** QUE CONTENT@ ESTOU CANDO.....!!!
Hoxe é domingo e o normal sería levantarme un pouco máis tarde do habitual para cargar as pilas para a nova semana de traballo que xa está á volta da esquina. Cousa curiosa: imposible quedarme dormida onte de noite e imposible tamén disfrutar dunhas horiñas máis de descanso pola mañá.
Bueno, agora que xa me levantei – pronto – pensei en facer unha boa acción, como por exemplo limpar os cristais (boa falta lles faría...). Pero o que non me deixou durmir non foi precisamente a chamada dos cristais sucios... Podería poñerme a limpar pero, para boa acción, mellor esta:...--->Ve-lo Artigo completo....
a de contarvos o motivo destas poucas horas de sono que ben identifiquei: a emoción... A emoción dun reencontro cuns vellos amigos. Digo vellos, non porque o tempo pasara moito por eles (vinnos igualiños que antes e máis ben son eu na que o paso do tempo se nota máis) senón porque nos coñecemos fai xa ... máis de 10 anos ... e levabamos 8 sen vernos.
Unha mensaxe ao móbil o venres pola tarde provocábame un subidón de adrenalina. Si, o momento xa chegara, o esperado reencontro estaba previsto para o sábado.
Estaba expectante e coa curiosidade de saber que farían estes amigos en todos eses anos, que tal lles iría en canto a traballo e demais e incluso me preguntaba se algún xa estaría casado ou mesmo tamén tería fillos (quen sabe) – aínda que parece que neste terreo estamos todos igual-.
Como dixen, expectación, curiosidade e algo de medo tamén. Por que medo? Seguramente pola miña timidez. E finalmente, que tal foi o reencontro? Pois foi estupendo.
Hoxe dinme que teño un brillo especial nos ollos. Como non o vou ter? Moi boa compañía, paisaxes encantadoras, bo tempo... que máis podía pedir? Unicamente que a tarde fose máis larga e, sobretodo, que se volvan repetir estes momentos antes de que pasen outros 8 anos.
E a conclusión de todo iso é ... que contenta estou cando, despois de tantos anos, vexo que falamos con tanta naturalidade como se levaramos un mes sen vernos...
Aquí vai esta pequena mensaxe para eles tres: amigos, xa sabedes que as portas das Rías Altas agárdanvos con impaciencia e eu cos brazos abertos.
Ata pronto, amigos.
ARTIGO ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Sí, sen dúbida foi un día maravilloso. E deixouse notar no estado de ánimos, pois pegoume un subidón, o verme rodeado de tres grandes amig@s.
Do que dis da naturalidade levas moita razón. A mín pasoume igual. Por algo digo que entre @s bos e boas amig@s sobren ata as palabras.
Gracias pola invitación. Xa sabes que cha aceptamos os tres.
Un saúdo moi especial.
Julio
Publicar un comentario