venres, 15 de maio de 2009

** Os "beneficios" da crise económica

A crise económica, como case todo nesta vida, ten algunhas cousas boas. Remíteme a nosa colaboradora María esta noticia, na que queda demostrado que quen non se consola é porque non quere. E é que se ten efecto narcótico, como di o estudio, e por riba contribúe a diminuír o estres e ten tantos efectos beneficiosos para a saúde -como din outros estudios-, pois entón...E é que xa se sabe que cando hai moito tempo libre...E para mostra un exemplo doutra época: non hai tantas décadas non había televisións (ou había poucas) é a crise non era coxuntural senón permanente. Daquela época herdáronse familias numerosas, que digo numerosas: multinumerosas...

Doutro lado, temos este outro enlace no que se anuncia algo gratis para os parados . ¿Parece raro nestes tempos nos que non se regala nada e ata che cobran o aire para respirar? Pois ben esta medida vai facer subir ós ánimos de moitos (e indirectamente, quizás, moitas), amén de outras cousas...

Se está claro: non hai mal que por ben non veña, sobre todo cando o mal non é algo irreversible ou relacionado coa saúde.

P.D.: Como máis dun/dunha quererá saber cales son eses beneficios saudables de practicar o amor, Éstes seica son algúns dos beneficios de facer o amor. Sobreenténdese que con moderación. Tampouco convén abusar que, como todo nesta vida, os excesos tamén se pagan...



DOUS LINKS REMITIDOS POR: María
Colaboradora de A Lareira Máxica
Fonte: La Voz de Galicia


OPINIÓN FEITA POR: Julio Torres

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O moucho dixo...

En canto á primeira noticia, hai que decir que non só os artículos de sexo, son das cousas que mais se venden cando hai poucos cartos na casa. A venda de videoxogos, consolas, aparatos de música, ect, incrementouse considerablemente durante a crise. Isto é debido a que a falta de traballo, cartos e o aumento do tempo libre, fai que as persoas, busquen algo para rellenar o eses espacios do día que antes dedicabas a ir ó cine, ós bares, ir de compras, etc. Polo visto o sexo, sumase ó carro destas alternativas, dunha forma económica e familiar. Pareceme ben esta iniciativa, que en teoría fará que haxa unha relación de parella mais activa. É curioso, antes chegabas de traballar extresado e solo querías cenar e estumballarte un rato no sofá vendo a televisión tranquilo, sen que che moleste nin a túa parella. Visto deste xeito, “viva a crise” jejeje.
Polo que respecta á segunda noticia, decir que pareceme mais unha campaña publicitaria para potenciar no futuro a compra deste producto. Non creo que se dedique a regalar un producto a unha chea de xente, en paro, pois sería tirala casa pola fiestra. Creo que é puro marketin.
En fín, animo á xente a ter unha vida mais activa, sexualmente, non só en tempos de crise, sinon tamen, en tempos de bonanza, xa que é unha actividade moi positiva para as relación de parella. Ou eso dí todo o mundo, porque o que é pola miña parte ainda non tuven nin parella nin relacións sexuais con nadie. E eso que xa teño os meus aniños. Cousas de ser un Don nadie. Jejeje.

sonia dixo...

Está claro a todo o malo hai que verlle algo bo, e a todo o bo algo malo, je.

Ante a crise e malestar, hai que valorar o que sexa, para sair a flote e con ánimo, je, je