martes, 19 de febreiro de 2008

** A voz interior

¿Débeselle facer caso a voz interior ou é mellor mandala calar? Depende. Eu levo uns días así, dubidando. A voz interior dime que teño que buscar unha resposta. O sentido común dime que pase páxina. A voz interior dime que non, que non se pode pasar páxina. O sentido común dime que agora xa non importa nada. A voz interior non me deixa durmir. O sentido común dime “¡serás parvo!”. E así levo varias semanas. Empezo a preocuparme. Todo foi por unha tontería, asomeime ó pasado dende a ventá Google. Vale, vale, vou ser claro: tecleei un nome no buscador e devolveume unha biografía detallada. Non o debín facer, non cambia nada. Xa sabía que era unha persoa extraordinaria aínda que non coñecía certos detalles. Realmente non sei o que sinto, non sei cal é o verdadeiro motivo do meu malestar. Supoño que será unha especie de nostalxia, un estúpido desexo de pretender recuperar a maxia. Ou ó mellor nin eso, ó mellor o que realmente me gustaría é recuperar un tempo xa pasado. Síntome así, como se despois de dar mil voltas o meu destino fora o meu punto de partida. Pero, claro, este é un tema complicado de explicar e moito peor de entender. Ela podería entendelo, que para algo é unha experta en descifrar textos enrevesados. Podería, mais non creo que esté disposta. En fin, creo que non vou facer nada. Non o nego, xa me gustaría que os nosos camiños se volvesen a cruzar. Non depende de min. Non sei por qué precisamente agora me entra esta necesidade de saber a verdade, de buscar unha resposta que me foi negada hai anos. Trato de comprendela e non podo. Supoño que tomar a decisión de dinamitar un matrimonio non debe ser sinxela. Entón, por qué xogar cos sentimentos dos demais, por qué ese arrepentimento de última hora despois de exporse tanto, non o entendo. ¿Medo a perder os fillos? ¿Acomodamento? Tanta filosofía, tanta teoloxía, tanto doutoramento, tantos libros publicados, tanto falar de ética, de valores, de moral, e logo, tanta incoherencia na vida privada. ¡Manda carallo! Inda vai conseguir que aflore a miña vena preiteante e lle caia unha demanda por danos e prexuízos. Síntome víctima.
Nota: ¿Algún consello? ¿Qué faríades vos?




UN RELATO REALIZADO POR: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Sexa fictio ou non o que contas, non sei o que faría porque non estou no teu lugar, e menos aínda cando se trata de cuestións tan persoais. Penso, sen embargo, que cando un ten dúbidas debe tratar de resolvelas para que non o corroan e para no ter que chegar ao extremo de santa Teresa, que vivía sin vivir nela, o que, por outra banda, ten moito de porreiramente colgado. A conciencia pelexará contigo ata que decidas facerlle frente e darlle unha somanta. Se pasa por falar con esa persoa, adiante. Se ela non quere, a túa conciencia non poderá culparte de non habelo intentado.
Unha aperta.

Anónimo dixo...

Eu persoalmente intento seguír sempre os dictados da miña conciencia. Escoitar a voz interior esa que ti dis. E ás veces tamén é preciso poñerlle un pouco de romanticismo e ilusión á vida. Ás veces dánse situacións que por moi idílicas ou marabillosas que nos poidesen parecer, sabemos que levalas á práctica non é tan doado, pero a quen non lle gusta saber que hai alguén por ahí, alguén que o mellor nin te esperas, que pensa en ti?
Eu estou con migramundo en que deberías intentalo. Ben é certo que non tódolos casos son os mesmos e que hai cuestións a valorar (iso que mencionas sobre un matrimonio e fillos, por ex), pero está tamén claro que eses aspectos ti xa os estás a ter en conta. Por tanto, a cuestión agora estaría no modo de tratar o asunto. Intenta facer o menor "dano" posible, pero expresar os sentimentos, nunca pode ser malo. E o peor que poidas recibir será silencio ou un non por resposta. Eu sigo pensando que é preferible un non a unha dúbida que te corroa de por vida. Pero por suposto, non todos podemos pensar igual.
Eu animaríate a que intentes buscar resposta para todas esas preguntas que tes, porque de non facelo agora, antes ou despois volverás a atoparte no mesmo punto; ante os mesmos interrogantes.
Sorte!!!