Amosando publicacións coa etiqueta Que contento-a estou cando....... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Que contento-a estou cando....... Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de febreiro de 2008

** Que content@ estou cando...!!! // De boda

Que contenta estou. Pero que contentíiiiisima!!!!!!! Non sabedes canto. Por moito que intente expresalo con palabras, non poderíades facervos unha idea de canto.

Veredes: o meu irmá máis vello (que non o máis bello porque ese é o outro), leva algo así como uns 15 anos (botándolle polo baixo) coa moza; unha rapariga moi resalada ela que leva entrando e saíndo da miña casa pois ....... imaxinádevos, toda a vida, como quen di. Xa é unha máis na familia dende fai tempo. Dende fai uns anos teñen piso propio e de luns a venres viven ás súas. O finde non, o finde veñen ver a mami para que non se lle faga tan longa a semana sen a súa presencia. E mami agradéceo, claro.

O caso é que fai uns meses sorprendéronnos a todos (igual a min un pouco máis) un bo día decíndonos que tiñan que falar con nós. Meu irmá púxose tan serio que pensei que por fin ía ser tía. Meu pai estaba que non cabía de gozo en si. Recén xubilado, o único que lle faltaba para poder ser un xubilado completo era un neto. Por fin a casa ía empezarse a encher de nenos. Benditos nenos!!!.

Pero que bah. O noso gozo nun pozo. Despois de

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    tantos anos xuntos, de tantas voltas que lles terá dada a vida, de aguantar por todos lados comentarios e preguntas benintencionadas do tipo “cando casades?”, “vaivos sendo hora” etc etc etc e de cansarse a respostar aquilo de “eu? Casar?” , van e deciden dar a gran campanada.

    E claro, unha non entende nada. Unha debátese entre o dilema aquel de se poñer cara de alegría, ledicia, algarabía ... ou realmente mostrar o que sinte. Porque, que deus e meu irmá me perdoe, pero, “a que carallo ven ahora iso de casar, ós trinta anos, cando levan media vida xuntos, cando levan outra media vivindo un co outro, a que ven agora a leria de facer todo o paripé ese do bodorrio repipi e conero?, porque esa é outra. Non podían coller un luns pola mañá, ir ó concello, firmar, e seguír coa rutina dos luns. Non. As cousas hai que facelas como deus e a santa nai igrexa mandan, como diría miña nai. As cousiñas ben feitas, que se ti non eres católica e apostólica, eu si, me di meu irmá, ese mesmo que non pisa unha igrexa dende o día da primeira comunión.

    E eu, sigo sen entender nada. Pero estou contentísima eh, iso que conste en acta. Contentísima por eles quero dicir, porque claro, vos sabedes a como sae unha voda a estas alturas de século? Eu non sei a como lles sairá os contraíntes, nen ós padriños, nen a vós, pero eu creo que ser tía me ía saír máis a precio.

    Porque claro, unha que vos é así moi chusquiña ela, propón: e digo eu, un irmá non casa tódolos días, haberá que facerse ver e posto que somos varios irmás (hai que pensar en todo) regalarlles a lúa de mel quedaría ben. Porque que outra cousa lle vas regalar a un irmá? Vaslle dar un talón como quen da que sei eu? Vamos, que nin corta nin perezosa, tan pronto como o pensei, llo comentei ós demais. Tanto a meus irmás como á irmá da noiva lles pareceu ben, pero coño!!!, eu nunca fora de lúa de mel, non sabía que se cotizaban tanto.

    Así que, estou contentísima, meu irmá casa. Eu vou gastar a paga extra que non teño en contribuír a pagarlles unha lúa de mel de luxo por todo o alto. Vou pasar semanas invertindo todo o meu tempo libre intentando dar co vestido-repolo para a ocasión para rematar mercando o primeiro modelito cheo de volantes e puntilla de Camariñas que me entre neste meu corpo salado. Pero sigo contentísima eh, a ver cando vos atopades vós cunha excusa mellor para desfrutar desa afición tan nosa (e cada vez tamén máis vosa) do “shopping”. Imaxinádesvos: horas e horas recorrendo as mellores “butiques” da gran cidade. E o ghuapa e fermosa que vou lucir o día D, hora H??? Ben valerá os centos de euros que, de seguro, terei que desembolsar.
    Jo, como mola! Qué contenta estou! Só pensar en combinar bolsos con zapatos, vestido con peiteado, xoias con roupa interior, me enche de ledicia.
    Que bonitas que son as vodas. A que si?





QUE CONTENT@ ESTOU...!!! REALIZADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

mércores, 17 de outubro de 2007

** Qué content@ estou cando ....!!!

Que contenta estou cando....!! Por fin chego á casa cheíña de frío e podo encender a lareira esta que comparto con todos vos. Porque ben mirado, no verán, co lorenzo quentando todo o día, aínda unha se afai sen a lareira de fondo no salón. Pero ahora que chega o outono, que empeza a xiar polas mañás e polas noitiñas por moito que Lorenzo se faga o remolón e non nos queira deixar, agradécese ter a lareira quente cando chegas á casa. Así que estou moi, pero que moi contenta de que Patricia entre nas nosas vidas vía A Lareira e da man de Julio.

Eu tamén me quero unir ó agradecemento de Julio e darche as grazas por aceptar a súa petición. Que xa eran moitos meses sen "Que content@ estou cando..." ou sen "Que rabia da cando..", sen os comentarios, ás veces agrios, ás veces doces, ás veces mordaces, ás veces simpáticos de Mariam, sen os relatos de Alvariño e sen as colaboracións de tantos outros. Aínda que non o creades, a lareira era para min o feito de seguír en contacto, ou de cando menos, saber que algúns "amigos" seguían vivos. Dende o paro este forzado da lareira, perdín o contacto por completo con eles. Non sei se seguen vivos, se non soportaron os calores do verán e desapareceron en combate, se que lles pasou. Igual volven ahora como os cogomelos no outono. Oxalá.
Pero por se eles non se animan a volver, sempre nos quedará A Lareira Máxica de Julio, e ahora tamén un pouquiño máis, de Patri.

Grazas Patri!!!



QUE CONTENT@ ESTOU.... ENVIADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

sábado, 19 de maio de 2007

** Que content@ estou cando....Cuestión de letra

¿Lembrades a miña experiencia no dermatólogo da Seguridade Social??? Pois cada vez estou máis contenta se cabe. Despois de sair da consulta co papeliño da crema que me receitara o señor doutor, dirixínme como él me indicara a miña médica de cabeceira para que me fixera a receita da cremiña en cuestión. A doutora nin entendía a letra do seu homólogo para poder facerme a receta nin tiña nin a máis remota idea de que poida tratarse, así que despois de "investigar" o asunto, remitiume a farmacia para ver se alí tiñan máis idea ca ela. Na farmacia máis do mesmo, non entendían a letra, non atopaban a crema por ningures etc etc etc. Como a farmacia era coñecida, pedíronme que lles deixara o papeliño para consultalo con tempo nos seus vademécums e a ver se había sorte. O final si houbo sorte e deron coa dichosa crema. Ó parecer so a atoparon nun dos seus sabios libros e evidentemente, como era de esperar, non a tiñan na farmacia polo que había que pedila ó almacén, pero con todo, despois da miña AVENTURA con maiúsculas, a crema apareceu. Qué contenta estou. Ahora so fai falla que de resultado.



Que content@ estou remitido por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

venres, 11 de maio de 2007

** QUE CONTENt@ ESTOU CANDO....!!!!

Esta mañá tiña vez no dermatólogo. Pedira fai algo así como dous meses e por fin chegara o día. Dende fai algún tempo teño unhas pequenas manchiñas moi antiestéticas ahora que chega o verán nas pernas. Pois ben, dispúxenme a perder unha mañá para poder ir ata a Coruña, conduces unha hora de ida, outra de volta etc etc etc, e cando por fin chega o momento, 20 minutos máis tarde do que tiña marcado, pero bueno, detalle menor ise que por algo che din xa que a hora é de presentación non de consulta. Vale, entro, e o primeiro que me chama xa a atención é que o sr doutor non lle dera tempo aínda de poñer ...--->Ve-lo Artigo completo....
a bata para pasar consulta, pese a ser xa media mañá. Pídeme que lle ensine as manchiñas, pregúntame cales son as que me molestan, dígolle que ningunhas, que molestar non molestan, pero que son antiestéticas e que quero saber o porque as teño e que podo facer. Pasa de min, ponse a escribir o nome dunha crema que me receita e adeus bos días teña vostede. Fin da consulta. Pasaran dous minutos escasos dende que entrara.

En serio, como volo conto. Foi visto e non visto, case non me da tempo nin a baixar e volver a subir os pantalóns, non digamos chegar a sentarme, poder conversar un mínimo co médico para contarlle o meu problema etc. Que bah. Se o sei ....... non vou ata a Coruña para iso. Pero oe, estou dun contenta. Así vai España ... e o que non é España.



QUE CONTENT@ ESTOU REMITIDO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

luns, 30 de abril de 2007

** QUE CONTENT@ ESTOU CANDO.....!!!

Hoxe é domingo e o normal sería levantarme un pouco máis tarde do habitual para cargar as pilas para a nova semana de traballo que xa está á volta da esquina. Cousa curiosa: imposible quedarme dormida onte de noite e imposible tamén disfrutar dunhas horiñas máis de descanso pola mañá.

Bueno, agora que xa me levantei – pronto – pensei en facer unha boa acción, como por exemplo limpar os cristais (boa falta lles faría...). Pero o que non me deixou durmir non foi precisamente a chamada dos cristais sucios... Podería poñerme a limpar pero, para boa acción, mellor esta:...--->Ve-lo Artigo completo....
a de contarvos o motivo destas poucas horas de sono que ben identifiquei: a emoción... A emoción dun reencontro cuns vellos amigos. Digo vellos, non porque o tempo pasara moito por eles (vinnos igualiños que antes e máis ben son eu na que o paso do tempo se nota máis) senón porque nos coñecemos fai xa ... máis de 10 anos ... e levabamos 8 sen vernos.

Unha mensaxe ao móbil o venres pola tarde provocábame un subidón de adrenalina. Si, o momento xa chegara, o esperado reencontro estaba previsto para o sábado.

Estaba expectante e coa curiosidade de saber que farían estes amigos en todos eses anos, que tal lles iría en canto a traballo e demais e incluso me preguntaba se algún xa estaría casado ou mesmo tamén tería fillos (quen sabe) – aínda que parece que neste terreo estamos todos igual-.

Como dixen, expectación, curiosidade e algo de medo tamén. Por que medo? Seguramente pola miña timidez. E finalmente, que tal foi o reencontro? Pois foi estupendo.

Hoxe dinme que teño un brillo especial nos ollos. Como non o vou ter? Moi boa compañía, paisaxes encantadoras, bo tempo... que máis podía pedir? Unicamente que a tarde fose máis larga e, sobretodo, que se volvan repetir estes momentos antes de que pasen outros 8 anos.

E a conclusión de todo iso é ... que contenta estou cando, despois de tantos anos, vexo que falamos con tanta naturalidade como se levaramos un mes sen vernos...

Aquí vai esta pequena mensaxe para eles tres: amigos, xa sabedes que as portas das Rías Altas agárdanvos con impaciencia e eu cos brazos abertos.

Ata pronto, amigos.



ARTIGO ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora de A Lareira Máxica

mércores, 14 de marzo de 2007

** QUE CONTENTO ESTOU CANDO....

Dentro duns días me vou...de vacacións uns díiñas. Catro para ser exactos. Aproveitando que a empresa mos deba pois non se fale máis. Que me gusta viaxar e o ano pasado paseino en branco. Non o podo crer. ¿E onde vou? Pois ó país veciño, isto é, Portugal. Lisboa para máis información. Do 20 ó 23 de marzo alí estarei, adaptándome a vivir cunha hora menos e a disfrutar dunha cidade que din que é maravillosa. Eu non teño demasiada información de qué visitar neses catro días. Vamos que priorizar, porque ir se pode ir a varios lugares e aínda faltarían sitios según teño entendido.
...Ve-lo Artigo completo....
Faláronme da Torre de Belén, o Castelo de San Jorge, o Palacio da Ajuda ou o Monasterio dos Jerónimos, entre outros lugares.

A Lisboa non irei so, xa que tamén vai un gran amigo meu e compañeiro de estudios, que é da Coruña, aínda que vive e traballa en Barcelona. Deses amigos que un ten o orgullo de ter, e dos que tantas veces vos falei. Deses amigos de verdade.

Unha última cousa, se non é moito pedir, gustaríame que, os que viaxéstedes alí, nos aconselledes qué lugares visitar nese curto espacio de tempo (cales pririzar máis ben) ou nos deades algún consello, se é preciso e gustades de facelo.



QUE CONTENTO...feito por: Julio
A Lareira Máxica

luns, 12 de febreiro de 2007

** QUE CONTEN@ ESTOU CANDO....!!

Como hoxe é día de reencontros e como todo na vida non son so "QUE RABIA DA CANDO...!!" pois aproveito para pór un "QUE CONENTO ESTOU CANDO....!!", da ascendida a colaboradora Sandra, xa que xa é a segunda colaboración.... Agardo que sigas colaborando e ascendendo....Gracias!!. E aquí vai o artigo de Sandra:

....Hola! Estamos en clase de informática. E aproveito para dicir nun "que contento estou", e seguro que non me equivoco, que gusto da chatear. É fantástico, vicioso, divertido,... Tamén ten as súas cousas negativas, pero eses mininutos de cachondeo a ver quen nolos quita.

Que content@ remitido por: Sandra María Couto
Colaboradora de A Lareira Máxica

Aproveito para dicirvos:
...Que contento estou cando... vexo que a páxina ten lectores fieis e outras e outros que se van incorporando e participando aínda que sexa un simple comentario. Iso anima a seguir a un con este blog. A tod@s gracias unha vez máis.

mércores, 31 de xaneiro de 2007

** QUE CONTENT@ ESTOU CANDO......!!!

...... O domingo me podo levantar a media mañá (bueno vale, ás veces pasada xa a media mañá, máis cerca do mediodía que da hora do colacao) e en pixama aínda, despeinada e con cara de sono me podo dirixir á cociña onde me espera un sabroso café con algo para acompañalo e como non .... o periódico!!!!!! Dios, como saboreo eses momentos lendo o periódico de diante atrás e de novo de atrás a diante, repasándoo cincoenta veces mentras bebo o café e deixo que os minutos pasen paseniño. É a miña ocupación preferida da semana. Antes de ducharme, vestirme ou facer a cama sequera. Encántame alargar eses momentos o máximo posible consciente de que ata dentro doutros 7 días, con sorte, non volverei a ter outros.
-----------------------------------------------------------
Que content@ enviado por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

luns, 22 de xaneiro de 2007

** Que content@ estou cando...!!!(nova sección)

Accedendo á unha petición vosa, en ALM (A Lareira Máxica) estamos de estreo. Ve a luz a contrasección de "Que rabia da cando...!!!", que leva por nome "Que content@ estou cando....!!!". Como podedes imaxinar a nova sección é todo o contrario. Trátase de dicir todo aquilo que nos nos fai sentir moi moi ben. Polo tanto, a partir de agora, teremos dúas seccións opostas en canto á contido: un bo e outro malo, por expresalo dalgún xeito.....Por suposto, espero as vosas aportacións para ambas.
Neste estreo, permitídime a licencia de ser o primeiro en escribir algo. Por certo, tanto para unha como para outra, non hai pendiente ningunha proposta vosa, así que se publicarán segundo me vaia chegando.....¿Quen será @ proxim@?

--------------------------------------------------------------------------------
" Que contento estou cando....!!!! "
...logo de moito tempo, volto a --->Ve-lo Artigo completo....
ver e a quedar con eses bos e boas amigas que un ten o orgullo de posuír... Eses amig@s dos que tan bos recordos e lembranzas gardas, pero que, por unha cousas ou por outras (entre elas a distancia ou a pereza -por que non admitilo-) xa hai meses ou anos que non tes o pracer de falar con eles, en persoa....

Voltas a recordar os bos momentos vividos na súa compaña (sempre tendemos a obviar os malos momentos, se os houbese), aproveitamos para pórnos ó día mutuamente: "¿Que foi de? ¿Que sabes de?"... E tamén para decatarse de que os anos pasan para tod@s....Como moi ben dice un gran amigo meu recentemente tomando un café con el: "Julio, vamos vellos" (ollo, que a pesar desta afirmación categórica ámbolos dous somos moi xóvenes eh!!!).

O pasado Nadal tiven o gustazo de quedar con varios. Con outros non puiden. A dous deles xa había catro anos que non os vía nin falaba en persoa con eles (A ámbolos dous puidenos coñecer durante a miña etapa compostelana). Por teléfono si, pero non é o mesmo. Con outr@s había moito menos tempo, pero, igualmente, é todo un pracer manter ese contacto (nun caso é un gran amigo meu de cando eramos aínda dicir E.X.B. era outorgarlle significado a tres sílabas soltas). E en tódolos casos foi unha gran ledicia voltalos a encontrar, porque son moi moi bos e boas amig@s. Como se soe dicir, os grandes amig@s e amigos son pouc@ pero bos e boas. Non é peloteo. En serio. Eles sábeno.

Persoas coñecidas ou amigas temos bastantes, afortunadamente, pero o grado de relación non é mesmo que con estes grandes amig@s. Cos primeiros e primeiras, podes estar falando horas e horas que te sentirás a gusto na súa compaña, algo similar a cando estás co teu noivo ou noiva ou co teu home ou muller e o tempo pasa voando sen apenas decatarse. E o que ten amizade e os amigos de verdade, aqueles que te escoitarán e que tentarán aconsellarte e axudarte cando máis o necesites. Os amigos de verdade, os grandes amig@s. Os AMIG@S con letras MAIÚSCULAS.

Non se trata de ter amigas de primeira ou de segunda. Non!!!!. So que con uns poucos a relación é moito máis intensa, chegando a ser incluso aquelas persoas de confianza, nas que sabes que podes confiar cegamente. Que non te van tracionar e que, o que faledes vai quedar aí "off de record" (como en secreto de confesión máis ou menos)como se di no eido xornalístico.

A todos e todas, gracias por ser tan bos e boas amigas. Se o mundo estivera cheo de xente coma vos sería fantástico, pero como non é así, un tamén sabe apreciarvos aínda maís.


__________________________________________________
" Que contento estou... " feito por: Julio