sábado, 2 de febreiro de 2008

** Microsoft vai comprar Yahoo!

Se nada o remedia, e parece que non, o xigante Microsoft vaise facer co segundo buscador máis importante en internet: Yahoo!, unha empresa que nos últimos anos está tendo problemas económicos e xa tivo que despedir a moitos empregados. A oferta que lle acaba de facer Microsoft din que a fai, logo de tantear a operación, pero que, case seguro, vai obter o visto bo de Yahoo!. ¿De canto é a oferta?de 30.000 millóns de euros nada máis e nada menos.

Para min á noticia é triste, porque un sempre é partidario da competencia e canta máis mellor, porque redunda na maior diversidade e menor monopolio en internet. O mesmo penso para a vida diaria fóra de internet. A competencia comercial sempre é bo, se está ben prantexada (e non coma nos temas das gasolineiras). Redunda en favor de precios máis competitivos. Os monopolíos xeneran dictaduras económicas e sociais.

Para Microsof e Yahoo! a operación será boa. E tentaranos vender que así faranse máis forte (algo obvio). Neste momentos o buscador de Microsoft é o Live Search (antes Msn) e o de Yahoo! o do mesmo nome que a empresa. Xuntos queren recortar distancia do buscador por excelencia en internet: o da todopoderosa empresa GOOGLE. O duelo de xigantes está servido: GOOGLE contra MICROSOFT, pero namentres a oferta diminúe, achégandose a un "bipolio".



UN ARTIGO-OPINIÓN REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :