** Marramaooooo… marramaooooo…!
Aínda que non estamos oficialmente na primavera, con este tempo tan bo parece que xa chegara. Os arbustos do xardín empezaron a brotar e as camelias xa levan uns días cheas de flores. As mimosas tamén floreceron. O Entroido, do latín introitus, unha festa tradicional e antiga que ten a súa orixe na celebración da fin do inverno, remata hoxe. Os gatos do meu vecindario levan varios días alterados, co sangue en plena efervescencia. A especie gatuna débese rexer polo seu propio calendario e, polo que se ve, vai cunhas cantas semanas de adianto con respecto ó gregoriano. Esta semana celébrase o San Valentín e os de Ferrero Rocher xa puxeron na TV o anuncio dos seus bombóns. A verdade, non me gustan moito as campañas comerciais que pretenden fomentar o consumo de chocolate entre os namorados.
Explícome, tendo en conta que o chocolate seica é un bo substituto do sexo, ata me parece unha falta de consideración coas persoas máis desafortunadas. Xa sabedes, as víctimas dos erros de tiro do chosco Cupido. Hai que ver, dos que necesitamos a nosa ración diaria de chocolate para sobrevivir, que o noso non é antollo senón pura necesidade, non se acorda ninguén.
Uns tanto e outros tan pouco. E senón que llo pregunten a miña tía Florentina: “non che hai máis que vicio Eleniña, que agora hai mil cousas e antes nós non tiñamos nada. Cando Manolo me dixo o de metelo polo outro lado case lle planto unha labazada na cara. E que eu sempre lle dicía que “non” e el estaría farto de aturarme, que eu ó meu Manolo quíxenlle moito e ben que me gustaba facelo, que nós daquela éramos novos, que casamos con vinte anos, e xa se sabe.... ¡Pobre Manolo!, queenpazesté, xa hai dous anos que faltou e inda me parece que o sinto andando pola casa. Que boíño era, e que considerado, foime afacendo pouco e pouco e así que lle collín o gusto ben que o pasamos, faciámolo case todiñas as noites. Se che digo a verdade Eleniña, os tarros de crema Nivea pouco duraban, e que eu non quería ter tantos fillos como mamá, que coa miña Loliña xa estaba contenta”.
Onte, ó descolgar o teléfono da salita, oín esta conversación da tía Florentina e de mamá.
UN RELATO ELABORADO POR: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica
8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Escribes de marabilla meu rei. Lerte é un san pracer. Así que O Julio con Diana Palazón e Pilita con Jorge Flo. Ai canto amor platónico hai solto. Por pedir que non sexa.
E Pilita, ti, da man do Alvariño (non a bebida, o de carne é óso) xa empezas a ser tan famosa como o Juanjito.
E para os que nos len ¿quen é o voso amor platónico? O meu, coma moitas mulleres, pois é George Clooney. Si, coma case todas.
Non recordaba que neste relato saía Jorge Flo. Interesante asociación de ideas, moi interesante,...
Os gatos do meu barrio están outra vez en celo por eso me acordei desta historia. ¡Bo domingo!
Non había lido este relato. Gustoume. ¿Amores platónicos? Uf. Algun terei. Pero preferiría un amor correspondido. Bueno. Xa pido moito. Conformome con unha amistade entrañable e duradeira. ¿Sexo? Meteme medo pensar en eso. Mellor non o penso. Morrerei, sen probar eso que din alguns que é de increible e que si o probas despois non paras. Eso seguro. Eso si, si algunha vez teño sexo con alguen, será con alguen que ame e que ó mesmo tempo me ame a min. Non concibo outra idea.
Moucho, tes a opción de irte de putas. Dígoo con todo o respeto. Para pasar o rato. É unha alternativa como outra calquera. Un veciño meu casou cunha moza que coñeceu nun clube de alterne. O mundo cambiou moito é a xente xa non se escandaliza de nada. Pretty Woman total.
¡Saúdos!
JAJAJAJAJAJAJAJA. mENUDA RISA ME FIXECHES DAR!TES UN GRAN SENTIDO DO HUMOR ALVA. Facia dias que non ría tanto. ¡NOOOOON! COMO COMENTEI SERÁ CON ALGUEN QUE EU AME E QUE ME AME E ME RESPETE COMO SON EU. Eso de ir de Putas non me gusta nadiña. Ainda que son home, sempre estiven en contra de que a muller sexa un obxeto sexual e que ela se rebaixe tanto para gañar cartos.É ó meu parecer incorrecto que a muller non teña outra forma de gañarse a vida. Para min é como dar un paso atras(para a muller e tamen a nosa sociedade) nos progresos que o home fai para ser mais humanos. O amor debe ser correspondido e non por cartos. O autentico amor xurde. Non se compra. Xa sei que ahora xa non se asusta a xente como antes, pero eu non me rebaixo a rebaixar a unha muller. Nin por pasar un rato. Un saudo Alba.
Como decía certa persona:"MAIS VALE HONRA SEN BARCOS QUE BARCOS SEN HONRA" Por certo, escribes moi ben. Haber si non das un relato acerca de eses bichos/as que pululan ó teu redor. Parecen moi divertidos. Un saudo
Alva, a ver se nos deleitas pronto cun dos teus relatos. Bótanse en falta!!!
Carpe Diem
¡Uf!, non sei cando será... É que me fixen persona formal. Empecei deixando a revista Trola, entiéndase Hola, e o programa de Jorge Javier. Logo, adentreime no mundo da información seria e empecei a ler os xornais de Madrid. Para rematar o día, papo o telediario de Pepa Bueno enteiriño. Confésovolo, ando un chisco deprimido, ¡non podo con tantas malas noticias! E así, como imaxinaredes é moi difícil atopar ese punto "porreiramente colgado" que tan ben deifineu Migramundo nun comentario que deixou no meu relato "A voz Interior". Perdín a chispa, rapaces.
Publicar un comentario