** ¿Quen coñece o conto da néboa e a vergoña?
Onte contáronme un conto/ historia/ lenda ou como queirades chamarlle que me encantou. Descoñezo por tanto o seu autor /a se é que realmente o ten. Se cadra, poida que sexa unha desas historias anónimas, non o sei. Googleando pola net o único que conseguín sacar en claro é que se trata dunha historia tradicional leonesa. Se alguén sabe algo máis, sempre agradeceríamos que nos ilustraran mellor (eu polo menos).
Era a historia da néboa e a vergoña. Ó parecer as dúas gostaban de reunirse e quedar de cando en cando para verse, parolar e quen sabe se tomar un café, pero iso só no verán. Un bo día a vergoña preguntoulle á néboa como podía facer se algún día non lle resultaba doado atoparse con ela posto que descoñecía o seu enderezo. A néboa respondeulle que daría con ela á tardiña nos veráns e sempre nos altos e pola mañanciña cedo de inverno polos vales adiante. Pero tamén lle preguntou polo enderezo da súa interlocutora, a vergoña. Esta só puido responderlle que carecía de enderezo persoal posto que “se un día perdes a vergoña, nunca volves a atopala.”
ARTIGO FEITO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Fermosa. Sóame a proverbio latino, aos epigramas de Marcial e ás sentencias de Séneca. Aínda que, ben visto,a moralexa era de esperar. Non podía ser doutro xeito. Saúdos e boa fin de semana.
Publicar un comentario