xoves, 17 de xaneiro de 2008

** A frase Máxica de ...Truffaut


" Un pesimista é un optimista con experiencia "



(Francois Truffaut)






NOTA QUE ME PASA O JULIO, para publicar:

As seccións de "A frases máxica de..." ou "A frase simpática..." non desaparecen De A Lareira Máxica. Seguiranse publicando intercaladas entre os artigos, aínda que en menor frecuencia, porque desda hai uns días, na columna da esquerda puxemos un gadget de Google que recolle toda unha colección de FRASES MAXICAS E/OU SIMPÁTICAS aleatorias, que engloban: cita do día, citas famosas, citas de cine, refráns galegos, piropos e outras frases. Agardamos que as consultedes. Asegúrovos que se pasa un bo tempo léndoas. Existe un amplo abanico e hainas boas ou divertidas.

Para os que prefirades enviarnos frases (propias ou alleas) para publicar na sección de artigos "A Frase Máxica" ou "A Frase Simpática" pois seguilo facendo. Agardamos comentarios: que bos parecen. Que se publiquen non quere dicir que nos esteamos dacordo con elas. So pretendemos inducir á que opinedes sobre as frases, ó igual que o facemos cos artigos que publicamos no blog. Entre os obxectivos de A Lareira Máxica está o do fomento dunha participación interactiva de tod@s os seus lectores, así como o de reflexionar e opinar de todo aquilo que se publica no blog.

Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :