** O clube das adiviñas (Nova sección)
Hoxe estreamos sección. A proposta foi lanzada hai unhas semáns por a María, e o Julio e máis eu gostounos a idea. Trátase de adiviñar o nome e a obra ou o fragmento dunha texto que nos remitides, feito por un escritor coñecido. Poden ser poemas, novelas ou calquera outro estilo literario. Queremos advertir que esta nova sección non será incompatíbel coa do Recuncho Literario que tamén pode e seguirá recollendo os mesmos fragmentos que ata o de agora, pero coa solución. Por todo isto, pedímosvos un favorciño: Indicade en que sección queredes incluír o fragmento literario, ou se vos dá igual (nese caso decidiremos nós, en función de que sección esté máis coxa nesa tempada). O ideal é que unhas veces fora nun e outras noutro.
Nesta nova sección se o cabo dun días, ningúen acertase a obra ou o autor, a solución será revelada no artigo polos administradores do blog.
Tamén aproveito para dicirvos que ¿non hai nada que vos dé rabia ou que vos faga sentir contentos?. A sección QUE RABIA DA CANDO!! e a súa prima-irmá de QUE CONTENTO ESTOU CANDO...!! buscan quen as queira. Graciñas.
Empecemos pois. Como non, o primeiro poema foi enviado pola impulsora da idea (graciñas pola proposta de parte do Julio e miña).
ACTUALIZACIÓN 02-10-09: "O clube das adiviñas literarias" reconvértese en "O clube das adiviñas...". Nel poderá haber adiviñas non so sobre literatura, senón tamén sobre fotos, música, persoas, etc. Esta sección non será incompatible coas xa existentes de O Recuncho Literario, música, fotos ou outras, as cales non están destinadas a acertar senón a escribir, opinar ou simpremente publicar sobre eses temas.
...................................................................................
Me gusta cuando callas porque estás como ausente,
Y me oyes desde lejos, y mi voz no te toca.
Parece que los ojos se te hubieran volado
Y parece que un beso te cerrara la boca.
Como todas las cosas están llenas de mi alma
Emerges de las cosas, llena del alma mía.
Mariposa de sueño, te pareces a mi alma,
Y te pareces a la palabra melancolía.
Me gusta cuando callas y estás como distante.
Y estás como quejándote, mariposa en arrullo.
Y me oyes desde lejos, y mi voz no te alcanza:
Déjame que me calle con el silencio tuyo.
Déjame que te hable también con tu silencio
Claro como una lámpara, simple como un anillo.
Eres como la noche, callada y constelada.
Tu silencio es de estrella, tan lejano y sencillo.
Me gustas cuando callas porque estás como ausente.
Distante y dolorosa como si hubieras muerto.
Una palabra entonces, una sonrisa bastan.
Y estoy alegre, alegre de que no sea cierto.
.................................................................................................................
A SOLUCIÓN DO NOME DO POEMA E DO ESCRITOR SERÁ REVELADA PROXIMAMENTE
.................................................................................................................
ACTUALIZACIÓN 11-01-08: Que decepción horríbel. Ningúen soubo a solución nin se atreveu a probar sorte. A ver se no próximo acertixo hai algún que se atreva, aínda que non acerte, que non pasa nadiña.
O Poema número 15 de “Veinte Poemas de Amor y Una Canción Desesperada” de Pablo Neruda
POEMA ALLEO QUE FOI ENVIADO POR: María
Gran Colaboradora A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Gústame esta nova sección pero hai que pór acertixos máis difíciles. O de hoxe, que me encanta, de acertixo ten pouco. Cambiando de tema, o outro día ocorréuseme un tema para un ¡Qué rabia...! Como non sei cando terei tempo para escribilo vou adiantar o título: ¡Qué rabia dan as camas que fan ruído e os colchóns que chirrían! Supoño que non serei o único que atopa este tipo de mobiliario polo mundo.Quero pensar que lle ten pasado a máis xente, non podo ter tan mala sorte. Xa veremos o que me sae, ó mellor unha nova sección: ¡Qué vergoña!
Jo Alvariño, eu creo que para estrear a sección e animar a xente a que participe está ben o acertixo. De todos modos, ti olvidácheste de decirnos de quen era.
Por outra parte, moi interesante ese que rabia da cando…, xa estou desexando lelo porque a cousa promete. Entre o coñeiro do tema en sí, e a túa forma de contarnolo, seguro que nolo pasamos pipa lendoo. Ademáis xa sabes o que dixo Patri, faltan voluntarios para esas seccións.
En canto á nova sección, tamén pode ser interesante. Cantas cousas das que avergonzarnos diariamente meu deus!!! Fixécheslle xa a proposta formal a don Julio a ver que di? Eu voto a favor.
E despois Alvariño queixábase de que era moi fácil. Se ninguén se animou a participar. Se chega a ser difícil Alvariño........
Publicar un comentario