venres, 1 de maio de 2009

** A Lareira Máxica cumpre ¡¡¡3 anos!!!


A Lareira Máxica está de aniversario. Hai 3 anos destas horas creaba, sen saber moi ben para qué, o blog. Daquela non sabía o que era isto dos blogs. Hoxe sí o sei. E teño claro tódalas cousas boas que me reportou o fundar este blog. Claro que tamén hai cousas menos agradables, froito do esforzo que lle tiven que pór e as horas que tiven que invertir. Como non son ningún experto iso obrigoume a investigar e visitar moitos blogs para aprender a implementar cousas en A Lareira Máxica. É un traballo "invisible", como saben ben os blogueiros. Sen embargo, quédome coas cousas boas que me reportou a bitácora. As útimas: o segundo posto nos Premios 20 blogs 2008, na categoría de mellor blog en versión orixinal (lingua diferente ó castelán), organizado polo xornal 20 Minutos ou os premios simbólicos que outros compañeiros blogueiros me outorgástedes.

Quixera agradecer, de todo corazón, a toda esa xente que visita con maior ou menor frecuencia o blog e, en especial, ós que colaboran nel en forma de artigos que me envían ou comentarios que escriben nos artigos que se publican. Xa o dixen moitas veces: un blog sen lectores ou seguidores sería algo así como un diario persoal que so o lería o que o escribe. Sería como predicar no medio do deserto. A TOD@S: MOITAS GRACIAS. Anímosvos a seguir colaborando con A Lareira Máxica. Envíade artigos ou escribide comentarios, por favor.

Non sei o que durará este blog, pero ougallá que moito tempo. O día que deixe de actualizar, crédeme: o que máis o sentirá será servidor. Iso sí, motivos de peso terán a culpa. Hoxendía, o tempo que invirto na bitácora reduciuse sensiblemente por circunstancias persoais. E é que hai prioridades nesta vida. Loxicamente.

Déixovos este enlace para ver cómo era a A.L.M. en xullo de 2007, un ano e dous meses depois de crearse (ADVERTENCIA: hai imaxes que xa non se poden ver porque desapareceron dos servidores que a aloxaban). Agora xa ten tres anos e, como calquera neno, xa empeza a ir ó colexio. E é que sempre hai moitas cousas por aprender de tódalas persoas que colaboran e que son @s compañeir@s de cole. Sen eles, isto non sería o mesmo. ¡¡Gracias por estar ahí!!

P.D.:
Como sempre, haberá novidades paseniñamente.



JULIO TORRES
Coordinador de A Lareira Máxica

12 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dixo...

Felicidades Lareiriña!!!!!

migramundo dixo...

Confío en que nos sigas acompañanto durante moito máis tempo. O calor da túa lareira é sempre confortable e agradable. Apertas.

sonia dixo...

FELICIDADES AO GRANDE.

Gracias pola túa constancia e enerxía e moito ánimo para continuar.
Longa vida para a lareiramáxica. Realmente ten algo de máxico. É coma sentirse cómoda, cos artigos, coa xente que a visitades. Grazas.

ourensan@ dixo...

Noraboa! Sinto orgullo e sana envexa. E espero celebrar o próximo trienio.

M. dixo...

Parabéns, amigo Julio!

Julio Torres dixo...

María, Guillermo, Sonia, Ourensan@,M. gracias ós 5 polas vosas felicitaciones. Vós, ó igual que o resto de colabororadores ou visitantes tamén sodes parte do blog e, por tanto, tamén vos felicito. Digamos que é algo así -salvando as distancias- como un equipo de fútbol. Un entrenador sen 11 xogadores pois non fai nada.

Ourensan@ benvido a A Lareira Máxica. Esta é a túa casa. Estarei encantado de que nos visites e que, se o desexes, colabores con nós.

Ultimamente non dispoño de tempo, tan pronto como poida actualizarei o blog, non será por falta de cousas sobre as que escribir. O malo é o tempo.

Saúdos a tod@s.

P.D.: Saúdos tamén ós que estes días vos acordástedes do aniversario de ALM, en persoa ou por medio de sms ou outros medios.

J.Carlos Nesta dixo...

Felicidades e que dure moitos anos mais. :)

María dixo...

Canto tempo sen actualizar nen publicar nada, non? Todo en orde?

Julio Torres dixo...

Dj Mosto: Moitas gracias!!!

María: Sí, tés razón, levo moito tempo sen actualizar o blog, pero non porque me faltan temas sobre os que falar ou por falta de ganas, simplemente que non dispoño de tempo por cuestións persoais. Pero tranquila que moi pronto voltarei a publicar cousas, se ben de forma máis espaciada, por motivos alleos á miña vontade. Hai cousas que non se poden controlar. Tempo ó tempo. Gracias por preguntar, María. Bicos.

toupeiro dixo...

¡Felicidades! e que cumpra moitos mais.

JOSE dixo...

Felicidades Julio :

Te comprendo perfectamente. Hace unos meses estuve dos semanas en el hospital por motivos de salud y me precupaba mucho no poder seguir atendiendo mis blogs.

Yo creo que nosotros, los bloggers estamos haciendo una revolución de los medios de comunicación.

Utilizamos las herramientas que nos ofrece internet y con ellas trabajamos :
Noticias, musica, cine, educación, entreteminiento. Pero todo de una manera más humana, más de igual a igual, más democratica.

Mientras tanto los periodicos tendrán que pasarse a la edición digital, todas las emisoras de radio tendrán que oirse por internet, los canales de televisión tendrán que ofrecer sus programas por internet y hasta los politicos tendrán que tener sus blogs (sino, pobres de ellos).

Nosotros ahora recibimos poca compensación por nuestros esfuerzos, pero somos los pioneros de una epoca.

Un abrazo, yo seguiré colaborando con tu blog y con todos los que sean bien intencionados.

Julio Torres dixo...

Gracias Jose. É unha alegría contar coa túa colaboración. Por certo, estou dacordo co que dis dos bloggers.

Un saúdo, amigo
Carpe Diem