** A voltas co galego
Creo que unha das finalidades que debe ter a TVG é a difusión da nosa lingua e da nosa cultura. Tamén penso que na TVG, moitas veces, fálase un galego demasiado académico e artificioso, onde fenómenos como a gheada ou o seísmo non teñen cabida, cando son rasgos característicos da nosa lingua oral. Outras veces, nos medios, fálase en galego pero nin sequera coa entoación propia do galego, ou non se diferencian correctamente ás vocais abertas das pechadas. É un galego de laboratorio que resulta moi falso. Non sei como será a formación en lingua galega que reciben os xornalistas e os presentadores da TVG, posiblemente debería mellorarse.
Xa me estou liando, coma sempre, así é todo vou contar unha anécdota: miña avoa, que morreu con case 90 anos e falou galego falante durante toda a súa vida, dicía que non entendía a Televisión Galega e sempre me pedía que lle cambiara de cadea. Non chocheaba, simplemente prefería ó castelán fronte a aquel galego “raro”.
Non se pode xeralizar, mais un día coincidín cun dos conductores do telexornal no Corte Inglés de Santiago e faloulle en castelán ó peixeiro. Outro caso que me chocou foi o dunha presentadora moi coñecida da galega que me atopei nunha cafetería.
ARTIGO-OPINIÓN REALIZADO POR: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Pregúntome se moita da crispación que hai ó redor do tema da lingua non será culpa de tanta normativización. Galego normativo. ¿Iso que é?. ¿É posible un modelo no que a lingua é fabricada por unha élite de xeito sintético, para logo ser imposta ó povo ?. ¿Qué explicación se pode dar a que unha lingua mude ciclicamente concidindo cos cíclos sociais?. Iso non existe, meu.
Xa empezaron a amolar cando, de neno, chamaronlle “andoriña” á miña anduriña e “lapis” ó meu lápiz. Logo quixéronme quetar o meu “pra”. O pouco que me aprenderan na escola tíveno que desaprender no instituto. O sentimento é de frustración, e a culpa é toda miña, por lles facer caso.
Non meus reis, non. A lingua constrúena as persoas. Esta bén conservar e lembrar, investigar, enriquecer… pero a másima autoridade da lingua é a xente, a da rúa. ¿É posible algún modelo no que a academia recolla as incorporacións á lingua feitas polo povo?. ¿Resulta eso familiar?. Pero claro… non imos facer as cousas coma o “enimigo”. Estades enfermos.
Eu non me vou permitir meterme en cuestións máis políticas. Está claro que a existencia dunha norma, dun galego "normativo" é preciso, porque senón isto sería o caos. Pero tamén é certo que xa o é así. E máis certo aínda que o pobo non se identifica, como dicides vos, co galego que escoita na TVG.
O asunto é que se dan moitos casos moi contradictorios, como o daqueles galego-parlantes que pese a empregar o galego en tódolos usos non o fan tanto na escrita porque din volverse tolos con tanto cambio de normativa. E teñen razón. É o que di Meluco, cando aprendes que avogado, ou voda, é con v, resulta que xa volve a ser con b. Tanto cambio e tanta leria, ó final o único que fan é perxudicar a lingua. Todos temos claro cales son as regras do castelán aínda que non o empregues máis que cando algún/ha dependente/a "extranxeiro" do Corte Inglés non acaba de entenderte, pero poucos teñen así de claras as do galego. E así, e complicado.
De pouco nos serve que os presentadores da galega se empeñen en empregar vocablos do máis "chic" se ninguén somos quen de entendelos.
E por outra parte, tamén son da opinión de que se o principal obxetivo polo que naceu a TVG foi para potenciar o uso do galego, que sentido ten, entón, que empreguen xente que non o sabe falar?
Publicar un comentario