domingo, 1 de abril de 2007

** Co término "gallego" asociado a "tonto"

Envíanos "As de Ouros" unha pregunta en forma de enquisa sobre o uso que se lle da ó termino "galego". Moi boa suxerencia. Un tema que pode dar para falar moito. Benvido "As de Ouros". Agardo que sigas participando neste, o noso blog. Gracias.

¿Le ofende la acepción de «gallego» como «tonto» según la RAE?

El Congreso ha instado a la RAE a revisar las acepciones recogidas en el diccionario de la RAE en las que se define «gallego» como «tonto» o «borracho», según significados que adquiere en los países latinoamericanos. ¿Lo cree necesario?




ENQUISA ENVIADA POR: As de Ouros
Debutante en A Lareira Máxica



Pola miña parte, engado unha
páxina web mejicana onde se contan chistes sobre gallegos e onde nos deixan como uns parvos integrais. ¿Que opinades sobre que se fagan chistes sobre gallegos en plan escarnio?



Por último, aproveito para lembrarvos, unha vez máis, que podedes enviarme os vosos artigos - ou facerme suxerencias de artigos a publicar por min -, propostas de enquisas, músicas que vos gustaría escoitar, videoclips para ver, que rabia da cando...!!, que contento estou cando...!, videos ou viñetas de humor, enlaces para colgar nesta páxina ou cantas outras suxerencias teñades a ben. Prometo estudialas e, se a min tamén me gustan, acceder as vosas peticions. Ata o de agora nunca dixen que non. E as persoas que me enviástedes artigos e demais, sabédelo. Nos últimos días produciuse un gran incremento de novos visitantes, e daqueles que ven a páxina e repiten máis días. Todo isto anímame a continuar. Gracias a tod@s vós por axudarme a facerme un blog como éste. Sodes unha parte moi importante. Sei que o blog o podería facer so, pero gústame de que a xente continúe participando, porque lle da máis puntos de vista e democracia. E iso é algo moi importante. ös que nunca comentástedes artigos ou non envíastedes nada, facédeo. Xa veredes como vale a pena. So pido unha cousa: que non empreguedes "anónimo" como nome. Podedes por una alcume ou apodo, real ou inventado, ou o voso propio. Calquera cousa con tal de non ser "anónimo".

Se A Lareira Máxica está a facerse famosa é so gracias a tod@s vós. Gracias pola vosa fidelidade de todo corazón!!!!

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

A min persoalmente paréceme un pouco de tontería todo ese jaleo que se montou polo tema este. Os piques entre países, comunidades, cidades etc etc etc existiron e existirán sempre. Todos rimos os chistes sobre a xente de Lepe, por poñer un exemplo e non lembramos que Lepe e os seus habitantes existen e que teñen de tontos o que nós.
Son simplemente modismos da linguaxe e os ignorantes que prefiran seguír pensando que tódolos galegos ou tódolos lepeiros somos tontos .......... será que pouco nos coñecen. Algúns prefiren seguír pensando que Galicia é unha comunidade atrasada cando os verdadeiros atrasados son eles.
Por certo As de Ouros, benvido e saúdos para Suiza en xeral e Ginebra en particular.

Julio Torres dixo...

Estou dacordo coa opinión de María. O da web mejicana sería algo así cando nós nos metemos cos de Lepe. Seguramente ser víctima nos fará pensar en non ser verdugos...
Pero os chistes, chistes son. Ou acaso non vos lembrades o mítico chiste dos países: Van un INGLÉS, UN AMERICANO E UN ESPAÑOL (OU UN GALEGO), no que sempre leva as de gañar o español....
Quizás non haxa que darlle máis importancia...