** Modestia Aparte regresa no seu 20 aniversario
A min chiflábanme de adolescente. Cada vez que os escoitaba empezaba a brincar e brincar. As súas músicas marchosas e pegadizas como "María" ou "Cosas de la edad" e a balada aquila de "Ojos de Hielo" son algunhas das súas cancións. Os seus vocalistas, Fernando Lopez (voz inconfundible que canta a meirande parte dos temas musicais do grupo) e Javier Portugués (el é quen canta "Ojos de Hielo").
2002 publicaron un recopilatorio, "Vivo", que recollía as súas melllores cancións interpretadas en directo . Soaba a despedida. O 2008 encargaouse de negar tal evidencia. 20 anos despois da súa creación, a formación voltou con aires renovados e coa súa música de sempre por bandeira. O seu novo disco "Veinte" é unha oda a eses 20 anos de vida musical. Son os Modestia Aparte. De seguro que moitos de vós o escoitariades algunha vez . Cancións dessanfadadas nun ambiente festivo e que desborda pop polo catros costados son o seu selo de identidade. Modestia Aparte está máis vivo que nunca. Moitos éxitos para a súa nova andaina. ¿Que cancións vos gostan máis de Modestia? ¿Traivos lembranzas pasadas?
Patri
.................................................................................................................................
Click aquí para escoitar escoitar a entrevista que lle fixeron a Fernando López os de POPES80 FM e se fas click no reproductor de Imeen, abaixo, escoitarás o seu primeiro single "Mi mundo al revés"
UN ARTIGO REALIZADO POR: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Eu tamén era fan dos Modestia Aparte. Lembro escoitar e bailotear as súas cancións con miña irmá. Qué tempos!!! Gustábanos especialmente o estribillo de "Cosas de la edad". Y es que son cosas de la edad, a ja ja ja.
Publicar un comentario