venres, 30 de xuño de 2006

** 30 de xuño: final e principio


Pasan raudas e veloces as últimas horas do día 30 de xuño de 2006.
Dicir 30 de xuño soa a fin de contrato no mundo do deporte, pero tamén simboliza outras cousas….

A nivel religioso celébrase San Pedro, a nivel profesional pode conlevar o último día de traballo previo ás vacacións de verán para os que disfrutarán no “meu” mes, isto é, no mes de Julio. Relacionado co anterior, é data de principio da operación saída de vacacións de Tráfico este ano, coincidindo cun venres….E tamén vencellado a isto último, mañán comenza a aplicación do carnet por puntos…..

Retomando o eido deportivo, no mundial de fútbol, hoxe principiaron as semifinais. Alemania eliminou a Argentina (a miña favorita para ter gañado o mundial de Alemania), e Italia vai camiño de logralo diante de Ucrania (ou como din os da TeVeGá no seu galego teórico-científico e nada empírico: “Ucraína”).

Hai un intre, estaba vendo a información deportiva na TeVeGá e sentín un pouco de tristura xusto cando remataba o bloque deportiva. ¿Por qué? A resposta é que se despedía dos deportes da TVG, e coido que tamén da cadea, a presentadora Mónica Martínez, unha histórica da canle autonómica, a pesar de que aínda é moi xoven. Sorte Mónica, que a pesar de que non te coñezo persoalmente, sempre me caístes ben.

Deséxolle toda a sorte a esta coruñesa tan simpática, ou esa é a imaxe que da. Para ela o 30 de xuño tamén supón un remate de contrato e un cambio.

……30 de xuño de 2006, o último día previo a moitas cousas, ou o primeiro para cousas novas, según como se vexa.

Mañán darei a miña opinión sobre o carnet por puntos, do cal teño colgado un enlace nos vínculos da marxe esquerda no apartado “Outros vínculos de interese”.

mércores, 28 de xuño de 2006

** La vida sigue igual

"....la vida sigue igual", que dicía o meu tocallo.

Estoume a referir á selección española de fútbol. Por unhas couas ou por outras nunca pasa de cuartos de final. E este ano caeu antes incluso, en octavos, cunha Francia que xogou o máis puro estilo italiano, isto é, ramplona, facendo teatro,e sabendo aproveitar as ocasións.

A experiencia é un grado, e Francia soubo xogar, cousa que España non. Pero sempre é o mesmo cantar. España sempre, sempre, sempre, falla cando máis se espera dela. Pésalle a responsabilidade. E non so este ano con xogadores máis xóvenes, senón tamén cando teñen ido con máis anos.

O problema outros anos era un adestrador prepotente e ramplón (Javier Clemente), o árbitro (Mundial 86 ou o Mundial de Corea -co exipcio que nos roubou contra Corea-), pero sempre había o denominador común de fallar nos momentos menos oportunos.

Este ano levamos psicólogo, pero nin con ésas. Xa o dixen noutra ocasión, aplicando unha regra de tres, España é a nivel de seleccións, o que o Atlético de Madrid a nivel de clubs de fútbol: "O pupas", sufre e fai sufrir, pero perde nos momentos en que non debe e de chiste....

Luis Aragonés vai dimitir, ou iso parece, pero creo que o problema non é do adestrador, non nesta ocasión, polo menos. O problema son os xogadores, e non so éstes, TODOS CANTOS ESTÁN OU ESTIVERON NA SELECCIÓN.

Unha de dúas, ou non nos cremos capacitados ou pésanos a responsabilidad, algo inconcebible na selección dun país que pasa por ter a liga mellor de Europa, xunto coa italiana e a inglesa.


Ó mellor tanto estranxeiro na liga non favorece, pero antes do caso "Bosman" habia tres e pasaba o mesmo.

Non sei, pero as poucas esperanzas que tiña coa selección pois borráronmas dun plumazo onte. O peor é que non creo que volte a ver un partido da selección ata os próximos cuartos do mundial ou da eurocopa. Total para facerme ilusións nas primeiras fases....Porque o que son as fases clasificatorias pois hai anos que non as vexo.....Total pa que....Para logo caír nos mundiais ou nas eurocopas as primeiras ou segundas de cambio....


Sobran máis palabras. Por certo, que se cumpriu o vaticinio que vos dicía cando ía empezar o mundial, de que non confiaba en España (aínda que esperaba trabucarme), e senón mirade o artigo do 9 de junio e das claves que xa apuntaba para xustificar as poucas esperanzas que tiña de que a selección fixera algo importante, acorde coa liga de clubs española e europea, onde tanto destacamos....



A afición española non merece ser representada por unha selección que nunca, nunca, nunca da a talla. Que cada un pense o que queira. Pero como di o outro, "para iso apaga e vámonos"

martes, 27 de xuño de 2006

** Velando armas

Dentro dunha hora España xoga un decisivo partido no que está en xogo o pase a cuartos de final onde espera Brasil. O rival de hoxe non é sinxelo, pese a que non está a cuaxar un gran mundial. Estoume a referir a Francia.

Nomes como Zinedine Zidane, Tierry Henry, Patrik Vieira, Thuram, Makelele, son algunhas das súas estrellas. A présa non vai a ser fácil. Cheguen como cheguen, nun partido pode pasar absolutamente de todo. Oxalá gañemos e xoguemos contra Brasil en cuartos de final.

Polo demais, dicirvos que estes días estou algo liado, polo que non podo actualizar a páxina diariamente, e de aí que haxa algún día que non poida escribir nada. Sexa como fose no que vai de mes, so houbo seis días que non escribín ningún artigo: o día 7 por probemas técnicos da empresa Blogger (que fai posible os blog de blogspot) e os días 20,21,22, 24 e 26 porque non puiden eu.

Xa vos contarei en vindeiros días os problemas que sigo tendo coa miña antiga compañía de internet: a famosa e denostada Wanadoo (máis coñecida como "Juarradu"). Incrible o que é capaz de facer esta empresa para cobrar facturas que non ten dereito a cobrar.

Actualmente teño contratada TELEFÓNICA, desde antes dos recibos que me quere "meter" Juarradu. O desta última empresa é de xulgado de guardia. NON CONTRATEDES NINGUN SERVICIO DE WANADOO, ou o que é o mesmo: UNI 2, FRANCE TELECOM, ETC.

Son uns impresentables e aforraredes moitas dores de cabeza achacables únicamente a ilegalidade coa que actúan. Pero isto contaréivolo outro día.....

domingo, 25 de xuño de 2006

** As cereixas e o seus beneficios


Antes de principiar, un saudiño a FENOSA, gracias por cortar a luz durante 10 minutos en toda o pobo. Menos mal, que seguro que logo nos descontades este contratempo da factura non???

Cando se foi a luz estaba escribindo sobre as cereixas. É un artigo que tería que ter sido colgado o día 24/06/2006 e así sería se FENOSA non fixese das súas....

------------------

Neste artigo non vou falar de "Las cerezas", o programa de Julia Otero, que so durou uns meses en TVE-1, antes de ser retirado da programación pola "súa baixa audiencia". Bueno, polo menos durou máis ca outros....

Dicía que non ía falar de televisión e así é. Hoxe vou adicarlle o meu artigo a unha froita que me encanta moito, ó igual que outra moita xente. Estoume a referir ás cereixas. Disque existen máis de 40 variedades deste exquisito froito. Non sei, persoalmente distingo entre as que son vermellas e as moradas, quedándome mellor co sabor destas últimas...
As cereixas máis famosas son as que se cultivan no extremeño "Valle del Jerte", en Cáceres. Que ben saben as condenadas!!!!. Abril, maio e xuño é a época de disfrutar co seu sabor. Quizás o mes por excelencia sexa o de maio.

Agora que remata o mes de xuño, as cereixas xa están máis caras porque xa quedan poucas. Teremos que esperar ó ano que ven para voltar a comelas.


Iso non é todo. Os beneficios das cereixas son bastantes. Vaia aquí un elenco deles:

· Depurativa, diurética e laxante .
· Rica en minerais (feroo, potasio e calcio) e reconstituínte orgánica.
· Fonte importante de vitamina C e bioflavonoides, cun gran poder antioxidante.
· Posee ácido eláxico, un inhibidor da producción de células canceríxenas.
· Baixo contido calórico (100 gramos de cereixas so aportan 39 calorías) . · A súa pulpa contén levulosa, un azúcar directamente asimilable que as persoas diabéticas poden tolerar.
· Prevén a acidez de estómago.
·O seu consumo diario axuda a reducir os niveis sanguíneos de ácido úrico, o que pode evita-la gota.
· Axuda na insuficiencia renal
· Combate os estados depresivos.
· Contén propiedades afrodisíacas, gracias ás doses de vitamina B que aporta.
· Constitúe un elemento moi eficaz para fortalece-las funciós cerebrais.
· Se son inxeridas unha hora antes o unha hora despois das comidas favorecen en gran medida a dixestión.


Valores nutricionais
Ademais do placer de disfrutar das súas excepcionais cualidades organolépticas tales como a súa atractiva cor, e agradable e equilibrado sabor, o consumo de cereixas supón suministrar ó organismo un interesante aporte de compostos saudables.

A súa composición química indícanos que desde o punto de vista nutricional a cereixa é unha excelente fonte de vitaminas, ten un baixo contido calórico e de grasas, o que lle confire un lugar destacado na reputada “dieta mediterránea”.

venres, 23 de xuño de 2006

** Mal partido de España


No tema futbolístico vou ser hoxe moi moi breve. Mal partido de España. Con dicir que ata Luis Aragonés recoñeceu trala fin do partido que mereceu gañar Arabia e non España pois...

Confío en que este mal partido sexa un bo toque de atención e sirva para motivalos para o partido de octavos....¿o partido contra Arabia? Pois gañamos por 1-0 con gol de Juanito, debutaron moitos suplentes da selección e nada máis. Máis breve complicado...

** A noite máxica de San Juan


23 de Junio. Unha data moi sinalada no calendario. Celébrase a noite de San Juan e a chegada do solsticio de verán. É unha noite chea de simbolismo máxico e tamén asociada a xoldra e a pasalo ben. As fogueiras inundan co seu lume toda a xeografía española. Ö seu pé a xente disfruta da noite, comendo sardiñas….

De sempre foi unha noite que me gustou, e moito. Moitas lendas circulan ó redor desta noite. Poderíanse encher folios e folios, e se buscades en bibliotecas ou mesmo en internet encontraredes de todo…..

Saltar a fogueira de San Juan é “o acto central” da celebración. Pero, como todo, hai que principiar polo principio, o que supón xuntar todo aquilo que vai facer arder a nosa fogueira. E canto máis alta, pois mellor…..

Logo de rematadas as fogueiras, especialmente nos pobos, existe a tradición de facer trasnadas e levar as cousas do seu sitio. Os carros eran antiguamente as estrelas destes actos feitos con alevosía e nocturnidade, e nunca mellor dito. No meu pobo aparecía ó día seguinte pola mañán enriba do palco da música ou noutra lado. As cancelas son as outras grandes afectadas…..


Anécdotas hai moitas. Incluso teñen levado carros con xente dentro, que pretendía facer garda de noite para que non llos levaran pero que avanzada a noite foi abatada por un incipiente sono profundo…..Logo ó despertar, a súa situación xeográfica cambiará bastante….”¿onde estou?”…

Claro que hai bromas de mal gusto porque no medio sempre hai vándalos que entenden estas trasnadas dun xeito menos “simpático” e rompen cousas ou déixanas en mal estado. Isto non é……

Outra das tradición é lavarse ó día seguinte pola mañán, no día de San Juan, a cara con herbas de San Juan e outras flores, purificadas pola noite…


O baño das nove ondas na praia de Foxos, situada preto da ermita da Lanzada, é outra dos ritos para as mulleres que non poden ter fillos os teñan. Se ben aquí, tamén se poden toma-la noite da festa da Virxe da Lanzada, que se celebra a última fin de semana de agosto.

Disfrutede da noite pero non cometades excesos…..Carpe diem (incluida a noite…)

luns, 19 de xuño de 2006

** Remontada psicolóxica


Hoxe toca fútbol de novo. Vou a ser moi breve para non aburrir ós que non lles gusta este deporte.

Xogaba España con Túnez. O primeiro tempo remataba coa derrota momentánea da nosa selección 1-0 frente ós tunecinos. O resultado mantívose ata ben entrada a segunda parte. O que vos escribe confiaba pouco en que España fose capaz nin tan sequera de marcar. Moitas oportunidades falladas. Parecía o caso do Pontevedra C.F.....

Nisto marcou Raúl, e catro minutos despois Fernando Torres o segundo, sendo ampliados minutos máis tarde cun terceiro gol de penalti flagrante.

Máis que o feito de gañar, que o mereceu polo que fixo na segunda metade, quédome coa capacidade de reacción de España, que soubo darlle a volta a un resultado adverso. Iso psicoloxicamente é un factor moi importante para gañar en confianza e autoestima. Incluso xogando ben e tendo oportunidades podían atoparse con que non eran capaces de meter goles. Por bastante tempo foi así, pero ó final conseguiron derrubar a muralla tunecina.


Agora so espero que esta capacidade de reacción e de non virse abaixo tamén a amosen noutros partidos que se lle poidan complicar (claro está que mellor sería que gañaran os partidos sen complicacións, pero a vida non é color de rosas....hai que ser realistas).

Saber ter paciencia, manter a concentración, e poder concretar a remontada dice moito dos xogadores. Pero se nun partido futuro non o levas adiante é suficiente para quedar eliminados. Tampouco hai que pecar de arrogantes e excesivamente confiados. Os extremos son malos.

Co resultado de hoxe, gañe, empate ou perda con Arabia Saudí no último partido da primeira fase, a nosa selección xa está clasificada como primeira de grupo. Agora van principiar as finais a un so partido. O primeiro rival en octavos será Francia (non sei porque me da que vai ser Francia), ou Suiza-Corea del Sur (dependendo cómo queden no partido no que ambas seleccións se van a medir).

Sexa como fose, hai que pasar de cuartos e chegar a semifinais, o cal sería un logro importante, o que non pase de aí, sería dicir aquilo de "La vida sigue igual", por moi primeiros de grupo que quedaramos (xa conseguido o de ser primeiros).

Confío, espero e desexo que España chegue o máis lonxe posible. Pero toda precaución e prudencia é pouca. E ás hemerotecas me remito.....

domingo, 18 de xuño de 2006

** Blogs amigos e cousas novas

O fenómeno blog é algo que cada día continúa indo a máis. Hainos de diferentes dominios e, dentro deles, de todo tipo de cousas e categorías. Calquera cousa que vos poida chamar a atención, seguro que vai haber algún blog que, en maior ou menor cantidade, vos poida gustar e,de paso, axudar.

En "A lareira máxica" gustaríame pór un vínculo para informar doutros blogs. Así que si vos animades deixádeme o título do voso blog xa ben como comentario deste artigo ou enviando un email a sanxe@hotmail.com


Doutro lado, sigo engadindo cousas novas ó blog. Onte puxen un novo calendario e un reloxio penso que mellores. Asemade, introducín un novo vínculo chamado "videoclips para escoitar (e ver)". A intención é que poidades escoitar algo de música mentres que visitades "A lareira máxica". Canto ós vínculos, pouquiño a pouco vanse incrementando.

A día de hoxe xa son 43 vínculos sobre diversos aspectos: correo electrónico, medios de comunicación, música de radio online, páxinas web de institución públicas cos seus diarios e boletíns, guía das gasolineiras máis baratas en toda España, os mapas e rueiros de Google, páxinas sobre informática e sobre os temidos virus, e páxinas dos máis relevantes hipermercados, entre outras. Agardo que vos guste.

Por último, espero que empreguedes máis o chat, do contrario é probable que o elimine. De vós depende que continúe ou non. Tamén insisto en que estou aberto ás propostas, consellos, comentarios e artigos vosos.

Un saúdo.

sábado, 17 de xuño de 2006

** Mensaxes comprometidas nos móviles


O móvil foi un gran invento. Non ter que depender dun teléfono fixo para poder chamar ou que te chamen.

Nuns poucos anos, case todo o mundo ten teléfono móvil. Raro son os casos que non acontece isto. E cos anos fóronse reducindo de tamaño e gañando en prestacións….

Neste artigo voume centrar precisamente nunha das características ligadas ós móviles actuais. A posibilidade de grabar música ou mensaxes de todo tipo para cando te chamen e non podes responder. Funcionan como mensaxe ou musiquita que soa namentres non podemos contestar.

O asunto das mensaxes pode resultar divertido e ata gracioso, pero pode virar en algo negativo ou molesto se se utiliza mal ou para cousas indebidas.

¿Por qué o digo?
Mirade, hai veces que precisas falar urgentemente con laguen e sáeche a música esa… Voltas a chamar e outra vez. Ó final acabas asociando a música a que non resposta, e como condiconamento clásico responderte de Paulov, pois acabas odiando a música. Claro que non sempre hai que asociala a cousas negativas ou molestas.
Non obstante, recentemente tocoume escoltar dúas desas mensaxes “móviles”, que me fixeron sentir vergoña allea.

O primeiro, foi cando chamei a unha persoa que non coñecía de nada para quedar con ela por un tema laboral.

Foi chamar e salirme unha mensaxe que dicía algo así como: “ ¡Ja,ja. toi preñada y no la sabe ni mi marido. Que risa cuando se lo cuente...!” .

A segunda foi, estando traballando sooulle o móvil a unha muller que a chamaban. Foi soar o móvil e namentres non puido respostar á chamada, escoitouse unha mensaxe que dícia máis ou menos: "

Outra presencieina. Chamamban a un tipo. Como non collía o teléfono saltou unha mensaxe que tiña no seu teléfono dicindo: " Anda papá, enróllate y dame algo de dinero para comprar un poco de marihuana para esnifar....!”

Pois como risa pode que estea ben, pero eu pregúntome:

1. Se a esa persoa a chama para unha entrevista de traballo, ou se xa está traballando o chama o se xefe, por exemplo: ¿que concepto terán dela para contratala?

2- Persoas que teñen fillos, ¿ é un bo exemplo que os pais prediquen con estes exemplos diante deles tendo en conta que os fillos --sobre todo os máis pequenos teñen ós seus pais como referencia para o bo e para o malo?

A nivel privado cada un é libre....pero cando lle pode afectar negativamente diante de terceiros pois non sei que vos diga.


Concluíndo: a xente debería ter un pouquiño de coidado e cabeza e ter en conta quen te pode chamar ou que exemplo lle podes estar dando ós teus fillos indirectamente.

A min, sinceramente, non me quedou un bo concepto desas dúas persoas, porque as mensaxes non son como para rir. Iso é o que penso.

venres, 16 de xuño de 2006

** Os primeiros comentarios vosos!!



Cando o 1 de maio deste ano din vida a este blog foi cunha dobre intención:

1- Poder pór en funcionamento un blog no que poidera escribir todo aquilo que me apetecera escribir

2- Que fomentase a partipación dos que entrarades no blog: que comentarades os meus artigos así como poder redactar os vosos propios artigos para logo colgalos neste blog.

Ata o momento, o blog estaba sendo bastante visitado, pero non era participativo. Ata hoxe. Leveime unha moi grata sorpresa cando hoxe, Rommy me comentou que me enviara dous comentarios sobre dous artigos meus...¡que boa noticia!. Non esperaba menos de ti Rommy. Sabes que me gusta que comentes cousas e que te animes a publicar algo teu. Sei que o vas facer. Por este motivo, moitas gracias!!!!.

As dúas opiniós refírense óa artigos "Hoxe é...martes e 13 ¿supersticioso?" e "a amistad e os amigos".

Que sepas que son os dous primeiros que se fan no blog, polo que, para sempre, vaiche quedar o título honorífico de ter sido a primeira internauta en estrear os comentarios desta páxina (a pesar de que non sexa nada do outro mundo)....
Agora falta que o resto vos animedes. Gustaríame moito. Así que animádevos. Entre tod@s podemos facer un blog mellor. Non so con artigos, senon con suxerencias e outros consellos. Xa sabedes que estou aberto a tódalas propostas e tereinas en conta.

Boto en falta a partipación dalgunhas persoas en concreto. Confio en que non me decepcionen e se animen a participar no blog do xeito que consideren máis oportuno: cometntarios, artigos, paranoias, consellos, suxerencias,.....

Un saúdo a tod@s!!!!

P.D.: Espero que che gusten as fotos...Xa che dixen que tería premio...As promesas hai que cumprilas. Hai que tratar de que sexa así, senón terían razón "Los Piratas"´cando falan das promesas que non valen nada.

xoves, 15 de xuño de 2006

** Ser periodista


Onte falaba cunha boa amiga coa hai tempo que non tiña o pracer de conversar. Ela é periodista. Unha bonita profesión. Todos sabedes que é ser peridista. Prensa, radio e t.v. son as saídas máis habituais dos licenciados en xornalismo.

Traballar nun informativo coma presentador ou reporteiro, facer un programa de radio ou tele, currar nun xornal, nun gabiente de prensa dunha empresa ou institución, levar adiante labores de producción televisiva ou radiofónica.....son algunhas das posibilidades laborais dos xornalistas...

O que non todo o mundo coñece é a dureza das condicións laborais e económicas, o stress.... Contratos en precario e que se van renovando periodicamente, fomentando unha explotación fraudulenta amparada por quen non debía. Traballar sabendo a que hora entras, pero non a que hora saes....

Un xornalista, en moitos casos, non pode dicir que as fins de semana descansa. Se desempeña a súa profesión nun xornal, librar un fin de semana é algo maravilloso. O normal é librar cada 15 días, pero non tódalas fins de semana.


Chegados a estas alturas a algún de vós ocurriráselle dicir que ós xornalista páganlles moi ben....Pois sería mentira se pensades iso!!! Salvo que sexas un Gabilondo, un José Ramón de la Morena, ou unha desas estrelas que todos coñecemos, os restantes van cobrar un salario baixo, e se levas poucos anos, pouco máis do salario mínimo. É certo.

Os empresarios xornalísticos empregan a lei da oferta e da demanda. Algún chegou a dicir que "o kilo de periodista vai barato porque hai moita demanda é pouca oferta" e que, ó fin e ó cabo, van currar do que lles guste...como se o normal fose traballar do que non che gusta. O normal sería precisamente, facer o que a ti che gusta e para o que estudiastes unha carreira universitaria catro ou cinco anos......

O comentario desta lei da oferta e da demanda ten reminiscencias escravistas e recorda á época feudal e ós señores que explotaban ós vasallos. Desgraciadamente, non está moi lonxe da realidade.


Teño amigos xornalistas, dos que podo asegurar que están moi ben preparad@s e valen para ser xornalista. Sen embargo, a súa enorme valía, está inxustamente desaproveitada. Outros malviven debido á escasa remuneración económica e a dichosa lei da oferta e da demanda. Outros son víctimas por culpa de que en certas empresas prime o compoñente "Fenosa" (non ía ser menos esta profesión....)...En definitiva, que se están a aproveitar da xente que empeza, e da que necesita ter ingresos económicos a toda costa para vivir (algunha con vintetantos anos ou con cargas familiares), a costa de remunerarlle o seu traballo moi moi mal.

Existe tamén outro motivo non menos importante: os medios de comunicación presumen de obxectividade e imparcialidade, de non posicionarse cun partido político ou con outro. Mentira!!! E senón probade a ler calquera día os xornais "El Mundo" e "El País" . Dúas ideoloxías políticas completamente distintas.

E se prefiredes probar sorte na t.v. dous claros exemplos son "Antena 3" e "Cuatro". Exactamente igual que o exemplo anterior.

Traballar nos medios supón moitas veces tragar, mal que pese, coa ideoloxía política dese medio, porque se ti vas por libre corres o risco de irte á rúa... Digamos que nunha gran parte dos medios pasa iso. E nos que non pasa é porque non están aliados cos políticos de turno, non reciben subvención, son medios pequenos e, é bastante probable, que se non teñen cartos para autofinanciarse acaben pechando....

Logo tamén está o fenómeno migratorio ás grandes cidades, ou senón traballar en calquera outra profesión con tal de ter cartos. ¡ Qué triste e inxusto!


Por último, hai que engadir o compoñente stress no traballo diario. As présas, os agobios, as presións.....Todo é moito máis difícil do que parece. Para facer un informativo, unha noticia,.... hai que pasar por momentos que non se ven pero que acontecen. E ese esforzo non sempre é recompensado na súa xusta medida. E ten efectos secundarios, cual medicamento, na propia saúde do xornalista.

Remato: a tódolos meus amigos xornalista, ánimos compañeir@s, que vos valedes moito. O problema non é voso, é cuestión de sorte, e que os empresarios vos valoren ben económica e profesionalmente, amén de deixarvos traballar con liberdade ideolóxica.

A to@s MOITA SORTE, compañeiros!!!!!

mércores, 14 de xuño de 2006

** Alegría contida


España gañou hoxe 4-0 a Ucrania. Xogou o partido na hora da sesta.... Non tivo maior dificultades para imporse a unha débil Ucrania (os do galego normativo creo que dirián Ucraína, pero para min é Ucrania....e que se deixen de lerias baratas).

Titulo o artigo facendo referencia a unha ledicia contida. Penso que en España logo pasamos da euforia á decepción. Un partido non di nada. Nin para ben nin para mal...e senón que llo digan ó Pontevedra C.F. que non poderá ascender a segunda división "A" a vindeira tempada por ter 20 minutos horrorosos co filial do Sevilla "B" e logo de rematar as 38 xornadas da liga regular en 2ª posición....ou a outros equipos que remataron primeiros grupo e correron a mesma sorte...que inxusto ¿non?....

Disgresións aparte, o que tento de dicir é que un partido no que xogaron ben e marcaron moitos goles non quere dicir nada. Un xuízo hai que facelo ó final. É precipitado xulgar a España so polo primeiro partido. Sigo dicindo que oxalá me equivoque pero creo que non pasaremos de cuartos......

Con que perdamos o partido de octavos ou o de cuartos xa nos imos para casa, a pesar de que arrasemos na primeira fase....que, por certo, está por ver. Non se podo vende-la pel do oso antes de cazalo.....Non vaia ser que ó final sexamos o cazador cazado...

Insisto, a alegría debe ser entendida con cautela e precaución....non se pode insuflar unha alegría desmesurada por so 90 minutos bos....Pode acontecer o efecto "montaña rusa" (tan pronto subes como baixas).



Oxalá me equivoque e gañemos o Mundial. Pero son moi escéptico coa selección. Tan so é cuestión de remexer superficialmente os nosos recordos e algunha hemeroteca. E logo será cuestión de buscar un chivo expiatorio no que descargar os males da nosa selección. Que se o adestrador non ten nin idea, que si o árbitro nos roubou o partido (pode pitar mal algunha xogada pero un partido dura 90 minutos...).


Do único que estou seguro a día de hoxe é que me gusta a canción que emprega CUATRO como fondo musical para o mundial. O tema é o de "Sr. Trepador" con "Vamos"....Dura pouco máis dun minuto pero é pegadizo ó máximo. Se chega a ir ó Festival de Eurovisión ata gañaría polo ritmo que ten....e non coma outras desafotunadas canción eurovisivas...


Ademais, gústame máis que "Opá, vamó a por el Mundía", que creo que está rizando o rizo e desgastando unha canción que foi concebida na súa versión orixinal para ser un tema musical tan so. As versións pode danar á canción e ó cantante, porque supón saturar dobremente ó pesonal cunha canción no verán.....a pesar de que sexan dúas versión "distintas".

Ser orixinal sempre é máis bonito, e cando a canción foi concebida unicamente para o mundial, moito mellor.

A ver se a seleccióne española se sigue contaxiando do ritmo da canción e nos da, este mundial si, unha gran alegría.....De momentom, soñar non custa nada.....

martes, 13 de xuño de 2006

** Hoxe é....martes e 13 ¿supersticioso?

Xa había tempo que non caía en martes. Non lembro cando foi o último. Tampouco sei porque o número é maldito. ¿por qué ese e non outro?.

Pero empecemos polo principio. Hoxe é MARTES e 13. Os supersticiosos estarán desecando que pase o día canto antes. A min pois dáme igual. O do martes é 13 é unha tontería….

A ver porque hoxe e non mañán o de pasar por debaixo dunha escaleira, ou que se che cruce un gato negro,….¿Por qué un día 13? Que ten de maldito este número e non o 19, o 66 ou o 69….¿E por que un martes e non un mércores? De feito, cando nos cabremos dicimos “mércores” e non martes….

Son so unhas simples refexións. Ó final creo que se reduce todo a que hoxe é o día dos supersticiosos, como outro é o día mundial sen tabaco, o día da muller traballadora, o do pai, o da nai, e un longo etc.

O que digo sempre, cando nos queiramos dar de conta cada día do anos estará adicado a unha cousa distinta. E iso será porque o resto do ano non hai pais, nais, bicicletas, tabaco, enfermedades, etc. Que absurdo!!! Tódolos días pode pasar de todo. Entón ¿por qué reducilo a un so día?

¿Resposta? Nalgúns casos ten afán comercial ou recaudatorio para determinados fins, noutros nin iso. É o caso do martes e 13. De momento non venden gatos negros ou números xigantes ou nada parecido para fomentar o consumo, pero tempo ó tempo…que todo pode ser…

Se nos documentamos sobre o tema podemos atopar numerosas explicación sobre porque o martes e non outro día, por qué o dos gatos negros, o da escaleira,etc., pero aínda así, non sei.

O curioso é que para algúns, todo o contrario, isto é, para algunhas persoas o martes e 13 e un día máxico que trae sorte. Está claro que non sempre chove a gusto de todos. Lóxico.

Os detractores do martes 13 apoíanse para justificar a maldición de tal data en que que na “Última Cena” había 13 comensais, en que a cábala daba conta de 13 espíritus do mal; a chegada do Anticristo e a Besta recóllense no capítulo 13 do Apocalipsis; no Tarot este díxito fai referencia á morte; Eva tentou a Adán coa mazán un martes e 13, a mesma data en que se produciu a confusión de lenguas na Torre de Babel. Amais parece ser que o Tarot fala do 13 como o número asociado á morte. Entre outros, estes son os grandes motivos da maldición do número 13.

¿E do martes? A parte do suceso da Torre de Babel, dise que garda relación con que "Marte", según a mitoloxía grega, é o deus da guerra, polo cal o día martes está rexido polo planeta vermello, o da destrucción, o do sangre e a violencia.

Pola contra, o día da superstición en EE.UU. e noutros países de cultura anglosajona consideran o día “malo” o venres 13 e non o martes, porque argumentan que foi o venres o día no que se crucificou a Xesús. De feito, se lembrades as famosas películas Venres 13 de terror utilizan o reclamo desta data. E en internet existe o virus venres 13…..

¿E que teñen que ver os gatos negros no tema da superstición? Curiosamente isto non foi así sempre, xa que alá polo ano 3.000 a.C., tiña carácter sagrado e estaba prohibido matalo. Se morría algún gato negro, toda a familia tiña que acudir ó enterro.

Cos gatos negros detívose a peste negra que invadiu a Europa durante 100 anos, pero a pesar disto seguimos tendo asociados ós gatos negros á brujería e ós feitizos. A idea de que non poidamos cruzarnos con eles parece ser que ven da Idade Media. Entón as rúas enchéronse de felinos, sobre todo negros. As vagabundas ían con eles a tódolos sitios, e durante a Inquisición acusábnas de bruxería xunto coas mascotas.

Ah!! e se querías casarte nun martes e 13 mellor cambia de idea non vaia ser...De tódalas formas non coñezo a ninguén que se case a principios de semana.....
Todo o que acabo de cometar está recollido en moitos libros, en internet, e na mesma tradición popular. Aquí so me fixen eco dalgunhas cousiñas para ilustra-lo tema…..

Sexa como fose, vaia para os máis escépticos nestes temas o dito popular: “non creo nas bruxas pero habelas hainas”. Que cada un saque as súas propias conclusión.

luns, 12 de xuño de 2006

** A amistad e os amigos

O tema de hoxe préstase á filosofía e daría para facer un longo artigo. Neste caso vou facer unha síntese da miña opinión. Outro día, si acaso, exténdome máis….

Quería tratalo porque hai unhas horas lin un artigo que me gustou moito nun blog amigo. Era unha reflexión intimista e moi reflexiva que denotaba preocupacións, inquedanzas e madurez. Todo contado cun estilo sincero e directo e ben, moi ben redactado. Non se podía dicir tanto en tan pouco espacio…Pois ben, no seu seo agachaba un tema subyacente: o da amistade. Fixen un comentario desa reflexión con moito gusto. Prestábase a opinar bastante.

De todo o que dicía a súa autora, vou rescatar un breve extracto, co seu permiso, Textualmente recollía: “…Quiero a mis amigos, pero también quiero ser feliz y sólo yo sé quién o que me hace feliz y los que me quieren tendrán que respetar mis decisiones, sin tratar de cambiarlas ni criticarlas, esos me demostrarán ser en verdad mis amigos”

Nesta ocasión creo que o texto fala por si so.

Hai moitas clases de amigos. Quizás as dúas máis coñecidas sexan as de amigo e colega. Persoalmente, considero que os colegas non necesariamente van a ser os teus mellares amigos, ó contrario do que moita xente pensa. Un colega é unha persoa coa que te podes ir de copas, divertir, etc. pero non ten porqué ser un bo amigo. Pode ser un colega de xoldras, trasnadas,….

Un amigo, trascende esa relación. Vai máis alá. Un amigo é unha persoa na que confías plenamente, que sabes que está ó teu lado para o bo e para o malo. Un colega posiblemente so acepte estar contigo nos bos momentos, pero é unha relación máis superficial, moitas veces banal e establecida por un interés común.

O término “amigo” podería pensarse que é xeral. Para min non o é. Eu podo ter moitos coñecidos, compañeiros,colegas… pero para min un AMIGO escríbese en letras MAISCULAS. Podo ter moitos compañeiros e compañeiras, coñecidos e coñecidas, colegas...pero OS AMIGOS E AMIGAS teño menos, é un pequeno grupo de persoas, nas que confío, e que demostran confiar en min. Coas que podes falar sen temor a que o falades llo vaian contar a terceiras persoas. Se hai amistade de verdade, a confianza é un valor supremo.

¿Podería contarlle calquera cousa a un colega de xoldras sabendo que llo vai contar a outra persoa aínda que cho negue? Non. Pois entón será colega pero non amigo. É o que penso.

Rezaba un dito que "quen ten un amigo ten un tesouro". Éche así. Un amigo é o máis parecido á túa parella sen selo, porque se é UN AMIGO estará contigo nos bos pero tamén e, sobre todo, nos malos momentos.

A amizade hoxe en día é un valor moi preciado. Nunha sociedade excesivamente individualista, ter un amigo que te apoie no bos momentos é fácil, pero nos malos momentos non é tan doado. Como se soe dicir vulgarmente os bos amigos demóstrano nos teus peores momentos...


REMATO:
O verdadeiro amigo é aquel que sabe que podes ter tódolos defectos do mundo, pero incluso así te chama amigo

Vouno deixar aquí, porque senón podería seguir e seguir filosofando….Iso será outro día.....

¿E vos que opinades dos amigos e da amizade?



----------------------------------------------------------------------------------------------------
Escrito por: Julio Torres

P.D.: o primeiro debuxo está en portugués pero creo que se entende ben a idea a transmitir.

domingo, 11 de xuño de 2006

** Dous superdeportistas

Agora que acaba de empeza-lo Mundial de fútbol, é gratificante que outros deportistas españois que non son futbolistan nos continúen dando alegría tras alegría. Coidaddo, que tampouco é bo acostumarse a que sexa algo habitual. O que están conseguindo é difícil de facelo. Debemos saborear cada triunfo como se fose algo irrepetible.


¿De quen estou falando?. Algúns xa o saberedes...Pois falo de Fernandinho Alonso e de Rafaelinho Nadal. Un na fórmula 1 e outro no tenis, estanlle amargando a temporada ó alemán Michel Schumacher e ó suizo Roger Federer, respectivamente.

Deportistas moi xóvenes. Alonso creo que ten 24 anos se non me trabuco, namentres que Nadal so ten 20.....Menudo futuro, se todo segue así...Oxalá continúen rememorando éxitos.....

A estes habería que engadir no motociclismo a Dani Pedrosa, de 20 anos tamén, que loita con outros pilotos máis experimentados, en especial con Valentino Rossi, Hayden e Capirosi.

Non todo na vida é fútbol. Mágoa que so nos acordemos destes outros deportes so cando gañamos.

Doutras especialidades deportivas, nin tan siquera iso. Son os denominados deportes minoritarios, pero moita disto teñen os medios de comunicación por promocionalos e apostar forte.

No seu momento fixérono co fútbol sala e saiulles ben, pero claro....era fútbol, como non. Gústame moito o fútbol, pero considero que se debería apostar por máis deportes, porque o deporte é iso, deporte. Desgraciadamente os que venden son sempre os mesmos deportes.....¿Algún día cambiará? Complicado, pero non imposible.....

sábado, 10 de xuño de 2006

** Os Fraguel Rock" + José Luis Gil

Hai xa uns 20 anos, poñian tódolos domingos pola tarde na segunda cadena (que era como se chamaba entón) uns debuxos animados chamados "Los Fraguel".

Na sintonía de entrada saían cantando uns e traballando outros. As aventuras xiraban en torno a pequenos problemas cotidianos que tiñas, así como a denfensa dos seus enemigos: uns monstruos feos, un híbrido entre DON Pimpón e os trolls, que ás veces ós atrapaban.....

Os "Fraguel" vivían en "Fraquel Rock", nas entrañas da terra, nunha cova. Ademais, había outros seres aínda máis pequenos que eran os que lle facían todo o traballo e que construían sen cesar.....Que explotados estaban...pobres!!!!

Non sei se vos lembrarades, pero por si acaso, vouvos pór un vídeo da sintonía de entrada que, de seguro, faravos recordar.....E polo mesmo precio gratuito colgarei outros dous vídeos máis deles: outra cabeceira en inglés e un sorpresa...


Por certo, a serie non so triunfou en España, senón que tamén o fixo noutros países europeos (Alemania, Portugal,...).

Unha das voces que doblaban a Dudo, un dos "Fraguel", era, nin máis nin menos que....a de José Luis Gil. Dito así parce que é un descoñecido, pero se agora vos digo que é o actor que fai de Juan Cuesta, sí, o de "Aquí non hay quien viva", seguro que o recoñecedes ipsofacto. O desta dobraxe de debuxos animados afirmouno el mesmo o outro día nunha entrevista que lle fixeron na t.v.

Esta entrevista foi a que propiciou que este artigo vaia dedicado enteiramente ós "Fraguel Rock". O de rock debe ser porque non paraban de cantar.....




Continuando, con esta espléndida voz da dobraxe española, comentarvos que é a voz de moitos anuncios, así como de actores coñecidos nunhas cuantas pelis, entre outros traballos. Iniciou a súa carreira no mundo da dobraxe en ¡¡¡1977!!! casi ná...

Aí queda unha mostra de pelis e seires nas que interviu dobrando:


* Allen, Antony (1ª victima) - HELLRAISER. LOS QUE TRAEN EL INFIERNO (1987)
* Anderson, Harry (Juez Harold T. Stone) - JUZGADO DE GUARDIA (1984)
* Baldwin, Adam (Mayor Mitchell) - INDEPENDENCE DAY (1996)
* Brooks, Albert (Marlin) - BUSCANDO A NEMO (2003)
* Carrey, Jim (Ace Ventura) - ACE VENTURA: UN DETECTIVE DIFERENTE (1994)
* Chapman, Graham (Brian) - LA VIDA DE BRIAN (1979)
* Fleischer, Charles (Benny) - ¿QUIÉN ENGAÑÓ A ROGER RABBIT? (1988)
* Goldwyn, Tony (Tarzán adulto) - TARZÁN (1999)
* Lee, Brandon (Eric Draven) - EL CUERVO (1994)
* Macfadyen, Angus (Robert Bruce/Narrador) - BRAVEHEART (1995)
* Peck, Anthony (Ricky Walsh) - JUNGLA DE CRISTAL III. LA VENGANZA (1995)
* Schwimmer, David (Capitán Herbert Sobel) - HERMANOS DE SANGRE (2001)
* (VOZ) (Dudo) - LOS FRAGUEL (1987)

A isto hai que engadir que soe se-la voz habitual de

* Allen, Tim (Buzz Lightyear)
* Harrelson, Woody
* Grant, Hugh

José Luis é un dos poucos actores de dobraxes que logo foi actor de verdade. Por exemplo facendo de Jun Cuesta.

A modo de curiosidade comentar que na serie "El Equipo A", facía voces adicionais: granxeiro, gardas, radio,..., que nunca tiñan cabida nos créditos da serie..unha mágoa.

Unha última curiosidade: como lestedes no repertorio de películas que fixo, tamén dobrou a voz do protagonista de "La vida de Brian". Se vos fixades, tamén garda un parecido extraordinario co actor da peli.
E senón vede a foto que sobre eles puxen no artigo "Persoas parecidas" neste mesmo blog o 19/05/2006...Sin que sirva de precedente, volto a publicala...

venres, 9 de xuño de 2006

** EMPEZA O MUNDIAL**

Agora que parece que todo volta a funcionar no blog, e logo de dous días sen poder publicar artigos, vou comenzar cun tema moi moi de actualidade. O fútbol. Haberá quen diga que non lle gusta ou que o Mudial non lle apasiona en comaparanza coa Liga ou coa Champions. Servidor opina como este segundo grupo.

Cada catro anos sempre nos queren vender que España vai xogalo seu mellor Mundial. Moito fume para tan pouca fogueira diría. Despois por unha cousa ou outra, chegamos como moito a cuartos de final e somos eliminadas de maneira inxusta por culpa dun árbitro. Na última ocasión foi o tal Gandhul (descoñezo se está ben escrito).

Creo que hai que falar de varios aspectos ó respecto:

1- España non ten espíritu gañador. Para min é algo así como o Atlético de Madrid pero en seleccións. A "pupas" das seleccións. Sempre lle falta algo. Cando ten boa selección queda eliminada, e incluso ás primeiras de cambio, sen chegar ós cuartos de final.

2- Este ano considero que a selección é a peor en moitos anos. So tres dianteiros natos, e entre eles un Raúl bastante descoñecido hai moitos meses. ¿Acabado?. Se chegamos este ano a cuartos, teremos bastante para o que levamos......Hai figuras pero noutros mundiais tivemos levado mellores futbolistas e non conseguimos nada. Sei que esta "regla de tres" non significa no mundo do fútbol nada. Tendo peor selección ata podemos chegar a semifinais, pero.....


3- No caso de chegar a cuartos, o rival seguramente sería a temida Brasil.....

4- As miñas favoritas son, por esta orde: 1- Brasil, 2: Arxentina, 3: Francia

5- Alemania chegará como moito a semifinais...Italia toda unha incógnita.

6- A pesar do dito, está claro que os árbitros tamén soen perxudicar a España, se ben non se pode xulgar un partido por so unha ou dúas xogadas que sirvan de disculpa.

7- Luis Aragonés é un bo adestrador e imprime carácter. Non obstante penso que se equivocou non levando a outro dianteiro máis. Unha lesión dun dos tres que leva pode chegar a ser algo catastrófico, máis aínda cun Raúl que nin é a sombra do que foi. A ver se co Mundial se pon Moreno e rexurde (logo que en agosto volte ó seu letargo, que para algo son do Barça, jeje!!)

8- Os rivais do fase primeira son bastante asequibles. España non debería ter problemas para pasar primeira. O seu partido máis complicada debera ser o de Ucrania, pero nin punto de comparación entre eles. Shevchenko é o que tira do carro, o resto non é para tanto. Pero non hai que confiarse...

9- A liga española é cada vez a mellor, e os seus clubes gañan títulos europeos. Este ano o F.C.Barcelona conquistou a Champions League, namentras que o Sevilla fixo o propio coa Copa da UEFA. Paralelamente, a selección é cada vez peor. Adoece de dianteiros bos, xusto o contrario que lle pasa nos clubes españois, ¿Por qué? Sinxelo: porque os clubes teñen sobre todo dianteiros bos pero estranxeiros (Etoo, Ronaldo?, Ronaldinho, Forlán, etc.etc.)

10- A aficción está cada vez máis desencantada coa selección porque nunca chega nin tan siquera a semifinais. Se este ano volta a pasalo mesmo, acabará por restarlle aficcionados e audiencia nos grandes eventos (aínda que sempre será vista, por suposto, e pode que nalgún partido puntual por moita xente. Pero non será o mesmo---

11- Éstase ilusionando por parte do mundo do fútbol e dos medios de comunicación á xente. Fálase de gañar un Mundial. Hoxe por hoxe é case un milagro. Ven a ser unha cousa similar a se lle pedimos a un equipo da parte baixa da táboa de primeira división que gañe a Liga. Por poder pode, pero claro.....xa me entendedes....

Oxalá me equivoque e gañemos o Mundial ou cheguemos a semifinais, pero dame que, como moito, chegaremos a cuartos. Vou máis lonxe. Teño o presentimento que imos quedar eminados en octavos de final. OXALÁ ME EQUIVOQUE E CHEGGUEMOS LONXE, OU GAÑEMOS O MUNDIAL. NADA MÁIS ME ALEGRARÍA, pero vexo complicádísimo....

P.D.: Non puiden pór MÁIS FOTOS PORQUE O BLOGGER NON ME DEIXA.....

** ¿BLOGGER vai mellor?

Acabo de entrar no blog de blogger. Parece que hoxe vai ben, espero que se manteña pola noite e nos días sucesivos. De tódolos xeitos, se volta a fallar xa teño previsto outro blog alternativo que sería o de msn spaces. O seu nome tamén está rexistrado como a lareira máxica. Polo de agora está vacío. A idea nun principio é so empregalo so si éste falla......Así que se vedes que volta a haber fallos no blogger publicarei naquel.

De tódolos xeitos sería un lío grande, xa que a edición de msn é distinta a utilizada en blogger. Sería empezar de cero, e para algúns dos servicios como o do chat non sei aínda moi ben como funcionaría.....Toquemos madeira amig@s.

xoves, 8 de xuño de 2006

** PROBLEMAS CON BLOGGER

Os servidores de blogger, quen fai posible os blogspot, entre eles o meu, está funcionando mal. Onte non puiden colgar nada no blog por este motivo. E hoxe tampouco vai ben. Non me permite editar, agás neste mesmo intre que o conseguín facendo auténticos xogos malabares.

De persistir este problema, veríame na obriga de cambiar de blog e mudarme a outro. Vamos a ver cómo evolucionan os acontecementos......Espero que a partir de agora todo vaia como antes, isto é, ben.

martes, 6 de xuño de 2006

** Un mínimo de respeto para o usuario


Por cada cliente que reclama ou que se queixa, 19 non o fan

Un cliente insatifeito conta a 10 persoas a súa mala experiencia

“Atención ó público” son tres palabras que moita xente, en realidade, non sabe o que sígnifica ou cómo levala a cabo.

O artigo de hoxe fágoo porque en algún momento todos nos tropezamos con persoas desagradables, maleducadas ou groseira que desempeñan un traballo de atención ó público, sexa cal sexa a súa profesión.

Un profesional que basa o seu traballo ou negocio na atención ó público debe ser ante todo, mínimamente empático, atento e tentar axudar á xente, sen esaxerar tampouco. Aquí incluiría a todos aqueles que exercen un traballo que ten que ver coa atención directa á clientes, pacientes, usuarios, ou persoas, a secas.


Podería pór moitos exemplos, e vós estou convencidos que tamén, de casos nos que nos atopamos con persoas que, para nada, son minimamente agradables coa persoa que teñen diante. Os motivos poden ser moitos: a forma de ser habitual dunha persoa e o seu carácter quizás sexa o principal.

Tódalas persoas somos humanas e temos días mellares e peores, pero o que non se pode ser é tódolos días desagradables. Dependentes, hostaleiros, médicos, funcionarios ou outros profesionais que desempeñan un traballo de cara ó públicos non poden ser ariscos ou desagradables na súa atención.

Ë evidente que o carácter dunha persoa ten bastante que ver, pero tamén a súa situación persoal, familiar ou outros moitos factores. Insisto en que tódalas persoas podemos ter días malos, ou incluso épocas. Ningúen está libre de sucesos ou problemas. Aínda así, deben de tentar separar a súa vida profesional da persoal. Sei que, en moitos casos, non é fácil. Incluso sendo así, resulta que o cliente, usuario, paciente, beneficiario ou queremos chamarlle á persoa que se beneficia da atención dun profesional non ten, en principio, culpa de nada. Polo tanto, débese tentar ser PROFESIONAL.




Deixando á marxe problemas puntuais persoais e familiares, atópamonos con persoas que sempre son desagradables teñan ou non teñan este tipo de problemas. Este segundo tipo de persoas son as que a min, particularmente, non me gustan. Non se pode tratar mal ás persoas que atendes sen máis, simplemente polo feito de que a túa forma de ser, o teu carácter é o que é, e punto. Non é un motivo de peso señores.

Imos ser claro, este segundo tipo de persoas deberían prantexarse un día se realmente non se equivocaron de profesión. Non se pode ser médico e “maltratar” verbalmente ós pacientes ou ser groseiros. Non se pode ter unha tenda –do que sexa- e desatender ou atender con malas pulgas ós clientes: señor dependiente, que o que vai a comprar vaille a comprar a vostede e non ó revés.

Réstame falar tamén dos servicios de atnción ó cliente de compañías telefónicas ou de internet. Todos sabemos que hainas que reciben moitas queixas e reclamacións. Hai uns días xa vos falei de “Juarradu”, nas que os que se supoñen que deben atender correctamente ós clientes córtanche á chamada tan campantes para non ter que darche explicacións ou para evitar ter que contestar a cousas que non poden justificar, ou por comodidade.

A pesar de que neste sector, e según as estadísticas, Amena e Wanadoo (as dúas integradas no grupo francés France Teleco , e que próximamente empregará para tódalas súa compañías en España a cor laranxa que xa ven empreñando no resto de Europa) son as que máis queixas reciben, tampouco son menos outras como Telefónica,
Jazztel, etc. E senón remítovos ás estadísticas e a reportaxes que sobre a materia se fixeron. Simplemente probade a buscar no GOOGLE…..

Repito, podería pór moitos máis exemplos, pero creo que me entendedes perfectamente……

Conclúo: ¿onde quedou aquilo de que o cliente sempre ten a razón?. Ante todo respeto, educación, atención correcta e minima empatía.....O que hai que aguantar…!!!

luns, 5 de xuño de 2006

** Homenaxe simbólico ós Monty Python



O vídeo de hoxe cumpre un cuádruple acometido:

1- Homenaxe ós Monty Python. Xeniais. Uns fenómenos. A música do fondo do vídeo é a que empregaron na exitosa peli "La Vida de Bryan", a cal non debe faltar nas videotecas. Humor para dar e tomar.

2- De humor, vai a cousa, xa que o vídeo está cheo de meteduras de pata, encontranazos e situacións absurdas, pero que fan rir. ¿sobre que?

3- Sobre xogadas de fútbol. Incluso para os que non vos guste este deporte, vaivos gustar o vídeos. Alomenos algunhas, cando menos. Para que logo digan que o fútbol non é perigoso. Todo depende de cómo se practique e con quen. Non perdades de vista ó árbitro nin ós camilleiros, entre outros.
Este tercer obxectivo pretende ser un guiño ó mundial de fútbol que comenza este venres, e do que falarei outro día.

4- Practicar poñendo vídeos no blog. Tranquilos que non vos vou saturar deles, aínda que de vez en cando porei algún. De paso, fai algo máis atractivo este blog. Ese é o meu desexo. Procurarei pór os que sexan cómicas ou ben os que sexan de interés por algún motivo xustificado.

Por último, póñovos un vídeo que imita ós chinos imitadores. Ou sexa, e para máis redundancia, vai sobre imitación de imitadores. Trátase de Edu Soto (famoso polo seu papel de "EL NENG") e Santi Clima, outro dos seus compañeiros no programa de Andreu Buenafuente. Risas garantidas....



E, por hoxe, iso é todo amig@s, como dicía os debuxos da tele....

domingo, 4 de xuño de 2006

** Recursos novos para o Blog

Dicíavos tan so hai uns días que quería ir introducindo cousas novas no Blog. O primeiro foi enlaces para escoitar música de radio de xeito onlin (Kiss FM, Cadena Dial, Los 40, M-80 e Máxima FM), se ben teño pendiente saber cómo facer para que se pode escoitar a música de fondo namentres se consulta o blog. De momento, o enlace é externo.


Outra das cousas introducidas nos últimos días foi un contador de visitas. Constinuando con estas novidades, desde onte existe un calendario co seu correpondente reloj, así como un CHAT. Xa houbo xente que o estreou onte. Gracias por participar!!!.

No presente artigo introduzo un vídeo: o duns chinos ou japoneses (nunca me aclaro como distinguilos jeje!!) que parodian cancións. Seguro que algúns de vós xa os vístedes no programa de Buenafuente....



Agardo que disfrutedes con todas estas novidadesm, que se todo vai ben e o tempo mo permite, confío en incrementar paseniñamente.

Unha vez máis lánzovos a invitación a participar enviando ou comentando artigos, facendo suxestións e críticas constructivas, entrar no chat.....

Un saúdo a tod@s.

sábado, 3 de xuño de 2006

** Un silencio amigo

Hai momentos na vida que sempre nos acordamos de conversas mantidas no pasado, porque algo ou alguén as evoca. No caso que nos ocupa o feito que me fixo recordar foi ver a dous mozos sentados nun parque que parecían levar longo tempo sen falar. Pero o silencio non parecía incomodarlles. Daba a sensación que para eles non supuña ningunha traba, nin cercenaba a súa tranquilidade coa súa presencia muda.

Acordeime, case de súpeto, dunha conversa pseudo-filosófica que, na miña etapa etapa compostelana (¡maravillosos tempos aqueles, sí señor! sostiñamos uns amigos un venres pola noite, sentados nunhas excelentes butacas xa ben entrada a madrugada. Debatiamos sobre a amizade, en sentido amplo, sen ceñirse o diálogo á amizade dentro dunha relación de parella. Non. Dabamos dous pasos máis alá para conversar dunha amizade en xeral.

Daba igual que fora entre amigos ou amigas ou "fifty/fifty". Iso era o de menos.
O meollo da cuestión xiraba en torno ó silencio. Argumentaba alguén que o silencio moitas veces é nefasto e incómodo, pero que non sempre é así. Outro amigo, sen embargo, dicía que o silencio sempre é negativo, que non podía haber nin había excepcións. Nembargantes, ó final da conversa sucumbiu de xeito irrevocable ó prantexamento contrario. E é que os argumentos da primeira tese, a de que ás veces pode ser positivo, sobran se refexionamos un pouco.

Pensaredes que iso do silencio negativo é unha falacia. Se iso é o que pensades, trabucádevos bastante. Prestade atención e veredes como todo ten a súa lóxica. Os exemplos non recordo cales eran, pero dá igual, vouvos pór outros que están na mesma liña. O amigo que defendía que o silencio pode ser positivo mantivo o seguinte argumento: cando acabas de coñecer a unha persoa ou cando, a pesar de coñeceloa, non tés a suficiente confianza con ela, no intre en que calquera dos dous non sabe que decir, a situación xenera unha incomodidade latente. Da a sensación de que “te sintes obrigado a falar do que sexa”, eran as súas palabras. É certo, todos sabemos de temas recurrentes: o máis famoso e, sen dúbida, o do tempo. ¿ou acaso non acabamos algunha vez falando deste ou doutros temas algunha vez na nosa vida?.......

Neste sentido, o silencio non é positivo, ó contrario, é negativo. A incomodidade, o non saber que dicir, non nos fai cómplices, todo o contrario. Se acaso so nos faría cómplices do absurdo. Isto non se dixo naquela conversa, pero éngadeo éste que vós está a escribir estas disquisicións.

Chegados a este punto é obrigado aclarar ¿Qué é iso do silencio positivo?. Moi fácil. É o silencio cómplice, aquel silencio no que non falar non nos fai sentir incómodos ou molestos: cando podes estar cunha persoa e sabes que de vez en cando o silencio é so iso silencio, sen máis significados, e cando non te obriga necesariamente a falar. ¿Por qué? Porque @ teu/túa amigo@ ou parella xa te coñece e estás a gusto con el a pesar de non falar. Incluso, cun xesto podemos comunicar moito máis que con palabras. un xesto que será correctamente interpretado polo nos@a amig@ ou compañeir@ se temos a suficiente confianza e nos coñecemos ben. Nestas situacións sobran as palabras. Cabe matizar algo, e é que todo ten un límite. Tampouco é cuestión de estar horas e horas con alguén e non dicir nada. Xa se sabe os puntos extremos nunca son bos, como rezaba o famoso dito do filósofo (creo que Aristóteles).

En resume, dous amigos ou amigas poden estar sen falar e non sentirse incómodos porque son amigos e coñécense. Saben que a súa amistade está por enriba destes “lapsus” voluntarios ou involuntarios que non vai influir na súa amizade e daí que non os faga sentir obrigados a falar para “aparentar” normalidade e sentirse cómodos porque xa o están. O feito de non falar entre eles un periodo de tempo determinado non é obrigatorio, non os compromete. É como se fose un pacto non establecido. E se vos parades a pensar esta argumetanción ten sentido, moito sentido. É convincente e elocuente.

Ó fío deste argumento que acabo de expór, e que tamén suscribo plenamente, o tema da mirada cómplice. Isto quizás teña unha vertente máis amorosa, pero de todo hai. Estes días vin unha película que me lembrou esta outra vertiente da complicidade. Unha vertiente de índole visual e relacionada co significado da linguaxe non verbal e á súa interpretación.

Ás veces unha mirada di máis que mil palabras. Pemitídime que faga esta licencia para parafrasear ou adapata-la expresión popular “unha imaxe vale máis que mil palabras”. Vulgarmente as mulleres describen o físico do seu home perfecto como “rubio de ollos azuis”…... Que error!!! Ou acaso os rubios sonche perfectos?? As persoas non son superficies planas nin, por suposto, tódolos rubi@s, morens, etc. son iguais. Faltaría máia!!!!

Bueno, iso é outro tema do que poderiamos falar outro día. Pero a cor é unha cousa e a forma de ver é outra. De feito, a mirada é unha poderosa arma……. Xa me entendedes……Todo depende de quen sexa o artífice da mirada e do que pretende con ésta. E coidado, que tamén serve para manipular consciente ou inconscientemente. E senón que llo digan á xente que emprega estas armas como medio para enganar e conseguir oscuros ou innobles fins.....

Poderíase seguir e seguir pseudo-filofando sobre o silencio, as miradas,... pero outro día seguirei que por hoxe xa é abondo.

venres, 2 de xuño de 2006

** Mónica Molina


A cousa vai hoxe de música. En concreto, quería falar de Mónica Molina, a máis pequena de aquel famoso artista que foi Antonio Molina, ó da canción "Soy Minero". O seu pai tiña unha voz impresionante. As súas cordas vocais eran un prodixio. Non hai máis que escoita-lo na canción "Soy Minero" e obervar como aguante a voz.

Todos coñecemos a Micky Molina (creo que un impresentable, ou iso é a fama que se está a ganar ultimamente)ou Ángela Molina. En total son 7 irmáns con ela.

Mónica fixo algunha película, se ben non tiven o pracer de vela. O que si teño o pracer é de escoitar a súa maravillosa voz. Plagada de romanticismo, sentimentos, dozura e melancolía coas que impregna os seus tres discos que leva ata o momento.

Incluso se atreveu cun fado ("Pequeno Fado"), no que constituiu unha das súas primeiras cancións. Outras boas foron, entre outras, "Como el aire", "Tiempo perdido" ou "Dime

Recentemente saiu á venda o seu cuarto disco. Dos tres anteriores vendeu máis de 200.000 discos: "Tú Despedida" (1999), 'Vuelo' (2001) y 'De Cal y Arena' (2003). Agora saca ó mercado ó seu último traballo discográfico que leva por título "A vida! mercado 'A vida', con composicións do seu irmán Noel Molina. ¿Elocuente título, coñecendo a temática das súas cancións, non? 11 temas musicaisi xalonan o seu cd, que volta a ser unha voz máis unha mezcla de cancións intimistas e chea de sensacións profundas. ".
Os 11 cortes do disco:

1.Donde Seas Que Hoy Estés
2.Tesoros
3.Nostalgia
4.Sueños
5.A Paso Lento
6.Sed De Ti
7.Líbrame
8.Por Haberte Conocido
9.Nuevo Amanecer
10.Porque Te Sigo Amando
11.Amar En Tiempos Revueltos

Aínda que todos son moi bos, quédome co nº11 "Amar en tiempos revueltos" e, en especial, co primeir: " Donde sea que hoy tú estés" (que é o tema que soa na radio estes días).

So expresaría un pero no referente a Mónica Molina. O pouco recoñecemento que se lle presta ós seus discos. Considero que é unha cantante boa. Como xa dixen, ten unha voz estupenda, pero a iso hai que unirlle o ben que sabe transmitir as letras que emanan da súa música, así como o significado que encerran tras de sí. Un aire reflexivo e inquedo agóchase no seu interior.

Oxalá algún día se lle recoñeza como merece. Quizás o seu apelido Molina non lle estea a axudar moito, agás na promoción das cancións. Quen sabe. Ou ó mellor o seu estilo non acaba de ser entendido por toda a xente e so sea recoñecida a súa valía por una poucos. Non o sei, pero no que a min se refire conta co meu agrado.

xoves, 1 de xuño de 2006

** .....Un MES despois.....!!!


Este blog cumpre un mes de vida. Que axiña pasa o tempo -como todo-. Creeino o 1 de maio, e neste mes fun introducindo diversos artigos e reflexións, coas que haberá xente que se identifique e xente que non --como todo nesta vida tamén--.

Agardo que vos esteas gustando o blog. Trato de face-lo o mellor posible. Fun introducindo vínculos a páxinas web e de música online e, hai uns días, un contador de visitas. Aínda así, falta moito camiño por andar. Co tempo gustaríame pór cousas novas: un enlace de radio que permita escoitar unha emisora de radio online namentres consultades os artigos do blog, xa que de momento para escoitar a música hai que saír do blog. Aínda non sei cómo facer para que ambas cousas poidan facerse de xeito simultáneo. Así que vos agradecería que, se podedes solucinarme este contratempo, me botedes un cable (sanxe@hotamil.com, ou directamente nun comentario deste mesmo artigo).

Teño en mente poder pór algún vídeo, un reloj (en ambos casos non sei cómo se fai) e introducir máis vínculos. Pero o que máis me gustaría é que participarades no blog cun artigo ou cun simple comentario dalgún artigo, suxerencia, consello, etc. Estou totalmente aberto á vosa participación. E de paso, se me podedes resolver algunha dúbida, pois xenial!!!.


Descoñezo as persoas que se conectan ó blog. So se o nº de visitas, pero iso é moi impersoal. Van máis de 2.000 visitas, aínda que máis de un seguro que repitiu que non creo que consultarán o blog 2.000 internautas.....

O dito, espero que o blog poida seguir mellorando e aportando cousas novas e, o máis importante, que vos guste.....

Un saúdo, e moitas gracias á xente que, polo menos, entrou unha vez no blog. Fago extensible o agradecemento a BLOGGER por deixarme a posibilidade de crear esta páxina. A todos gracias e a seguir crecendo!!!