordos, anécdotas, preocupacións, plans ou alegrías compartidas.
Hai algunhas persoas que nos deixan unha pegada moi profunda. O desta amiga é un claro exemplo: persoa afable, simpática, divertida, que irradia optimismo, amiga dos seus amigos, que sabe escoitar, e que domina o inglés ás mil maravillas. O tempo é ouro pero non volta atrás. Hai un minuto xa é tarde, unha hora xa é moi tarde. Mágoa que non o fixese aínda que so fora unha vez na vida...Nada hai máis grato que reecontrarse con boas persoas e bos/boas amig@s, éses cos que pasarías horas e horas falando e nin te enterarías porque son como da familia.
Moralexa: CARPE DIEM (Goza de este día, aproveita o momento). Mañán é outro día, sí, pero ¿cómo será?.
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A verdade que moi agradable atoparse con xente que fai tempo que non se ve, sobre todo se son amigos e deixaron marca na nosa vida.
Somos grandes afortunados.
Felicidades e bo día a todos
Publicar un comentario