** Que content@ estou cando...!!! // De boda
Que contenta estou. Pero que contentíiiiisima!!!!!!! Non sabedes canto. Por moito que intente expresalo con palabras, non poderíades facervos unha idea de canto.
Veredes: o meu irmá máis vello (que non o máis bello porque ese é o outro), leva algo así como uns 15 anos (botándolle polo baixo) coa moza; unha rapariga moi resalada ela que leva entrando e saíndo da miña casa pois ....... imaxinádevos, toda a vida, como quen di. Xa é unha máis na familia dende fai tempo. Dende fai uns anos teñen piso propio e de luns a venres viven ás súas. O finde non, o finde veñen ver a mami para que non se lle faga tan longa a semana sen a súa presencia. E mami agradéceo, claro.
O caso é que fai uns meses sorprendéronnos a todos (igual a min un pouco máis) un bo día decíndonos que tiñan que falar con nós. Meu irmá púxose tan serio que pensei que por fin ía ser tía. Meu pai estaba que non cabía de gozo en si. Recén xubilado, o único que lle faltaba para poder ser un xubilado completo era un neto. Por fin a casa ía empezarse a encher de nenos. Benditos nenos!!!.
Pero que bah. O noso gozo nun pozo. Despois de
QUE CONTENT@ ESTOU...!!! REALIZADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Tomao polo lado bo e intenta gozalo.
Fai un par de anos atácome un Virus de vodas: 6 no mesmo ano. Vacios quedáronme os petos.
Uffff. Deus nos libre de calquera virus, pero anda que deses .....
QUE SEXAN MOI FELICES E DISFRUTA DA BODA DO TEU IRMÁ.
AS VECES CUSTA COMPRENDER DECISIÓNS DOUTRAS PERSOAS, PERO SI SON FELICES, UN TAMÉN.
Publicar un comentario