O texto que a seguir se publica esta baseado nun feito real, tal e como nos explica a súa autora Deva Belisama. Este é o relato do que vos falei estes días. Tanto ó Julio como a min deixounos a pel de galiña. É moi duro o que lle pasou. Recomendamos que a leades. Parece longo, pero non o é. Non vos vai deixar indiferentes. Deva Belisama, so decirche que benvida ó blog, no meu nome e no de Julio. E queremos que sigas colaborando connosco. ¿Ok?
Julio / Patri
Son @ ELEXID@!
Son @ elexid@, pero outras persoas non. E non sei como afrontar esta situación.
A miña historia non é tan complicada. Un día coñeces unha persoa. Gústache, gústalles e inicias unha relación sentimental que alcanza a súa madurez cando unese sentimento con placer conseguindo un bo orgasmo.
Todo estupendo, todo marabillosos e de repente a vida é de cor rosa e sorprendeste sonreindo no espello nada máis despertarte. Esa experiencia repitese máis veces e un día, a mala sorte ou o destino, decide que xa é hora de que pretenzas a un “bando”; rompese o condón. Non problem!, hospital, toma da píldora anticonceptiva e encomendarse a todo dios e todolos santos. Mentras, a túa parella tranquilizate de que non ten o SIDA, nen ningunha outra enfermidade, que está san como unha autentica rosa.
Houbo sorte: non hai embarazo. E de repente, as citas espallanse, notas que a túa parella distanciada e que che mira como se estiveses sentenciad@. Sentenciad@? A qué? E un día por unha razón ou por outra deixase de chamar e de quedar.
Sen embargo, a vida segue, quedas c@s amig@s coma sempre, dedicaste o teu traballo, deixas unha porta aberta ó teu corazón ( ou as túas hormonas, según coma se mire!) e fas aquelas cousas que non podías facer por querer arañar minutos para estar con el/ela, coma por exemplo apuntarte a cursillos.
Si, a vida segue e de repente atópaste cans@, dores articulares inexplicables, pesimismo que pecorre o teu ser, empezas a perder apetito, a sentir que todo che costa máis, que os resfriados, a tos, a gripe e demáis enfermidades comunes tardan máis en deixar o teu corpo, que nada te calma e unha desazón invade o teu corpo e de repente acordaste de aquel condón. Puñetero condón! Puñetero por todo o me que fixo padecer.
Pensar que podes ter o SIDA antes de facere unha analítica e moi agotador. Por un lado queres facer a analítica para sair das dudas e por outro queres seguir na ignorancia porque pensar que o resultado pode ser POSITIVO é ... desalentador.
ARTIGO REALIZADO POR:
Deva BelisamaDebutante en
A Lareira Máxica