Amosando publicacións coa etiqueta colaboracións CALYPSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboracións CALYPSO. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de xullo de 2007

** QUE RABIA DA CANDO....!! Folletos

C ada día vemos publicados máis folletos redactados en galego. Ata aquí, moi ben. E claro, para iso, para impulsalo, a Xunta da subvencións a quen, ao fin, se decide a publicar a súa información en galego.Vale, ben tamén. O que xa non está nada ben é que os ditos folletos editados en galego non teñan que pasar un control de Política Lingüística [en fin, digo eu que non existe tal control polos fallos monumentais que encontramos nestes...].
Sen ir máis lonxe, hoxe atopei no meu buzón un folleto dunha tenda de mobles. E cal foi a miña sopresa (seguida de indignación) cando, xusto na portada e en tamaño grande, atopei

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    "estos prezos vante a convencer". Non é que eu sexa unha gran experta en lingua galega pero aínda así puxéronseme os pelos de punta. Por se acaso, lín outra vez o "titular" en cuestión, pero non tiña problemas de vista. Xa van varios fallos na primeira páxina. Ben, sigo lendo. Páxina 2: "montaxe gratuito". Hai que ver, se a todo o mundo - por pouco que saiba - lle vai soando o das excepcións masculinas de "traxe, paxe, garaxe, personaxe".

    Na mesma páxina, atopamos tamén "estos prezos te van a enamorar, consúltenos sin compromiso". Sigamos: "dormitorio moderno con módulo rincón e tiradores realizados en la propia madeira". Páxina 11: "dormitorio combinado en color roble", etc, etc...

    Ben, pasemos a outro folleto. Esta vez, pretenden vendernos iogures. En pouco máis de 80 palabras falannos dun iogur "ecológico", dunha "cremosidad" impresionante, de leite en femenino e de "ingredintes naturais".

    Pero que raios fai política lingüística cos nosos cartos ??????????????? Non comproba nunca os textos antes da súa publicación? Non piden un exemplar do que se vai publicar antes de dar as subvencións?

    Eu, desde logo, teño claro que só daría a subvención unha vez que todo estivese completamente correcto. Entre iso e a vergoña que sinte un cando escoita falar ós políticos... Que mundo!!!!!!!!!!!!!!!!

    Calypso





QUE RABIA ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora habitualde A Lareira Máxica

luns, 30 de abril de 2007

** QUE CONTENT@ ESTOU CANDO.....!!!

Hoxe é domingo e o normal sería levantarme un pouco máis tarde do habitual para cargar as pilas para a nova semana de traballo que xa está á volta da esquina. Cousa curiosa: imposible quedarme dormida onte de noite e imposible tamén disfrutar dunhas horiñas máis de descanso pola mañá.

Bueno, agora que xa me levantei – pronto – pensei en facer unha boa acción, como por exemplo limpar os cristais (boa falta lles faría...). Pero o que non me deixou durmir non foi precisamente a chamada dos cristais sucios... Podería poñerme a limpar pero, para boa acción, mellor esta:...--->Ve-lo Artigo completo....
a de contarvos o motivo destas poucas horas de sono que ben identifiquei: a emoción... A emoción dun reencontro cuns vellos amigos. Digo vellos, non porque o tempo pasara moito por eles (vinnos igualiños que antes e máis ben son eu na que o paso do tempo se nota máis) senón porque nos coñecemos fai xa ... máis de 10 anos ... e levabamos 8 sen vernos.

Unha mensaxe ao móbil o venres pola tarde provocábame un subidón de adrenalina. Si, o momento xa chegara, o esperado reencontro estaba previsto para o sábado.

Estaba expectante e coa curiosidade de saber que farían estes amigos en todos eses anos, que tal lles iría en canto a traballo e demais e incluso me preguntaba se algún xa estaría casado ou mesmo tamén tería fillos (quen sabe) – aínda que parece que neste terreo estamos todos igual-.

Como dixen, expectación, curiosidade e algo de medo tamén. Por que medo? Seguramente pola miña timidez. E finalmente, que tal foi o reencontro? Pois foi estupendo.

Hoxe dinme que teño un brillo especial nos ollos. Como non o vou ter? Moi boa compañía, paisaxes encantadoras, bo tempo... que máis podía pedir? Unicamente que a tarde fose máis larga e, sobretodo, que se volvan repetir estes momentos antes de que pasen outros 8 anos.

E a conclusión de todo iso é ... que contenta estou cando, despois de tantos anos, vexo que falamos con tanta naturalidade como se levaramos un mes sen vernos...

Aquí vai esta pequena mensaxe para eles tres: amigos, xa sabedes que as portas das Rías Altas agárdanvos con impaciencia e eu cos brazos abertos.

Ata pronto, amigos.



ARTIGO ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora de A Lareira Máxica

xoves, 8 de marzo de 2007

** Entre patacas e dobres sentidos da linguaxe...

Como xa hai tempo que non colgaba ningún viñeta de humor gráfico, hoxe déixovos unha pequena mostra desta gran arte que é ésta. Está simpática a cousa. MORALEXA: Non te deixes enganar, ás veces as cousas non son o que parecen...
En vindeiros días irei subindo algún máis. E se queredes que publique algún que vos fixo gracias e que querdes commpartir, xa sabedes que A Lareira Máxica está aberta a propostas.



A viñeta foi remitida por: CALYPSO
DEBUTANTE en A Lareira Máxica