** Isidre Esteve, un exemplo de coraxe e autosuperación
Isidre Esteve, é un gran exemplo de superación. O catalán participou moitos anos na competición de motos do Rally París Dakart (a última no Dakar de 2007, ó último disputado), obtendo boas actuación e estando preto de gañar o Rally nalgunha ocasión. Nembargantes, o destino xogoulle unha mala pasada en marzo de 2007 cando sufriu un accidente noutro rally en Andalucía que o deixou en cadeira de rodas por mor dunha lesión medular.
Apenas un ano máis tarde, acaba de anunciar que vai competir no Campionato de España de Todoterreos. Aí é nada. Coraxe, valentía, pundonor e autosuperación non lle faltan a Isidre. Hai uns meses lera unhas declaraicón que dera nunha rolda de prensa. Falaba cunha serenidade e un optimismo que sorpendeu a mot@s do feito de quedar en cadeira de rodas para sempre. Tiña asumido o que lle pasou e as consecuencias para a súa vida: "Acepte la situación desde el primer momento. Pedí sinceridad (a los médicos), porque quería saber qué lesión tenía". Sufrimento, claro está, non lle faltara, pero tocaba tirar para diante. Vía o vaso medio cheo. Dicía que podía ter sido pior e estar morto. E tiña razón. Outros compañeiros seus, - algún deles gañou o Dakart- hoxe non o poden contar. El, pese a todo, está vivo.
Deunos un exemplo de seguir adiante a pesar de todo. Afirmaba -e sígueo facendo- que se sente con ganas de facer moitas cousas e que "me he dado cuenta que puedo hacer de todo". Esta semana fíxose público que vai voltar a competir. Proba de que as súas intencións non se quedaron nun mero desexo.
Bravo, Isidre. E deséxoche o mellor e moitos éxitos, que estou seguro que van chegar. Como ben dis, non serán pronto pero acabarán chegando. E o máis importante: TÉS VIDA, UNHA GRAN ILUSIÓN E MOITO MOITO APOIO de tod@s. Sorte.
UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Gustoume este blogo.
Xente como Isidre fai posible ver o mundo con outro punto de mira máis optimista.
É impresionante a súa capacidade de superación, é admirable. Gracias, porque co teu instinto de superación, fas que moitos te sigan. Fas que nos demos conta da importancia de valorar a vida.
Un cando pensa nesas situacións, a miúdo pensa nos términos máis pesimistas...e as veces un afógase nun vaso de auga. Non todos somos iguais, pero xente coma este deportista faite pensar moito moito, aínda que logo a tendencia de cada un vai por un camiño ou outro.
Simplemente é admirable o súa capacidade de superación.
Publicar un comentario