venres, 8 de febreiro de 2008

** Pastora Soler: do flamenco ó pop

Encántame Pastora Soler. En realidade o nome real desta sevillana de 29 anos é Pilar Sánchez Luque. Cantante camaleónica onde as haxa. Empezou cantando flamenco e logo mudou o seu estilo. Gústame máis agora. Ten boas cancións e unha voz potente e agradábel. Hai un chisco estaba escoitando unha canción súa na radio, que sei que lle gusta moito ó Jaime, o meu querido home. Pois como dentro dun poco vai a visitar ALM pois sorpresa, sorpresa!!. Adícocha a tí, en especial, pero tamén, a tódolos visitantes de ALM, e, por suposto, ó noso coordinador Julio Torres, outro namorado da música pop desta sevillana (¿e dela tamén Juliño?, ¿ou "so" tés ollos para Diana Palazón, Elsa Pataki e Cristina Villanueva?, jejeje amigo, paréceme que te acabo de pór coloradiño. Sinto ser algo indiscreta. Espero que isto no me custe o cargo, jejeje).
Boa fin de semana a tod@s.




UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Hummmmmmmm............ E difícil elixir entre tanta beleza, pero Diana Palazón e Elsa Pataki son moi moi guapas. E innegable... As outras tamén, ti xa me coñeces e xogas con ventaxa Patri.

Se tivera que escoller entre as catro quédome con Diana Palazón. Como amor platónico está ben. Por certo, na vida real a súa parella sentimental é o que foi o seu compañeiro de serie en Hospital Central. O que fai do médico Javier Sotomayor.


P.D.: Aínda que Elsa Pataki hummmm.....