domingo, 24 de febreiro de 2008

** Eurovisión e o Chiki Chiki. ¿Burla ou acerto?

Que Eurovisión é un concurso político de cancións -sí, político- é tan evidente como que o día ten 24 horas. Soamente unha moi boa canción pode ter posiblidades hoxendía, sempre que estea aderezada dunha forte dose de sorte. Sin esta receta máxica, sería algo así como que Asterix e Obelix loitaran contra os romanos sen usar a súa pócima, tamén máxica.

Hai tempo que penso que soamente Italia soubo retirarse a tempo e non presentarse máis ó decadente concurso de Eurovisión, feito á medida de países "coleguitas". Sí, digo ben, "coleguitas": "yo te voto, pero tú me votas, eh, neng". Non sorprende así que países lonxanos e sen méritos musicais acaden éxitos impensables. Sí, de vez en cando, o triunfo correspóndese cos méritos musicais. Pero case é a excepción. Países limítrofes ou ben levados politicamente vótanse entre sí. Vamos, que coa disculpa de darse unhas "palamaditas" cada ano organizan un concurso de cancións para amenizar a velada.

Iso pasou sempre, e senón que llo pregunten ó gran mestre José Luis Uribarri. A mágoa é que agora -sempre en teoría- xa non vota o xurado de cada país, senón público con chamadas telefónicas. Pero máis do mesmo. O compadreo e comadreo e o "autobombo" non descoidan o seu lugar no festival. A súa razón de ser, para maior desprezo de países que levan boas cancións e que, noutras circunstancias, deberan ser eles os gañadores.

España, que aínda non caeu da burra, este ano organiza a selección do seu representante por medio de videos musicais colgados en internet. E a falta dun día para pecharse as votacións, o gañador indiscutible, salvo sorpresa de última hora, será a frikicanción "El baile del chiki chiki" de Rodolfo Chiquilicuatre, personaxe fictio ó que da vida o humorista David Fernández, do programa de Andreu Buenafuente.
Como broma, un 12 de puntuación, pero ¿e se gaña e finalmente representa a España? Sinceramente non o creo, porque entre as cinco cancións con maior puntuación, un xurado escollerá a representante española. Vamos, que haberá criba, para separar as malas herbas. Tal é o caso que nos ocupa.






Pero ¿e se finalmente vai esta frikicanción? ¿que pensarán no resto de Europa de nós? Home, aí están os españoles dando a nota. Non lles chegaba con Remedios Amaya e a súa barca, que van e agora levan a un ......(cada un que poña o adxectivo que mellor considere)......Opino que como canción do verán en plan coña aínda é admisible pero nun festival tan "serio" como o de Eurovisión, pois non sei eu....

Iso sí, se o pensamos un pouquiño, ata estaría ben que gañase o Rodolfo e o seu chiki chiki e que o xurado español a elixise representante de España. Independentemente do resultado que logo acadase, polo menos España tería a oportunidade de rirse de Europa e de Eurovisión, e do seu texe manexe políticamente correcto. Iso sí, logo de que eles se risen de nós....¿Compensaría o escarnio? O triple salto mortal está dado, que sabe o resultado.... A risa, cando menos, está garantizada, que canción, baile e actuación coñeiras son un rato...

Ti ¿que opinas? ¿Quen canción levarías por España? ¿Que che parece a do chiki chiki?
¿E se por un casual o xurado decidise levar a frikicanción, o humorista atreveríase a ir de veras ou é todo fume?


O portal das candidatas por España e o vídeo promocional podédolo ver en:



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :