venres, 1 de xaneiro de 2010

** O primeiro artigo do 2010: libro de ruta.

SANXENXO. Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica




Cada ano reseteamos o contador dos 365 e voltamos cada un de xaneiro ó principio: ó día, do mes 1 (xaneiro). E deste ano toca un ano par que é o primeiro dunha nova década: a dos anos 10. Todos oímos falar dos anos 2000 (a primeira década do século XXI) e dos 20, 30,... Pero nunca oín falar dos anos 10. A ver ¿quen se lembra no século XX, dos anos 10? ¿Quen usa ese termo? Pois ninguén. Iso sí, das outras décadas temos oído falar.

Atrás queda un 2009 con bos e malos recordos. Así de pronto e improvisando véñenme á cabeza varios: o histórico éxito do equipo dos meus amores: o F.C. Barcelona que conqueriu os seis títulos que disputou (Liga española, Copa do Rei, Liga de Campións, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundialito de clubes). Pasarán moitos anos, antes de que outro equipo iguale este récord, que ningún outro equipo de fútbol ten. Bravo Guardiola. Aí queda iso. E en baloncesto acadamos o campionato de europa se seleccións. España sumou un novo título.

Non todo é deporte. Tamén me veñen á mente varias mortes: os cantantes Antonio Vega ou Michael Jackson, os actores Patrick Swayze ou José Luis López Váquez ou o xornalista deportivo Andrés Montes. Por suposto, hai máis figuras coñecidas que finaron. Descansen en paz. E podería seguir nomeando sucesos bos e malos que aconteceron.

En fin, iso foi 2009. Xa é pasado. Hoxe principiamos un novo ano: 2010. Un ano que, como a cotío, virá empapado de proxectos e desexos. Moitos son de sempre. Non fai falta nomealos (ximnasios, deixar de fumar,...). Voume centrar nos de "interés xeral". Algúns deles son que España presidirá a Unión Europea, que en TVE xa non haberá publicidade pagada (so anuncios dos propios programas e, de vez en cando, anuncios de patrocinadores de eventos catalogados de "interés general" e de publicidade electoral), o 3 de abril a televisión analóxica -a de sempre- vivirá a súa defunción. É a crónica dunha morte anunciada que diría Gabriel García Márquez.
A nivel deportivo en xuño disputarase o Mundial de fútbol por seleccións, Fernando Alonso correrá con Ferrari en Fórmula 1 e Michael Shumacher retornará catro despois da man dun novo equipo: Mercedes (que se desvinculou de Mclaren e mercou Brawn GP, que se proclamou campión en 2009). En motociclismo haberá unha nova categoría: moto2 (novo nome da desaparecida categoría de 250 c.c.). En ciclismo Lance Armstrong competirá cun equipo formado por el para tentar desvanvar -ougallá que non- ó español Alberto Contador.

E podería citar máis cousas que van acontecer no 2010, pero non quero aburrir, que para ser o primeiro artigo de 2010 xa está ben. Propoño que deixedes outros acontecementos ou cousas dignas de mencionar e referentes ó ano que agora empeza.

Feliz 2010, que o novo ano sexa mellor que 2009 e gracias por seguir visitando e participando en A Lareira Máxica.


ARTIGO RELACIONADO: Oda ó number one

12 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

Julio, cada 1 de xaneiro deberías rescatar a "Oda ó number 1". Eu faríao porque é un artigo moi bo que non debería caer no olvido.
É máis, estes días estiven buceando no blog e atopei escritos que é unha mágoa que se "perdan" na blogsfera. En fin, qué che parece a idea de crear unha sección na ALM tipo "A Hemeroteca da Lareira Máxica".

Alvariño dixo...

2010, ano de librarme dunha moa que cada dous por tres me pide un implante dental. Vai ter que ser este ano, creo que este tema non admite demora.

O Moucho dixo...

Alvariño, non sei que idade tes pero a min recomendaronme que polo de agora é preferible aguantar cos dentes que tes, pois os implantes non son de todo fiables ó medio e largo plazo. Cando xa levas moitos anos con eles, si tes problemas coa calcificación dos osos, ese implante escomenza a abanear e acaba caendo. Ai quen dí que é mellor quedar sin dente. E outra recomendación é que mires o tema en varias clinicas dentais, pois a min pasoume que en Vitaldent, decianme que tiña todos os empastes en mal estado e había que cambialos. En fin unha chea de cartos. Dixeronme que me fose a outro sitio, e alí dixeronme que tiña os empastes en perfecto estado escepto un dente. Conclusión: que en algunhas clinicas so queren facturar e facturar, sin importarlle o dano que lle poidan acontecer ós teus dentes. Puro egoismo desta empresa. Aseguroche que o que che conto é certo. Non te quedes con unha soa opinion do primeiro dentista. Haber que opinan outras clinicas do teu caso.

O Moucho dixo...

Alvariño, ando dandolle voltas a tua proposta de falar contigo cando o necesitara. E gustaríame tentalo, pero creo que é unha parvada. Pois seguramente acabaras detestandome co tempo. Son moi cabezon, paranoico e insoportable cando me sinto agobiado por unha vida que ansío cambiar pero que non está ó meu alcance xa que non teño intelixencia, madurez, e saber estar coas persoas. O suicidio non é solución, pero as veces dame gañas de que me ocurra algo que me leve a vida repentinamente. Ogalla. Non quería que saise esto no blog, pero non sabía como contactar contigo. Así que me da igual. Total, coa reputación que teño xa non teño nada que perder. Non quero facerme a victima. Non. Non. Un saudo moi forte, Alvariño.

Alvariño dixo...

¡Hola Moucho!
Os de Vitaldent son uns impresentables, xa o sei. A un veciño meu pasoulle o mesmo que a tí. Foi porque lle doía unha moa e cando lle dixeron todo o que tiña que facer e o que lle ía costar saleu pitando. En fin, negocio puro e duro. Ó final, o que tiña era unha moa irrecuperable e agora vanlle facer un implante na facultade de Odontoloxía. Seica é un implante low cost, porque solo lle van cobrar os materiais. Xa lle irei preguntando periódicamente a ver cómo lle vai.
O meu dentista tamén me ten un chisco farto. Cóntoche: cando el non facía implantes dicía que que era partidario dunha odontoloxía conservadora, que como as pezas dun mesmo non había outras. Agora cambiouche de conto: "esta peza está mal, esta tamén, esta endodoncia xa che dou problemas, tes moitos empastes de amalgama..."
Nunha palabra: quelledean. Paso del, non lle vou deixar facer as primeiras prácticas na miña boca cando outros dentistas lle levan máis dunha década de experiencia na materia.
En fin, xa me vexo na clínica dunha repugnanta que coñezo. Vai de guai pero, no fondo, é repugnanta e un chisco prepotente. O que pasa é que ten moita experiencia e polas referencias que teño dela creo que é unha boa profesional. Dentistas: ¡puajjj...!
Mellor cambiar de tema.

Alvariño dixo...

.Segunda parte:
Moucho: esquece a palabra suicidio. Morrer logo se morre, dígocho eu que nunha ocasión xa estiven máis para alá que para acá. Foi dunha vez que me tiveron que operar. Non sei porque sucedeu pero tiven unha "complicación" desas. A miña familia non lle deron demasiadas explicacións. Eu supoño que sería unha parada cardíaca. Bueno, que era unha intervención sinxela, pura rutina, e a pouco máis xa non desperto.
Non se debe menospreciar a vida porque as cousas logo se torcen.
O de comunicarte conmigo vai ser supersinxelo, tan facile como parlar el italiano, xa verás.
Bueno, vou crear unha conta de correo electrónico para os meus lectores da Lareira Máxica e así poderás escribirme cando queiras. A ver, vai ser:
Alvarinho_Alm@hotmail.es, seguro que non deixan poñer o "ñ" e vou ter que meterlle o "nh". Por suposto, podédesme escribir todos os que queirades.Agora mesmo vou dar de alta a conta.¡Ata pronto!

Alvariño dixo...

Última hora:
Moucho, pódesme atopar en: alvarinho.lareira[arroba]gmail.com

toupeiro dixo...

Feliz 2010 a ti e a todos os teu seres queridos

Meiguiña dixo...

Feliz Ano a todos e todas

Biquiños meigos e máxicos para ti Julio

Carpe Diem

Julio Torres dixo...

Vaia, vaia Alvariño!!!

Animo Moucho que a vida vale moitísimo!!!

Toupeiro e Meiguinha: os mesmos desexos para vós. Un excelente 2010 no que tódolos vosos bos desexos se vexan cumpridos.

Alvariño dixo...

"¡Vaia, vaia Alvariño!" Non sexas tan mal pensado Julio. Ó mellor é que che pitan os oídos...,sí pode ser eso. Claro, ó mellor un día destes acabas dicíndolle o médico que tes acúfenos nun oído ja... ja...! Bueno, que me pode escribir quen queira, ti tamén si o consideras oportuno.

Anónimo dixo...

Qué rápido pasou o primeiro mes de 2010, xa é Carnaval. ¡Qué ricas as orellas!